{"id":4418,"date":"2021-06-04T09:40:00","date_gmt":"2021-06-04T07:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:27:57","modified_gmt":"2024-11-01T17:27:57","slug":"obras-anuncio-na-antiga-estacion-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/04\/obras-anuncio-na-antiga-estacion-de\/","title":{"rendered":"Obras (anuncio) na antiga estaci\u00f3n de Vilaoudriz"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Al\u00e9dome de que por fin o concello comece a tomar cartas no asunto do aboandono da zona da vella estaci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/tren\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">tren<\/a> a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Vilaoudriz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Vilaoudriz<\/a>, do abandono do edificio e outras construci\u00f3ns, do desco\u00f1ecemento do antigo ferrocarril&#8230; M\u00e1goa que polo momento s\u00f3 sexa pouco m\u00e1is que a nova de que a estaci\u00f3n xa \u00e9 do concello e que haber\u00e1 un desbroce como anuncio de intenci\u00f3ns. Deixo a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3926&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de prensa do concello<\/a>, de onte mesmo, enteira, o edicto e unha toma complementaria do Google maps cun esquema, xusto aqu\u00ed:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/Sentitulo.pngviaeestacionvilaoudriz.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"278\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/Sentitulo.pngviaeestacionvilaoudriz.jpg\" class=\"wp-image-4419\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A nota de prensa do concello:<\/p>\n<p class=\"imgnovas\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" alt=\"Foto cedido\" height=\"224\" src=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/imx\/1622733137Cedido.jpeg\" width=\"452\" \/><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>O CONCELLO DIALOGA COAS PERSOAS QUE VIVEN NA INFRAVIVENDA<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Antiga estaci\u00f3n do tren mineiro<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">03\/06\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>O Concello acondicionar\u00e1 o espazo que ocupa a<br \/>\nantiga Estaci\u00f3n do Tren Mineiro de Ribadeo-Vilaoudriz e as s\u00faas<br \/>\ninmediaci\u00f3ns para convertelo nun lugar de uso p\u00fablico no coraz\u00f3n do<br \/>\ncentro urbano da vila. O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, subli\u00f1ou que o<br \/>\nConcello comprom\u00e9tese a estudar as posibles fontes de financiamento<br \/>\np\u00fablico. E mentres procederase ao desbroce, limpeza e acondicionamento<br \/>\nda zona, onde se habilitar\u00e1 un aparcamento p\u00fablico e gratu\u00edto de<br \/>\nveh\u00edculos. <\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor explicou que &#8220;desde o Concello de Ribadeo estamos<br \/>\niniciando actuaci\u00f3ns importantes e decisivas nunha \u00e1rea do casco urbano<br \/>\nque leva decenios nunha situaci\u00f3n moi degradada e \u00e1 que se lle quere dar<br \/>\n unha soluci\u00f3n. Para iso aplicaranse todas as posibilidades legais que<br \/>\nestean a disposici\u00f3n do Concello. Neste grande espazo que comprende a<br \/>\nantiga Estaci\u00f3n do Tren Mineiro de Ribadeo-Vilaoudriz e as s\u00faas<br \/>\ninmediaci\u00f3ns estamos a levar d\u00faas actuaci\u00f3ns de \u00edndole<br \/>\nxur\u00eddico-administrativa&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Estaci\u00f3n do Tren Mineiro e a s\u00faa parcela <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez<br \/>\n Barcia sinalou que &#8220;a primeira delas \u00e9 que o Concello aceptou hai<br \/>\npoucas semanas a cesi\u00f3n anticipada do edificio da antiga estaci\u00f3n de<br \/>\ntren xunto coa parcela que o comprende, logo de ter chegado ao acordo<br \/>\ncos seus m\u00faltiples propietarios deste inmoble que est\u00e1 dentro dun<br \/>\npol\u00edgono urban\u00edstico de solo urbano non consolidado. Este complexo<br \/>\ntr\u00e1mite iniciouse tempo atr\u00e1s por mor da falta de cumprimento dos<br \/>\nprincipios de seguridade, salubridade e ornato p\u00fablicos que o Concello<br \/>\nlle esix\u00eda aos seus propietarios&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde indicou que &#8220;a<br \/>\nactuaci\u00f3n que o Concello asume de aqu\u00ed en diante con esta cesi\u00f3n \u00e9 o<br \/>\ncompromiso de manter e acondicionar esta \u00e1rea de 3500 m2. O Concello<br \/>\ncomprom\u00e9tese a estudar as posibles fontes de financiamento p\u00fablico para<br \/>\nrehabilitar este espazo e lograr facer un lugar de uso p\u00fablico no<br \/>\ncoraz\u00f3n do centro urbano da vila. Entrementres, toda esa parcela ser\u00e1<br \/>\ndesbrozada, limpada e acondicionada, onde se far\u00e1 un aparcamento p\u00fablico<br \/>\n e gratu\u00edto de veh\u00edculos, tal e como estivemos a facer noutros puntos da<br \/>\n Vila\u201d. <\/em><\/p>\n<p><em>Inicio do tr\u00e1mite de inmatriculaci\u00f3n doutra parcela adxacente<\/em><\/p>\n<p><em>O&nbsp;rexedor<br \/>\n dixo que &#8220;xusto ao p\u00e9 desta parcela existe outra grande superficie que<br \/>\nnon figura a nome de ningu\u00e9n no Catastro de Inmobles. As pescudas que se<br \/>\n estiveron a facer por parte dos t\u00e9cnicos municipais nos rexistros<br \/>\np\u00fablicos e noutras investigaci\u00f3ns, non botan luz sobre a efectiva<br \/>\ntitularidade deste espazo no que tam\u00e9n existen naves e antigos almac\u00e9ns<br \/>\nda extinta Sociedade Mineira de Ribadeo-Vilaoudriz. Tam\u00e9n nesta parcela&nbsp;<br \/>\n est\u00e1 establecida unha chabola onde vive unha familia desde hai moitos<br \/>\nanos&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez asegurou que &#8220;para despexar esta complexa<br \/>\nsituaci\u00f3n, no d\u00eda de hoxe foi publicado un Edicto municipal onde se abre<br \/>\n un prazo dun mes para que todos aqueles que entendan que son<br \/>\npropietarios destoutra importante parcela duns 3364 m2 o manifesten<br \/>\nformalmente perante o Concello de Ribadeo. Se pasado este prazo, non<br \/>\naparecen o seu titular ou titulares, o Concello proceder\u00e1 de xeito<br \/>\nsemellante a como xa o ten feito noutros casos, isto \u00e9, \u00e1<br \/>\ninmatriculaci\u00f3n desta parcela e inscrici\u00f3n posterior no Rexistro da<br \/>\nPropiedade a nome do Concello de Ribadeo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Di\u00e1logo coas persoas que viven na infravivenda para atopar unha soluci\u00f3n definitiva <\/em><\/p>\n<p><em>O<br \/>\n alcalde engadiu que &#8220;desde hai moito tempo desde o Concello de Ribadeo<br \/>\nl\u00e9vase tentando buscar unha soluci\u00f3n habitacional cun matrimonio que al\u00ed<br \/>\n reside, sendo ata o momento infrutuosa a posibilidade de lograr a<br \/>\ndesaparici\u00f3n desta \u00faltima infravivenda que temos en Ribadeo. No d\u00eda de<br \/>\nhoxe, mant\u00edvose, pola concelleira de Benestar Social, o traballador<br \/>\nsocial e mais o alcalde, unha xuntanza cordial con este matrimonio para<br \/>\navanzar na busca dunha soluci\u00f3n definitiva e co apoio do Concello de<br \/>\nRibadeo en buscarlles un aluguer dunha vivenda, chegando desde o<br \/>\nConcello a propo\u00f1er unha axuda para o pago dun aluguer durante un<br \/>\nper\u00edodo de tempo limitado as\u00ed como para tramitarlle novamente as axudas<br \/>\nsociais \u00e1s que te\u00f1an dereito diante da Comunidade Aut\u00f3noma ou o Estado.<br \/>\nDesde o Concello mantemos un f\u00edo de comunicaci\u00f3n sincero, cordial e<br \/>\naberto con estas persoas para resolver definitivamente est\u00e1 situaci\u00f3n<br \/>\nque non se pode aceptar en pleno s\u00e9culo XXI ao morar nunha<br \/>\ninfravivenda&#8221;.<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O edicto:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/1622733169Edicto_Concello_de_Ribadeo1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"827\" height=\"1169\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/1622733169Edicto_Concello_de_Ribadeo1.jpg\" class=\"wp-image-4420\" \/><\/a><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/1622733169Edicto_Concello_de_Ribadeo2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"827\" height=\"1169\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/1622733169Edicto_Concello_de_Ribadeo2.jpg\" class=\"wp-image-4421\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non sei se quedou claro: algo m\u00f3vese, pero polo momento, \u00e9 m\u00e1is o que queda igual. Agora ben, xa s\u00f3 falar do tema xa \u00e9 un paso adiante.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Al\u00e9dome de que por fin o concello comece a tomar cartas no asunto do aboandono da zona da vella estaci\u00f3n de tren a Vilaoudriz, do abandono do edificio e outras construci\u00f3ns, do desco\u00f1ecemento do antigo ferrocarril&#8230; M\u00e1goa que polo momento s\u00f3 sexa pouco m\u00e1is que a nova de que a estaci\u00f3n xa \u00e9 do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4419,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,26,77],"class_list":["post-4418","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-medio","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4418","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4418"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4418\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4419"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4418"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4418"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4418"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}