{"id":4430,"date":"2021-05-27T14:35:00","date_gmt":"2021-05-27T12:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:28:12","modified_gmt":"2024-11-01T17:28:12","slug":"non-se-pode-vivir-da-nada-ou-sexa-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/27\/non-se-pode-vivir-da-nada-ou-sexa-do\/","title":{"rendered":"Non se pode vivir da nada (ou sexa, do conto)"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Si, xa sei: hai xente que vive do conto. E viven. Porque llo permitimos. Na realidade, esa &#8216;xente que vive do conto&#8217; est\u00e1 a vivir de n\u00f3s, de explotar \u00f3s m\u00e1is, de usalos (de usarnos), e soe vivir moi ben, mesmo ser famosetes e manexar abondo m\u00e1is cartos ca media. Son uns poucos que nos te\u00f1en enganados. Nada que ver con que todos -literalmente- vivamos ou poidamos vivir do conto. Nada que ver con que a humanidade viva do conto, poda vivir de fume.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Lembroumo un tweet. Traduzo: <em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Extinction+Rebellion\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Extinction Rebellion<\/a> Spain<br \/>\n@esXrebellion<br \/>\n\u00b7<br \/>\n18h<br \/>\nHoxe 25 de maio, Espa\u00f1a xa esgotou os recursos naturais que poden rexerarse.<\/p>\n<p>Cada ano chegamos antes.<\/p>\n<p>Se o mundo vivira \u00f3 paso \u00f3 que o fai Espa\u00f1a, necesitar\u00edamos 2,5 Terras.<\/p>\n<p>Imos vivir todos estes meses (ata fin de ano) sobreexplotando a Terra por riba da s\u00faa capacidade.<\/p>\n<p>#OverShootDay<\/em><\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp; E vivimos. E par\u00e9cenos que a cousa marcha, que esas cousas son contos alarmistas porque seguimos vivindo. Mais na realidade estamos a facer o mesmo que quen dilapida unha herdanza: \u00f3 final, remata quedando sen nada, sen medios. E iso que o tweet ref\u00edrse a &#8216;recursos naturais que poden rexenerarse&#8217;. \u00c9 dicir, non conta con aqueles outros, sexan uranio ou terrar raras, pasando polo petr\u00f3leo, claro, dos que sabemos que hai cantidade limitada \u00e1 nosa disposici\u00f3n e o m\u00e1is que podemos facer \u00e9 reaproveitar ese recurso unha vez desbotado o utensilio que xa non funciona e o emprega. Sempre que podamos facelo: se se queima como no caso do petr\u00f3leo, non hai xeito de reaproveitalo, a m\u00e1is da contaminaci\u00f3n que produce e derivados como o efecto invernadoiro. E a\u00ednda que sexan pasos adiante os dados esta mesma semana, a sentenza contra a <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Royal_Dutch_Shell\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Shell<\/a> nos Pa\u00edses Baixos pola s\u00faa contribuci\u00f3n \u00f3 cambio clim\u00e1tico ou que accionistas de <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/ExxonMobil\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Exxon<\/a> e \u00f3 tempo activistas lograran meter a d\u00faas persoas como directivos proclamando que o xigante petroleiro non inviste abondo en enerx\u00eda m\u00e1is limpa, non \u00e9 consolo nin abonda.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Noutros lares a cousa vai a\u00ednda peor, e por onde se mire, tende a empeorar. Vanse po\u00f1endo chanzos pouco a pouco para tratar de mellorar, de que quede con que vivir a longo prazo, procurando menos pl\u00e1stico nas bolsas ou menos cantidade de terras raras nos procesadores. Mais, \u00f3 tempo, estanse a fabricar m\u00e1is procesadores ou facer que as viaxes de mercador\u00edas sexan cada vez m\u00e1is. Terzando, e non no medio entre extremos, a m\u00e1is de non ter alternativa de consumo moitas veces, ou de que a obsolescencia programada invadira o campo de m\u00e1is e m\u00e1is produtos, non somos conscientes -incl\u00faome- do que significan pequenas cousas como <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/auga%20da%20billa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">abrir a billa na casa<\/a>. En Ribadeo, beber un vaso de auga -200 mL- leva consigo traela por unha rede de canalizaci\u00f3ns case 20 km, elev\u00e1ndoa a m\u00e1is de 100 m de altura antes de volvela a deixar caer cara \u00e1s casas. Algo que necesita 200 J de enerx\u00eda, a m\u00e1is da fabricaci\u00f3n da canalizaci\u00f3n ou dos produtos qu\u00edmicos para mantela potable e segura, o mantemento da infraestrutura, etc.  A\u00ednda as\u00ed, moi pouco para os par\u00e1metros de moitos lugares (lembro que en Los \u00c1ngeles algunha auga vai canalizada dende uns 500 km de distancia).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E, mentres, de non ter recursos acumulados, xa ter\u00edamos consumido todo o que poder\u00edamos conseguir no ano. \u00c9 dicir, non ter\u00edamos nada que nos permitira vivir. Estariamos mortos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ou sexa, hai que cambiar. E r\u00e1pido.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Si, xa sei: hai xente que vive do conto. E viven. Porque llo permitimos. Na realidade, esa &#8216;xente que vive do conto&#8217; est\u00e1 a vivir de n\u00f3s, de explotar \u00f3s m\u00e1is, de usalos (de usarnos), e soe vivir moi ben, mesmo ser famosetes e manexar abondo m\u00e1is cartos ca media. Son uns poucos que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[54,26],"class_list":["post-4430","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-auga-da-billa","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4430","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4430"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4430\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4430"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4430"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4430"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}