{"id":4542,"date":"2021-05-01T21:02:00","date_gmt":"2021-05-01T19:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T19:31:15","modified_gmt":"2024-11-01T18:31:15","slug":"1-de-maio-en-ribadeo-ano-2021","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/01\/1-de-maio-en-ribadeo-ano-2021\/","title":{"rendered":"1 de maio en Ribadeo. Ano 2021"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/IMG_20210501_120732.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"479\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/IMG_20210501_120732.jpg\" class=\"wp-image-4543\" width=\"639\" \/><\/a><\/p>\n<p>Esta ma\u00f1\u00e1, convocadas por diversos medios, como o cartel que deixo en baixo, corenta persoas xunt\u00e1monos o mediod\u00eda na explanada do Cant\u00f3n. A concentraci\u00f3n, da que a foto da unha idea de que se gardaba a distancia (quen quera ver a concentraci\u00f3n enteira, tenas fotos de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Suso%20Fern%C3%A1ndez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Suso Fern\u00e1ndez<\/a> no Facebook), tivo como punto central a lectura por parte de Amelia do comunicado que vai a continuaci\u00f3n. Un ano m\u00e1is, o 1 de maio como representaci\u00f3n dunha loita diaria polos dereitos das persoas; en Ribadeo, os concentrados fomos sobre todo, pensionistas, pero non s\u00f3. E tendo claro que os pensionistas somos -m\u00e1is que &#8216;fumos&#8217;- traballadores, mentres que parece haber moitos traballadores que non se sinten como tais.<\/p>\n<p>&#8220;<em>Os problemas aos que nos enfrontamos agora mesmo os pensionistas,<br \/>\nnon son s\u00f3 se as pensi\u00f3ns se mante\u00f1en ou non, tam\u00e9n pesa sobre as<br \/>\nnosas cabezas o gran problema da sanidade en xeral, a\u00ednda que nalg\u00fans<br \/>\ncasos particulares \u00e9 sumamente grave, como \u00e9 o caso dos dependentes,<br \/>\nou o caso de familias con pensi\u00f3ns rid\u00edculas e que te\u00f1en un gasto<br \/>\nmensual de medicamentos, etc.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTemos tam\u00e9n o problema dos bancos, que por unha banda nos esixen<br \/>\npasar por caixa obrigatoriamente para cobrar as nosas pensi\u00f3ns,<br \/>\nmentres os bancos mach\u00e1cannos a comisi\u00f3ns. E sobre todo isto<br \/>\nsobrevoa a privatizaci\u00f3n da maior parte dos servizos p\u00fablicos, que paso<br \/>\na paso e sen levantar a voz van dando para adiante os nosos<br \/>\ngobernantes co silencio da oposici\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEsta semana pasada houbo unha concentraci\u00f3n pola Sanidade en Burela,<br \/>\nhai unha chea de xente traballando neste Hospital da Mari\u00f1a, hai unha<br \/>\nchea de xente traballando nos distintos centros de Insalud da Mari\u00f1a, e<br \/>\nal\u00ed non estabamos todos os que ti\u00f1amos que estar. Aqu\u00ed facemos<br \/>\nconcentraci\u00f3ns todos os primeiros s\u00e1bados de cada mes, e aqu\u00ed non<br \/>\nest\u00e1n todos os que ti\u00f1an que estar.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n\u00c9 certo que moita xente non \u00e9 consciente de todos estes problemas<br \/>\nporque est\u00e1n noutras cousas, pero o grave \u00e9 que cando ti tentas dicirlles<br \/>\no pouco que sabes respecto diso, dinche \u00bfque saber\u00e1s ti diso?, agora<br \/>\nvas saber mais ti que os que est\u00e1n a\u00ed mandando.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nBen, pois os que est\u00e1n a\u00ed, teoricamente mandando, son simplemente<br \/>\nmarionetas do capital, e act\u00faan segundo dita o capital, por iso \u00e9 bo que<br \/>\nvaiamos pensando en que partidos pol\u00edticos est\u00e1n mais a favor de<br \/>\nrender pleites\u00eda aos di\u00f1eiros ou ao pobo, porque por m\u00e1is que moitos<br \/>\nnos queiran enganar, todos non son iguais, \u00e9 como o anuncio da<br \/>\ncervexa.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n\u00c9 moi triste ver como a xente se enfada cando ten problemas coa<br \/>\nsanidade, os cristos que se montan cando non soben as pensi\u00f3ns, o<br \/>\ncaro que custa mandar aos fillos estudar, (E aqu\u00ed incl\u00faense todos os<br \/>\nvotantes de todos os partidos, non hai distinci\u00f3ns, f\u00f3dennos a todos,<br \/>\nnon libra nin deus), pero todos eses cabreos quedan en nada cando<br \/>\nimos votar, sae por maior\u00eda o que mais nos fode. E non hai que facer<br \/>\nmilagres para sa\u00edr disto, s\u00f3 temos que ser coherentes, o que non me<br \/>\ninteresa ap\u00e1rtoo, ningu\u00e9n lle debe nada a ningu\u00e9n, os favores do<br \/>\npol\u00edtico de turno faio co noso di\u00f1eiro ou sexa que cada un de n\u00f3s ten<br \/>\nparte nese favor, non llo pagues s\u00f3 a el.Ata o de agora non se fac\u00eda moita referencia aos partidos, referi\u00e1monos<br \/>\nsobre todos aos gobernantes. Pois agora vai sendo hora de que nos<br \/>\ndediquemos a dicir claramente quen est\u00e1 en contra nosa defendendo<br \/>\neste capitalismo neoliberal que \u00e9 a nosa econom\u00eda de mercado e que<br \/>\ntanto incrementa a desigualdade e resta prestaci\u00f3ns sociais, facendo<br \/>\nque cada vez a crise se acent\u00fae m\u00e1is para uns moitos e beneficie m\u00e1is a<br \/>\nuns poucos. Eses partidos son PP, Cidad\u00e1ns e Vox, que gobernan para<br \/>\nas \u00e9lites, para os Conselleiros das grandes empresas do Ibex-35 que<br \/>\ncobran cantidades astron\u00f3micas que esnaquizan as nosas relaci\u00f3ns<br \/>\nlaborais, econ\u00f3micas e sociais.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nE ao mesmo tempo, esixir aos grupos da esquerda, que se deixen de<br \/>\nmamonadas e se po\u00f1an a traballar en conxunto, porque te\u00f1en moito,<br \/>\npero moito que facer, e cando acaben de facelo van estar tan ata as<br \/>\norellas de traballar que se van a esquecer do que os separa. Que non<br \/>\nfagan como estas \u00faltimas veces, que ata que lle ven as orellas ao lobo<br \/>\nnon se po\u00f1en de acordo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n deber\u00edamos preguntarnos se a xustiza non ter\u00eda que entrar a<br \/>\nsaco para dar a volta a todas estas inxustizas, que atentan contra as<br \/>\nregras m\u00e1is b\u00e1sicas do mercado e da simple convivencia: as comisi\u00f3n<br \/>\nbancarias, os deshauciados, os privados de prestaci\u00f3ns sociais de todo<br \/>\ntipo, os dependentes sen axuda, os que te\u00f1en enfermos ao seu cargo e<br \/>\ncobran miseras n\u00f3minas a final de mes. Toda esta xente non pode<br \/>\nesperar m\u00e1is que se faga xustiza contra quen concentra tanta riqueza e<br \/>\nprovocan tanta pobreza. E est\u00e1 claro, contra todos aqueles pol\u00edticos que<br \/>\nest\u00e1n postos polo pobo e ven desde a s\u00faa tribuna o que est\u00e1 a pasar sen<br \/>\nmover un dedo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor certo tampouco se nos pode esquecer algo que \u00e9 moi curioso, por<br \/>\nunha banda pretenden subir a idade de xubilaci\u00f3n e por outro somos<br \/>\nl\u00edderes destacados en toda Europa de paro xuvenil. Hai un informe de<br \/>\nmarzo de 2021, \u00e9 dicir de hai uns d\u00edas da Secretar\u00eda de Estado de<br \/>\nEmprego e Econom\u00eda Social, sobre \u201cJ\u00f3venes y Estado de Trabajo\u201d onde<br \/>\nnos fala dun 40,4 % de paro xuvenil e d\u00e1nos moitos m\u00e1is datos sobre<br \/>\neste asunto, a\u00ednda que \u00e9 algo tost\u00f3n, recomendo lelo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO outro d\u00eda xa fixemos referencia a que os nosos compa\u00f1eiros da<br \/>\nCoru\u00f1a, Ferrol e Vigo, est\u00e1n a se concentrar diante dos bancos, como<br \/>\nprotesta pola cantidade de comisi\u00f3ns coas que nos criban e o trato cara<br \/>\n\u00e1s persoas, deixando o rural sen oficinas e nos pobos e cidades<br \/>\npechando unhas e baleirando de persoal outras. \u00c9 dicir vannos<br \/>\npechando portas para levarnos exactamente onde queren, sangrarnos<br \/>\neconomicamente e \u00e1 hora que queiran. Nesta guerra ten que quedar moi claro que non entran os empregados do banco, sen\u00f3n os donos deses<br \/>\nbancos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nBen pois estamos plantexandonos facer o mesmo en Ribadeo, temos<br \/>\nque madurar a idea e comunicar\u00e9molo, xa que \u00e9 algo que tam\u00e9n nos<br \/>\nafecta a todos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n ser\u00eda moi importante que a xente se entere de que no banco<br \/>\np\u00f3dese abrir unha conta de pago b\u00e1sica, haber\u00eda que ver as<br \/>\ncaracter\u00edsticas da conta nos distintos bancos, sobre todo con relaci\u00f3n as<br \/>\ncomisi\u00f3ns que nos cobran.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nUnha conta de pago b\u00e1sica \u00e9 unha conta que permite facer operaci\u00f3ns<br \/>\ncorrentes de todos os d\u00edas, tales como:<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDep\u00f3sitos, retiradas de efectivo, recibir e efectuar pagos (por exemplo,<br \/>\ndomiciliaci\u00f3ns e compras con tarxeta).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n debe inclu\u00edr unha tarxeta de pago que poidas utilizar para retirar<br \/>\ndi\u00f1eiro e facer compras, tanto en li\u00f1a como en tendas.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSe \u00e9 posible, o banco debe inclu\u00edr na conta o acceso a servizos<br \/>\nbancarios en li\u00f1a. En cambio, non sempre ten obrigaci\u00f3n de autorizar<br \/>\ndescubertos ou ofrecer li\u00f1as de cr\u00e9dito.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNalg\u00fans pa\u00edses da UE, pola conta de pago b\u00e1sica o banco pode<br \/>\ncobrarche unha comisi\u00f3n anual, que debe ser dun importe razoable.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nInformaci\u00f3n sobre as comisi\u00f3ns.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAntes de abrir unha conta, o banco debe darche un documento no que<br \/>\nexpo\u00f1a os servizos m\u00e1is importantes que ofrece a conta e todas as<br \/>\ncomisi\u00f3ns correspondentes que te\u00f1as que pagar. \u00c9 o que se co\u00f1ece<br \/>\ncomo un &#8220;documento de informaci\u00f3n sobre as comisi\u00f3ns&#8221;. Podes<br \/>\nutilizalo para comparar o custo das contas en distintos bancos.<br \/>\nO banco debe darche tam\u00e9n, polo menos unha vez ao ano, un<br \/>\ndocumento no que se recollan as comisi\u00f3ns cobradas na t\u00faa conta<br \/>\nbancaria. Este &#8220;estado de comisi\u00f3ns&#8221; debe proporcionar tam\u00e9n<br \/>\ninformaci\u00f3n sobre os tipos de interese aplicados na t\u00faa conta.<br \/>\nIntentaremos informarnos mais acerca de este asunto para todas e<br \/>\ntodos os que lles poida interesar.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nQu\u00e9danos pendente outro tema que \u00e9 tremendamente importante, como<br \/>\nson as residencias dos nosos maiores. Dedicaremoslle mais tempo o<br \/>\npr\u00f3ximo d\u00eda.Que facemos aqu\u00ed?, preguntan alg\u00fans. Aqu\u00ed cos tempos que corren<br \/>\ndeber\u00edamos estar todas e todos, porque motivos sobran.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nGOBERNE QUEN GOBERNE OS SERVIZOS P\u00daBLICOS DEF\u00c9NDENSE<\/em>&#8220;<\/p>\n<p>O cartel de convocatoria:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"blob:https:\/\/web.whatsapp.com\/e51576c0-3c75-47b6-ada0-a474a8497a05\" \/><br \/>\n<img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"blob:https:\/\/web.whatsapp.com\/e51576c0-3c75-47b6-ada0-a474a8497a05\" \/><br \/>\n<img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"blob:https:\/\/web.whatsapp.com\/e51576c0-3c75-47b6-ada0-a474a8497a05\" \/><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/convocatoriaconcentracion1maio.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"713\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/convocatoriaconcentracion1maio.jpg\" class=\"wp-image-4544\" width=\"570\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta ma\u00f1\u00e1, convocadas por diversos medios, como o cartel que deixo en baixo, corenta persoas xunt\u00e1monos o mediod\u00eda na explanada do Cant\u00f3n. A concentraci\u00f3n, da que a foto da unha idea de que se gardaba a distancia (quen quera ver a concentraci\u00f3n enteira, tenas fotos de Suso Fern\u00e1ndez no Facebook), tivo como punto central a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4543,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,22,19],"class_list":["post-4542","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-pensions","tag-suso-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4542","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4542"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4542\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4543"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4542"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4542"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4542"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}