{"id":4538,"date":"2021-05-02T21:51:00","date_gmt":"2021-05-02T19:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T19:31:05","modified_gmt":"2024-11-01T18:31:05","slug":"se-o-ben-e-comun-so-unha-xestion-comun","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/02\/se-o-ben-e-comun-so-unha-xestion-comun\/","title":{"rendered":"Se o ben \u00e9 com\u00fan, s\u00f3 unha xesti\u00f3n com\u00fan pode asegurar unha preservaci\u00f3n dos dereitos de todos"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/comunidade.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"178\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/comunidade.jpg\" class=\"wp-image-4539\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Captura da entrada &#8216;Comunidade&#8217; na Galipedia (<a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\">gl.wikipedia.org<\/a>)<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp; Un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/07\/sorpresa-ou-non.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">escrito meu de 2016<\/a> no que aparece a frase titular, relido, reaf\u00edrmame no dito: se o ben \u00e9 com\u00fan, s\u00f3 unha xesti\u00f3n com\u00fan pode asegurar unha preservaci\u00f3n dos dereitos de todos. Coido que \u00e9 algol\u00f3xico. Non se trata de que cada quen coide o seu, sen\u00f3n de coidar o de todos entre todos. \u00c9 dicir, que cada sociedade coide do seu. E todos somos sociedade en tanto somos persoas. Fai falta especificar que sen sociedade non se pode vivir como persoas?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hai veces que nos costa coidar do noso. Sab\u00e9molo. M\u00e1is a\u00ednda en circunstancias como que algo ve\u00f1a a n\u00f3s como herdanza. Neses casos, hai xente que sinxelamente non lle d\u00e1 valor m\u00e1is que para o aproveitamento inmediato. Nin valor sentimental nin de custe para a s\u00faa consecuci\u00f3n, nin cun encaixe que valorar no seu mundo. E iso pasa tam\u00e9n coas chamadas conquistas sociais, cos dereitos que levou moito traballo que fosen reco\u00f1ecidos, traballo de xentes anteriores a n\u00f3s. Traballos que non vimos, non vivimos, e dos que se asoma unha sombra de inconsciencia pola nosa parte. De non conciencia de que existiron, pero tam\u00e9n de non consciencia da s\u00faa necesidade ou do valor do seu froito.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O exercer os nosos dereitos leva consigo obrigas. A primeira, os traballos de mantemento deses propios dereitos. Toda estrutura tende a deteriorarse co tempo, \u00e9 unha lei f\u00edsica relacionada coa &#8216;entrop\u00eda&#8217;. Para evitar ese deterioro, esa desconfiguraci\u00f3n, a f\u00edsica tam\u00e9n nos di que necesitamos po\u00f1er enerx\u00eda en xogo. \u00c9 algo natural. E quizais por ser natural, esquec\u00e9molo, do mesmo xeito que temos que estudar en primaria que a auga \u00e9 ins\u00edpida, que xa estsamos tan afeitos a ela que non valoramos un sabor, que \u00e9 un sabor esquecido, que &#8216;non existe&#8217;. Que se ten un sabor que identificamos, \u00e9 que non \u00e9 natural, non \u00e9 a auga \u00e1 que estamos afeitos, que desconfiemos dela&#8230; En cambio, non se nos afai a estudar que para que os r\u00edos baixen limpos, despois da expansi\u00f3n humana, fan falta traballos de mantemento, de conservaci\u00f3n, de vixilancia. E \u00e9 que un ben fundamental para a vida como a auga, necesita de coidados, como a vida mesma. Algo que tam\u00e9n temos que reaprender.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En tempos, que algo levara o adxectivo de &#8216;p\u00fablico&#8217; era equivalente a dicir &#8216;para a comunidade&#8217;, entendido como &#8216;da comunidade&#8217;, da sociedade. Hoxe, non. Parece como se quedara reducido a &#8216;para unha parte da sociedade&#8217; xestionado por a parte-cabeza da sociedade. De a\u00ed que, ante o cambio de significado que se lle atrib\u00fae, a palabra &#8216;comunitario&#8217;, ou o &#8216;ben com\u00fan&#8217; sexa usado en substituci\u00f3n de &#8216;p\u00fablico&#8217; e &#8216;ben p\u00fablico&#8217;, asumindo a carga de sentido de que hai dereitos e deberes asociados, dereitos a defender e deberes a non escaquear ou pasar a outra xente. Un caso: o significado dos impostos non como algo imposto, sen\u00f3n como unha necesidade de mantemento do ben com\u00fan, algo que \u00e9 aproveitado por todos na medida das necesidades de cada quen, e \u00f3 que cada quen aporta na medida das s\u00faas posibilidades. Os impostos non son un xesto bondadoso do estado que se poda eliminar, sen\u00f3n a cobertura dunha necesidade que hai que xestionar. Non son algo p\u00fablico que se poda ceder, sen\u00f3n algo com\u00fan que por selo, abrangue un amplo abano de puntos, dende a eficacia \u00e1 \u00e9tica. A venda da rebaixa de impostos por parte de pol\u00edticos s\u00f3 se pode contemplar a partir do afogamento do ben com\u00fan ou unha fase posterior, o agasallo do ben com\u00fan a particulares favorecidos. Porque non nos enganemos, rebaixa de impostos non vai asociada con mellora da xesti\u00f3n ou con menos necesidades, salvo raras excepci\u00f3ns. E caso de que ocorra algunha desas d\u00faas circunstancias, o normal ser\u00eda que se aproveite o excedente para cubrir outras necesidades a\u00ednda non cubertas, para facer outras melloras do ben com\u00fan, que quen se poda colgar a medalla da boa xesti\u00f3n te\u00f1a claro o seu servizo \u00e1 comunidade (particular e dos fondos que administra) e act\u00fae en consecuencia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pero, os pol\u00edticos te\u00f1en a s\u00faa parte, e n\u00f3s, como cidad\u00e1ns, como comuneiros da nosa sociedade, tam\u00e9n temos a nosa, en conxunto social e por separado como persoas constitutivas desa sociedade. Ou non? Que non nos comportamos as\u00ed? Pois logo, se non o facemos, a sociedade, falta de mantemento do tipo que sexa, resentirase no seu devir.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En Ribadeo, a 1 de maio de 2021.<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Captura da entrada &#8216;Comunidade&#8217; na Galipedia (gl.wikipedia.org) &nbsp;&nbsp; Un escrito meu de 2016 no que aparece a frase titular, relido, reaf\u00edrmame no dito: se o ben \u00e9 com\u00fan, s\u00f3 unha xesti\u00f3n com\u00fan pode asegurar unha preservaci\u00f3n dos dereitos de todos. Coido que \u00e9 algol\u00f3xico. Non se trata de que cada quen coide o seu, sen\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4539,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-4538","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4538","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4538"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4538\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4539"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4538"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4538"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4538"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}