{"id":4068,"date":"2021-08-11T16:21:00","date_gmt":"2021-08-11T14:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-26T12:14:10","modified_gmt":"2024-10-26T10:14:10","slug":"wikileaks","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/08\/11\/wikileaks\/","title":{"rendered":"Wikileaks?"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non sei como cheguei un destes d\u00edas \u00e1 ligaz\u00f3n. O caso \u00e9 que estaba esperando por un pouco da mi\u00f1a atenci\u00f3n nunha das lapelas do navegador. O enderezo, <a href=\"https:\/\/wikileaks.org\/intolerancenetwork\/\">https:\/\/wikileaks.org\/intolerancenetwork\/<\/a> levaba a unha p\u00e1xina en particular de Wikileaks. Lembro que hai alg\u00fan tempo pasei a vista por un sitio de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Wikileaks\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Wikileaks<\/a> que resultou case incomprensible para min pola cantidade de informaci\u00f3n en bruto que conti\u00f1a, desbord\u00e1ndome e coido que desbordando a quen non estivera a tempo completo uns cantos d\u00edas&nbsp; e partira dunha certa base. Esta &#8216;nova&#8217; (non podo asegurar que non sexa a mesma, cambiada) p\u00e1xina chamoume a atenci\u00f3n en canto a explorei un pouco pola s\u00faa diversidade e facilidade de acceso. Hai unha morea de informaci\u00f3n de diversos temas (s\u00f3 a pantalla pola que entrei, que est\u00e1 relacionada con HazteOir, financiamento, actividades e relaci\u00f3ns son 17 000 documentos), inclu\u00edndo ademais ligaz\u00f3ns para poder entrar en contacto coa intimidade dixital que ofrece Tor, ou insistindo en sentido parello, co sistema operativo &#8216;live&#8217; Tails, con bitcoin (algo normal despois de serlle cortados a Wikileaks os xeitos m\u00e1is com\u00fans de financiamento polo goberno dos EEUU) ou algunha cousa sobre <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Julian_Assange\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Julian Assange<\/a>, perseguido polos EEUU e vendido literalmente por varios gobernos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O caso \u00e9 que a informaci\u00f3n segue na rede, a disposici\u00f3n. Algo que nun mundo de mentiras informativas, silencios e propaganda disfrazada, complementado todo con actuaci\u00f3n selectiva de quen pode exercer violencia sen custe sobre quen non pode m\u00e1is que recibila sen paliativo, tampouco \u00e9 tan estra\u00f1o: que importa? Se a\u00ednda que se saiban as cousas, non pasa nada! Temos exemplos sen ir m\u00e1is lonxe a nivel estatal (s\u00f3 por procurar un nivel intermedio entre o local e o global), onde quen foi cabeza do estado \u00e9 nova un d\u00eda si e outro tam\u00e9n polos seus chanchullos (&#8216;manexos il\u00edcitos para conseguir un fin, e en especial, para lucrarse&#8217;), e parece que quen ten que preocuparse \u00e9 m\u00e1is ben quen os saca \u00e1 luz.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Volvamos a Wikileaks. Aconsello botar unha ollada, a\u00ednda que s\u00f3 sexa en plan curioso, polas s\u00faas p\u00e1xinas. No pouco que vin de toda a inxente cantidade de material \u00f3 que dan acceso, puiden colixir que son pequenos feitos encadeados os que conseguen as barbaridades. Non, non hai en xeral grandes interruptores de si\/non ou on\/off para indicar v\u00eda libre \u00e1s inxustizas e iniquidades, sen\u00f3n unha idea que gu\u00eda cara a un obxectivo que se tenta conseguir paso a paso nunha especie de m\u00e9todo cient\u00edfico: considera s\u00f3 as cousas m\u00e1is sinxelas, esqu\u00e9cete de efectos secundarios ou do que queren os demais, a menos que os efectos os sufras ti ou o que queren os outros te axude a ti a conseguir o que queres. Nese sentido, Trump foi claro: &#8216;America first&#8217;, primeiro, n\u00f3s, e logo, apa\u00f1\u00e1devos, pero despois de n\u00f3s.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Fan falta m\u00e1is Wikileaks, pero, sobre todo, prestarlles m\u00e1is atenci\u00f3n. E actuar en consecuencia. As persoas de a p\u00e9, claro!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non sei como cheguei un destes d\u00edas \u00e1 ligaz\u00f3n. O caso \u00e9 que estaba esperando por un pouco da mi\u00f1a atenci\u00f3n nunha das lapelas do navegador. O enderezo, https:\/\/wikileaks.org\/intolerancenetwork\/ levaba a unha p\u00e1xina en particular de Wikileaks. Lembro que hai alg\u00fan tempo pasei a vista por un sitio de Wikileaks que resultou case incomprensible [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-4068","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4068","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4068"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4068\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4068"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4068"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4068"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}