{"id":4407,"date":"2021-06-07T20:37:00","date_gmt":"2021-06-07T18:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:21:51","modified_gmt":"2024-11-01T17:21:51","slug":"aparta-vista","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/07\/aparta-vista\/","title":{"rendered":"Aparta a vista"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/640px-Ollo_02.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"428\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/640px-Ollo_02.jpg\" class=\"wp-image-4408\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Ollo. <a href=\"https:\/\/www.flickr.com\/photos\/37563893@N00\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Noel Fe\u00e1ns<\/a> en Flickr. Lic. CC BY 2.0\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; A chamada cota de pantalla, o tempo que lle adicamos a atender pantallas, seque a medrar na nosa sociedade. No traballo tam\u00e9n, pero sobre todo, f\u00f3ra del.  M\u00eddese en horas e moitas veces sobrepasa \u00e1 cota de tempo que adicamos \u00f3s nosos amigos sen estar mirando \u00e1 pantalla. En tempos, pod\u00edase falar de cota de pantalla noutro sentido, que daba a porcentaxe de tempo que a xente pasaba na diante da televisi\u00f3n engulindo contidos dunha ou outra canle. Hoxe, a\u00ednda que o &#8216;share&#8217; siga tendo un certo pulo para amosar a popularidade dunha ou outra cadea ou programa, a cousa \u00e9 moito m\u00e1is complicada pola proliferaci\u00f3n de pantallas de todo tipo, con todo tipo de contidos. Por suposto, hai que inclu\u00edr o consumo de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=redes+sociais\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">redes sociais<\/a>, pois literalmente temos ca\u00eddo nesas redes despois de axudar a tecelas no que nos parec\u00eda unha raiola de vontade propia. Iso nos parec\u00eda, vontade propia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Coido que o po\u00f1er fronte a n\u00f3s un ou outro contido \u00e9 algo que nos incumbe e no que podemos exercitar a nosa capacidade de elecci\u00f3n voluntaria. Coido que si, pero tam\u00e9n que cada vez \u00e9 m\u00e1is dif\u00edcil o facelo: a enaxenaci\u00f3n da propia <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=vontade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">vontade<\/a> (\u00e9 dicir, o quit\u00e1rnola), ou a alienaci\u00f3n (e dicir, o traslado desa capacidade a algu\u00e9n alleo) intentadas de xeito constante por diversos medios, fai que pouco a pouco, pero cada vez m\u00e1is, non sexamos conscientes desa perda de vontade \u00f3 tempo que nos \u00e9 arrebatada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Xa non se trata (non s\u00f3), \u00e1 antiga usanza, de que quen pon a noticia diante de n\u00f3s est\u00e1 dirixindo a nosa atenci\u00f3n e polo tanto, ten cami\u00f1o feito para tentar levarnos por un ou outro carreiro (\u2018quen pon a pregunta dirixe a unha resposta\u2019), sexa mercadotecnia comercial ou electoral. \u00c1 vista da tv moitas veces \u00e9 dif\u00edcil pensar noutra cousa que non sexa relacionada co que est\u00e1s a ver, a\u00ednda que ese pensamento se centre en algo como &#8216;que noxo de programa&#8217;. Pensas por ti mesmo, pero est\u00e1n a dirixir a t\u00faa atenci\u00f3n con alg\u00fan obxectivo, a\u00ednda que s\u00f3 sexa nunha primeira capa o procurar que te sintas divertir. E ese dirixir a atenci\u00f3n predisp\u00f3n o pensamento. O teu. As\u00ed, quen \u00e9 capaz de po\u00f1er as cousas no candeleiro, sexan as novas diarias no xornal ou nos noticieiros da televisi\u00f3n cun nesgo de noticias sobre un pa\u00eds ou un feito, ou a serie onde -mira que casualidade- os protagonistas te\u00f1en no baixo do seu edificio unha franquicia dunha cadea co\u00f1ecida, ou o programa de comentarios culebr\u00f3n machac\u00f3n subxectivo onde non importan feitos ou razoamentos sen\u00f3n o coller unha idea e defendela fronte \u00f3 que sexa e como sexa&#8230; ten moito cami\u00f1o adiantado para conseguir que o resultado \u00f3 que chegas pensando coa infraestrutura mental que te proporcionan sexa&#8230; a visi\u00f3n dende esa infraestrutura. Algo co\u00f1ecido e non raro neste tempo. Pero algo que est\u00e1 xa obsoleto.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Agora tr\u00e1tase de facerte part\u00edcipe da propia defensa do que est\u00e1 a encadear as t\u00faas ideas. E \u00e9 que, se logran que defendas unha idea unha vez, unha, queda como t\u00faa, ti mesmo a etiquetas como algo a defender. E \u00e9 dif\u00edcil cambiar para atacala, ou ter sinxelamente unha visi\u00f3n clara, se dende o primeiro momento a defendes sen pensar. E iso por moito que cha meteran de xeito inconsciente. E unha e outra vez&#8230; Sempre houbo algo diso, pero dende a ubicuidade das pantallas, e xa se sabe, \u2018unha imaxe vale m\u00e1is que mil palabras\u2019, e a rapidez das comunicaci\u00f3ns e a \u2018resposta autom\u00e1tica, sen pensar\u2019, moito m\u00e1is.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mellor, aparta a vista da pantalla.<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ollo. Noel Fe\u00e1ns en Flickr. Lic. CC BY 2.0 &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; A chamada cota de pantalla, o tempo que lle adicamos a atender pantallas, seque a medrar na nosa sociedade. No traballo tam\u00e9n, pero sobre todo, f\u00f3ra del. M\u00eddese en horas e moitas veces sobrepasa \u00e1 cota de tempo que adicamos \u00f3s nosos amigos sen estar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4408,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,32,9],"class_list":["post-4407","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4407","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4407"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4407\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4408"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4407"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4407"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4407"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}