{"id":4415,"date":"2021-06-04T22:17:00","date_gmt":"2021-06-04T20:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:27:47","modified_gmt":"2024-11-01T17:27:47","slug":"e-o-transporte-imbecil","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/04\/e-o-transporte-imbecil\/","title":{"rendered":"\u00c9 o transporte, imb\u00e9cil!"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Parafraseo para o t\u00edtulo unha cita repetida na campa\u00f1a de Clinton contra Bush no 1992, &#8220;<a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/It%27s_the_economy,_stupid\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">the economy, stupid<\/a>&#8220;, como chamada de atenci\u00f3n, mais sabendo que todo na vida \u00e9 importante, por m\u00e1is que haxa cousas m\u00e1is importantes ca outras. A\u00ednda as\u00ed, hai cousas nas que podemos intervir dun xeito m\u00e1is doado, que est\u00e1n m\u00e1is \u00e1 nosa man, ou que nos afectan dun xeito m\u00e1is co\u00f1ecido ou patente, e que, polo tanto, requiren dunha atenci\u00f3n relativa maior. Este poder\u00eda ser o caso do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=transporte\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">transporte<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; De cara \u00f3 futuro, o transporte vai ligado \u00e1 enerx\u00eda, mais non s\u00f3: non \u00e9 o mesmo a idea de transporte nunha gran cidade que nunha vila de poucos milleiros de habitantes, e menos a\u00ednda nunha zona rural de lugares illados.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Por po\u00f1er un caso: non contemplar\u00e1n do mesmo xeito o cobro por uso de estradas un madrile\u00f1o que xa hai moito fixo contas e viu que non lle compensaba ter coche para meterse en atascos (e non ter onde aparcar) nun Madrid ben comunicado con calquera parte de Espa\u00f1a, e cun transporte p\u00fablico que mal que ben vai cumprindo a s\u00faa misi\u00f3n, que un ribadense nun concello onde se queres ir \u00e1 Coru\u00f1a ou Santiago \u00e9 mellor que collas o coche ou pagues unha estancia para pasar a noite al\u00ed porque sinxelamente hai d\u00edas sen servizo de transporte p\u00fablico, e cando o hai, implica aterse a uns horarios que fan imposible unha xesti\u00f3n dun d\u00eda. Ou se queres desprazarte a unha aldea e logo volver \u00f3 pobo. As\u00ed que, en Ribadeo, e non \u00e9 dos peores lugares, nada de transporte p\u00fablico colectivo m\u00e1is c\u00f3modo por non ter que preocuparte de conducir, e barato, e m\u00e1is, moito m\u00e1is, de custe individual (pero tam\u00e9n social), contaminaci\u00f3n a\u00ednda que quede difuminada no entorno, nivel de entrada (cartos e\/ou carnet), etc&#8230; Menos servizo comunitario, menos posibilidade de relaci\u00f3n e m\u00e1is dependencia dos recursos individuais.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Nada que ver entre unha zona e outra, e iso que Ribadeo pobo, repito, non \u00e9 unha zona especialmente desfavorecida en Galicia. Mentres, salvo en escasas decisi\u00f3ns a parte do le\u00f3n en tempo de estudo e dedicaci\u00f3n, ou en cartos, l\u00e9vana as zonas urbanas. Atenci\u00f3n, que non digo que estean sempre mal empregados eses recursos, nin que non sexan necesarios, nin a\u00ednda que en relaci\u00f3n a alg\u00fans criterios non se ate\u00f1an \u00e1 proporcionalidade. Digo que eses recursos escasean na zona rural. \u00c9 dicir, a distribuci\u00f3n dos recursos p\u00fablicos (ou sexa, comunitarios xestionados polas instituci\u00f3ns p\u00fablicas) \u00e9 unha cuesti\u00f3n de prioridades na que o campo non sae demasiado ben parado, mentres en consecuencia segue o despoboamento, increm\u00e9ntase a diferencia de riqueza medida segundo os patr\u00f3ns tradicionais, etc.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; E as\u00ed, mentres as cidades pensan xa na descarbonizaci\u00f3n ou est\u00e1n entrando no futuro experimentando con autobuses aut\u00f3nomos el\u00e9ctricos, e os gobernos -que sempre se establecen en cidades- est\u00e1n a pensar en penalizar o uso das estradas ou o consumo de combustibles, as zonas afastadas ou con predominio rural viven a anguria da falta progresiva de comunicaci\u00f3n a pesar de ser cada vez m\u00e1is cara para elas. A comunicaci\u00f3n telem\u00e1tica tam\u00e9n, pero en xeral \u00e9 m\u00e1is visible no transporte. Algo que foi o pistoletazo de sa\u00edda das revoltas dos chalecos amarelos en Francia e que en calquera momento pode disparar as protestas en terras m\u00e1is achegadas. Porque mentres non sexamos capaces de facer comprender a quenes deciden que o abandono dunha grande parte do territorio, a\u00ednda con menos poboaci\u00f3n, significa unha perda para todos -econ\u00f3mica, demogr\u00e1fica, cultural&#8230;- seguiremos a ter menos li\u00f1as de autob\u00fas ou a\u00ednda menos de tren e a depender cada vez m\u00e1is dos nosos propios medios de locomoci\u00f3n privada, ill\u00e1ndonos do resto da xente e territorio, sendo cada vez menos comunidade.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A inversi\u00f3n en melloras e adaptaci\u00f3ns do sistema de transportes p\u00fablicos son parte das necesidades de transformaci\u00f3n cara a un mundo sostible, e non s\u00f3 para enfront\u00e1rmonos \u00f3 cambio clim\u00e1tico, sen\u00f3n tam\u00e9n para aproveitar mellor os recursos, parar o despoboamento rural ou sinxelamente, posibilitar a vida no e do campo.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Unha entrada anterior que v\u00e9n \u00f3 caso: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/07\/reflexionando-sobre-o-transporte-na.html\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/07\/reflexionando-sobre-o-transporte-na.html<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Parafraseo para o t\u00edtulo unha cita repetida na campa\u00f1a de Clinton contra Bush no 1992, &#8220;the economy, stupid&#8220;, como chamada de atenci\u00f3n, mais sabendo que todo na vida \u00e9 importante, por m\u00e1is que haxa cousas m\u00e1is importantes ca outras. A\u00ednda as\u00ed, hai cousas nas que podemos intervir dun xeito m\u00e1is doado, que est\u00e1n m\u00e1is [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-4415","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4415","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4415"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4415\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4415"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4415"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4415"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}