{"id":3952,"date":"2021-08-31T22:45:00","date_gmt":"2021-08-31T20:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-26T12:06:22","modified_gmt":"2024-10-26T10:06:22","slug":"escrito-o-concello-sobre-actividade-non","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/08\/31\/escrito-o-concello-sobre-actividade-non\/","title":{"rendered":"Escrito \u00f3 concello sobre actividade non rese\u00f1ada na Illa Pancha. Nota de prensa A.V. Por Nuestro Faro"},"content":{"rendered":"<p>Escrito \u00f3 concello sobre actividade non rese\u00f1ada na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Illa%20Pancha\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Illa Pancha<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como temos informado, os ribadenses tiveron constancia da apertura dunha cafeter\u00eda con terraza entarimada na Illa Pancha pola presencia dalgunhas fotos nas redes sociais e rumorolox\u00eda variada. O negocio puxose en marcha dun d\u00eda para outro sen ning\u00fan tipo de publicidade previa -algo \u00f3 que non nos ten afeitos en absoluto o programa \u00abFaros de Espa\u00f1a\u00bb-, e en ausencia total de aclaraci\u00f3ns\/informaci\u00f3n por parte do Concello de Ribadeo. En base a isto, e no marco do inicio dunha nova actividade con modificaci\u00f3ns importantes no terreno da illa, t\u00e9monos dirixido \u00f3 Concello de Ribadeo para pedirlle informaci\u00f3n sobre dita actividade, con horarios privados asimilados autom\u00e1ticamente a unha apertura restrinxida da illa, un ben p\u00fablico. Os puntos sobre os que se ten pedida informaci\u00f3n son, textualmente, os seguintes:<\/p>\n<p><em>\u00ab1\u00ba. Se a nova cafeter\u00eda e terrazas posta en marcha na Illa Pancha conta ca pertinente licenza de actividade.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n2\u00ba. Se na devandita licenza est\u00e1n especificadas as condici\u00f3ns de acceso libre para os veci\u00f1os de Ribadeo e visitantes.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n3\u00ba. Se o Concello de Ribadeo ten co\u00f1ecemento do horario anunciado en redes sociais e este horario foi autorizado.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n4\u00ba. Se as condici\u00f3ns de acceso concordan co previsto na Lei de Costas con respecto ao uso p\u00fablico da zona de transito de seis metros da beira do mar, sen que a devandita lei e o Regulamento que a desenvolve sinalen ningunha limitaci\u00f3n horaria na devandita franxa de seis metros.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n5\u00ba. Se as obras realizadas, escaleiras, varandas, terrazas, etc. se axustan ao proxecto presentado pola empresa concesionaria.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n6\u00ba. Se a nova actividade non engade novos riscos de afecci\u00f3n ambiental ao proxecto anterior que confirman os seis informes do Defensor del Pueblo emitidos entre o 16 de febreiro de 2017 e o 10 de outubro de 2018, nos que se fac\u00eda fincap\u00e9 na obrigatoriedade de avaliar, non so as obras interiores do edificio do faro, como argumentaba a Autoridade Portuaria, sen\u00f3n toda as actividades posteriores, inclu\u00edndo a presencia humana, os autom\u00f3biles, a eliminaci\u00f3n de residuais, os animais de compa\u00f1\u00eda, etc.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n7\u00ba. Se hai unha soluci\u00f3n satisfactoria ao problema do verquido de residuais, agora notablemente incrementados, tendo en conta que o proxecto de nova fosa s\u00e9ptica, sometido a exposici\u00f3n p\u00fablica en agosto de 2018 segue sen resoluci\u00f3n a d\u00eda de hoxe, segundo informes de Augas de Galicia.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n8\u00ba. Se as alteraci\u00f3ns da paisaxe provocadas pola nova actividade foron avaliadas e autorizadas por Paisaxes de Galicia de acordo ca lexislaci\u00f3n vixente.\u00bb<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Un correo semellante foi sido enviado \u00e1 entidade Puerto de Ferrol-San Cibrao, omitindo os puntos que te\u00f1en que ver directamente co Concello de Ribadeo. De seguido procederemos a contactar con Costas, Paisaxes de Galicia e o Defensor del Pueblo para obter informaci\u00f3n sobre os cambios operados na illa -que van moito m\u00e1is al\u00f3 dunha inofensiva man de pintura na fachada do antigo faro-, e sobre a decisi\u00f3n de orixe desco\u00f1ecido que delimita horarios e periodos de apertura de Illa Pancha.<\/p>\n<p>Asociaci\u00f3n \u00abPor Nuestro Faro\u00bb<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Escrito \u00f3 concello sobre actividade non rese\u00f1ada na Illa Pancha &nbsp;&nbsp;&nbsp; Como temos informado, os ribadenses tiveron constancia da apertura dunha cafeter\u00eda con terraza entarimada na Illa Pancha pola presencia dalgunhas fotos nas redes sociais e rumorolox\u00eda variada. O negocio puxose en marcha dun d\u00eda para outro sen ning\u00fan tipo de publicidade previa -algo \u00f3 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-3952","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3952","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3952"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3952\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3952"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3952"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3952"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}