{"id":3941,"date":"2021-09-02T10:46:00","date_gmt":"2021-09-02T08:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-26T12:06:05","modified_gmt":"2024-10-26T10:06:05","slug":"os-ultraliberais-dos-eeuu-lograrono-lua","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/09\/02\/os-ultraliberais-dos-eeuu-lograrono-lua\/","title":{"rendered":"Os ultraliberais dos EEUU logr\u00e1rono: a L\u00faa est\u00e1 en venda"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/758px-FullMoon2010.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"608\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/758px-FullMoon2010.jpg\" class=\"wp-image-3942\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">A L\u00faa. Imaxe de <span class=\"mw-mmv-source-author\"><span class=\"mw-mmv-author\">Gregory H. Revera (2010), lic. <\/span><\/span><\/span><span class=\"mw-mmv-source-author\"><span class=\"mw-mmv-author\"><span style=\"font-size: x-small;\"><a class=\"mw-mmv-license\" href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/3.0\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">CC BY-SA 3.0<\/a><\/span><span class=\"mw-mmv-restrictions\"><span style=\"font-size: x-small;\">, en <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Moon#\/media\/File:FullMoon2010.jpg\">https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Moon#\/media\/File:FullMoon2010.jpg<\/a><\/span><br \/>\n<\/span><\/span><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Os ultraliberais dos EEUU logr\u00e1rono: a L\u00faa est\u00e1 en venda<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non \u00e9 un conto: nos EEUU comezouse a vender a L\u00faa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ar, auga, mar, ceo&#8230; elementos b\u00e1sicos da nosa vida, mesmo absolutamente necesarios, foron considerados dende sempre patrimonio com\u00fan. Foron, en pasado. Hai tempo xa que saltou \u00e1 prensa a nova de que algu\u00e9n se adicara a embotellar ar &#8216;puro&#8217; e a vendelo para o seu desfrute. Entendo que aquelo, unha vez pasado o furor da curiosidade inicial, esqueceuse, pero a semente est\u00e1 lanzada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Outra cousa ben diferente \u00e9 a auga, que nos venden embotellada dende hai tempo, competindo coa auga &#8216;libre&#8217; da tra\u00edda. A guerra entre comercializaci\u00f3n e comunidade do prezado l\u00edquido non rematou nin moito menos; mentres que moitas cidades est\u00e1n retomando o control da distribuci\u00f3n da auga nos seus n\u00facleos urbanos, noutros lugares multinacionais cunha rama da empresa adicada a comercializar auga est\u00e1n secando acu\u00edferos e privando a poboaci\u00f3ns enteiras do prezado l\u00edquido, nunha aut\u00e9ntica guerra da auga que nos EEUU leva tempo produc\u00edndose. Por exemplo, hai moito tempo (<a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Mono_Lake#Conservation_efforts\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1941<\/a>) que a californiana cidade de Los \u00c1ngeles &#8216;mercou&#8217; e desviou parte das aguas que chegaban a un lago, o lago Mono, situado a m\u00e1is de 500 km de distancia, para o seu abastecemento, e <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Mono_Lake#Conservation_efforts\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">o levou case \u00e1 s\u00faa desaparici\u00f3n<\/a>, impedindo de xeito parcial o aproveitamento das augas polos moradores da zona.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Que dicir do mar, onde hai pa\u00edses que te\u00f1en privatizado o litoral (e outros que, a\u00ednda t\u00e9ndoo protexido, fan caso omiso de determinadas leis &#8211; v\u00e9xase a ribadense illa Pancha -), ou conceden permisos para instalaci\u00f3ns acu\u00e1ticas diversas que perturban dende a pesca (acabamos de ver o caso dos e\u00f3licos nas nosas costas) \u00e1 calidade das augas &#8211; e neste caso, os exemplos poden sa\u00edr polas orellas -. Iso, sen lembrar a ampliaci\u00f3n dos &#8216;territorios mari\u00f1os de soberan\u00eda&#8217; de 6 a 12, a &#8230; e a 200 millas mari\u00f1as, ampliaci\u00f3n realizada para poder conceder dereitos sobre esas augas e leitos mari\u00f1os a compa\u00f1\u00edas privadas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O do ceo pareceu sempre m\u00e1is complicado para comercializar, pero dende as querelas iniciadas nos EEUU nos primeiros tempos da aviaci\u00f3n por propietarios de terras por riba das que pasaban v\u00f3s, ten habido diversas tentativas. A \u00faltima, a que d\u00e1 orixe a estas verbas, v\u00e9xoa en Xataka co titular &#8216;<em>La fiebre del regolito: la NASA inicia la era de la miner\u00eda lunar con un simb\u00f3lico cheque de 10 centavos<\/em>&#8216;. Hai tecnolox\u00eda para traer minerais dos asteroides ou da L\u00faa cami\u00f1o da Terra, e estase a tentar. Pero neste caso \u00e9 unha tecnolox\u00eda con empresa privada detr\u00e1s, e unha simb\u00f3lica achega da NASA \u00e1 empresa ven ser como a certificaci\u00f3n do reco\u00f1ecemento das instituci\u00f3ns p\u00fablicas dos dereitos privados sobre o m\u00e1is al\u00f3. Algo que ser\u00eda para esbozar un sorriso se a NASA, na s\u00faa misi\u00f3n Apollo 11 (1969)&nbsp; non tivera posta unha bandeira dos EEUU sobre o noso sat\u00e9lite, a\u00ednda que os rusos <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/List_of_artificial_objects_on_the_Moon\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">enviaran artefactos xa anos antes<\/a> (dende 1959) de que al\u00f3 chegara o primeiro aparello norteamericano, o Ranger 4.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hai tam\u00e9n anos que espabilados mercadores te\u00f1en vendido o nomes de, ou estrelas enteiras, naturalmente sen ter ning\u00fan t\u00edtulo de propiedade previo. E iso ser\u00eda algo m\u00e1is a mirar como exemplos de caraduras se non fose por ser un negocio m\u00e1is que ao menos por un tempo prosperou &#8211; fun agasallado co nome dunha estrela, a\u00ednda anda por a\u00ed o t\u00edtulo -, ser totalmente fraudulento e quedar impune. Esa \u00e9 a desgraza do com\u00fan: a s\u00faa defensa est\u00e1 encomendada \u00e1s instituci\u00f3ns que moitas veces o &#8216;venden&#8217; pasando a ser privado ou usado de xeito privado sen moralmente poder facelo &#8211; e normalmente, tampouco de xeito legal -. De novo, non fai falta chegar \u00e1 L\u00faa para ter numerosos exemplos: na nosa terra, o asolagamento dos encoros e logo o seu baleirado de conveniencia mist\u00faranse coas concesi\u00f3ns estilo illa Pancha ou a cesi\u00f3n de solo veci\u00f1al para instalaci\u00f3ns hostaleiras. En t\u00f3dolos casos se procuran &#8216;raz\u00f3ns&#8217;&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A L\u00faa. Imaxe de Gregory H. Revera (2010), lic. CC BY-SA 3.0, en https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Moon#\/media\/File:FullMoon2010.jpg Os ultraliberais dos EEUU logr\u00e1rono: a L\u00faa est\u00e1 en venda &nbsp;&nbsp; Non \u00e9 un conto: nos EEUU comezouse a vender a L\u00faa. &nbsp;&nbsp; Ar, auga, mar, ceo&#8230; elementos b\u00e1sicos da nosa vida, mesmo absolutamente necesarios, foron considerados dende sempre patrimonio com\u00fan. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3942,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[47,54,21,37,26],"class_list":["post-3941","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-astronomia","tag-auga-da-billa","tag-economia","tag-illa-pancha","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3941","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3941"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3941\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3942"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3941"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3941"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3941"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}