{"id":4268,"date":"2021-07-19T18:02:00","date_gmt":"2021-07-19T16:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-01T17:16:38","modified_gmt":"2024-11-01T16:16:38","slug":"estou-sen-vacinar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/07\/19\/estou-sen-vacinar\/","title":{"rendered":"Estou sen vacinar!"},"content":{"rendered":"<p>Estou sen vacinar!<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hoxe atopei un co\u00f1ecido que, a modo de sa\u00fado, dime \u2018estou sen vacinar!\u2019. A conversa (el ten m\u00e1is de 50 anos) pasou a desenvolverse m\u00e1is ou menos nos seguintes termos:<\/p>\n<p>&#8211; \/Pois?<\/p>\n<p>&#8211; O caso \u00e9 que non te\u00f1o m\u00f3bil. Pasei polo Centro de Sa\u00fade varias veces, pero polo momento non te\u00f1o vez. Vou agora al\u00ed por outra cousa, e volverei a tratar de conseguir unha cita para a vacinaci\u00f3n. Non te\u00f1o m\u00f3bil e parece que non se lles ocorre que poden enviarme unha carta \u00e1 casa.<\/p>\n<p>&#8211; \/Pois parece que a cousa vai ir a peor.<\/p>\n<p>&#8211; Como?<\/p>\n<p>&#8211; \/Digo, que parece que o da conexi\u00f3n das administraci\u00f3ns vai ir a peor, que cada vez vai ser m\u00e1is dif\u00edcil.<\/p>\n<p>&#8211; Ah! Si, cada vez est\u00e1 peor.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Seguiron a\u00ednda un par de breves intercambios, pero o fundamental estaba dito. Continuou cara \u00f3 Centro de Sa\u00fade co seu andar t\u00edpico e a m\u00e1scara negra en medio da r\u00faa semi baleira e a \u2018quinta vaga\u2019 en boga.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non \u00e9 a primeira vez que se me pasa pola cabeza o alleamento real causado polo achegamento dixital\/telem\u00e1tico. Pero hoxe, este caso concreto, levoume a lialo con que este artigo estar\u00e1s a lelo nun formato dixital. Raro ser\u00e1 que o vexas en papel cando os lugares en que vai aparecer son p\u00e1xinas na rede. Non sempre fago artigos \u2018s\u00f3 dixital\u2019, pero este si estaba previsto que o fose, xa antes de ter o tema.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Volvendo \u00f3 co\u00f1ecido, \u00e9 unha persoa que dende hai tempo manexa internet, non \u00e9 un negacionista dixital \u2013 tampouco antivirus &#8211; nin ningu\u00e9n que viva no curuto dun monte apartado. Non, sinxelamente, non ten m\u00f3bil. \u00c9 dicir, non hai que procurarlle os tres p\u00e9s \u00f3 gato, nin explicaci\u00f3ns ad hoc. Non ten m\u00f3bil. E punto. E hoxe, o m\u00f3bil est\u00e1 incorporado \u00e1s necesidades sociais de diversos xeitos. Incorporado \u00e1s necesidades impostas, pero non \u00f3s servizos debidos. Tam\u00e9n, de forma importante, esa imposici\u00f3n \u00e9 cousa das administraci\u00f3ns. En tempos, a imposici\u00f3n era ter un enderezo postal, unha \u2018casa\u2019 onde poder recibir comunicaci\u00f3ns. Hoxe, \u00e9 o m\u00f3bil e o correo electr\u00f3nico como base para conseguir o certificado dixital ou equivalente que te achegue \u00f3 tempo que te afasta da administraci\u00f3n. B\u00e1sico o depender das compa\u00f1\u00edas de telecomunicaci\u00f3ns, o mesmo que dos bancos: obrigado pagar impostos por v\u00eda bancaria, entre outras moitas cousas. E para unhas e outras, hai que desviar unha parte dos cartos do mes, obrigado pola regulamentaci\u00f3n administrativa. Se non, est\u00e1s f\u00f3ra. F\u00f3ra da sociedade, pasas a ser infra, unha especie de infrapersoa que ve como outra xente \u2013 poucos \u2013 conv\u00e9rtese polo contrario en supra, \u2018clase supra\u2019, suprapersoas por riba dos m\u00e1is, mesmo por riba da lei na pr\u00e1ctica.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como remate, esas \u2018infrapersoas\u2019 comparten xenes e humanidade (a\u00ednda que a alg\u00fans non llo pareza) coas \u2018suprapersoas\u2019 para as que parecen invis\u00edbeis. E virus. E as\u00ed d\u00e1se o paradoxo que por unha sinxela segregaci\u00f3n social doutros que non poden protexerse, os uns poden contaxiarse e sufrir. \u00d3 final, a\u00ednda que non nos decatemos, todos somos prexudicados por esas diferenzas que asoman en cousas creadas pola humanidade, como os cartos ou a tecnolox\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estou sen vacinar! &nbsp;&nbsp; Hoxe atopei un co\u00f1ecido que, a modo de sa\u00fado, dime \u2018estou sen vacinar!\u2019. A conversa (el ten m\u00e1is de 50 anos) pasou a desenvolverse m\u00e1is ou menos nos seguintes termos: &#8211; \/Pois? &#8211; O caso \u00e9 que non te\u00f1o m\u00f3bil. Pasei polo Centro de Sa\u00fade varias veces, pero polo momento non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,9,40],"class_list":["post-4268","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4268","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4268"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4268\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4268"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4268"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4268"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}