{"id":4454,"date":"2021-05-20T08:10:00","date_gmt":"2021-05-20T06:10:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:29:32","modified_gmt":"2024-11-01T17:29:32","slug":"pleno-do-parlamento-de-asturias-do-27","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/20\/pleno-do-parlamento-de-asturias-do-27\/","title":{"rendered":"PLENO DO PARLAMENTO DE ASTURIAS DO 27 DE NOVEMBRO DE 2019. RIA DEL EO VS RIA DE RIBADEO. Evaristo Lombardero"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/Principadoer25C325ADadeRibadeo.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"250\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/05\/Principadoer25C325ADadeRibadeo.jpg\" class=\"wp-image-4455\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">O edificio da Xunta do Principado de Asturias (<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Junta_General_del_Principado_de_Asturias#\/media\/Archivo:Edificiu_Xunta_Xeneral_d'Asturies.JPG\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Denis Soria, es.wikipedia.org, CC BY SA 3.0<\/a>) e a <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/#map=14\/43.5275\/-7.0397\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">r\u00eda de Ribadeo no OpenStreetMap<\/a><\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>PLENO DO PARLAMENTO DE ASTURIAS DO 27 DE NOVEMBRO DE 2019<\/p>\n<p>RIA DEL EO VS RIA DE RIBADEO<\/p>\n<p>Neste pleno o Grupo Parlamentario Popular presenta unha \u201cProposici\u00f3n No de Ley\u201d (PNL) na que pide ao Goberno de Asturias \u201cque recopile toda la documentaci\u00f3n hist\u00f3rica acreditativa de la utilizaci\u00f3n inmemorial de la denominaci\u00f3n R\u00eda del Eo\u201d para presentar ao Instituto Geogr\u00e1fico Nacional a proposta de que se equiparen ambas denominaci\u00f3ns. A PNL foi aprobada por unanimidade.<\/p>\n<p><em>Comentario: Suli\u00f1emos o termo \u201cinmemorial\u201d. Dicir \u201cinmemorial\u201d \u00e9  reco\u00f1ecer que non se co\u00f1ecen \u2013ou non existen- os documentos hist\u00f3ricos que poder\u00edan acreditar a proposta. Pode usarse nos medios ou na literatura rom\u00e1ntica, pero carece de rigor para unha PNL parlamentar.<\/em><\/p>\n<p>Comeza o deputado do PP facendo unha introduci\u00f3n en galego-asturiano pero interr\u00fampeo un deputado do grupo VOX para declarar que non entende o galego e o propo\u00f1ente segue falando en castel\u00e1n. Esta parte \u00e9 moi substanciosa, pero non podemos dedicarlle mais espazo (ver actas en \u201cJunta General del Principado e Asturias. Publicaciones y Biblioteca\u201d).<\/p>\n<p>E mais adiante di: \u201cEl primer argumento, manido y convenientemente manipulado, es aquel que dice que la r\u00edas deben llevar el nombre de las poblaciones m\u00e1s importantes en sus orillas\u2026\u201d<\/p>\n<p><em>Comentario: O substancial neste punto \u00e9 a expresi\u00f3n \u201cdeben llevar\u201d, como se este dato fose opinable ou subxectivo. Temos revisado a secci\u00f3n \u201cMapas antiguos Digitalizados\u201d da Biblioteca Nacional. En total son 11 511 mapas, cartas e documentos dende 1574 ata 1970. En 62 aparece a denominaci\u00f3n R\u00eda de Rivadeo ou Ribadeo. A denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda del Eo\u201d aparece en cero documentos. Mesmo revisamos os nomes de outras r\u00edas do Cant\u00e1brico e do Atl\u00e1ntico galego, atopando 275 documentos nos que se recolle a denominaci\u00f3n de 1197 r\u00edas (moitas de elas repetidas). En 1192 casos presentan a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de \u2026 unha vila ou cidade\u201d, por exemplo \u201cR\u00eda de Navia\u201d. As poucas excepci\u00f3n xa son dabondo co\u00f1ecidas: A R\u00eda de Muros e Noia e a de Corme e Laxe (d\u00faas vilas), a R\u00eda de Arousa (unha bisbarra), a R\u00eda de Tina Mayor e a de Tina menor (un monte). En ning\u00fan caso aparece unha denominaci\u00f3n do tipo \u201cR\u00eda de \u2026 un rio\u201d. Por non estendernos citaremos s\u00f3 outra fonte universitaria, o libro \u201cCartograf\u00eda Hist\u00f3rica de Asturias\u201d (Ed. Saltadora, Oviedo, 2008) do profesor da Universidade de Oviedo Juan Sevilla Alvarez. Este autor presenta 102 mapas de Asturias, ben sexa da totalidade da rexi\u00f3n ou de algunhas zonas. Destes 102 mapas hai 50 que abarcan ao occidente de Asturias ou zonas da costa galega. Destes 50 mapas (moitos deles moi antigos onde non aparece ningunha r\u00eda con esta denominaci\u00f3n) en 19 aparece a \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d, en un \u201cR. de Ribadeo\u201d e en outro \u201cR.Eo\u201d. En ning\u00fan caso aparece a f\u00f3rmula \u201cR\u00eda del Eo\u201d. Tampouco figura en ning\u00fan caso de \u201cR\u00eda de \u2026 un rio\u201d como puidese ser \u201cR\u00eda del Nal\u00f3n\u201d.<\/em><\/p>\n<p>Pero volvamos ao comezo deste comentario. A cuesti\u00f3n non \u00e9 se as r\u00edas \u201cdeben levar\u201d senon cal \u00e9 o nome que levan. Como vemos nesta sinxela aportaci\u00f3n documental todas as r\u00edas do Cant\u00e1brico e do Atl\u00e1ntico galego levan os nomes que xa co\u00f1ecemos e dende finais do s\u00e9culo XIX est\u00e9ndese o uso de f\u00f3rmulas alternativas, mesmo na fotograf\u00eda, prensa, publicidade, etc. onde \u00e9 doado atopar a \u201cR\u00eda del Eo\u201d, \u201cR\u00eda de Castropol\u201d, \u201cR\u00eda de As Figueiras\u201d e mesmo en actas do parlamento asturiano temos atopado a expresi\u00f3n \u201cR\u00eda de Vegadeo\u201d.<\/p>\n<p>Deseguido, para reforzar a opini\u00f3n anterior, o Sr. Deputado aporta a seguinte declaraci\u00f3n: \u201cPara muestra, las siguientes, aunque hay muchas m\u00e1s: en Cantabria, por ejemplo, la r\u00eda del Ag\u00fcera no es la r\u00eda de Ori\u00f1\u00f3n, en el Pa\u00eds Vasco, la r\u00eda del Oria no es r\u00eda de Orio, la r\u00eda del Ea no es r\u00eda de Lekeitio, la r\u00eda del Urola no es la r\u00eda de Zumaya\u201d .<\/p>\n<p><em>Comentario: O Sr. Deputado non cita as fontes onde atopou esas denominaci\u00f3ns, pero podemos dicir que coinciden, ao pe da letra, con algunhas das que aparecen na paxina 46 do folleto editado pola Conseller\u00eda de Cultura do Principado de Asturias baixo o t\u00edtulo \u201cR\u00eda del Eo. Informe y conclusiois\u201d no mes de maio de 2007. Deste folleto xa comentamos alg\u00fans aspectos nunha entrega anterior. Aqu\u00ed so imos suli\u00f1ar d\u00faas cuesti\u00f3ns: Primeiro: Os autores deste informe non aportaron ningunha fonte referencial dos nomes de esas r\u00edas, polo tanto non hai ning\u00fan material obxectivo para contrastar ou debater. Segundo: Na nosa revisi\u00f3n dos 11 511 documentos citados da Biblioteca Nacional aparecen todas as r\u00edas que cita o Sr. Deputado referidas \u00e1s vilas ou cidades mais importantes. Por exemplo non aparece a \u201cR\u00eda de Ag\u00fcera\u201d en ning\u00fan documento sen\u00f3n a \u201cR\u00eda de Ori\u00f1\u00f3n\u201d polo menos en 18 mapas e as\u00ed sucesivamente. Curiosamente o Sr. Deputado g\u00e1rdase de citar alg\u00fan exemplo de r\u00edas asturianas nas que se usa a cot\u00edo a denominaci\u00f3n que defende para para a R\u00eda de Ribadeo. Por exemplo a R\u00eda del Nal\u00f3n, no canto da R\u00eda de Pravia ou a R\u00eda del Sella por R\u00eda de Ribadesella. En resumen pensamos que non se deberan usar os folletos tur\u00edsticos  para propo\u00f1er o cambio de unha denominaci\u00f3n oficial.<\/em><\/p>\n<p>Outro par\u00e1grafo interesante da proposici\u00f3n do Sr. Deputado \u00e9 o seguinte: \u201cQueda m\u00e1s que probado que no hay norma ni raz\u00f3n insalvable por la que la r\u00eda deba llamarse \u201cde Ribadeo\u201d; bien al contrario, son muchos los casos de r\u00edas que, como los propios r\u00edos que las generan, llevan su nombre hasta desembocar en el mar\u201d.<\/p>\n<p><em>Comentario: Perdoe o lector que tivese a amabilidade de chegar ate aqu\u00ed, pero non me queda mais remedio que insistir en que estamos tratando de unha intervenci\u00f3n de un Sr. Deputado en un parlamento auton\u00f3mico do estado espa\u00f1ol. Este representante do povo ga\u00f1a uns substanciosos emolumentos por cumprir a s\u00faa inestimable misi\u00f3n e sup\u00f3nselle unha certa cultura xeral para desempe\u00f1ar ese cargo. Pero presenta unha moci\u00f3n sobre o nome dunha r\u00eda e afirma sen despeitarse que as r\u00edas est\u00e1n xeradas polos r\u00edos que nelas desembocan. Insisto en que unha cousa \u00e9 \u201cdebater\u201d nos mostradores ou nas redes sociais, ou mesmo producir emocionados versos ou cantares e outra moi distinta subirse a un estrado dun parlamento representativo dunha sociedade democr\u00e1tica. Se o Sr. Deputado e o seu grupo a\u00ednda non se enteraron do proceso xeol\u00f3xico da formaci\u00f3n das r\u00edas do norte  de Espa\u00f1a e ve\u00f1en con argumentos tabernarios a defender unha proposici\u00f3n non de lei est\u00e1n po\u00f1endo sobre a mesa o verdadeiro trasfondo de este asunto: isto non \u00e9 ning\u00fan problema de enfrontamento entre Asturias e Galicia ou entre Ribadeo e os concellos colindantes. Esta \u00e9 unha cuesti\u00f3n de nivel cultural e por a\u00ed haber\u00eda que empezar para enfrontar os grav\u00edsimos problemas de paro, crise econ\u00f3mica, cambio clim\u00e1tico etc. ao que se enfronta a sociedade actual. P\u00e9nseo ben a quen corresponda.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>Deseguido o Sr Deputado ref\u00edrese a unha suposta \u201cimposici\u00f3n topon\u00edmica\u201d.<\/p>\n<p><em>Comentario: \u201cImposici\u00f3n topon\u00edmica\u201d que ven como m\u00ednimo de 1550, como xa temos publicado en outras entregas. A mesma \u201cimposici\u00f3n\u201d que a ollada sesgada do Sr. Deputado non lle permite apreciar na R\u00eda de Navia, na R\u00eda de Avil\u00e9s o una r\u00eda de Villaviciosa. Curioso pero xa se sabe que non mais cego que o que non quer ver.<\/em><\/p>\n<p>Deixamos a cousa aqu\u00ed polo de agora. Simplemente suli\u00f1ar que a moci\u00f3n Sr. Deputado carece do mais m\u00ednimo rigor documental e non aporta nada substancial aos debates propios dos mostradores ou das redes sociais. Deportes respectables como pasatempos de lecer pero que, ao noso modesto entender, non deberan chegar aos estrados parlamentares.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Evaristo%20Lombardero\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Evaristo Lombardero Rico<\/a>, 18 de Maio de 2021<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A serie:&nbsp;<\/p>\n<h3 class=\"post-title entry-title\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/pleno-do-parlamento-de-asturias-do-27.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">PLENO DO PARLAMENTO DE ASTURIAS DO 27 DE NOVEMBRO DE 2019. RIA DEL EO VS RIA DE RIBADEO<\/a>.<\/h3>\n<h3 class=\"post-title entry-title\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/a-ria-de-ribadeo-vs-ria-del-eo-nas.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A RIA DE RIBADEO vs R\u00eda del Eo nas pol\u00edticas do Principado de Asturias (II)<\/a>.&nbsp;<\/h3>\n<h3 class=\"post-title entry-title\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/a-ria-del-eo-na-politica-do-principado.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A R\u00cdA DEL EO NA POL\u00cdTICA DO PRINCIPADO DE ASTURIAS (I)<\/a>.<\/h3>\n<h3 class=\"post-title entry-title\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/a-ria-del-eo-no-concello-de-ribadeo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO<\/a>.<\/h3>\n<h3 class=\"post-title entry-title\">&nbsp;&#8212;<\/h3>\n<h3 class=\"post-title entry-title\">&nbsp;O <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/12\/o-nome-da-ria-de-ribadeo-voltas-co-nome.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">documento de certificaci\u00f3n do nome da r\u00eda de 2008<\/a><br \/>\n<\/h3>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O edificio da Xunta do Principado de Asturias (Denis Soria, es.wikipedia.org, CC BY SA 3.0) e a r\u00eda de Ribadeo no OpenStreetMap &nbsp; PLENO DO PARLAMENTO DE ASTURIAS DO 27 DE NOVEMBRO DE 2019 RIA DEL EO VS RIA DE RIBADEO Neste pleno o Grupo Parlamentario Popular presenta unha \u201cProposici\u00f3n No de Ley\u201d (PNL) na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4455,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,11,56],"class_list":["post-4454","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-historia","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4454","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4454"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4454\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4455"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4454"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4454"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4454"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}