{"id":3997,"date":"2021-08-23T15:45:00","date_gmt":"2021-08-23T13:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-26T12:08:33","modified_gmt":"2024-10-26T10:08:33","slug":"auga-para-todos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/08\/23\/auga-para-todos\/","title":{"rendered":"Auga para todos?"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/08\/contaminaci25C325B3n.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"460\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/08\/contaminaci25C325B3n.jpg\" class=\"wp-image-3998\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Contaminaci\u00f3n no r\u00edo Suar\u00f3n, na Veiga.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;Auga para todos?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;<br \/>\n  &#8216;Auga para todos&#8217; \u00e9 o titulo dun libro de divulgaci\u00f3n de Francisco D\u00edaz-Fierros Viqueira publicado hai catro anos. Ou sexa, pouco despois de que o presidente de Nestl\u00e9 non tivera reparos en dicir publicamente que pola auga hab\u00eda que pagarlle a quen a tivera, que de ben com\u00fan, nada: ben propio, apropiado. E catro anos antes de que en Galicia se fixera patente o baleirado dos encoros para producir de xeito barato unha enerx\u00eda el\u00e9ctrica que se vende cara, con beneficios que deixan tam\u00e9n cara de lelo a quen vive con miramentos de esguello o fin de mes.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Neste ver\u00e1n &#8211; crucemos os dedos, que a\u00ednda non rematou &#8211; a tra\u00edda de augas a Ribadeo non sufriu ningunha avar\u00eda importante pese \u00e1 s\u00faa vellez e \u00e1s reclamaci\u00f3ns que periodicamente se fan para a s\u00faa renovaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Co anterior, temos xa varias das bases que se deben considerar \u00f3 falar dun xeito m\u00e1is ou menos serio sobre a auga. Por unha banda, o co\u00f1ecemento do seu ciclo, os usos, cantidades, distribuci\u00f3n ou posibilidades; \u00e9 dicir, a s\u00faa consideraci\u00f3n como recurso escaso que \u00e9 necesario estudar. Por outra, a posibilidade de apropiaci\u00f3n en exclusiva da auga; non en van foi o ben escollido por Edward Bellamy para a s\u00faa obri\u00f1a &#8216;O Mercado&#8217;, como alegor\u00eda e como unha posibilidade real. E m\u00e1is, as guerras que xorden de intereses contrapostos como entre auga para beber, para regar, para producir enerx\u00eda ou outros usos posibles; guerras feitas con tanques como en oriente medio ou con cartos como en California, pero guerras aut\u00e9nticas. E a\u00ednda a consideraci\u00f3n e necesidade das redes de aproveitamento, o seu dese\u00f1o, a s\u00faa conservaci\u00f3n&#8230; para poder asegurar o seu subministro mesmo en lugares tan pouco sospeitosos de escaseza de auga como \u00e9 Galicia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Volvendo \u00f3 t\u00edtulo, Se a auga nos \u00e9 necesaria a todos, deberamos ter auga para todos. Esa \u00e9 a idea de base para facer un estudo sobre ela, e de a\u00ed o t\u00edtulo escollido por D\u00edaz-Fierros para un libri\u00f1o moi interesante e ameno. Non vale que algu\u00e9n se apropie da auga e deixe \u00f3s outros morrer de sede. \u00c9 un ben com\u00fan, e hai que distribu\u00edla como tal. Procurando soluci\u00f3ns en com\u00fan, e fuxindo do &#8216;te\u00f1o unha soluci\u00f3n, por que non se implanta?&#8217;, cando a realidade \u00e9 que ten un interese e unha soluci\u00f3n s\u00f3 para o seu interese, \u00e1 s\u00faa medida.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En Galicia non estamos moi afeitos &#8211; f\u00f3ra do &#8216;se chove, que chova&#8217;, episodios de seca que noutros lugares tomar\u00edan a risa ou rogativas aparte &#8211; a tratar sobre a auga. Eu a\u00ednda lembro ter ido \u00e1 fonte na procura de caldeiros con auga, algo que na nosa terra, e salvo casos puntuais mesmo con avar\u00eda de por medio, est\u00e1 esquecido a\u00ednda en aldeas sen conexi\u00f3n coa rede p\u00fablica: de xeito individual ou colectivo dun grupo de veci\u00f1os, soe estar arranxado o problema dende hai tempo. Mais a abundancia de auga \u00e9 enganosa: non \u00e9 o mesmo que haxa auga a que a podamos aproveitar para o que queremos. E episodios como o baleirado dos encoros l\u00e9mbrannos que m\u00e1is al\u00f3 de casos puntuais de escaseza, a auga na nosa terra segue a ser un ben a administrar, a\u00ednda que non sexa tan escasa como noutros lugares da nosa Terra. E que m\u00e1is al\u00f3 de novas e mellores infraestruturas, o bo aproveitamento, a eliminaci\u00f3n de contaminaci\u00f3n, o rexir o seu uso&#8230; son tam\u00e9n materias pendentes por estes lares.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Contaminaci\u00f3n no r\u00edo Suar\u00f3n, na Veiga. &nbsp;Auga para todos? &nbsp;&nbsp; &#8216;Auga para todos&#8217; \u00e9 o titulo dun libro de divulgaci\u00f3n de Francisco D\u00edaz-Fierros Viqueira publicado hai catro anos. Ou sexa, pouco despois de que o presidente de Nestl\u00e9 non tivera reparos en dicir publicamente que pola auga hab\u00eda que pagarlle a quen a tivera, que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3998,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,18,26,9],"class_list":["post-3997","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-educacion","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3997","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3997"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3997\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3998"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3997"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3997"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3997"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}