{"id":4330,"date":"2021-06-29T11:42:00","date_gmt":"2021-06-29T09:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T17:21:02","modified_gmt":"2024-11-01T16:21:02","slug":"porcillan-nas-guerras-cantabras-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/29\/porcillan-nas-guerras-cantabras-pancho\/","title":{"rendered":"PORCILL\u00c1N NAS GUERRAS C\u00c1NTABRAS. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>PORCILL\u00c1N NAS GUERRAS C\u00c1NTABRAS<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Xorden moitas preguntas cando un estudia as Guerras C\u00e1ntabras, e non se nomea por ningures ao moi antigo porto de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Porcill%C3%A1n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Porcill\u00e1n<\/a>, sendo un dos mellores portos do Cant\u00e1brico como en moitas ocasi\u00f3ns expuxemos falando do porto de Ribadeo. Tratarei de explicar o que sabemos, que por certo non \u00e9 moito, pero suficiente, como para facer unha hip\u00f3teses que dentro das incertezas, ao menos entra en contacto coa realidade hist\u00f3rica co\u00f1ecida.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/-61\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">61<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/-60\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">60 a.C.<\/a> chega <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xulio_C%C3%A9sar\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Xulio C\u00e9sar<\/a> \u00e1 <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/B%C3%A9tica\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">B\u00e9tica<\/a> para gobernar, como propretor, a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hispania_Ulterior\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Hispania Ulterior<\/a> na fase de sometemento da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica ao imperio romano (cronistas: <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Di%C3%B3n_Casio\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Di\u00f3n Casio<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Plutarco_de_Queronea\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Plutarco<\/a>). Defende aos provinciais <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Lusitania_(provincia)\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">lusitanos<\/a> (galego-portugueses) que foran conquistados por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/D%C3%A9cimo_Xunio_Bruto_Galaico\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">D\u00e9cimo Xunio Bruto<\/a> at\u00e9 a altura da batalla do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/R%C3%ADo_Douro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">r\u00edo Dour<\/a>o do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/-137\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">137 a.C.<\/a> (ano 617 UC desde a fundaci\u00f3n de Roma). Unha batalla sanguenta en extremo, at\u00e9 tal punto que o poeta <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ovidio\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ovidio<\/a> di que a terra se empapou de sangue. O mesmo D\u00e9cimo Xunio Bruto valorou o heroico comportamento dos galegos de tal maneira que recibiu o sobrenome de \u201cO Galaico\u201d (Casimiro Torres Rodr\u00edguez, La Galicia Romana, 1982, p.30).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pero C\u00e9sar, cando chega \u00e1 Pen\u00ednsula, estaba moi endebedado economicamente, parece ser que deb\u00eda 830 talentos. O talento romano era unha unidade monetaria que equival\u00eda a un peso de 32,3 kg. en ouro ou en prata. Polo tanto Cesar ti\u00f1a unha d\u00e9beda de 830 x 32,3 = 26 809 kg de ouro ou de prata. Unha enorme fortuna. Por isto, non se conforma con quedarse a defender e administrar as terras conquistadas por Bruto, sen\u00f3n que emprende a s\u00faa propia campa\u00f1a de conquista e sometemento da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, a partir de onde a deixara D\u00e9cimo Xunio Bruto, na marxe dereita do r\u00edo Douro. C\u00e9sar sube a Lusitania cara \u00f3 norte, seguindo a rasa costeira e cruza o Douro e tam\u00e9n os r\u00edos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/R%C3%ADo_Limia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Limia<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/R%C3%ADo_Mi%C3%B1o\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Mi\u00f1o<\/a>. Ti\u00f1a a ansia naquel momento do que se chamaba a \u201cauri sacra fames\u201d, a ambici\u00f3n insaciable do ouro, e ouro hab\u00edao nos confines de Occidente, no \u201cFinisterrae\u201d, na terra onde se po\u00f1\u00eda o sol, e al\u00ed quer\u00eda chegar, a semellanza de Alexandro que quixo chegar a Oriente, \u00e1s terras onde nac\u00eda o sol (Casimiro Torres, ibidem).<br \/>\nQuer\u00eda chegar \u00e1s controvertidas <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Casit%C3%A9rides\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Casit\u00e9rides<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/C%C3%ADes\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">illas C\u00edes<\/a> segundo Murgu\u00eda (Galicia, p.736), que eran os emporios do esta\u00f1o, das que C\u00e9sar o\u00edra falar ao proc\u00f3nsul Publio Craso na s\u00faa casa de Roma, quen xa o precedera no envite, e que fora honrado polo Senado con honores de trunfo contra os lusitanos. Cesar quer\u00eda superar aos seus predecesores e pretende chegar a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Brigantium\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Brigantium<\/a> (cidade que a\u00ednda hoxe non est\u00e1 claro se foi A Coru\u00f1a ou Betanzos). Pres\u00e9ntaselle a ocasi\u00f3n de pedir a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Gades\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Gades<\/a> (Cadiz) o apoio de barcos para facer unha incursi\u00f3n mar\u00edtima, pois os habitantes lusitanos do Monte Herminio rebel\u00e1ranse e fuxiran a unha illa, que uns sit\u00faan en Peniche (moi probable) e outros nas C\u00edes (menos probable). Ditas naves ser\u00edan barcos mercantes ou comerciais, non naves de guerra. Cesar somete aos herminios e parece como si o teito que alcanzou no seu periplo, embarcado nos seus barcos, foi Brigantium, recorrendo todos os entrantes da r\u00edas baixas e alg\u00fans entrantes navegables dos rios.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pero sobre este punto nos di Antonio Rodr\u00edguez Colmenero nun artigo da USC (Universidade Santiago Compostela, \u201cLa intervenci\u00f3n de la flota romana en la conquista de Gallaecia\u201d apartado 3, \u201cLa razzia mar\u00edtima de Julio Cesar (61-60 a.C.)\u201d] \u201cNada sabemos acerca del radio de penetraci\u00f3n, tierra adentro, que Cesar se fij\u00f3, pero seguro que no rebasar\u00eda en demas\u00eda las alineaciones monta\u00f1osas de un litoral que recorrer\u00eda minuciosamente en casi todos los entrantes, intern\u00e1ndose en ocasiones en el curso bajo de los r\u00edos que en \u00e9l desembocaban\u201d. \u201cEn todo caso el techo de dicha expedici\u00f3n fue Brigantium, cuya identificaci\u00f3n ofrece todav\u00eda problemas&#8230;\u201d \u201cTampoco pueden excluirse en la expedici\u00f3n de Cesar finalidades cient\u00edficas, sobre todo de naturaleza geogr\u00e1fico\/cartogr\u00e1fico, complementarias de las aportaciones que Posidonio hab\u00eda hecho casi medio siglo antes y que Estrab\u00f3n tanto rememora. No se comprender\u00eda si no el conocimiento que de la geograf\u00eda peninsular y sobre todo de la forma Hispaniae en su franja litoral, parecen poseer los estrategas de las Guerras C\u00e1ntabras\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Se primeiro nos din que Julio Cesar, vi\u00f1a remontando a Lusitania e Galiza pola costa atl\u00e1ntica at\u00e9 alcanzar Brigantium, e logo nos din que fai unha cartograf\u00eda da \u201cfranxa litoral que serviu aos estrategos das Guerras C\u00e1ntabras\u201d, ten que haber sobre pasado Brigantium e percorrer cos seus barcos a franxa cant\u00e1brica facendo un mapa cartogr\u00e1fico dos seus accidentes costeiros. Polo tanto, non podemos deixar de pensar que entrou na actual <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo<\/a>, e nomeou a Porcill\u00e1n (Porto Iulanus ou Julianus), e non cun nome trivial ou insignificante, sen\u00f3n que o destacou co seu propio nome, cousa que pensamos que o significa moito, porque xa lle pareceu a Cesar un punto xeogr\u00e1fico moi importante da Cornixa Cant\u00e1brica. Continuando a s\u00faa forma minuciosa de cartografar todos os recunchos da costa, e seguindo a na nosa hip\u00f3teses, cremos que tomar\u00eda a r\u00eda como fondeadoiro seguro para avituallarse, facer provisi\u00f3n de boca e augada, as\u00ed como, poder transferir calquera tipo de mercador\u00eda na que estivera interesado el ou a frota romana en calquera tempo. Que se saiba, en Porcill\u00e1n non houbo construci\u00f3ns romanas ou un pequeno espig\u00f3n de atraque antes finais do s\u00e9culo XIX, ag\u00e1s os varadoiros sobre as pequenas praias de area de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Guimar%C3%A1n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Guimar\u00e1n<\/a>, Porcill\u00e1n e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Cabanela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cabanela<\/a>, onde con alg\u00fan tipo de barcaza se pod\u00eda varar ou chegar a terra sen dificultade.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; E cal era a mercador\u00eda que por excelencia lle interesaba a Xulio C\u00e9sar naquel momento? Sen d\u00fabida, esta\u00f1o e ouro. Minas de esta\u00f1o hab\u00edaas no litoral da Mari\u00f1a e toneladas de ouro en minas e r\u00edos da bisbarra, particularmente en Cervantes, no nacente do r\u00edo Navia desde primeiros do s\u00e9culo I a.C. no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Castro_de_Santa_Mar%C3%ADa_de_Cervantes\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Castro de Santa Mar\u00eda de Cervantes<\/a>, que est\u00e1 asociado \u00e1 explotaci\u00f3n das minas aur\u00edferas romanas (N\u00f3s, N\u00ba381, 22-06-2021). Por outra banda, de Ribadeo a Foz hai ao menos 18 castros, alg\u00fan deles habitado por xentes que se dedicaban a miner\u00eda, que sen\u00f3n traballaba todo o poboado nas minas, eran parte, pois hai na nosa bisbarra minas aur\u00edferas e de esta\u00f1o. Onde pod\u00edan cargar o ouro ou o esta\u00f1o en naves capaces de transportalo a Roma? Como sabemos, Porcill\u00e1n era o gran porto de fondeo para todo tipo de naves, e onde as naves pod\u00edan esperar carga, de calquera sitio que vi\u00f1era, con toda seguridade e confianza en todas as estaci\u00f3ns do ano.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Para n\u00f3s, hai outro top\u00f3nimo interesante no rio Eo que non podemos esquecer, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Abres\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Abres<\/a>. Aparece como Ables, na primeira menci\u00f3n documental do ano 973? segundo a magn\u00edfica e extens\u00edsima obra ling\u00fc\u00edstica de Xulia Marqu\u00e9s Valea (A Toponimia de Trabada, 2004, p.122). Sendo eu un ignorante da ling\u00fc\u00edstica, e sen po\u00f1er en d\u00fabida nin unha coma de traballo mencionado, podo achegar que esa part\u00edcula \u201cbres\u201d, est\u00e1 recollida fon\u00e9ticamente e case coa mesma sonoridade, en moitas cidades das illas Brit\u00e1nicas, co significado de \u201ccampamento romano\u201d, p.e. o porto de Bristol en Inglaterra, en Cambridge, Manchester, Colchester (onde no AD 60 ou 61 se revelou <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Boadicea\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Boudica<\/a>, reina guerreira dos celtas) ou mesmo no porto de Brest na Breta\u00f1a francesa, e todos eles naceron dun campamento romano.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Cabe a d\u00fabida, por suposto, pero non \u00e9 de todo extravagante pensar que chegado Cesar a darlle o seu nome a Porcill\u00e1n para situalo na cartograf\u00eda que estaba facendo do litoral, puidese tam\u00e9n remontar a r\u00eda e penetrar no <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=r%C3%ADo+eo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">r\u00edo Eo<\/a> (chamado E[g]ove, na \u00e9poca romana) at\u00e9 a altura de Abres, a onde chegar\u00eda en fal\u00faas coa marea, e que est\u00e1 moito m\u00e1is cerca dos xacementos aur\u00edferos do interior, alixeirando o duro transporte en carro ou en bestas, cara \u00e1 costa. Te\u00f1amos en conta que o r\u00edo Eo na s\u00faa desembocadura en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Porto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Porto<\/a> non era un fangal e a R\u00eda de Ribadeo estaba aberta en toda a s\u00faa plenitude e non estaba atascada polos sedimentos e recheos que se levaron a cabo para desecala a partires do ano 1869 polos infames negocios do banqueiro <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Carlos+casas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carlos Casas<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A nosa teor\u00eda \u00e9 posible, pois anos m\u00e1is tarde, no ano 27 a,C. chega <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Octavio_Augusto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Octavio Augusto<\/a> a Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica e completa a fase do asentamento romano no territorio. No ano 26 a.C. funda <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Lugo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Lucus Augusti<\/a> (o Bosque de Augusto) e polo que nos di tam\u00e9n Antonio Rodr\u00edguez Colmenero, no artigo arriba citado (apartado 4, Ab Aquitanico Sinu [&#8230;]), \u201c(&#8230;) Augusto decide intervenir personalmente en la conquista definitiva del Finisterrae Hisp\u00e1nico. Es el a\u00f1o 27 a.C. (&#8230;) una de las provincias asignadas al pr\u00edncipe es la Citerior a la que pertenecer\u00e1 Cantabria (&#8230;) Augusto est\u00e1 dispuesto a afrontar los peligros de la mar, puesto que duda entre aventurarse a conquistar <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Britania\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Britania<\/a> (&#8230;) o marchar contra los c\u00e1ntabros ribere\u00f1os por el sur del mismo mar.\u201d \u201cSe trataba de utilizar contra los c\u00e1ntabros [ent\u00e9ndase aqu\u00ed, galaicos, \u00e1stures, c\u00e1ntabros e vascos] la t\u00e1ctica de la tenaza, con fuerzas terrestres que marchasen de sur a norte y fuerzas navales que avanzasen de norte a sur. Se tratar\u00eda, por lo tanto, no de una simple operaci\u00f3n de avituallamiento [por parte da flota ao ex\u00e9rcito de terra] sino de suministro de tropas de infanter\u00eda embarcadas, procedentes de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Aquitania\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Aquitania<\/a> [parte do Pa\u00eds Vasco franc\u00e9s], que como suceder\u00eda m\u00e1s tarde en la conquista de Germania o con la de Escocia llevada a cabo por Agr\u00edcola, utilizar\u00edan los desembarcos r\u00e1pidos e inesperados, en combinaci\u00f3n con las fuerzas terrestres, para desorganizar al enemigo\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non \u00e9 lixeireza pensar, por tanto, que o porto de Porcill\u00e1n fora part\u00edcipe activo nas Guerras C\u00e1ntabras, por ser refuxio seguro para as forzas navais unha vez deixaran o porto de A Coru\u00f1a, e que pod\u00edan alcanzar en pouco tempo, pois \u00e9 unha traves\u00eda de aproximadamente 80 millas n\u00e1uticas actuais de 1852 m = 100 millas romanas de 1481 m. A infanter\u00eda embarcada pod\u00edana deixar na propia costa de Porcill\u00e1n ou remontar aos soldados ate un campamento ben arriba do rio Eo, en Abres ou perto del segundo n\u00f3s, pois como continua dicindo Colmenero, \u201cNada consta de las caracter\u00edsticas t\u00e9cnicas de la flota (&#8230;) un contingente verdaderamente militar, en el que predominar\u00edan naves ligeras (naves longae), trieras y liburnas, de dimensiones de 35 m. [eslora] por 5 m. [manga] por t\u00e9rmino medio, sin descartar embarcaciones de m\u00e1s amplio tonelaje, as\u00ed como algunas para el transporte de ac\u00e9milas (&#8230;) En conclusi\u00f3n no es mucho lo que se conoce acerca de la intervenci\u00f3n de la flota romana en la conquista del noroeste peninsular, y s\u00f3lo con hip\u00f3tesis m\u00e1s o menos cre\u00edbles, montadas sobre los escasos datos que las fuentes suministran o sobre analog\u00edas con lo sucedido en otros \u00e1mbitos del imperio se puede montar un relato verosimil de los acontecimientos\u201d.<br \/>\nPola nosa parte, base\u00e1ndonos na pouca historia documental que co\u00f1ecemos, creo que podemos dicir que Porcill\u00e1n data do s\u00e9culo I a.C. simplemente analizando o seu top\u00f3nimo, xa fora dado por Xulio C\u00e9sar (61-60 a.C.) ou por Octavio Augusto (27-26 a.C.), para facer unha plaza forte na s\u00faa estratexia de combate en tenaza, subindo coa infanter\u00eda de sur a norte desde Lucus Augusti ou desde Asturica Augusta cara a costa, e baixando de norte a sur desde Porcill\u00e1n ou desde Abres cara \u00f3 interior. Segundo n\u00f3s o vemos, este relato non est\u00e1 lonxe da verdade hist\u00f3rica xamais contada. Pero haber\u00e1 que esperar a que haxa algo de presuposto para investigar nos sitios apropiados, para despexar as d\u00fabidas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Que poder\u00e1 aparecer debaixo de tantos fangales e areeiros nas canles naturais da R\u00eda de Ribadeo? Non podemos nin imaxinar, cantas cousas se haber\u00e1n tirado ou ca\u00eddo pola borda dos barcos, en dous milenios de fondeo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Quen tivera unha presidenta na Xunta da Galiza coma a da Comunidade de Madrid, para poder dispo\u00f1er duns cantos mill\u00f3ns de euros para a investigaci\u00f3n e posta en valor da nosa arqueolox\u00eda mar\u00edtima e terrestre, con esa tremenda facilidade coa que ela fixo ese hospital sen quir\u00f3fanos no que gastou 100 mill\u00f3ns de euros (16 mil cincocentos mill\u00f3ns das antigas pesetas) e non pasou nada. Iso si que \u00e9 ter capacidade de decisi\u00f3n auton\u00f3mica. Aqu\u00ed no Concello de Ribadeo temos nove (9) castros e todos sen investigar, e segundo un tal Sr. Ram\u00f3n Rodr\u00edguez Gonz\u00e1lez, Conselleiro de Cultura e Turismo do PP na Xunta da Galiza, \u201cnon haber\u00e1 estudo do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=gale%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">gale\u00f3n afundido na R\u00eda de Ribadeo<\/a>, ante as dificultades que sup\u00f3n a acumulaci\u00f3n de dous metros de area na zona para levar a cabo os traballos\u201d (La Comarca del Eo, 12 xu\u00f1o 2021). Haber\u00e1 \u201ccuajo\u201d semellante?, dicir estas cousas un Xe\u00f3grafo e Profesor Universitario e poder quedarse tan ancho? No ano 2011 cando se descubre, estaba v\u00e9ndose practicamente case todo o contorno das estemenaras do gale\u00f3n e agora est\u00e1 enterrado por dous metros de area? Unha nimiedade de traballo para unha draga de pouca monta, pero ademais, qu\u00e9 est\u00e1 pasando na R\u00eda de Ribadeo que se est\u00e1 colmatando area a tan inxente velocidade, e que dentro de pouco non se poder\u00e1 navegar nin en chalano? Como se puido inocular un c\u00e1ncer na navegaci\u00f3n da R\u00eda con esa mal dese\u00f1ada Ponte dos Santos, e que sigue a \u201cobra incivil\u201d provoc\u00e1ndo unha met\u00e1stases de diques, espig\u00f3s, malec\u00f3s, escolleras e balocos de cemento na beira do canal? De quen \u00e9 a culpa desta barbarie de aproveitamento portuario?. Pero isto \u00e9 outra historia da nosa esquecida Galiza&#8230; demasiadas veces contada, pero que de momento nin tivo remedio, nin dor de contrici\u00f3n e nin prop\u00f3sito da emenda! E as\u00ed se vai pasando o tempo, e as\u00ed se vai vivindo do conto!!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>PORCILL\u00c1N NAS GUERRAS C\u00c1NTABRAS &nbsp;&nbsp;&nbsp; Pancho Campos Dorado &nbsp;&nbsp; Xorden moitas preguntas cando un estudia as Guerras C\u00e1ntabras, e non se nomea por ningures ao moi antigo porto de Porcill\u00e1n, sendo un dos mellores portos do Cant\u00e1brico como en moitas ocasi\u00f3ns expuxemos falando do porto de Ribadeo. Tratarei de explicar o que sabemos, que por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-4330","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4330","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4330"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4330\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4330"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4330"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4330"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}