{"id":4461,"date":"2021-05-18T17:04:00","date_gmt":"2021-05-18T15:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:29:44","modified_gmt":"2024-11-01T17:29:44","slug":"auga-para-todos-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/18\/auga-para-todos-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"AUGA PARA TODOS. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/Pipelo.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"242\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/Pipelo.jpg\" class=\"wp-image-4462\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Recorrido aproximado do Pipelo<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>AUGA PARA TODOS<\/p>\n<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O t\u00edtulo deste artigo \u00e9 copia (perd\u00f3n pola ousad\u00eda) do nome do libro \u201c<a href=\"https:\/\/www.usc.gal\/omp\/index.php\/spic\/catalog\/book\/1088\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Auga para todos<\/a>\u201d (Biblioteca de divulgaci\u00f3n da USC, 2017) escrito en galego polo noso veci\u00f1o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Francisco+D%C3%ADaz-Fierros\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Francisco D\u00edaz-Fierros Viqueira<\/a>, catedr\u00e1tico (e dende a s\u00faa xubilaci\u00f3n, em\u00e9rito) de Edafolox\u00eda e Qu\u00edmica Agr\u00edcola da Universidade de Santiago desde 1987. Un traballo exhaustivo e documentado sobre a escaseza e a problem\u00e1tica de todo o relacionado coa auga que temos neste noso planeta Terra. Ese ben com\u00fan que Francisco nos mostra en todo o seu ciclo hidrol\u00f3xico vital para a humanidade, no seu reparto, como enerx\u00eda aproveitable, no seu desenvolvemento para os cultivos, ese ben que por estar espallado nun 71% da superficie terrestre, cunha profundidade media de 3,86 km, parece unha cantidade enorme, e en cambio representa soamente o 0,13% do volume total do planeta, e a s\u00faa profundidade comparada co radio da Terra, 6371 km, \u201c\u00e9 algo menos a\u00ednda que a pel dunha maz\u00e1\u201d. Deste volume, \u00e9 auga salgada nos oc\u00e9anos e mares, o 99% e s\u00f3 un 1% \u00e9 auga doce, da que n\u00f3s, humanos, necesitamos m\u00e1is que comer. Unha substancia tan escasa como vital para os seres vivos, para a existencia da nosa vida, pois o noso corpo humano est\u00e1 composto por un 70% de auga. Ou sexa \u00e9 radicalmente esencial que a coidemos como o ben m\u00e1is prezado que temos, moit\u00edsimo m\u00e1is importante que todos os metais e t\u00f3dalas pedras preciosas do planeta, por moito que as aprecien os especuladores da riqueza, pois sen elas viven, pero sen beber non.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pois ben, despois deste introito para saber do imprescindible e escasa que \u00e9 a auga e que necesaria nos \u00e9, temos obriga de conservala en bo estado, e introducireime na problem\u00e1tica que temos en Ribadeo coa auga, pois \u00e9 un ben co que lev\u00e1bamos desde tempo inmemorial con problemas de abastecemento.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Primeiro aproveit\u00e1ronse as fontes naturais das parroquias e habilit\u00e1ronse as dos barrios urbanos, Santiago de Vigo (anterior a 1164) na Vilavella; tr\u00f3uxose unha canle desde o r\u00edo de Ove que pasaba de San Francisco \u00f3 Campo (r\u00edo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Pipelo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pipelo<\/a>),  encan\u00e1ronse augas das <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Fontes%20do%20Lobo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Fontes do Lobo<\/a>, do Monte da Arca e de Folgosa, e fix\u00e9ronse a Fonte Nova (1536); a Fonte de Guimar\u00e1n (1687); a Fonte Cavada (1749); a de Espi\u00f1aredo (1780); a dos Catro Canos (1894); Fonte da Alza (1935), etc. Un co\u00f1ecemento m\u00e1is exhaustivo destas construci\u00f3ns refl\u00edctese no precioso e entra\u00f1able libro \u201cAs Fontes de Ribadeo\u201d das nosas veci\u00f1as <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Alicia%20Sarmiento\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Alicia Sarmiento Gonz\u00e1lez<\/a> e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Teresa+D%C3%ADaz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Teresa D\u00edaz Est\u00e9vez<\/a> (Agrupaci\u00f3n Francisco Lanza, 2009).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hoxe en d\u00eda desfrutamos dun magn\u00edfico servizo de augas da tra\u00edda, grazas \u00e1 eficaz medida de encanar a auga do r\u00edo Eo cara a Ribadeo, obra encomendada polo tam\u00e9n noso veci\u00f1o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Leopoldo%20Calvo%20Sotelo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Leopoldo Calvo Sotelo e Bustelo<\/a> (1926-2008) Presidente do Goberno de Espa\u00f1a nos anos 1981 e 1982 e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Marqu%C3%A9s%20da%20R%C3%ADa%20de%20Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Marqu\u00e9s da R\u00eda de Ribadeo<\/a> con Grandeza  de Espa\u00f1a (Real Decreto 591\/2002, BOE n\u00fam.151, martes 25 de xu\u00f1o de 2002). Este pasado 3 de maio foi o 13 aniversario do seu pasamento (q.e.p.d.).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O encanamento de auga do Eo, sacounos os ribadenses da escaseza que sempre sufrimos dela nos ver\u00e1ns. Mi\u00f1a nai mand\u00e1bame \u00e1 Fonte Cavada por un caldeiro de auga para poder facer de comer, e coma min, mand\u00e1bannos aos p\u00edcaros do barrio do Matadeiro e de Figueir\u00faa \u00e1 auga durante moitos d\u00edas do ver\u00e1n, pois pola tubaxe da tra\u00edda non sa\u00eda nin gota. As Fontes do Lobo quedaran obsoletas e non eran quen de abastecer a poboaci\u00f3n en crecemento constante, e menos cando aumentaba de s\u00fabito cos turistas do interior que vi\u00f1an de Madrid, de Lugo, de A Coru\u00f1a, de Bilbao e no mes de setembro as pensi\u00f3ns e as casas que daban camas ench\u00edanse de xente que baixaban \u00e1 vila para tomar os ba\u00f1os quentes de mar.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Aquela falta de auga continuada no tempo, tivo unha soluci\u00f3n dr\u00e1stica, un plan de subministro que viu o Presidente que era enxe\u00f1eiro de Cami\u00f1os, Canles e Portos e un pol\u00edtico culto e de gran talla intelectual sen lugar a d\u00fabidas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hoxe, aquela obra inxente para aqueles anos da d\u00e9cada dos oitenta, est\u00e1 quedando totalmente obsoleta aos corenta anos da s\u00faa instalaci\u00f3n, debido \u00f3 deterioro do colector de entronque Eo-Ribadeo, que segundo sabemos est\u00e1 case arruinado na s\u00faa totalidade, e a punto de romperse sen saber ningu\u00e9n cando, nin en que datas. Menos mal que a rede secundaria de subministro se foi cambiando de hai pouco, e polo menos nas r\u00faas non se esperan consecuencias da tama\u00f1a inundaci\u00f3n que se prev\u00e9.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Para cando espera a Corporaci\u00f3n Municipal de Ribadeo afrontar esta obra de recambio do colector principal e a tubaxe subsidiaria que faga falta para manter o excelente servizo actual que tan necesario \u00e9 como en precario estado se atopa?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Fai uns anos rebentou un tramo pequeni\u00f1o, e Ribadeo estivo durante dous d\u00edas sen auga, e o caos nas casas era monumental, non hab\u00eda auga para os inodoros, hab\u00eda que mal lavarse con auga embotellada, e os nenos e vellos, non falemos!<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Cando rebente de novo a tubaxe, que rebentar\u00e1 en calquera momento por calquera lado, canto tempo nos quedaremos sen auga? Todo o ver\u00e1n? Todo o inverno? Todo o outono? Toda a primavera? Cantos prexu\u00edzos traer\u00e1 a toda a hostaleira de ver\u00e1n, inverno&#8230; ao comercio en xeral. Como nos ama\u00f1aremos sen auga nas casas, nos pisos onde vivimos unha grande maior\u00eda dos veci\u00f1os? Esas coelleiras da \u00e9poca industrial que tanto furor causaron nos \u201cbooms inmobiliarios\u201d deste pa\u00eds e que compramos como unha \u201cbendita\u201d soluci\u00f3n as nosas necesidades de habit\u00e1culo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hai que po\u00f1er en marcha un plan de rexeneraci\u00f3n sistem\u00e1tica do colector, xa. Non se pode esperar a que ocorra un accidente monumental que deixe a Ribadeo sen auga. A\u00ednda temos na memoria a velocidade de construci\u00f3n que tivo a Xunta de Galiza para reconstru\u00edr a ponte de Arante cando a levou o r\u00edo. Estiveron os veci\u00f1os anos enteiros sen cami\u00f1o, porque si patrimonio, que si patat\u00edn que si patat\u00e1n&#8230; \u00a1Sen servizo anos enteiros!<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Esperemos que a Xunta responda en condici\u00f3ns de dar soluci\u00f3ns e non alarguen o problema ata que o remedio pase por un inferno de problemas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Recorrido aproximado do Pipelo AUGA PARA TODOS Pancho Campos Dorado &nbsp;&nbsp;&nbsp; O t\u00edtulo deste artigo \u00e9 copia (perd\u00f3n pola ousad\u00eda) do nome do libro \u201cAuga para todos\u201d (Biblioteca de divulgaci\u00f3n da USC, 2017) escrito en galego polo noso veci\u00f1o Francisco D\u00edaz-Fierros Viqueira, catedr\u00e1tico (e dende a s\u00faa xubilaci\u00f3n, em\u00e9rito) de Edafolox\u00eda e Qu\u00edmica Agr\u00edcola [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4462,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[54,46,9],"class_list":["post-4461","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-auga-da-billa","tag-pancho-campos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4461","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4461"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4461\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4462"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4461"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4461"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4461"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}