{"id":4483,"date":"2021-05-15T10:41:00","date_gmt":"2021-05-15T08:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:30:23","modified_gmt":"2024-11-01T17:30:23","slug":"escribir-sobre-o-15-m","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/15\/escribir-sobre-o-15-m\/","title":{"rendered":"Escribir sobre o 15 M"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/asembleado15Menribadeoo20110619.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"120\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/asembleado15Menribadeoo20110619.jpg\" class=\"wp-image-4484\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Asemblea en Ribadeo o 20110619<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hoxe estamos de celebraci\u00f3n. Celebramos o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/15M\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">15M<\/a>, ese de hai dez anos, esa data que quedou marcada como a eclosi\u00f3n dun cambio de mentalidade sociopol\u00edtica na xuventude espa\u00f1ola. Entendiches? Ou sexa, o &#8216;noso&#8217; 68, que tam\u00e9n, dende Francia, tivo diversas antecedentes, r\u00e9plicas e variaci\u00f3ns (seguro que nas antigas checoslovaquias lembran m\u00e1is ben a versi\u00f3n da primavera de Praga que a versi\u00f3n parisina do maio franc\u00e9s, e en California po\u00f1en m\u00e1is \u00e9nfase no seu propio movemento, m\u00e1is extenso no tempo e non menos intenso en moitos aspectos).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Que tempos, eh? Coido que as lembranzas son boas porque axudan a debuxar a nosa necesidade de ter historia para facernos a n\u00f3s mesmos e \u00f3 noso futuro. Mais, co\u00f1ecedores disto, estamos a facer das lembranzas celebraci\u00f3ns, o que significa en certo xeito, deixalas no pasado cando son as actividades que nos trouxeron a onde estamos agora, e polo tanto, son constitutivas de n\u00f3s mesmos. E puxen &#8216;actividades&#8217; porque cham\u00e9moslles actividades, feitos ou como queiramos, implican movemento, o noso propio aporte de actividade, e sen ese movemento (noso) non te\u00f1en sentido. E as celebraci\u00f3ns tenden a iso: a lembrar unha foto, est\u00e1tica, que nos sube as endorfinas m\u00e1is que a adrenalina, que nos leva \u00e1 satisfacci\u00f3n e pracer como se de misi\u00f3n cumprida se tratase, m\u00e1is que \u00e1 acci\u00f3n do &#8216;faise cami\u00f1o \u00f3 andar&#8217; que tan ben soubo interpretar Antonio Machado.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por iso, para non deixar as lembranzas durmir como lembranzas, sen\u00f3n sentilas como parte do que hoxe somos, sentir a necesidade de actuaci\u00f3n acorde cos sentimentos por esas lembranzas, non est\u00e1 de m\u00e1is integrar na memoria aquelo de que os dereitos reco\u00f1ecidos nas leis apl\u00edcanse, defenden e ampl\u00edan na medida na que se exercen, como lin nun artigo e me fixo lembrar onte mesmo Rosa Mar\u00eda Artal.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hai multitude de formulaci\u00f3ns, de moita xente que escribe sobre o 15M, lembrando historia. E non est\u00e1 mal facelo, necesit\u00e1molo, \u00e9 un co\u00f1ecemento que non se debe perder, que debemos aumentar, algo a estudar. Pero pararnos a\u00ed significa perdernos o noso 15M, a nosa revoluci\u00f3n, sexa como individuo, sexa como sociedade. Decaer a un estado de inconsciencia. Particip\u00e1ramos a favor da corrente ou estiv\u00e9ramos horrorizados polo que suced\u00eda, que iso tam\u00e9n, nalgunha xente, foi un froito do 15M.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha \u00faltima apreciaci\u00f3n: darlle \u00f3 pedal nunha bicicleta est\u00e1tica mant\u00e9n os m\u00fasculos en forma, e ch\u00e1maselle deporte. Pero, a\u00ednda que o movemento muscular sexa comparable, pouco ten que ver co facer deporte nunha bicicleta de estrada ou de monta\u00f1a, graduar o esforzo \u00f3 que ven, e non \u00f3 que queremos que ve\u00f1a, ver pasar a paisaxe e sentir o aire no rostro en troques de escoitar o mp3 ou ver un v\u00eddeo. A experiencia, e o resultado para todo aquelo que non sexa m\u00fasculo, \u00e9 diferente. Leva esa idea \u00e1 t\u00faa vida e \u00e1 da sociedade: \u00e9 equivalente \u00e1 bicicleta est\u00e1tica ou a unha ou outra versi\u00f3n da bici de toda a vida? A paisaxe cambia, a vida tam\u00e9n. E n\u00f3s temos que adaptarnos, ser conscientes e sobrevivir \u00f3 tempo que podemos tentar adaptar a vida.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Asemblea en Ribadeo o 20110619 &nbsp;&nbsp; Hoxe estamos de celebraci\u00f3n. Celebramos o 15M, ese de hai dez anos, esa data que quedou marcada como a eclosi\u00f3n dun cambio de mentalidade sociopol\u00edtica na xuventude espa\u00f1ola. Entendiches? Ou sexa, o &#8216;noso&#8217; 68, que tam\u00e9n, dende Francia, tivo diversas antecedentes, r\u00e9plicas e variaci\u00f3ns (seguro que nas antigas checoslovaquias [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4484,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[102,32,11],"class_list":["post-4483","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-15m","tag-filosofia","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4483","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4483"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4483\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4484"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4483"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4483"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4483"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}