{"id":4331,"date":"2021-06-29T10:14:00","date_gmt":"2021-06-29T08:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T17:21:03","modified_gmt":"2024-11-01T16:21:03","slug":"lembranza-carlos-de-severina-de-mon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/29\/lembranza-carlos-de-severina-de-mon\/","title":{"rendered":"LEMBRANZA A CARLOS DE SEVERINA DE MON. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>LEMBRANZA A CARLOS DE SEVERINA DE MON<\/p>\n<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O teu nome estivo sempre ligado, para a nosa familia, ao nome de t\u00faa nai Severina de Mon. Aquela muller que xunto con teu pai Ram\u00f3n, fixo todo canto puido polo seu \u00fanico fillo. Foron tempos dif\u00edciles, aqueles anos da d\u00e9cada dos cincuenta eran tempos moi dif\u00edciles para a maior\u00eda da familias do noso pa\u00eds. No ano 1952 deuse por terminado o racionamento en Espa\u00f1a, pero segu\u00eda escaseando de todo. Hab\u00eda o imprescindible para poder vivir e despois de tantas restrici\u00f3ns quedara un pa\u00eds demasiado empobrecido, onde hab\u00eda que traballar moit\u00edsimo, de sol a sol, e por salarios miserentos que pouco m\u00e1is daban que para comer e pagar a renda da casa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A econom\u00eda das familias defend\u00edase como se pod\u00eda, pero unha das obsesi\u00f3ns dos nosos pais, polo menos en Ribadeo, era mandar aos fillos a Escola. Eles ti\u00f1an que traballar si ou si, pero os fillos ti\u00f1an que sa\u00edr para adiante como fose, e pagaban a Escola que fose. Al\u00ed foi onde nos co\u00f1ecemos ti e m\u00e1is eu. No Colexio dos Hermanos na Clase 2\u00aa do hermano Isidro. Aquel curso 59-60 ti ti\u00f1as dez e eu oito anos. Estabamos nesa idade m\u00e1xica na que se fan amigos para toda a vida. Algo que ocorre inconscientemente, como sen querer, pero que dura para sempre.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Daquela Escola temos grandes recordos, pero para ti tam\u00e9n foi un verdadeiro inferno. Aquel hermano Isidro, a quen ti lle puxeches o \u201cHermano Toleras\u201d era un bo mestre, pero quer\u00eda que todos aprend\u00e9semos \u00e1 mesma velocidade as lecci\u00f3ns o que \u00e9 algo totalmente imposible, daquela e agora. O seu lema era, \u201ca letra con sangre entra\u201d, e manexaba a vara de bamb\u00fa todos os d\u00edas, unhas veces de punteiro para sinalar nos mapas, e as m\u00e1is das veces para zorregar tremendas tundas cando se cabreaba con alg\u00fan de n\u00f3s.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Volv\u00edase, como ti dic\u00edas, \u201cToleras de todo\u201d, parec\u00eda desesperado, sen control. Ti eras un dos tantos daqueles p\u00edcaros que \u00edamos a escola contentos, pois al\u00ed atopabamos un compa\u00f1eirismo fiel que xa non hab\u00eda fora da escola. Pero \u00e1 hora da clase cando hab\u00eda que corrixir os exercicios de Gram\u00e1tica ou de Matem\u00e1ticas, aquelo para ti convert\u00edase nun inferno. Chegada a hora de cantar os puntos sacados para facer as notas do d\u00eda, e si o hermano non consideraba que eran os axeitados, a zurra estaba asegurada, unha zurra demasiado cruel.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Era o m\u00e9todo de ensinanza admitido por todos os mortais daquela Espa\u00f1a franquista, e encima non lle pod\u00edas dicir a teus pais que o mestre che pegara inxustamente, pois chegado o caso, na casa recib\u00edas outra segunda tunda de paos, pois o mestre sempre ti\u00f1a a raz\u00f3n, pois a contestaci\u00f3n era \u201cpor algo ser\u00eda!!\u201d. Ti, coma todos, aguantabas o que che botaran, pero non eras capaz de soportar a rabia e a impotencia de sufrir tama\u00f1o trato e non poder apedrear a aquel home que tanto se estaba ensa\u00f1ando en ti. Aquela rabia contida fac\u00edache cerrar os pu\u00f1os e arrancar e esfarrapar todas as follas dun libro, dun caderno ou dunha libreta que estivera enriba ou dentro do caix\u00f3n do pupitre. Era a t\u00faa forma de liberar os nervios, a frustraci\u00f3n que che atenazaban o est\u00f3mago.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Aquela impotencia infinita ante tama\u00f1a \u201csomanta\u201d fac\u00eda que tiveras o teu caix\u00f3n cheo de follas arrugadas. O hermano Isidro cando miraba para o teu pupitre e v\u00eda aquel desastre, todas aquelas follas desfeitas, dic\u00edache berrando como un \u201ctoleras\u201d que parec\u00edas unha papelera. Aquelo aos nenos fac\u00edanos gracia, e logo te co\u00f1ecer\u00edamos polo apelativo que che dera o hermano. A ti maldito si che importaba un pemento o c\u00f3mo te cham\u00e1bamos, pero eu quero deixar aqu\u00ed o meu m\u00e1is grato recordo para ti compa\u00f1eiro, amigo e veci\u00f1o que con tanto afecto nos tratamos toda a vida, recordando unha etapa infantil da t\u00faa tremenda historia escolar que tiveches que sufrir. Espero que por al\u00f3 onde vaias te atopes co hermano Isidro e lle te\u00f1as ti que dar clases a el. Con todo agarimo, meu amigo, descansa en paz.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; LEMBRANZA A CARLOS DE SEVERINA DE MON Pancho Campos Dorado &nbsp;&nbsp;&nbsp; O teu nome estivo sempre ligado, para a nosa familia, ao nome de t\u00faa nai Severina de Mon. Aquela muller que xunto con teu pai Ram\u00f3n, fixo todo canto puido polo seu \u00fanico fillo. Foron tempos dif\u00edciles, aqueles anos da d\u00e9cada dos cincuenta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[46],"class_list":["post-4331","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4331","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4331"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4331\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4331"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4331"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4331"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}