{"id":4304,"date":"2021-07-08T08:42:00","date_gmt":"2021-07-08T06:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T17:17:44","modified_gmt":"2024-11-01T16:17:44","slug":"antonio-rodriguez-darriba","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/07\/08\/antonio-rodriguez-darriba\/","title":{"rendered":"Antonio Rodr\u00edguez Darriba"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A trav\u00e9s do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=consello+da+cultura+galega\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Consello da Cultura Galega<\/a> chego \u00e1 biograf\u00eda dun ilustre -pero abondo esquecido- ribadense, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Antonio_Rodr%C3%ADguez_Darriba\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Antonio Rodr\u00edguez Darriba<\/a>, feita adem\u00e1is por outro ribadense, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Carlos+%C3%81lvarez+Lebredo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carlos \u00c1lvarez Lebredo<\/a>.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Lembro que <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/12\/adicacions.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">lle foi adicada unha r\u00faa en Ribadeo<\/a>, e como curiosidade que \u00f3s poucos anos de chegar eu a Ribadeo, me comentaron que non hab\u00eda moito tempo recibira unha carta da <a href=\"https:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/search?q=nasa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">NASA<\/a> para fichalo, sen d\u00fabida por un erro de c\u00e1lculo autom\u00e1tico da idade \u00f3 nacer no s\u00e9culo XIX. Pero, a falta de poder verificalo, deix\u00e9molo en contos. O que conta son os datos comprobables que achega Carlos \u00c1lvarez Lebredo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Despois de citar antes autor\u00eda e a continuaci\u00f3n os cr\u00e9ditos correspondentes (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Copyleft\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">licenza copyleft<\/a>), deixo unha copia da biograf\u00eda no <a href=\"https:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/search?q=consello+da+cultura+galega\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">CCG<\/a>:<\/p>\n<p>&#8220;<em>\u00c1lvarez Lebredo, Carlos ([2012], \u201cAntonio&nbsp;Rodr\u00edguez  Darriba\u201d, en \u00c1lbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 07\/07\/2021] [<a href=\"http:\/\/culturagalega.gal\/albumdaciencia\/detalle.php?id=326\">http:\/\/culturagalega.gal\/albumdaciencia\/detalle.php?id=326<\/a>])<\/em> &#8211; de xeito equivalente, <a href=\"http:\/\/consellodacultura.gal\/album-de-galicia\/detalle.php?persoa=3404\">http:\/\/consellodacultura.gal\/album-de-galicia\/detalle.php?persoa=3404<\/a>&#8220;<\/p>\n<p><strong><em>Antonio Rodr\u00edguez Darriba<\/em><\/strong><\/p>\n<p><em><br \/>\nUnha brillante traxectoria investigadora paralizada polo franquismo<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/07\/ccg_pr_a19-ciencia_rodriguez_darriba_web.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/07\/ccg_pr_a19-ciencia_rodriguez_darriba_web.jpg\" class=\"wp-image-4305\" width=\"320\" \/><\/a><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n&nbsp;<\/em><\/p>\n<h4 style=\"background-color: #333333; color: white; margin-bottom: 0px; margin-top: 10px;\">Datos biogr\u00e1ficos:<\/h4>\n<ul style=\"background-color: #cccccc; margin-top: 0px; padding: 2px;\">\n<li> Nacemento:<br \/>\n    Lugo 1899<\/li>\n<li>Falecemento:<br \/>\n  Ribadeo (Lugo) 1995<\/li>\n<\/ul>\n<p><em>&nbsp;Estudou primaria en Ribadeo e comezou a secundaria no instituto de Lugo, pero no terceiro curso trasladouse a Ribadeo onde rematou o bacharelato. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago (1918-1925), fixo pr\u00e1cticas como alumno de N\u00f3voa Santos e Gil Casares. Entre 1925 e 1928 realizou o doutoramento na Universidad Central de Madrid e simultaneamente levou adiante a s\u00faa investigaci\u00f3n cl\u00ednica en diferentes departamentos. En 1926-27 no Laboratorio de Histolog\u00eda e Anatom\u00eda Patol\u00f3gica da Escuela de Veterinaria, dirixido polo Dr. Abelardo Gallego; en 1927 na secci\u00f3n de Bacteriolog\u00eda do Instituto de Higiene Alfonso XIII co Dr. Antonio Ruiz-Falc\u00f3; en outono de 1927 fixo un curso de ampliaci\u00f3n de estudos na Cl\u00ednica de Enfermedades Infecciosas do Hospital del Rey baixo a direcci\u00f3n do Dr. Antonio G. Tapia; e no curso 1927-28 investigou sobre as formas de involuci\u00f3n do tripanosoma gambiense no coelli\u00f1o, no Laboratorio de Bacteriolog\u00eda e Serolog\u00eda que ti\u00f1a como responsable ao tam\u00e9n galego Paulino Su\u00e1rez Su\u00e1rez.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEspecialmente decisiva na carreira investigadora de Darriba foi a s\u00faa entrada no equipo de colaboradores do Dr. Gustavo Pittaluga, concretamente no campo da Parasitolox\u00eda, en decembro de 1927. Nese equipo coincide coa tam\u00e9n colaboradora Jimena Fern\u00e1ndez de la Vega y Lomb\u00e1n, coa que traba amizade a partir daquel momento. En Madrid simultaneou a investigaci\u00f3n coa docencia, pois o Dr. Ruiz-Falc\u00f3 lle encargou impartir unhas lecci\u00f3ns dentro do Curso de Anatom\u00eda Patol\u00f3xica e Bacteriolox\u00eda da Facultade de Medicina.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA trav\u00e9s do Dr. Ram\u00f3n Rodr\u00edguez Somoza, colega seu e disc\u00edpulo de Cajal, e do seu amigo Vicente Loriente, entrou en contacto coa Instituci\u00f3n Libre de Ense\u00f1anza. Animado polo Dr. Juan L\u00f3pez Su\u00e1rez solicitou e conseguiu en 1927 unha pensi\u00f3n por tres anos da Junta para Ampliaci\u00f3n de Estudios. Con esta axuda, entre 1928 e 1931 realizou investigaci\u00f3ns cl\u00ednicas no tema que lle indicou o Dr. Pittaluga: Hematolox\u00eda e Patolox\u00eda Ex\u00f3tica no Instituto para as Enfermidades Tropicais de Hamburgo, baixo a direcci\u00f3n do Dr. Ernst Georg Nauck. Al\u00ed investigou sobre filariose co Dr. Friedrich F\u00fclleborn. Este centro alem\u00e1n era naquel momento a referencia en Europa nas investigaci\u00f3ns de enfermidades transmitidas por insectos. Tras os tres anos da pensi\u00f3n, regresou o Dr. Darriba de Alema\u00f1a co Diploma de Medicina Tropical e Parasitolox\u00eda M\u00e9dica.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAo comezar o ano 1932 foi destinado en Madrid no Laboratorio de Investigaciones Cl\u00ednicas da Facultade de Medicina da Universidade e no Laboratorio do Instituto Nacional de Higiene Alfonso XIII, de onde o reclamou o seu director, Dr. Jorge Francisco Tello Mu\u00f1oz, para que comezara a aplicar al\u00ed os co\u00f1ecementos adquiridos en Hamburgo. A estancia en Madrid perm\u00edtelle continuar o labor investigador no Laboratorio de Parasitolog\u00eda da Facultade de Medicina baixo a direcci\u00f3n do Dr. Pittaluga, daquela catedr\u00e1tico de Parasitolox\u00eda e Patolox\u00eda Tropical e m\u00e1xima autoridade neses campos, especialmente en paludismo. A s\u00faa afecci\u00f3n ao traballo investigador sobre o terreo, e non s\u00f3 no laboratorio, decidiuno a pedir unha bolsa para estudar a anquilostomiase (parasitismo intestinal) na provincia de Murcia, onde ti\u00f1a unha gran incidencia; conviviu Darriba durante meses coa poboaci\u00f3n afectada, analizando as s\u00faas enfermidades e as condici\u00f3ns de vida, hixiene e sa\u00fade. Esta investigaci\u00f3n servir\u00edalle despois para conformar a s\u00faa tese de doutoramento.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEsta foi a \u00e9poca m\u00e1is fecunda do Dr. Darriba en canto \u00e1 divulgaci\u00f3n das s\u00faas investigaci\u00f3ns. Leu a tese doutoral o 6 de novembro de 1935 (publicada ao ano seguinte); formou parte do Comit\u00e9 de Redacci\u00f3n da revista Medicina de los Pa\u00edses C\u00e1lidos, dirixida por Pittaluga, na que colaborou con varios traballos ademais de encargarse da recensi\u00f3n das publicaci\u00f3ns recibidas, especialmente dos orixinais procedentes de Alema\u00f1a; e publicou na colecci\u00f3n \u201cPublicaciones Oficiales de la Comisi\u00f3n Permanente de Investigaciones Sanitarias\u201d, da Direcci\u00f3n General de Sanidad de Madrid. Salientar o seu labor como tradutor de moitos traballos alem\u00e1ns de investigaci\u00f3n m\u00e9dica para a s\u00faa publicaci\u00f3n en revistas cient\u00edficas espa\u00f1olas da \u00e9poca. Entre as s\u00faas traduci\u00f3ns destaca a Breve introduci\u00f3n a la entomolog\u00eda m\u00e9dica, de Erich Martini, daquela xefe de Enfermidades Tropicais do Hospital de Hamburgo e considerado o fundador da entomolox\u00eda en Alema\u00f1a. Xunto ao propio Dr. Pittaluga, en 1936 comezou a po\u00f1er ao d\u00eda unha obra deste investigador, o tratado Enfermedades de los pa\u00edses c\u00e1lidos, que fora publicado por Calpe en 1924. Por estes tam\u00e9n volveu de novo \u00e1 docencia: no curso acad\u00e9mico 1933-34 encargouse na Escuela Nacional de Sanidad dos Cursos de Parasitolox\u00eda e Medicina Tropical que versaban sobre os Anquilostomas e a Filariose.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDurante os anos 1932-1936, nos que basicamente viviu en Madrid, ampliou o seu labor investigador con estancias f\u00f3ra de Espa\u00f1a. No ver\u00e1n de 1933 foi reclamado polo seu co\u00f1ecido Instituto de Enfermidades Tropicais de Hamburgo para impartir docencia de Helmintolox\u00eda aos m\u00e9dicos alem\u00e1ns e estranxeiros que se especializaban anualmente nese centro hamburgu\u00e9s. Investigou na Estaci\u00f3n Hidrobiol\u00f3xica da cidade alem\u00e1 de Pl\u00f6n (Schleswig-Holstein), na que se dedicou ao estudo das larvas cercarias. E en 1934 levou a cabo investigaci\u00f3ns no Instituto Tropical de Liverpool sobre as transmisi\u00f3ns end\u00e9micas do kala-azar (enfermidade negra), tema no que xa fora iniciado por Pittaluga.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNeste per\u00edodo madrile\u00f1o contactou cos mozos da Residencia de Estudiantes, na que o Dr. Darriba pasaba os meses de ver\u00e1n. Tam\u00e9n se relacionou cun grupo de mozos e intelectuais galegos que resid\u00edan nesa capital e que adoitaban xuntarse na casa dos ribadenses irm\u00e1ns Su\u00e1rez Couto: Bouza Brey, Rof Carballo, Otero Espasand\u00edn, Xes\u00fas Bal ou Garc\u00eda Sabell, entre outros.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa primavera do ano 1936 foi reclamado pola prestixiosa empresa alem\u00e1 Bayer para continuar o seu traballo investigador no departamento de Esquistosomiase dos laboratorios centrais de Colonia pero, segundo el mesmo afirmou, inquieto e preocupado polas circunstancias socio-pol\u00edticas de Alema\u00f1a naquel momento, preferiu non marchar.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDurante a guerra civil espa\u00f1ola foi nomeado Director do Centro Secundario de Higiene de Lorca (outubro de 1936). En xullo de 1937 foi encargado de organizar a asistencia \u00e1 poboaci\u00f3n civil e refuxiados afectados de paludismo na retagarda das frontes b\u00e9licas de Andaluc\u00eda, sur do Tajo e Extremadura. En Los Navalucillos (Toledo) dirixiu o Centro Antipal\u00fadico do Hospital Militar para infecciosos. En 1938, logo de ser mobilizada a s\u00faa quinta, conced\u00e9ronlle o grao de capit\u00e1n do ex\u00e9rcito da Rep\u00fablica. Por estas datas ingresou no Laboratorio de An\u00e1lises Cl\u00ednicas do Ex\u00e9rcito, instalado no Instituto de Higiene.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTras a guerra civil todo o equipo investigador ao que pertenc\u00eda quedou desartellado: o doutor Pittaluga marchara para Cuba e varios dos seus colaboradores para M\u00e9xico. Nestas circunstancias o Dr. Darriba decidiu regresar \u00e1 casa familiar de Ribadeo onde iniciou unha nova orientaci\u00f3n profesional como pediatra e m\u00e9dico especialista en an\u00e1lises cl\u00ednicas, unha vez que se colexiou oficialmente en xaneiro de 1941. Froito das s\u00faas investigaci\u00f3ns anteriores e do prestixio adquirido puido publicar a\u00ednda alg\u00fans traballos cient\u00edficos que foron citados no prestixioso Tratado de Patolog\u00eda y Cl\u00ednica m\u00e9dicas, de Pedro-Pons. Un op\u00fasculo seu sobre \u201cLucha contra las moscas\u201d mereceu unha menci\u00f3n honor\u00edfica da Sociedad Espa\u00f1ola de Higiene en 1942. En 1958 foi convidado a participar como membro fundador na Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Biopatolog\u00eda Cl\u00ednica.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA traxectoria profesional de Rodr\u00edguez Darriba \u00e9 a dun investigador e institucionista, froito dunha pol\u00edtica cient\u00edfica e racional, que viu truncado o seu labor a partir de 1939. El consider\u00e1base, por idade, compromiso e actitude profesional, participante da Xeraci\u00f3n do 27, no apartado dos homes de ciencia. Formou parte dese enorme n\u00famero de espa\u00f1ois aos que podemos denominar \u201ccerebros non fugados\u201d, que sufriron as sanci\u00f3ns e as decisi\u00f3ns pol\u00edtico-administrativas que adoptou contra eles o r\u00e9xime sa\u00eddo da guerra civil e que os obrigou a afastarse completamente da s\u00faa anterior carreira investigadora, desaproveitando deste modo o traballo que desenvolv\u00edan e no que sobresa\u00edan antes desa data.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Bibliograf\u00eda:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Fontes documentais:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nArquivo da Residencia de Estudiantes de Madrid \/ Junta para Ampliaci\u00f3n de Estudios. Expediente personal 125\/203.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Fontes impresas:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRODR\u00cdGUEZ DARRIBA, A. (1930): Contribuci\u00f3n al estudio del gangulheterakis spumesa, Medicina de los Pa\u00edses C\u00e1lidos, Madrid.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRODR\u00cdGUEZ DARRIBA, A. (1931): Esquistosomas. (Estado actual), Medicina de los Pa\u00edses C\u00e1lidos, Madrid.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRODR\u00cdGUEZ DARRIBA, A. (1932): Sobre oxiuros, Madrid: Direcci\u00f3n General de Sanidad.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRODR\u00cdGUEZ DARRIBA, A. (1933-1934): Sobre anquilostomiasis en la huerta de Murcia, 2 tomos, Madrid: Direcci\u00f3n General de Sanidad.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRODR\u00cdGUEZ DARRIBA, A. (1935): Breve introducci\u00f3n a la Helmintolog\u00eda m\u00e9dica, Noticias m\u00e9dicas. Murcia.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRODR\u00cdGUEZ DARRIBA, A. (1936): Parasitismo humano por protozoos intestinales en Murcia (capital) y su huerta, Tese de doutoramento, Madrid: Bola\u00f1os y Aguilar.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRODR\u00cdGUEZ DARRIBA, A. (1936): Parasitismo humano por protozoos intestinales en Murcia, Madrid: Direcci\u00f3n General de Sanidad.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRODR\u00cdGUEZ DARRIBA, A. (1942): Protozoosis intestinales humanas, Madrid: Ed. Morata.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAdemais deixou in\u00e9ditos dous manuais: Entomolog\u00eda m\u00e9dica e Tratado de Paludismo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Bibliograf\u00eda secundaria:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPEDRO-PONS, A. (1950): Tratado de Patolog\u00eda y Cl\u00ednica m\u00e9dica, Barcelona: Salvat. Tomo VI: \u201cEnfermedades infecciosas. Intoxicaciones. Enfermedades profesionales y por agentes f\u00edsicos\u201d, cap\u00edtulos dedicados a \u201cRickettsiosis humanas\u201d, pp. 585 e ss., e a \u201cEnfermedades producidas por protozoos\u201d, pp. 678 e ss.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nGURRIAR\u00c1N, R. (2006): Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) , Santiago: Universidade.<\/em><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Outras ligaz\u00f3ns que poden resultar interesantes para esta e outras biograf\u00edas:&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Categor%C3%ADa:Personalidades_de_Galicia\">https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Categor%C3%ADa:Personalidades_de_Galicia<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/consellodacultura.gal\/album-de-galicia\/index.php\">http:\/\/consellodacultura.gal\/album-de-galicia\/index.php<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/\">http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A trav\u00e9s do Consello da Cultura Galega chego \u00e1 biograf\u00eda dun ilustre -pero abondo esquecido- ribadense, Antonio Rodr\u00edguez Darriba, feita adem\u00e1is por outro ribadense, Carlos \u00c1lvarez Lebredo.&nbsp; &nbsp;&nbsp; Lembro que lle foi adicada unha r\u00faa en Ribadeo, e como curiosidade que \u00f3s poucos anos de chegar eu a Ribadeo, me comentaron que non hab\u00eda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4305,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11,9],"class_list":["post-4304","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4304","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4304"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4304\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4305"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4304"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4304"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4304"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}