{"id":4434,"date":"2021-05-25T10:52:00","date_gmt":"2021-05-25T08:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:28:18","modified_gmt":"2024-11-01T17:28:18","slug":"desgoberno-na-xestion-jose-m-rodriguez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/25\/desgoberno-na-xestion-jose-m-rodriguez\/","title":{"rendered":"DESGOBERNO NA XESTI\u00d3N. Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz"},"content":{"rendered":"<p><strong><strong>Artigo publicado por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz<\/a> no seu blog O Cargadoiro (xa non funcional) o 18 de xullo de 2006.&nbsp; <\/strong><\/strong><\/p>\n<p><em>Martes, 18 de xullo de 2006<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDESGOBERNO NA XESTI\u00d3N<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTRES anos IMPROVISANDO. Van xa m\u00e1is de tres anos que Ribadeo est\u00e1 soportando esta desatinada xesti\u00f3n de goberno. Tres longos anos perdidos para este concello. M\u00e1is de tres anos improvisando, sen abordar ning\u00fan dos grandes retos pendentes. Tres longos anos entretidos en trivialidades, esperando que pasen os d\u00edas e caian os euros.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n  O para\u00edso que este alcalde nos promet\u00eda no seu discurso de investidura e no seu programa electoral, resultou ser, como o de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/John_Milton\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Milton<\/a>: un paraiso perdido. Unha serie de manobras para enganar aos incautos que creron nel. Incapaz de sacar o seu programa adiante, e cumprir as\u00ed a s\u00faa promesa e o seu contrato cos electores, dedicou o seu tempo a improvisar e a viaxar. Pasouse o tempo do seu mandato viaxando constantemente para traernos aos franceses da Breta\u00f1a e un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=ascensor\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">ascensor<\/a>, que nunca chega, para a Atalaia, xunto con outras actuaci\u00f3ns menores, como foron as bicicletas para alugar, os contenedores de excrementos caninos, a reforma do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=auditorio%20de%20Cabanela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">auditorio de Cabanela<\/a>, ou a fonte de xogos de auga. Unha constante improvisaci\u00f3n na s\u00faa forma de gobernar e po\u00f1endo sempre o acento no seu respaldo ao capital, como o testemu\u00f1a o seu apoio a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Acuinor&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Acuinor<\/a> ou a aquelas urbanizaci\u00f3ns famosas, no canto de facer vivendas para os necesitados ou protexer o medio ambiente, como ti\u00f1a prometido no seu programa. Para asegurarse o apoio \u00e1 s\u00faa xesti\u00f3n baleir de contidos, non dudou en asegurarse a colaboraci\u00f3n dalg\u00fans dos funcionarios, mediante unha subida escandalosa do soldo, no canto de defender os intereses econ\u00f3micos do concello, como era a s\u00faa obriga, que son os intereses dos contribu\u00edntes. Con p\u00f3lvora allea calquera dispara.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEsta foi a s\u00faa resposta ao apoio que o pobo lle concedeu, atra\u00eddo polo seu lema &#8220;outra forma de ser, outra forma de gobernar&#8221;. Todo acabou nun estrepitoso fracaso. Nin houbo honestidade na xesti\u00f3n, nin austeridade no gasto, como o demostran os orzamentos deste ano, nin participaci\u00f3n cidad\u00e1, tal como nos ti\u00f1a prometido no seu programa. Este alcalde non funciona nese rexistro. M\u00e1is ben fixo todo o contrario do prometido aos ribadenses. Os impostos medraron de xeito alarmante e outros novos establec\u00e9ronse, o gasto p\u00fablico non se contivo e a participaci\u00f3n cidad\u00e1 na xesti\u00f3n brilou pola s\u00faa ausencia. E as\u00ed van pasando os d\u00edas. E mentres, o pobo permanece calado ou se entret\u00e9n mirando para outro lado. O antigo costume dos faladoiros, que tanto ocupaba antes o tempo libre dos veci\u00f1os e nas que se falaba de todo, inclu\u00edda a xesti\u00f3n municipal, non est\u00e1 xa de moda. Novos h\u00e1bitos de vida t\u00e9\u00f1ena suplantado. En todo caso, son outras cousas as que acaparan a atenci\u00f3n da xente nos seus tempos de lecer. De pol\u00edtica non queren falar. S\u00e9ntense alleos a ela, ignorando que viven nunha &#8216;polis&#8217;. Como dixo Arist\u00f3teles, s\u00f3 os deuses e as bestas do campo, que viven f\u00f3ra da cidade, son alleos \u00e1 pol\u00edtica. Ignoran que a pol\u00edtica concierne a todos os que viven nunha comunidade. A nosa resposta, pois, \u00e1 acci\u00f3n do goberno local non pode ser o silencio. Se exercen o goberno no noso nome temos a responsabilidade de opinar e de intervir nos problemas que afectan ao goberno da comunidade, como fixeron os de Nigr\u00e1n. Permanecer durmidos e ignorar a pol\u00edtica municipal, \u00e9 darlle a raz\u00f3n a Cervantes cando, por boca de D. Quixote, afirmaba que &#8216;o sono \u00e9 alivio das miserias dos que as te\u00f1en espertos&#8217;.-<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><\/em><\/p>\n<p><strong><strong><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Outros Artigos de Jos\u00e9 Mar\u00eda<\/a>.<\/strong><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Artigo publicado por Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz no seu blog O Cargadoiro (xa non funcional) o 18 de xullo de 2006.&nbsp; Martes, 18 de xullo de 2006 DESGOBERNO NA XESTI\u00d3N TRES anos IMPROVISANDO. Van xa m\u00e1is de tres anos que Ribadeo est\u00e1 soportando esta desatinada xesti\u00f3n de goberno. Tres longos anos perdidos para este concello. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,13],"class_list":["post-4434","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4434","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4434"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4434\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4434"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4434"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4434"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}