{"id":4309,"date":"2021-07-07T10:49:00","date_gmt":"2021-07-07T08:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T17:17:53","modified_gmt":"2024-11-01T16:17:53","slug":"por-nuestro-faro-sauda-iniciativa-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/07\/07\/por-nuestro-faro-sauda-iniciativa-de\/","title":{"rendered":"POR NUESTRO FARO SA\u00daDA A INICIATIVA DE ECOLOXISTAS EN ACCION. Nota de prensa"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/07\/logo-EA-1.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"275\" height=\"92\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/07\/logo-EA-1.jpg\" class=\"wp-image-4310\" \/><\/a><\/p>\n<p>POR NUESTRO FARO SA\u00daDA A INICIATIVA DE ECOLOXISTAS EN ACCION<\/p>\n<p>Como saben os lectores, o cole<em>ctivo POR NUESTRO FARO ven denunciando dende mediados de 2015 a privatizaci\u00f3n do Faro e da Illa Pancha, promovida polo Ministerio de Fomento e apoiada sen folgos polo Concello de Ribadeo. A\u00ednda mais temos post negro sobre branco moitas irregularidades (presuntas) deste proxecto con escaso \u00e9xito pola negativa das autoridades competentes. No outono de 2020 entramos en contacto con <a href=\"https:\/\/www.ecologistasenaccion.org\/174517\/levan-ante-a-fiscalia-o-uso-privado-do-faro-da-illa-pancha-en-ribadeo\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ecoloxistas en Acci\u00f3n que agora ven de denunciar diante da Fiscal\u00eda do Xulgado de Lugo<\/a> a falla de Estudo de Impacto Ambiental na concesi\u00f3n do faro da Illa Pancha para a explotaci\u00f3n privada de dous apartamentos tur\u00edsticos. Lembremos os feitos mais salientables.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn decembro de 2013 o Ministerio de Fomento do goberno de Mariano Rajoy puxo en circulaci\u00f3n o programa Faros de Espa\u00f1a. Baixo un discurso desenrolista pretend\u00edase privatizar unha gran parte dos faros de sinais mar\u00edtimas das costas espa\u00f1olas. Pasados sete anos e medio o saldo non pode ser mais rid\u00edculo: dous faros funcionando como servizos de hosteler\u00eda e non se sabe cantos cartos gastados en publicidade, festas, etc.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPouco tempo despois anunciouse no BOE a solicitude dunha empresa privada para explotar o faro de Ribadeo, pero o asunto pasou desapercibido grazas ao agochamento propicidado polo concello. Xa no 2015 o Sr. Alcalde declaraba ao diario El Pais que era \u201cun premio para Ribadeo\u201d, ou sexa un emporio tur\u00edstico que nos iba deixar encantados. Esa foi a primeira \u201cinformaci\u00f3n\u201d p\u00fablica e poucos d\u00eda despois formouse o COLECTIVO POR NUESTRO FARO, que axi\u00f1a acadou mais de 700 apoios (o 95 % xente de ou vinculada a Ribadeo) sen contar as mais de 1600 sinaturas recollidas naqueles d\u00edas. O 30 de xu\u00f1o do mesmo ano a Autoridade Portuaria aprobou o proxecto de apartamentos e cafeter\u00eda e a concesi\u00f3n por v\u00eda directa, ou sexa sen concurso p\u00fablico.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn maio de 2016 o colectivo POR NUESTRO FARO denunciou a falla de Estudo de Impacto Ambiental, diante do Defensor del Pueblo, despois de asesorarse ca Sociedade Espa\u00f1ola de Ornitoloxia (SEO-BIRD LIFE) e despois de publicitalo e informar ao concello, que non se deu por aludido. O 16 de febreiro de 2017 a Oficina do Defensor remitiu un amplo informe xur\u00eddico a todos os actores do programa comunic\u00e1ndolles que se incumpr\u00eda o art 7.2 da lei de Avaliaci\u00f3n Ambiental 21\/2013 de 9 de decembro, que esix\u00eda sen ning\u00fan x\u00e9nero de d\u00fabidas a realizaci\u00f3n de E.I.A. Simplificado para proxectos de este tipo. Sin embargo o Concello de Ribadeo e a Autoridade Portuaria bot\u00e1ronse a andanas porque hab\u00eda que sacar adiante como fose o \u00fanico proxecto do famoso Programa Faros de Espa\u00f1a. O d\u00eda 1 de decembro de 2017 o concello concedeu a licencia de actividade para os apartamentos ca condici\u00f3n, incumprida ate hoxe, de que a porta de acceso \u00e1 illa estivese aberta aos veci\u00f1os e visitantes. (Aqu\u00ed haber\u00eda que facer un inciso para analizar en que beneficiou ao turismo e \u00e1 econom\u00eda de Ribadeo, nestes tres anos e medio, o \u201cpremio\u201d que auspiciaba o Sr. Alcalde en maio de 2015).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nComo antes dixemos no outono de 2020 entramos en contacto con Ecoloxistas en Acci\u00f3n, estudaron a documentaci\u00f3n e puxeron en marcha os tr\u00e1mites preceptivos ata levar a denuncia \u00e1 Fiscal\u00eda de Lugo. Insistimos en que todos os pasos foron anunciados de xeito p\u00fablico e notificados ao concello sen que houbese unha resposta ou polo menos unha reacci\u00f3n de an\u00e1lise ou d\u00fabida sobre as consecuencias que poder\u00edan derivarse.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nConv\u00e9n suli\u00f1ar aqu\u00ed que Ecoloxistas en Acci\u00f3n \u00e9 unha das organizaci\u00f3ns ecoloxistas mais potentes do estado espa\u00f1ol, con importantes contactos internacionais, cunha gran experiencia en temas deste tipo, que se apoia en unha estrutura apartidista con equipos de asesores xur\u00eddicos acreditados e que ven de ga\u00f1ar un preito con algunhas similitudes co noso caso, en Extremadura, despois dun longo proceso de varios anos. Calquera pode entender que un grupo deste tipo non se implica en calquera chilindraina se non aprecia que existe unha xustificaci\u00f3n xur\u00eddica potente e que est\u00e1n en xogo intereses xerais, mesmo de \u00e1mbito europeo, na defensa dos valores medioambientais consolidados na sociedade actual. Pola nosa banda temos que po\u00f1er no primeiro plano, unha vez m\u00e1is, que o obxectivo do noso grupo \u00e9 loitar contra a privatizaci\u00f3n do Faro e da Illa Pancha, por consideralo un ben com\u00fan dos ribadenses, e sexa cal sexa o resultado deste procedemento xudicial seguiremos adiante ata conseguir o uso p\u00fablico do mesmo, debendo constatar que, pese ao tempo trascorrido, os apoios que recibimos tanto en Ribadeo como f\u00f3ra son cada vez maiores.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>POR NUESTRO FARO SA\u00daDA A INICIATIVA DE ECOLOXISTAS EN ACCION Como saben os lectores, o colectivo POR NUESTRO FARO ven denunciando dende mediados de 2015 a privatizaci\u00f3n do Faro e da Illa Pancha, promovida polo Ministerio de Fomento e apoiada sen folgos polo Concello de Ribadeo. A\u00ednda mais temos post negro sobre branco moitas irregularidades [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4310,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,37,26],"class_list":["post-4309","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-illa-pancha","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4309","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4309"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4309\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4310"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4309"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4309"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4309"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}