{"id":4381,"date":"2021-06-16T11:56:00","date_gmt":"2021-06-16T09:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T18:21:05","modified_gmt":"2024-11-01T17:21:05","slug":"14-de-xuno-de-2021-2-anos-da-nova","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/16\/14-de-xuno-de-2021-2-anos-da-nova\/","title":{"rendered":"14 de xu\u00f1o de 2021: 2 anos da nova residencia de maiores de Ribadeo. Plataforma pro residencia de maiores de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>14 de xu\u00f1o de 2021: 2 anos da nova residencia de maiores de Ribadeo<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A nova <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/residencia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">residencia de maiores de Ribadeo<\/a>, para a que foi pedido o nome de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez Rodr\u00edguez D\u00edaz<\/a>, hai dous anos que comezou a recibir os primeiros residentes. Oito persoas que foron as primeiras en incorporarse \u00e1s 48 prazas que se foron enchendo a medida que se \u00eda collendo a rutina diaria.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Con ese motivo, os membros da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Plataforma+pro+residencia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Plataforma pro residencia<\/a> que mobilizou \u00e1 poboaci\u00f3n primeiro, e logo, mediante a convocatoria dunha manifestaci\u00f3n, inclinou \u00f3s pol\u00edticos a colaborar entre si e coa poboaci\u00f3n para conseguir o que hoxe vemos funcionar, decidimos dar de novo as grazas a todos, dende as asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os que constitu\u00edron a plataforma ata a \u00faltima persoa que apoiou unha manifestaci\u00f3n hist\u00f3rica en Ribadeo, \u00f3 tempo que lembramos que a labor non rematou nin rematar\u00e1 mentres a residencia estea a funcionar.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Parece mentira&#8230; xa dous anos funcionando. E con sorte e bo facer da direcci\u00f3n e persoal, sorteando o estado de pandemia. Non sen un custe \u00f3 quedar cada residente illado, dun xeito non menos lamentable por ser considerado necesario. Lonxe queda cando hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada Juan Pulpeiro e Jos\u00e9 Antonio Ares contactaron con Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez e logo coa <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/O%20Tes%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">AVV O Tes\u00f3n<\/a> e o resto de asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais e comezou o longo proceso para ter unha nova residencia de maiores en Ribadeo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hai tam\u00e9n m\u00e1is de dous anos, vai para tres, que presentamos alegaci\u00f3ns l\u00f3xicas \u00f3s documentos b\u00e1sicos de funcionamento da residencia, que marcan cousas como os criterios de admisi\u00f3n ou o xeito de pago. Alegaci\u00f3ns que no seu momento foron adiadas na s\u00faa resoluci\u00f3n para que comezara a funcionar canto antes, promet\u00e9ndosenos en pleno, a pregunta da daquela concelleira Aurora Gonz\u00e1lez antes da aprobaci\u00f3n definitiva, que ser\u00edan abordadas como reforma do aprobado na primeira xuntanza da comisi\u00f3n reitora da residencia. Seguen adiadas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; No medio, o intento (cando menos, non tido en conta) de po\u00f1er en marcha unha <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Asociaci%C3%B3n+pro+maiores+Jos%C3%A9+M%C2%AA+Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">asociaci\u00f3n de apoio<\/a>, ou a idea clara de que para que as cousas funcionen a longo prazo hai que facerlles un seguimento transparente e apoialas de xeito consistente, e, se son de todos, como o caso da residencia, en ambas cousas debemos participar todos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; As\u00ed que aled\u00e1monos cando nos decatamos pola prensa dunha celebraci\u00f3n interna cunha comida especial e a descuberta nun muro dunha \u00e1rbore, realizada po\u00f1endo nas follas os nomes dos residentes ata o momento, e con fotos da visita de alcalde e concelleira do ramo. Lamentamos, iso si, que a nota de prensa do concello pase por alto alg\u00fans reco\u00f1ecementos e sensibilidades, que esperemos se ama\u00f1en no futuro, as\u00ed como a necesidade de implicaci\u00f3n da sociedade en conxunto, e non s\u00f3 das instituci\u00f3ns que a representan, no coidado dos nosos maiores.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; En fin, quedar\u00eda moito por dicir: s\u00f3 con repasar as verbas de Jos\u00e9 M\u00aa no seu resume \u2018<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=final+feliz+de+una\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Final feliz para unha hist\u00f3rica epopeya<\/a>\u2019, en \u00e9poca xa tan lonxe como 2014, podemos facernos unha idea de que o que tanto custou conseguir d\u00e9bese manter con cari\u00f1o e traballo cara \u00f3 futuro. E nesas estamos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>14 de xu\u00f1o de 2021: 2 anos da nova residencia de maiores de Ribadeo &nbsp;&nbsp;&nbsp; A nova residencia de maiores de Ribadeo, para a que foi pedido o nome de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez Rodr\u00edguez D\u00edaz, hai dous anos que comezou a recibir os primeiros residentes. Oito persoas que foron as primeiras en incorporarse \u00e1s 48 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,74,64],"class_list":["post-4381","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-o-teson","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4381","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4381"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4381\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4381"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4381"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4381"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}