{"id":4395,"date":"2021-06-14T14:19:00","date_gmt":"2021-06-14T12:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:21:34","modified_gmt":"2024-11-01T17:21:34","slug":"en-bici-un-pouco-mais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/14\/en-bici-un-pouco-mais\/","title":{"rendered":"En bici, un pouco m\u00e1is Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Hai un par de d\u00edas que o concello presentou, e emitu unha <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3935&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de prensa<\/a> sobre o tema da circulaci\u00f3n das <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/bici\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">bicis<\/a>, unha actuaci\u00f3n para facer unha v\u00eda ciclable que pretende influ\u00edr nas costumes, sa\u00fade e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/medio\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">medio ambiente<\/a> ribadense. Como se pode ver en baixo, na nota do concello, a presentaci\u00f3n non foi con esas mesma verbas, pero as\u00ed o interpreto eu: non se trata de incrementar os carr\u00eds bici que non hai, sen\u00f3n de facilitar o tr\u00e1nsito das bicis por determinados lugares. E a influenza pretendida, mentres non se consolide, non deixa de ser unha declaraci\u00f3n de intenci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Outra cousa \u00e9 que no tema de circulaci\u00f3n ciclista en Ribadeo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/02\/mobilidade.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">pouco ou nada se te\u00f1a avanzado dende hai m\u00e1is de dez anos<\/a>, cunha <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/02\/plans.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">participaci\u00f3n cidad\u00e1 que despois non se considerou<\/a> (ou <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/08\/parece-contradictorio.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">apuntes meus do 2007<\/a>, ou <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/04\/o-ribadeo-natural.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de O Tes\u00f3n<\/a>), e unha proposta de eixes ciclistas no n\u00facleo urbano para facilitar o movemento en bici que a\u00ednda esperan mellores tempos, a\u00ednda sendo considerados daquela unha prioridade no tema ciclista. Daquela, e algo que se poder\u00eda considerar hoxe de igual xeito, para facilitar a ida e vida \u00f3s centros de ensino, atendendo a un segmento de poboaci\u00f3n con m\u00e1is uso natural da bici e a unha educaci\u00f3n cara \u00f3 uso futuro. Iso seguir\u00e1, e coido que ter\u00eda m\u00e1is rendemento que a habilitaci\u00f3n do tr\u00e1fico xa de por si con menor fluxo en todo tipo de veh\u00edculos, e m\u00e1is centrado no lecer que no d\u00eda a d\u00eda en canto a bicis.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Adxunto as fotos que aparecen no Facebook do alcalde (unha delas tam\u00e9n na nota de prensa), e un complemento \u00f3 que se refire o texto, pero que non aparece nos planos:<\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>O INVESTIMENTO ASCENDER\u00c1 A 320 000 EUROS<\/em><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/procarrilbici2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"386\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/procarrilbici2.jpg\" class=\"wp-image-4396\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Actuaci\u00f3n principal en relaci\u00f3n \u00e1s bicis (non sae na nota de prensa)\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/procarrilbici.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/procarrilbici.jpg\" class=\"wp-image-4397\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Foto de propaganda\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/omplwmento.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"576\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/omplwmento.jpg\" class=\"wp-image-4398\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A uni\u00f3n coa LU-P-5202, que non entra no plano anterior. <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/search?query=Lu%20p%205202#map=16\/43.5491\/-7.0431\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Imaxe de OSM modificada<\/a>.\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Carril-bici<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">12\/06\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>O Concello de Ribadeo crear\u00e1 un carrill-bici<br \/>\nentre o centro urbano da vila e o Faro de Illa Pancha. Este proxecto,<br \/>\nencadrado nunha actuaci\u00f3n mais ampla, consiste na adaptaci\u00f3n como v\u00eda<br \/>\nciclista dun traxecto de catro quil\u00f3metros entre a praia dos Bloques e a<br \/>\n zona do faro, bordeando a costa e discorrendo por lugares emblem\u00e1ticos<br \/>\ncomo O Cargadeiro e o Forte de San Dami\u00e1n. Incluirase tam\u00e9n o aglomerado<br \/>\n do tramo comprendido entre a praia de Rocas e o encontro coa estrada<br \/>\nprovincial LU-P-5202.<\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez Barcia, e a deputada provincial de<br \/>\nMocidade e concelleira de Servizos Sociais e Obras, M\u00f3nica Freire<br \/>\nRanca\u00f1o, xunto co resto de ed\u00eds do goberno, deron conta este s\u00e1bado do<br \/>\nproxecto no que os servizos t\u00e9cnicos municipais traballaron nos \u00faltimos<br \/>\nmeses a fin de definir as actuaci\u00f3ns necesarias para converter a v\u00eda<br \/>\nexistente nunha senda ciclable. <\/em><\/p>\n<p><em>Segundo se recolle na memoria<br \/>\ninicial, entre o Faro de Illa Pancha e o Forte de San Dami\u00e1n,<br \/>\nhabilitarase un carril-bici bidireccional de 2,50 metros de ancho<br \/>\nmentres que no resto do traxecto se optar\u00e1 por harmonizar o paso de<br \/>\nveh\u00edculos e bicicletas nunha v\u00eda de secci\u00f3n \u00fanica de prioridade ciclista<br \/>\n e limitada a 30 quil\u00f3metros&nbsp; por hora. O traxecto tam\u00e9n ser\u00e1<br \/>\ntransitable a p\u00e9, por beirarr\u00faas e pasos peon\u00eds. <\/em><\/p>\n<p><em>No resto do<br \/>\ntraxecto, realizarase un aglomerado ata o encontro coa Avenida Calvo<br \/>\nSotelo coa creaci\u00f3n dunha senda peonil, e habilitarase como bicirr\u00faa ata<br \/>\n a praia dos Bloques, ao longo do cal as bicicletas circular\u00e1n xunto cos<br \/>\n veh\u00edculos, pero con preferencia.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>O proxecto mellorar\u00e1 as<br \/>\ncondici\u00f3ns de uso e seguridade dun espazo xa empregado pola veci\u00f1anza e<br \/>\nen especial pola mocidade de Ribadeo para o paseo a p\u00e9 e outras<br \/>\nactividades f\u00edsicas. Ademais, facilitar\u00e1 o uso da bicicleta para os<br \/>\ndesprazamentos entre as vivendas e o centro da vila, contribu\u00edndo a unha<br \/>\n mobilidade m\u00e1is sostible desde o punto de vista ambiental e econ\u00f3mico. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando<br \/>\n Su\u00e1rez explicou que &#8220;a pandemia acentuou a sensibilidade social cara a<br \/>\nesta forma de usar os espazos p\u00fablicos, m\u00e1is sostible, ecol\u00f3xica e<br \/>\nsaudable. Dende as instituci\u00f3ns, temos a responsabilidade de crear as<br \/>\ncondici\u00f3ns e infraestruturas adecuadas para que estes novos h\u00e1bitos e<br \/>\nvalores se consoliden&#8221;. Ademais sinalou que &#8220;a senda ciclable ser\u00e1 un<br \/>\nreclamo tur\u00edstico m\u00e1is para Ribadeo nun momento de auxe do turismo<br \/>\nactivo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense vinculou o proxecto &#8220;con outras<br \/>\nactuaci\u00f3ns que se est\u00e1n a levar a cabo desde o Concello para a mellora<br \/>\nde espazos p\u00fablicos, como as tarefas de limpeza e mantemento realizadas<br \/>\nna Senda da Costa ou o acondicionamento da zona da antiga estaci\u00f3n do<br \/>\ntren mineiro de Vilaoudriz a Ribadeo, no coraz\u00f3n do centro urbano da<br \/>\nvila&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>M\u00f3nica Freire sinalou, pola s\u00faa banda, que &#8220;os modelos de<br \/>\n cidades e de espazos nas vilas en harmon\u00eda coas persoas e coa veci\u00f1anza<br \/>\n constit\u00faen un obxectivo estrat\u00e9xico de primeira magnitude no \u00e1mbito da<br \/>\nmocidade xa que debemos ser capaces de inculcar uns valores de respecto<br \/>\nna seguranza viaria entre pe\u00f3ns e condutores. Asinaremos un convenio<br \/>\ninter administrativo, entre Deputaci\u00f3n e Concello, para poder executar<br \/>\neste investimento tan necesario canto antes&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>A deputada de<br \/>\nMocidade engadiu tam\u00e9n que &#8220;a trav\u00e9s desta axuda da \u00c1rea de Mocidade da<br \/>\nDeputaci\u00f3n queremos colaborar para que o Concello de Ribadeo siga<br \/>\navanzando no desenrolo do proxecto Ribadeo, Vila amiga das bicicletas,<br \/>\nincrementando os quil\u00f3metros de sendas ciclables que conten cos<br \/>\nest\u00e1ndares de seguridade para os ciclistas, d\u00e1ndolles prioridade fronte<br \/>\naos veh\u00edculos de motor, e ao mesmo tempo que fomentamos os h\u00e1bitos de<br \/>\nvida saudables, entendendo a sa\u00fade como benestar f\u00edsico, moral e<br \/>\nintelectual das persoas, incidindo no aproveitamento \u00f3ptimo dos recursos<br \/>\n p\u00fablicos destinados \u00e1 mocidade&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>Pola s\u00faa parte, o edil de<br \/>\nMedio Ambiente, Jorge D\u00edaz, declarou que &#8220;este tipo de actuaci\u00f3ns<br \/>\nsupo\u00f1en un acerto pleno, xa que dinamizan o emprazamento natural e<br \/>\nid\u00edlico deste enclave e \u00e1 s\u00faa vez da resposta a unha demanda da<br \/>\ncidadan\u00eda para contar cun espazo onde ir en bicicleta, cami\u00f1ar, pasear<br \/>\nou correr&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O Concello traballa no dese\u00f1o do proxecto, que valora<br \/>\n en 320 000 euros, co obxectivo de licitar as obras durante este ano e<br \/>\npara o que contar\u00e1 coa axuda da \u00c1rea de Mocidade da Deputaci\u00f3n<br \/>\nProvincial de Lugo, que comprometeu unha axuda de 250 000 euros, co que a<br \/>\n instituci\u00f3n provincial financiar\u00eda o 78% do custe e o Concello o 22%<br \/>\nrestante. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Hai un par de d\u00edas que o concello presentou, e emitu unha nota de prensa sobre o tema da circulaci\u00f3n das bicis, unha actuaci\u00f3n para facer unha v\u00eda ciclable que pretende influ\u00edr nas costumes, sa\u00fade e medio ambiente ribadense. Como se pode ver en baixo, na nota do concello, a presentaci\u00f3n non foi con [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4396,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[28,26],"class_list":["post-4395","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-bici","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4395","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4395"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4395\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4396"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4395"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4395"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4395"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}