{"id":4332,"date":"2021-06-29T08:20:00","date_gmt":"2021-06-29T06:20:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T17:21:05","modified_gmt":"2024-11-01T16:21:05","slug":"con-luz-e-taquigrafos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/29\/con-luz-e-taquigrafos\/","title":{"rendered":"Con luz e taqu\u00edgrafos"},"content":{"rendered":"<p>Con luz e taqu\u00edgrafos<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Esa era una expresi\u00f3n usada para manifestar que algo quedaba exposto con datos, de xeito razoado e claro. Hoxe os <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Taquigraf%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">taqu\u00edgrafos<\/a> desapareceron, substitu\u00eddos polos medios de recordatorio verbal, gravaci\u00f3ns mesmo con imaxes e interpretaci\u00f3n escrita: estamos nunha era dixital, querendo dicir con iso algo que vai m\u00e1is al\u00f3 do seu significado orixinal, comprendendo dende o uso das ondas electromagn\u00e9ticas codificadas \u00e1 intelixencia artificial, nunha mistura que soe escap\u00e1rsenos en profundidade e nebulosa en amplitude, contradicindo \u00f3 significado da expresi\u00f3n &#8216;con luz e taqu\u00edgrafos&#8217; que, non obstante, fixo quedar anticuada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Volvendo \u00e1 expresi\u00f3n, o de &#8216;con <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=electricidade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">luz<\/a>&#8216;, hoxe \u00e9 caro: os custes \u00f3 consumidor est\u00e1n disparados, mentres as ganancias que se lles permiten \u00e1s el\u00e9ctricas tam\u00e9n o est\u00e1n, e as inxustizas de tarifa, custando s\u00f3 o mantemento da li\u00f1a unha boa porci\u00f3n do total, a asimetr\u00eda do trato entre as grandes el\u00e9ctricas, impo\u00f1endo condici\u00f3ns e substra\u00e9ndose de servizo, etc, fan a situaci\u00f3n m\u00e1is lamentable. Carencia ou pobreza enerx\u00e9tica, as\u00ed a chaman, e queda encapsulada, clasificada&#8230; e oculta a idea do que representa de mala distribuci\u00f3n, enriquecemento legal pero il\u00edcito, normas ad hoc en contra do medio humano e ambiente&#8230; e corrupci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En &#8216;Regreso \u00f3 futuro&#8217; hai unha pasaxe da pel\u00edcula no que hai unha confusi\u00f3n de quen ven do pasado \u00f3 presente sobre Ronald Reagan, o actor de segunda, coa conseguinte aclaraci\u00f3n de que \u00e9 o presidente do goberno dos Estados Unidos. Pero \u00e9 quen ven do pasado quen queda sorprendido, mentres quen non cambia de tempo non ten ning\u00fan asomo de sorpresa, pero tampouco de reco\u00f1ecemento de contraste. Aqu\u00ed ser\u00eda \u00f3 rev\u00e9s, \u00f3 preguntar se segue sendo presidente do goberno, ou ministro, ou&#8230; aquel ou aquela conselleira das el\u00e9ctricas, o que nos levar\u00eda m\u00e1is ben, de &#8216;regreso \u00f3 pasado&#8217; de connivencia e convivencia de poder pol\u00edtico e econ\u00f3mico, de caciquismo, para empregar unha verba que por estes lares co\u00f1ecemos ben. Por outra banda, un reco\u00f1ecemento que, \u00f3s que vimos xa cunha algo longa traxectoria vital, temos asimilado, mentres quen ten menos idade segue sen reco\u00f1ecer como nada m\u00e1s que real (no sentido de &#8216;natural&#8217;&#8230;)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; De xeito paralelo, parece que os novos &#8216;taqu\u00edgrafos&#8217; non recollen moito da letra pequena dos contratos, como corresponde \u00f3s murmurios nas conversas, inaudibles, pero que prestan efecto para quen os di e son efectivos, causan efecto e consid\u00e9ranse, se ten o poder. Ou sexa, como as grandes el\u00e9ctricas, telef\u00f3nicas ou bancos, en relaci\u00f3n coas que se poder\u00eda dicir &#8216;d\u00e1lles os cartos e corre&#8217;, non vaia ser que te pidan m\u00e1is, porque outra cousa non vas sacar, os servizos van ser os que queiran eles, igual que o prezo. Dubido que co\u00f1eza a ningu\u00e9n maior de idade que non tivera un encontronazo (e sa\u00edra perdendo) cunha telef\u00f3nica, unha el\u00e9ctrica, un banco&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non hai taqu\u00edgrafos, e a luz est\u00e1 cara. Non porque custe conseguir electricidade, sen\u00f3n&nbsp; polas ganancias que se queren lograr. E penalizar o baixo consumo, aumentando o tramo fixo da factura, fai que as guerras pola tarifa do consumo realmente feito (enerx\u00eda, e non potencia contratada) te\u00f1a importancia pero non sexa m\u00e1is ca unha distracci\u00f3n de que pase o que pase, as el\u00e9ctricas seguir\u00e1n a ga\u00f1ar.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha cousa. E, todos eses sectores, banca, telefon\u00eda, electricidade, non son servizos, non poden estar inclu\u00eddos no servizo p\u00fablico? Non houbo unha telefon\u00eda p\u00fablica en Espa\u00f1a? Non seguen sendo EDF e EDP testemu\u00f1as de empresas p\u00fablicas de electricidade durante d\u00e9cadas pasadas nos pa\u00edses veci\u00f1os? Non est\u00e1 a capitalizaci\u00f3n burs\u00e1til dos maiores bancos espa\u00f1ois por baixo das axudas recibidas pola banca e nunca recuperadas por esa entidade comunitaria que \u00e9 o estado?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Debo reco\u00f1ecer, por \u00faltimo, que as orixes deste escrito te\u00f1en p\u00e9s nas novas de ganancias das el\u00e9ctricas e nun pequeno desencontro (segundo eles non chega a iso) coa telefon\u00eda. Nada novo: seguir\u00e1. Por iso mesmo, n\u00f3s tam\u00e9n temos que seguir turrando para poder desfrutar da luz con claridade recollida en medios fiables polos taqu\u00edgrafos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Con luz e taqu\u00edgrafos &nbsp;&nbsp; Esa era una expresi\u00f3n usada para manifestar que algo quedaba exposto con datos, de xeito razoado e claro. Hoxe os taqu\u00edgrafos desapareceron, substitu\u00eddos polos medios de recordatorio verbal, gravaci\u00f3ns mesmo con imaxes e interpretaci\u00f3n escrita: estamos nunha era dixital, querendo dicir con iso algo que vai m\u00e1is al\u00f3 do seu [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21],"class_list":["post-4332","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4332","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4332"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4332\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4332"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4332"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4332"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}