{"id":4384,"date":"2021-06-15T17:35:00","date_gmt":"2021-06-15T15:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:21:19","modified_gmt":"2024-11-01T17:21:19","slug":"2-aniversario-da-residencia-de-maiores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/15\/2-aniversario-da-residencia-de-maiores\/","title":{"rendered":"2\u00ba aniversario da residencia de maiores de Ribadeo (a nova, a que est\u00e1 pedido que se chame Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez)"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; 14 de xu\u00f1o. Parece mentira&#8230; xa dous anos da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/residencia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">residencia<\/a>. Dous anos, de que? Se nos atemos \u00e1 <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3936&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de prensa do concello<\/a> (abaixo), non queda claro. Se repasamos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">ribadeando<\/a>, atopamos con data 12 de xu\u00f1o unha <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/06\/posta-en-funcionamento-da-residencia-de.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de prensa da Plataforma pro residencia<\/a> na que se di que o venres seguinte (14 de xu\u00f1o) \u00e1s 5 da tarde entrar\u00edan os primeiros oito residentes. Refer\u00edase \u00e1 nota do concello do d\u00eda 11 de xu\u00f1o onde se daban os detalles da apertura, feito que \u00e9 <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3131&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">confirmado en nota de prensa do concello do d\u00eda 14<\/a>. E ent\u00f3n xa queda claro.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Fago unha pequena introduci\u00f3n porque a nota de prensa que deixo abaixo coido que non recolle a historia m\u00e1is que nunha versi\u00f3n particular. E \u00e9 que se se comeza un par\u00e1grafo cun &#8216;<em>O rexedor lembrou que &#8220;tivemos que loitar<br \/>\ncontra a incomprensi\u00f3n da Xunta (&#8230;)<\/em>&#8216; parece que o actor dese plural \u00e9 a corporaci\u00f3n municipal encabezada polo alcalde. Quen bote unha ollada \u00f3 recollido no blog sobre a residencia de maiores de Ribadeo, pedida pola Plataforma pro residencia encabezada por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a> como persoa e pola <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/O%20Tes%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">AVV O Tes\u00f3n<\/a> como entidade que chamou a outras de todo o concello, sacar\u00e1 unha conclusi\u00f3n abondo diferente. E codio que a &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/03\/rematadas-as-encesidades-pecuniarias.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Historia de una epopeya felizmente conclu\u00edda<\/a>&#8216;, un escrito de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez de hai m\u00e1is de cinco anos, d\u00e9ixao claro expo\u00f1endo a sucesi\u00f3n de feitos. Asemade, o escrito-nota de prensa tampouco da fe dun <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/11\/plataforma-pro-residencia-de-maiores-de.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">compromiso incumprido de hai xa dous anos e medio, relativo \u00e1s alegaci\u00f3ns presentadas \u00f3s documentos aprobados inicialmente no concello para o funcionamento da residencia<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E agora si, despois destas lembranzas, p\u00f3dese ver a &#8216;nota de prensa do concello&#8217;, comparar&#8230;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia0.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"240\" height=\"180\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia0.jpg\" class=\"wp-image-4385\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A foto que acompa\u00f1aba \u00e1 nota de prensa\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>As fotos que acompa\u00f1aban \u00f3 presentado no muro das redes sociais polo alcalde:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia2.jpg\" class=\"wp-image-4386\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia3.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia3.jpg\" class=\"wp-image-4387\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia4.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia4.jpg\" class=\"wp-image-4388\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/06\/comidanaresidencia.jpg\" class=\"wp-image-4389\" width=\"480\" \/><\/a><\/p>\n<p>A nota de prensa: <\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>HOUBO M\u00daSICA, EXPOSICI\u00d3N E XANTAR ESPECIAL NO D\u00cdA DE HOXE<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>2\u00ba aniversario da residencia<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">14\/06\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, subli\u00f1ou que a nova<br \/>\nresidencia de maiores de Ribadeo funciona moi ben e que \u00e9 un orgullo<br \/>\npara a localidade. Faino no segundo aniversario da s\u00faia posta en marcha.<br \/>\n O rexedor sinalou que &#8220;agora toca facerlle fronte a outros desaf\u00edos<br \/>\ncomo a reforma do Hospital Asilo&#8221;. Su\u00e1rez Barcia agarda que &#8220;a Xunta<br \/>\nredima as s\u00faas penas e decida apoiar intensamente esta nobre actuaci\u00f3n&#8221;.<br \/>\n <\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense dixo que &#8220;se cumpren nestes momentos dous anos<br \/>\ndesde que a nova residencia municipal de maiores de Ribadeo iniciase<br \/>\nfelizmente a s\u00faa nova andaina. Foran oito anos de traballo, de obxectivo<br \/>\n teimudo e imperturbable de empe\u00f1o en que Ribadeo tivese un novo centro<br \/>\nresidencial, posto que sempre houbo unha demanda social de m\u00e1is prazas<br \/>\np\u00fablicas en Ribadeo&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor lembrou que &#8220;tivemos que loitar<br \/>\ncontra a incomprensi\u00f3n da Xunta, pois non v\u00eda necesario facer unha nova<br \/>\nresidencia en Ribadeo porque, como dic\u00edan naqueles momentos, non pod\u00eda<br \/>\nhaber residencias en todos os sitios como atampouco pod\u00eda haber pol\u00edgonos<br \/>\n industriais ou piscinas en todos os concellos. Contra todas as<br \/>\nnegativas daquela, contra todas as demoras e contra todas as faltas de<br \/>\ncompromiso dos responsables da Xunta daquel momento, fomos erguendo un<br \/>\nparapeto, fomos facendo o\u00eddos xordos a esas voces que nos quer\u00edan<br \/>\nfacernos resignar e fomos atopar o apoio, o compromiso e a defensa dos<br \/>\ndereitos dos maiores, dos m\u00e1is vulnerables, onde o atopamos sempre, na<br \/>\nDeputaci\u00f3n de Lugo&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez indicou que &#8220;foi esta<br \/>\ninstituci\u00f3n a que nos axudou economicamente tanto na construci\u00f3n do<br \/>\ninmoble como, o que se tornou case m\u00e1is importante, que \u00e9 a s\u00faa xesti\u00f3n,<br \/>\n o seu mantemento e o seu control para converterse neste momento nun dos<br \/>\n modelos de xesti\u00f3n m\u00e1is notables dos que a lexislaci\u00f3n vixente nos<br \/>\npermite. \u00c9 dicir, unha xesti\u00f3n p\u00fablica e directa por parte de d\u00faas<br \/>\nadministraci\u00f3n, o Concello e a Deputaci\u00f3n, para xestionar a vida, a<br \/>\nlonga vida dir\u00eda eu, dos seus moradores, en n\u00famero m\u00e1ximo de 48&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O<br \/>\n alcalde manifestou: &#8220;quixemos, polo tanto, dar cumprimento a aquelas<br \/>\ntres premisas, que sempre dic\u00edamos, de ter unha nova residencia en<br \/>\nRibadeo, preferentemente para os de Ribadeo (sen prexu\u00edzo de coller a<br \/>\noutros da comarca, por suposto) e a prezos asumibles para as s\u00faas<br \/>\nrendas. Eu penso que este obxectivo consegu\u00edmolo. A residencia a d\u00eda de<br \/>\nhoxe funciona moi ben e \u00e9 un orgullo para todo Ribadeo. Eu como alcalde<br \/>\nagardo que esta celebraci\u00f3n do segundo ano de funcionamento sexa un<br \/>\npreludio de moit\u00edsimos anos m\u00e1is de feliz estancia dos nosos maiores&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez<br \/>\n Barcia engadiu que &#8220;agora, como sempre, toca manter este reto, este<br \/>\nso\u00f1o colectivo feito realidade, do que nos sentimos moi orgullosos, pero<br \/>\n tam\u00e9n temos que facerlle fronte, agora tam\u00e9n, a outros desaf\u00edos nos que<br \/>\n estamos metidos como \u00e9, por exemplo, a mellora e a reforma do Hospital<br \/>\nAsilo de Ribadeo. A ver se agora a Xunta de Galicia redime as s\u00faas penas<br \/>\n e decide apoiar intensamente esta nobre actuaci\u00f3n xa que non o fixo coa<br \/>\n residencia. Hab\u00e9molo ver en seguidi\u00f1a&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em>Xunto aos usuarios e<br \/>\nusuarias da nova residencia de maiores estiveron hoxe o alcalde,<br \/>\nFernando&nbsp;Su\u00e1rez, e a concelleira de Servizos Sociais,&nbsp;M\u00f3nica Freire.<\/em><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/14-de-xuno-de-2021-2-anos-da-nova.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Nota de prensa da Plataforma pro residencia<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; 14 de xu\u00f1o. Parece mentira&#8230; xa dous anos da residencia. Dous anos, de que? Se nos atemos \u00e1 nota de prensa do concello (abaixo), non queda claro. Se repasamos ribadeando, atopamos con data 12 de xu\u00f1o unha nota de prensa da Plataforma pro residencia na que se di que o venres seguinte (14 de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4385,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,64],"class_list":["post-4384","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4384","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4384"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4384\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4385"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4384"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4384"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4384"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}