{"id":4422,"date":"2021-06-02T15:01:00","date_gmt":"2021-06-02T13:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:27:59","modified_gmt":"2024-11-01T17:27:59","slug":"renegados-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/02\/renegados-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"RENEGADOS. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>RENEGADOS<\/p>\n<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Renegado dise do que abandona os seus ideais, as s\u00faas si\u00f1as de identidade, para unirse voluntariamente a unha instituci\u00f3n diferente da s\u00faa propia familia, relixi\u00f3n, crenza ou pa\u00eds. Un adxectivo pexorativo tan desagradable como ler o \u201cInforme da Oficina de Pol\u00edtica Ling\u00fc\u00edstica do Principado de Asturias\u201d, sobre a R\u00eda de Ribadeo, escrito en un rebuscado galego oriental por Ant\u00f3n Garc\u00eda Fern\u00e1ndez \u201cDirector General de Pol\u00edtica Ling\u00fc\u00edstica\u201d do Principado, a quen acompa\u00f1an na redacci\u00f3n uns cantos adl\u00e1teres tan mal intencionados coma el. Sobre as esperp\u00e9nticas reviravoltas deste informe fai un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/pleno-do-parlamento-de-asturias-do-27.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">exhaustivo estudo Evaristo Lombardero<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo 22-maio-2021), polo que eu non vou entrar a facer algo que xa est\u00e1 feito.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A\u00ednda non sei por qu\u00e9 no Principado se gastan cartos nunha oficina desta \u00edndole, cando no Parlamento de Asturias non lles deixan falar en tal linguaxe porque os de VOX \u201cnon entenden o galego\u201d (Pleno do Parlamento de Asturias 27-nov-2019, ibidem). Este tipo de oficinas que se crearon na \u201cDemocracia Espa\u00f1ola de Partidos\u201d, non solo na Autonom\u00eda de Asturias, son dese tipo que cheiran moit\u00edsimo a \u201cchiringuitos da bicoca\u201d onde se enchufa aos \u201camiguetes\u201d que non se sabe que facer con eles, pero que por diversas raz\u00f3ns fora do co\u00f1ecemento p\u00fablico, te\u00f1en que darlles alg\u00fan cargo oficial para cobrar substanciosos emolumentos por \u201cnon fare niente\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Neste caso do top\u00f3nimo da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo<\/a>, po\u00f1en a este tipo de personaxes a discernir unha causa da que de forma teimuda xa \u00e9, desde fai s\u00e9culos, caracter\u00edstica end\u00e9mica do Principado para facerse coas terras e dominios do Reino de Galiza, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/ria-de-ribadeo-pancho-campos-dorado.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">como xa explicaba anteriormente<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 1-maio-2021).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Renegan dos antigos top\u00f3nimos que expresan realmente o que son e existe nas terras do Reino de Galiza. As\u00ed vemos, como renegaron da denominaci\u00f3n Reboredo, hoxe concello de Castropol, posiblemente porque Reboredo ven de rebo = desperdicio, cascallo, escombro, e reboredo \u00e9 o lugar onde se acumula algo de todo isto, analoxicamente como arbore = arboredo. Esta antiga denominaci\u00f3n de Reboredo, no caso desa zona da marxe dereita da R\u00eda de Ribadeo, aparece como consecuencia da acumulaci\u00f3n de ramaxes e outras cousas flotantes, xeralmente, que deixa o mar nunha ribeira ou no alto dunha praia cando baixa a marea, popularmente co\u00f1ecidas en galego como \u201ccrebas\u201d ou o \u201crebo do mar\u201d e que os ribeiregos aproveitaban para queimar nas lareiras. Hoxe son escollidas e rebuscadas polos artistas para facer obxectos de arte.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Esta \u201c<em>Comisi\u00f3n pral estudio da denominaci\u00f3n da R\u00eda<\/em>\u201d, debeuse formar na barra dun bar, para cumprir co &#8220;<em>decreto 38\/2002 d\u2019abril y del 98\/2002 de 18 xuyin <\/em>(diminutivo de xullo) <em>para recuperaci\u00f3n da toponimia asturiana<\/em>\u201d. Supo\u00f1o que para facer algo as\u00ed, ter\u00e1n que primeiro aprender algo do idioma galego, pois sen\u00f3n non entenderan nada do que oian ou lean. Pero creo que este chiringuito da comisi\u00f3n o que pretende e inmatricular territorio pola cara, tal e como lles est\u00e1 aprendendo o bispo de Oviedo, un verdadeiro mestre neste tipo de apropiaci\u00f3ns de \u201cinmobles\u201d, que incluso trata de \u201cokupas\u201d \u00e1s monxas nas s\u00faas casas. Desde aqu\u00ed os nosos parab\u00e9ns a Gonzo de Riotorto polo magn\u00edfico reportaxe na Sexta, sobre o citado individuo o 23 de maio do presente.<br \/>\nA denominaci\u00f3n da R\u00eda de Ribadeo \u00e9 tan antiga como o nome hist\u00f3rico de \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Ripa+Euue\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ripa Euue<\/a>\u201d que aparece en 1125 no Tumbo de Lourenz\u00e1, pois o top\u00f3nimo ten todo que ver co Porto de Ribadeo, pois todos os accidentes xeogr\u00e1ficos da costa, e m\u00e1is aqueles a onde se chega en barco, te\u00f1en a denominaci\u00f3n que lle puxeron os mari\u00f1eiros. Isto corrob\u00f3rao a Armada Espa\u00f1ola que sinalou en t\u00f3dalas s\u00faas cartas de navegaci\u00f3n a denominaci\u00f3n, R\u00eda de Ribadeo, sen excepci\u00f3n, primeiro feitas a man polos propios capit\u00e1ns dos barcos, e m\u00e1is tarde polos Institutos Xeogr\u00e1ficos nacionais. Sen d\u00fabida isto \u00e9 cousa da xente do mar. Non creo que a ningu\u00e9n se lle ocorra cambiar o top\u00f3nimo do Estreito de Magall\u00e1ns, polo o do estreito dos Onas. Ou si? Quizais queda mellor na perspectiva interpretativa do se\u00f1or Ant\u00f3n, Director General de&#8230; etc.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pero non solo o top\u00f3nimo R\u00eda de Ribadeo est\u00e1 en todas as cartas de navegaci\u00f3n da Armada Espa\u00f1ola, subscritas ao Instituto Xeogr\u00e1fico Nacional de Espa\u00f1a, sen\u00f3n que tam\u00e9n R\u00eda de Ribadeo est\u00e1 en todas as cartas de navegaci\u00f3n do Almirantazgo Brit\u00e1nico, cousa que os ingleses que son moi de seu, non sempre respectan as denominaci\u00f3ns espa\u00f1olas, como por exemplo, nas cartas brit\u00e1nicas non existe o Mar Cant\u00e1brico, sen\u00f3n o Atl\u00e1ntico e o Golfo de Vizcaya; non existe o Canal da Mancha sen\u00f3n o Canal de Inglaterra; etc.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pero parece que desde 1958 que a administraci\u00f3n franquista cambiou \u201cos marcos\u201d \u00f3 medio da r\u00eda, o Principado colleu fol e quere ter potestade en toda a r\u00eda e co nome cambiado. Non \u00e9 de estra\u00f1ar que ocorra neste momento precisamente pois vendo a abraiante actuaci\u00f3n do \u201cinsigne\u201d Alberto Nu\u00f1ez Feijoo que intercambia relaci\u00f3ns internacionais co presidente portugu\u00e9s don Marcelo Robelo de Sousa, no idioma castel\u00e1n (N\u00f3s, N\u00ba363 do 28-05-2021) ou mesmo co arcebispo de Compostela facendo a ofrenda \u00f3 Ap\u00f3stolo o 25 de Xullo en castel\u00e1n. Vendo o que se ve, os galegos podemos esperar calquera cousa desta vergo\u00f1enta tropa que nos mangonea. Como \u00e9 posible que as altas estancias do Goberno Galego te\u00f1an esta actitude co noso idioma, coa nosa naci\u00f3n galega? En verdade vos digo, como di o Se\u00f1or, que temos o que merecemos, caciques galegos, votados polos galegos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Ribadeo foi o porto comercial m\u00e1is importante do norte da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, ao menos desde o s\u00e9culo XII, ate entrado o s\u00e9culo XVI. Para ser porto comercial importante ti\u00f1a que ser unha vila libre para medrar, libre de se\u00f1ores e bispos que se inmisciran nos seus negocios. A poboaci\u00f3n de Ribadeo, de realengo, era tan libre que o bispo Mart\u00edn (1219-1248), despois de levar a s\u00e9 episcopal 36 anos en Ribadeo, levouna de novo para Vilamaior de Vallibria (Mondo\u00f1edo), pois aqu\u00ed ningu\u00e9n lle fac\u00eda xenuflexi\u00f3ns \u00f3 pasar. Gran erro por parte do bispado mindoniense, pois si aquela s\u00e9 episcopal do s\u00e9culo XII e XIII seguira en Ribadeo hoxe posiblemente ter\u00eda a categor\u00eda dunha s\u00e9 bispal con porto, tal como San Sebasti\u00e1n, e como porto de mar, Ribadeo ter\u00eda servizos de todo tipo e non a mediocridade que hoxe temos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Por outra banda, non quero deixar no tinteiro, que o top\u00f3nimo do Porto e R\u00eda de Ribadeo \u00e9 propio de profundas ra\u00edces da nobreza galega, e cuxa historia antiga temos que  explicar. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Henrique_II_de_Castela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Henrique II<\/a> \u201co das Merc\u00e9s\u201d cando chega \u00f3 poder en 1369, despois de matar \u00f3 seu medio irm\u00e1n Pedro I \u201cO Cruel\u201d, prop\u00faxose desprestixiar todo canto pod\u00eda ao Reino de Galiza e a todas as familias de nobreza galega que estiveran, ou non, en contra da s\u00faa causa, pois Galiza fora territorio que apoiou ao lex\u00edtimo rei Pedro I, fillo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_XI_de_Castela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Alfonso XI<\/a> (1312-1350) e da s\u00faa lex\u00edtima muller a infanta Mar\u00eda filla de Afonso IV de Portugal. Por esta raz\u00f3n de desprestixio, as terras do Condado de Trast\u00e1mara por menosprezo aos nobres do Reino de Galicia, deullas \u00f3 mercenario franc\u00e9s Bertrand de Guesclin que lle veu axudar na guerra contra Pedro I desde o ano 1366. O condado de Trast\u00e1mara, fora a perla de Galiza mentres estivo na familia dos Condes de Trava, e perdeu a galeguidade no momento en cos Trava o perden e pasa a ser t\u00edtulo dos reis de Castela. Alfonso XI c\u00e9delle este t\u00edtulo o seu fillo ilex\u00edtimo Enrique, pois quere que a dinast\u00eda Trast\u00e1mara sexa para os nove fillos que ten da s\u00faa querida dona Leonor de Guzm\u00e1n e Ponce de Le\u00f3n. Dinast\u00eda que tiveron os reis de Castela at\u00e9 Isabel a Cat\u00f3lica. Di sobre este punto a historiadora galega Victoria Armesto, \u201cal ceder Trast\u00e1mara al aventurero Bertrand du Guesclin, Henrique parec\u00eda decir a los gallegos: \u201cmirad en que estima tengo a vuestro famoso condado y como me r\u00edo de vuestros Travas y Trast\u00e1maras&#8230; mi padre lo cogi\u00f3 para mi y ahora yo se lo regalo a du Guesclin, como se lo podr\u00eda regalar, si me diera la gana, al \u00faltimo de mis escuderos&#8230;\u201d (V.A. Galicia Feudal II, Ed. Galaxia 1969, p.408).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u00c9 moi posible, que por esa mesma raz\u00f3n de desprestixio lle dera as Terras do Condado de Ribadeo, o mellor porto do Cant\u00e1brico daquela \u00e9poca, a outro mercenario franc\u00e9s, Pierre de Villaines (20-decembro 1369) as cales \u201cforan redimidas polo rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_II_de_Le%C3%B3n_e_Galicia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Fernando II<\/a> (1137-1188) por 1500 marabed\u00eds, a causa dunha permuta fraudulenta entre o conde e o bispo mindoniense\u201d. Isto de ser \u201credimidas polo rei&#8230; a causa dunha permuta fraudulenta\u201d despois de saber o desprezo que destilaba Henrique II con Galiza, parece m\u00e1is ben unha \u201ctapadeira\u201d ama\u00f1ada posteriormente por alg\u00fan escrib\u00e1n as ordes, de quen??, para ocultar os feitos ocorridos, pois as terras pertenc\u00edan a outra das m\u00e1is grandes familias nobres de Galiza, a familia dos Condes Velaz de Montenegro, segundos en poder despois dos Condes de Trava e Trast\u00e1mara. \u00c9 posible crer que o rei pagara por redimir terras do seu propio territorio, por falcatruadas entre un nobre e un bispo? Quizais!!<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pero aqu\u00ed non acabou a aversi\u00f3n de Enrique II a Galiza. Desde os tempos en que <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Leovixildo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Leovixildo<\/a> (rei de Galiza desde 585) destru\u00edu a monarqu\u00eda sueva os herdeiros da coroa cham\u00e1ronse sempre \u201cPr\u00edncipes de Galiza\u201d. Enrique de Trast\u00e1mara decretou en Medina del Campo que como castigo a s\u00faa deslealdade (cara a el, non ao lexitimo rei) seu fillo e herdeiro Juan, xa non se chamar\u00eda \u201cPr\u00edncipe de Galiza\u201d, sen\u00f3n que ser\u00eda \u201cPr\u00edncipe de Asturias\u201d. Sobre este particular di o historiador galego Benito Vicetto: \u201cvenganza vulgar y miserable, propia de un bastardo y de un asesino\u201d (B.V. Historia de Galicia, Tomo V, Ferrol 1872, Ed. Alvarellos, p.371). Estas ramificaci\u00f3ns e prexu\u00edzos herd\u00e1ronas os Austrias e os Borb\u00f3ns. Os sucesivos reis deron en mirar a Galiza como un pais extra\u00f1o&#8230; (V.A. ibidem, p.420).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como vemos, a denominaci\u00f3n R\u00eda de Ribadeo est\u00e1 estreitamente ligada ao Porto de Ribadeo e a todos os aconteceres do Ribadeo comercial mar\u00edtimo por excelencia, e todo o que presenta o respecto o Principado de Asturias, \u00e9 o teimudo esbardallar dun chiringuito. En fin&#8230;!!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; RENEGADOS Pancho Campos Dorado &nbsp;&nbsp;&nbsp; Renegado dise do que abandona os seus ideais, as s\u00faas si\u00f1as de identidade, para unirse voluntariamente a unha instituci\u00f3n diferente da s\u00faa propia familia, relixi\u00f3n, crenza ou pa\u00eds. Un adxectivo pexorativo tan desagradable como ler o \u201cInforme da Oficina de Pol\u00edtica Ling\u00fc\u00edstica do Principado de Asturias\u201d, sobre a R\u00eda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,56],"class_list":["post-4422","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4422","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4422"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4422\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4422"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4422"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4422"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}