{"id":452,"date":"2024-07-02T19:34:00","date_gmt":"2024-07-02T17:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-22T18:02:18","modified_gmt":"2024-10-22T16:02:18","slug":"amarinhagal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/07\/02\/amarinhagal\/","title":{"rendered":"amarinha.gal"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><span>amarinha.gal <br \/><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span><\/span><\/p>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\"><span><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjIi5b8tcaU-w6IRh30qMur50czuWYpE_dlBlf9W88h_H43cbzDYlvNwrAnB525fwuwX0Nero9G49cHjlpfkNvEASBw3qaQEjopHdP-3qfK0dPgSUzM71RkE3scUeeq4V9TgFBD-eLHnsurFi-_PmUWf8z732kI50SQ62cSPyAzVWwRTbm3mdks-g\/s465\/masto.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"465\" data-original-width=\"193\" height=\"532\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/07\/masto.jpg\" class=\"wp-image-453\" width=\"221\" \/><\/a><\/span><\/div>\n<p><span><br \/>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nova instancia en Mastodon, <a href=\"http:\/\/amariha.gal\">amariha.gal<\/a>, remata de ser creada. Aqu\u00ed tento explicar de xeito resumido o que, para que, o como, e algunha cousi\u00f1a m\u00e1is accesoria. Pode que o lema que se lle poidera asignar soara algo as\u00ed como &#8216;un lugar teu e para ti onde atopar e promocionar eventos, produtos e servizos pr\u00f3ximos \u00e1 mari\u00f1a &#8216;. Pero, imos centrar un pouco a situaci\u00f3n, tendo en conta ademais que est\u00e1 a dar os seus primeiros pasos. <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Recollo unha cita doutro lugar: &#8216;Si hay dos elementos que caracterizan la privatizaci\u00f3n de un espacio p\u00fablico (&#8230;) son la &#8220;limitaci\u00f3n de acceso al espacio&#8221; y su &#8220;mercantilizaci\u00f3n&#8221;.&#8217; O noso espazo de relaci\u00f3n \u00e9 un espazo mixto na s\u00faa constituci\u00f3n e comunitario no seu uso e fundamentos. Pouco a pouco pasou a estar rexido por leis, e polo tanto, considerado p\u00fablico tanto ou m\u00e1is que comunitario. Vese a ollo nu no uso das r\u00faas, en tempos ocupadas por carros tanto como por nenos xogando, e de onde agora te\u00f1en desaparecido estes \u00faltimos, expulsados primeiro polos veh\u00edculos a motor e logo en todo caso substitu\u00eddos por terrazas de consumo. Agora, a m\u00e1is, ese espazo de no que nos relacionamos \u00e9 en boa parte describible en formato dixital. Algo no que tam\u00e9n incide a s\u00faa mercantilizaci\u00f3n ou o seu alleamento dos nosos intereses e afastamento da s\u00faa xesti\u00f3n. Se est\u00e1s nunha plataforma das chamadas &#8216;redes sociais&#8217;, po\u00f1amos, Facebook, Tik Tok, Twitter&#8230; estar\u00e1s xa enterado de que son todas elas multinacionais que sacan proveito co que fas nelas. Todas con base (e poder de decisi\u00f3n) no estranxeiro. Todas te piden aceptaci\u00f3n de cookies (mesmo se pagas nha cota e mesmo se elixes que non te metan as &#8216;non necesarias para o funcionamento&#8217;). Cookies que usan para recabar informaci\u00f3n do que fas en todo internet, non s\u00f3 na rede concreta que cho di. Todas venden eses datos que din o que es ti mellor que o poder\u00edas expresar ti mesmo. Todas te sacan do teu entorno pr\u00f3ximo, que controlas, para te meter nun entorno que controlan e te controla. Todas, m\u00e1is que facer ti uso delas, fan abuso de ti, do que es, do que queres, dos teus cartos, da t\u00faa mente, das que deberan ser t\u00faas decisi\u00f3ns. En todas vas perdendo m\u00e1is e m\u00e1is soberan\u00eda dixital, ti, e contigo, contrib\u00faes de mil xeitos a arrastrar as t\u00faas amizades, a t\u00faa familia, a sociedade na que vives.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Para tentar evitar ser vasallos, mesmo escravos teledirixidos desas plataformas, e, a trav\u00e9s delas, de diversos poderes alleos \u00e1 democracia e \u00e1 nosa comunidade, con intereses diferentes \u00f3s nosos, para evitalo, est\u00e1 comezando unha andaina amarinha.gal. Para facerse unha rede social da Mari\u00f1a.  Jos\u00e9 Manuel Ventoso xa ten creado unha &#8216;instancia&#8217; (para entend\u00e9rmonos, un espazo libre, asociado con outros no universo dunha rede de instancias asociadas, o &#8216;Fediverso&#8217;, a modo de elos nunha cadea). Un espazo pensado para e pola xente de A Mari\u00f1a, a\u00ednda que \u00f3 seu trav\u00e9s se podan atopar tam\u00e9n novas e xentes de m\u00e1is al\u00f3. Sobre o como, vindo doutros lugares dixitais pode resultar algo raro adaptarse a novos c\u00f3digos, ao tempo que facer que se adapten a un. Pero se estas ideas che resultan interesantes convidamoste a rexistrarte, entrar a fedellar. Iremos falando.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>amarinha.gal &nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha nova instancia en Mastodon, amariha.gal, remata de ser creada. Aqu\u00ed tento explicar de xeito resumido o que, para que, o como, e algunha cousi\u00f1a m\u00e1is accesoria. Pode que o lema que se lle poidera asignar soara algo as\u00ed como &#8216;un lugar teu e para ti onde atopar e promocionar eventos, produtos e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":453,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[8,9,40],"class_list":["post-452","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-blog","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/452","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=452"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/452\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/453"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=452"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=452"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=452"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}