{"id":3909,"date":"2021-09-09T16:31:00","date_gmt":"2021-09-09T14:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T21:00:17","modified_gmt":"2024-10-25T19:00:17","slug":"informe-sobre-documentos-e-mapas-onde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/09\/09\/informe-sobre-documentos-e-mapas-onde\/","title":{"rendered":"INFORME SOBRE DOCUMENTOS E MAPAS ONDE APARECE REFLECTIDA A DENOMINACI\u00d3N RIA DE RIBADEO. Evaristo Lombardero Rico"},"content":{"rendered":"<p>INFORME SOBRE DOCUMENTOS E MAPAS ONDE APARECE REFLECTIDA A DENOMINACI\u00d3N RIA DE RIBADEO<\/p>\n<p>INTRODUCI\u00d3N<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O presente informe consta de tres apartados. No primeiro ap\u00f3rtanse unha serie de documentos dos s\u00e9culos XVI e XVII onde aparece a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d ou a mesma f\u00f3rmula aplicada a outras r\u00edas galegas. No segundo incl\u00faense dous materiais literarios do s\u00e9culo XXI de especial relevancia pola categor\u00eda cient\u00edfica e acad\u00e9mica dos seus autores e no terceiro figura unha listaxe de Mapas e Cartas Mari\u00f1as onde aparece reflectida a denomina<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; O obxectivo \u00e9 exclusivamente informativo, facendo declaraci\u00f3n expresa de eludir calquera tipo de pol\u00e9micas. Calquera particular ou entidade queda autorizada para facer o uso que estimen axeitado destes materiais, sen ning\u00fan tipo de limitaci\u00f3ns. Asemade este informe est\u00e1 aberto a cr\u00edticas, suxesti\u00f3ns au aportes de novos materiais que poden achegar as persoas o desexen.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; T\u00f3dolos materiais que se citan incl\u00faen a referencia das fontes utilizadas. Os materiais da Biblioteca Nacional (11 515 documentos) foron revisados entre o d\u00eda 20 de abril e o 30 de maio de 2021. E posible que en datas posteriores se te\u00f1an inclu\u00eddo novos documentos. Os materiais procedentes do Museo Naval foron facilitados por persoal de este organismo, pero non revisamos persoalmente todos os fondos de esta fonte. Non se inclu\u00edron materiais de tipo tur\u00edstico ou informal. Tampouco se inclu\u00edron materiais de graf\u00eda dubidosa (por exemplo R. de Ribadeo) ou borrosa.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Tomouse especial precauci\u00f3n en evitar duplicaci\u00f3ns, de xeito que cando aparece mais de un documento do mesmo autor d\u00e9bese a que corresponden a distintas edici\u00f3ns. Os ach\u00e1degos pres\u00e9ntanse por orde cronol\u00f3xica da data de edici\u00f3n, que non sempre coincide ca data que figura no documento.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; No apartado I so inclu\u00edmos materiais dos s\u00e9culos XVI e XVII porque lle demos prioridade \u00e1 procura dos documentos mais antigos.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; O n\u00famero de persoas que colaboraron neste traballo \u00e9 moi amplo. So citaremos, por ser especialmente significativas, as aportaci\u00f3ns de D. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado, D. Antonio Gregorio Montes, D. Jos\u00e9 M\u00aa Lombardero Rico e D. V\u00edctor Moro Rodriguez, sin embargo os erros e carencias son responsabilidade unicamente do asinante.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Respectouse a graf\u00eda en linguas castel\u00e1, inglesa e francesa dos orixinais.<\/p>\n<p>RESUMO<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pres\u00e9ntanse dous documentos literarios do s\u00e9culo XVI onde aparece a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de Rivadeo\u201d, un libro onde se utiliza a f\u00f3rmula \u201cR\u00eda de unha vila ou cidade\u201d en tres r\u00edas galegas e cinco actas notariais que utilizan a mesma expresi\u00f3n. Do s\u00e9culo XVII rec\u00f3llense numerosas citas da mesma f\u00f3rmula nas obras do cart\u00f3grafo Pedro de Teixeira e 110 actas notariais de operaci\u00f3ns comerciais na R\u00eda de Ribadeo. Ademais exponse unha carta de un particular ao rei de Espa\u00f1a ca mesma denominaci\u00f3n.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Polo que atinxe aos mapas e cartas mari\u00f1as ap\u00f3rtase un mapa de Pedro de Texeira do s\u00e9culo XVII xunto cas citas xa mencionadas que acompa\u00f1an aos mapas. Do s\u00e9culo XVIII pres\u00e9ntase nove mapas ou cartas mari\u00f1as de diferentes autores, unha de elas alem\u00e1. Do s\u00e9culo XIX exp\u00f3\u00f1ense 75 mapas ou cartas mari\u00f1as, d\u00faas inglesas, catro francesas, d\u00faas alemanas e d\u00faas belgas. Do s\u00e9culo XX incl\u00faense 35 mapas, deles dous franceses, un norteamericano e dous ingleses. En un mapa de 1999 figura a dobre denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda del Eo\u201d e \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d. Do s\u00e9culo XXI pres\u00e9ntanse cinco mapas ca f\u00f3rmula \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d, todos eles de autores espa\u00f1ois. En total son 124 mapas de organismos oficiais ou de publicaci\u00f3ns acreditadas nos que figura a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d e un no que aparece a dobre denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda del Eo\u201d e \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d. Polo que atinxe \u00e1 nacionalidade da publicaci\u00f3n tres son alem\u00e1s, catro inglesas, seis francesas, unha norteamericana e d\u00faas belgas. As restantes son espa\u00f1olas.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Ap\u00f3rtanse, asemade, dous documentos literarios do s\u00e9culo XXI asinados por co\u00f1ecidos investigadores universitarios de moi alta cualificaci\u00f3n onde ratifican a denominaci\u00f3n R\u00eda de Ribadeo.<\/p>\n<p>I.- DOCUMENTOS LITERARIOS DOS S\u00c9CULOS XVI E XVII ONDE APARECE A DENOMINCI\u00d3N R\u00cdA DE RIVADEO<\/p>\n<p>LICENCIADO MOLINA. 1.550&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Bartolom\u00e9 Sagrario de Molina, nado en M\u00e1laga en data desco\u00f1ecida e falecido entre 1572 e 1577 foi un coengo da catedral de Mondo\u00f1edo, onde residiu dende 1547, despois de viaxar por Galicia dende 1533. Escribiu un libri\u00f1o titulado \u201cDescripcio del Reyno de Galizia y de las cosas notables del\u201d editado en Mondo\u00f1edo en 1.550. Existe unha edici\u00f3n facs\u00edmile dispo\u00f1ible na rede. (Ed. Faxtor. Valladolid 2005). Na \u201cParte III\u201d trata \u201cDe los Puertos y R\u00edas del Reyno\u201d e na IV \u201cDe los Rios y Pueblos\u201d. Describe alg\u00fans aspectos das r\u00edas galegas e poboaci\u00f3ns colindantes e ref\u00edrese textualmente \u00e1 R\u00eda de Arousa, R\u00eda de Betanzos e R\u00eda de Viveiro. Cita nove veces a Ribadeo con expresi\u00f3ns como: \u201c\u2026toma la mar en una r\u00eda que est\u00e1 Ribadeo\u2026\u201d. En ning\u00fan caso utiliza expresi\u00f3ns do tipo \u201cR\u00eda do Landro\u201d ou \u201cR\u00eda do Eo\u201d ou otras que se presten a confusi\u00f3n. En resumo nombra varias rias galegas cas mesmas denominaci\u00f3ns que co\u00f1ecemos na actualidade de tal xeito que semella razoable supo\u00f1er que ese era o uso coti\u00e1n a mediados do s\u00e9culo XVI ou alg\u00fan decenios antes, tendo en conta as s\u00faas viaxes por Galicia dende 1533 e que o libro foi escrito entre 1547 e 1549. Pola otra banda diferencia perfectamente os conceptos de porto, r\u00eda e r\u00edo. (V\u00e9xase Jos\u00e9 Filgueira Valverde. 1949)&nbsp;<\/p>\n<p>CRISTOBAL DE BARROS. 1.569&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Cristobal de Barros \u00e9 un asesor da corte de Felipe II co\u00f1ecido pola sua actuaci\u00f3n na organizaci\u00f3n t\u00e9cnica da escuadra espa\u00f1ola na batalla de Lepanto. En 1569 redacta un informe encargado pola corte de Felipe II para co\u00f1ecer os recursos en materia de construci\u00f3n naval na cornixa cant\u00e1brica. O par\u00e1grafo que nos interesa di as\u00ed:<\/p>\n<p>\u201c<em>Lo que se a hecho \u00e7erca de las maderas.<\/p>\n<p>En lo que toca a las maderas, yndiferentemente y sin execu\u00e7ion alguna se cargan en todo el Prin\u00e7ipado de Asturias y en la ria de Rivadeo en grandisima cantidad y en algunos puertos de Gali\u00e7ia, esto en birtud de algunas li\u00e7en\u00e7ias que para heso se dan, digo para Gali\u00e7ia, que en l\u2019Asturias y en la ria de Ribadeo no las piden\u2026<\/em>\u201d<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; V\u00e9xase: Javier Enr\u00edquez y Enriqueta Sesmero, Revista de Estudios Mar\u00edtimos del Pa\u00eds Vasco, San Sebasti\u00e1n 2000.&nbsp;<\/p>\n<p>FASTOS DE CASTROPOL EN EL SIGLO XVI&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u00c9 un longo poema relacionado ca redenci\u00f3n do poder episcopal da vila de Castropol (1574-1579). O poema comenza as\u00ed:<\/p>\n<p><em>Castropol, do antiguamente<\/p>\n<p>por Estrab\u00f3n se designa<\/p>\n<p>que fue la ciudad Olina<\/p>\n<p>muy famosa y preminente<\/p>\n<p>sita do ba la corriente<\/p>\n<p>del rio Eo al mar Oceano<\/p>\n<p>entre el reino Galeciano<\/p>\n<p>y Asturias, haciendo raya<\/p>\n<p>por la r\u00eda, puerto y playa<\/p>\n<p>que oy de Riuadeo se nombra\u2026<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; V\u00e9xase: Eloy Benito Ruano. Fastos de Castropol en el Siglo XVI. Bolet\u00edn de Estudios Asturianos, RIDEA n\u00ba 20, 1966. Este autor exp\u00f3n que a autor\u00eda poder\u00eda atribu\u00edrse a D. Pedro Alvarez de Acevedo, nativo de Castropol e bacharel ou licenciado por Salamanca. Polos relatos do extenso poema deduce que fue redactado a finais del s\u00e9culo XVI ou comezos do XVII. Aos efectos do tema que tratamos a expresi\u00f3n : \u201c<em>la r\u00eda\u2026 que oy de Riuadeo se nombra<\/em>\u201d ten un significado inconfundible.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Ferm\u00edn Bouza Brey comenta tam\u00e9n este poema en \u201cNoticias hist\u00f3ricas sobre la introducci\u00f3n del ma\u00edz en Galicia\u201d Imp. Y Editorial Maestre. Madrid.1953.&nbsp;<\/p>\n<p>PEDRO DE TEIXEIRA. 1.622&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pedro de Teixeira Alb\u00e9rnaz \u00e9 un cart\u00f3grafo portugu\u00e9s adscrito \u00e1 corte de Felipe IV amplamente co\u00f1ecido polas magn\u00edficas edici\u00f3ns actuais dos seus traballos e por numerosas comunicaci\u00f3ns en prensa e medios de divulgaci\u00f3n. Teixeira foi comisionado por mandato real para estudar as costas espa\u00f1olas e portuguesas, iniciando un percorrido e traballo de campo dende a fronteira vasco-francesa en setembro de 1622, que remata no 1630 despois de algunhas interrupci\u00f3ns. Nos documentos accesibles describe polo mi\u00fado, tendo en conta as condici\u00f3n e medios da \u00e9poca, os portos, r\u00edos, medios defensivos, enseadas, recursos econ\u00f3micos, incluso roupas e costumes das diferentes comunidades polas que pasa, constitu\u00edndo un material moi importante na historia da cartograf\u00eda espa\u00f1ola.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Os seus traballos, que estiveron perdidos ou esquecidos ate hai poucos anos consisten nunhas descrici\u00f3ns literarias dos seus ach\u00e1degos e d\u00faas colecci\u00f3ns de debuxos ou mapas. Dos traballos literarios co\u00f1\u00e9cense tres exemplares ou reproduci\u00f3ns manuais, non todos id\u00e9nticos. Un deles, conservado na Biblioteca Nacional espa\u00f1ola foi editado no 1908 e no 1910 no Bolet\u00edn da Real Sociedad Geogr\u00e1fica. A primeira e unha edici\u00f3n parcial e a segunda completa.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Os c\u00f3dices achados recentemente son dous. O primeiro leva por t\u00edtulo \u201cCompendium Geographicum\u201d e foi descuberto na Universidade de Upsala (Suecia). Est\u00e1 accesible nunha magn\u00edfica edici\u00f3n da Fundaci\u00f3n Alvargonz\u00e1lez, a Universidade de Upsala e o Museo Naval (Gij\u00f3n, maio, 2001). En resumen o Compendium Geographicum \u00e9 un caderno de oito l\u00e1minas que inclue unha \u201cTabla Primera del Orbe de la Tierra\u201d, a segunda da Pen\u00ednsula Iber\u00edca e outras seis das costas cant\u00e1brica e a atl\u00e1ntica galega. A\u00ednda mais cada mapa acompa\u00f1ase de unhas breves notas que fan referencia as terras e costas. Ademais de esta colecci\u00f3n de mapas o Compendium Geographicum incl\u00fae un relato descritivo m\u00e1is amplo que as notas mencionadas e semellante, a\u00ednda que non id\u00e9ntico, ao documento conservado na Biblioteca Nacional. En un dos mapas que leva por titulo \u201cPrincipado de Asturias\u201d aparece reflectida a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d, as\u00ed como nos textos devanditos.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Un segundo ach\u00e1dego dos traballos de Teixeira, moito mais importante e extenso que o anterior, tivo lugar en decembro do 2000, por un grupo de investigadores espa\u00f1ois, na Biblioteca Nacional de Viena, onde estaba depositado. Leva por t\u00edtulo \u201cDescripci\u00f3n de Espa\u00f1a y de las costas y puertos de sus reinos\u201d e tratase de un c\u00f3dice que incl\u00fae unha descripci\u00f3n literaria similar \u00e1 xa co\u00f1ecida da Biblioteca Nacional Espa\u00f1ola, anque non id\u00e9ntica e 99 mapas da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, os reinos ou rexi\u00f3ns e unha serie de cartas ou debuxos de localidades, portos, r\u00edas etc. Segundo os expertos esta obra inaugura a cartograf\u00eda moderna no noso pa\u00eds. Este segundo ach\u00e1dego deu lugar \u00e1 publicaci\u00f3n de un tomo de gran calidade, con artigos de diversos autores( Ed. Nerea. San Sebasti\u00e1n, outubro, 2002).<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Recentemente tivemos novas dun novo ach\u00e1dego na Biblioteca Casanatense de Roma, de un documento que leva por t\u00edtulo: \u201cDescripci\u00f3n de la Costa de Espa\u00f1a hecha por (o lugar do autor queda en branco)\u201d. Segundo alg\u00fans autores este novo documento ser\u00eda unha reproduci\u00f3n dos anteriores.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Os traballos de Texeira non foron editados no seu tempo por considerarse materiais reservados ou segredos de interese estrat\u00e9xico, segundo alg\u00fans autores. Todos os ach\u00e1degos devanditos son reproduci\u00f3ns manuais.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; En todos os traballos de Teixeira, tanto nun mapa do Principado de Asturias como nas notas acompa\u00f1antes ou nos documentos literarios descritivos aparece recollida a expresi\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d, debendo suli\u00f1arse que en todo o seu percorrido s\u00f3 aparece a mesma f\u00f3rmula na \u201cR\u00eda de Santander\u201d e nas restantes r\u00edas galegas. Nos documentos devanditos non aparecen expresi\u00f3ns do tipo \u201cR\u00eda do (nome de un rio)\u201d ou f\u00f3rmulas que se presten a confusi\u00f3n.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pola outra banda, tendo en conta o m\u00e9todo de traballo (un aut\u00e9ntico \u201ctraballo de campo\u201d) e os contidos diversos dos relatos de este autor, que sobrepasan amplamente o que ser\u00eda unha sinxela carta xeogr\u00e1fica ou de navegaci\u00f3n, p\u00f3dese afirmar que Teixeira at\u00f3pase por primeira vez (quedar\u00eda a d\u00fabida de Santander) ca denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de unha vila ou cidade\u201d ao chegar a Ribadeo, e as\u00ed o rexistra citando despois \u00e1s restantes r\u00edas galegas (R\u00eda de Vigo, R\u00eda de Pontevedra, etc). Dos datos anteriores despr\u00e9ndese que a f\u00f3rmula \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d xa era a expresi\u00f3n utilizada naquela \u00e9poca entre os veci\u00f1os da comarca, o que concorda cos documentos presentados anteriormente.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>ACTAS NOTARIAIS RECOLLIDAS POR JOSE MARIA LOMBARDERO NOS ARQUIVOS HIST\u00d3RICOS PROVINCIAIS DE LUGO E OVIEDO (Datos in\u00e9ditos)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Este historiador revisou as actas de escribanos do Arquivo Hist\u00f3rico Provincial de Lugo dos s\u00e9culos XVI e XVII para un estudo sobre os movementos portuarios e comerciais na R\u00eda de Ribadeo (O Comercio Mar\u00edtimo da R\u00eda de Ribadeo nos s\u00e9culos XVI e XVII, ed. Lar 2018), atopando m\u00e1is de 700 documentos que conserva fotocopiados. De eles, en 115 manuscritos notariais aparece a expresi\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d ou \u201cR\u00eda y Puerto de Ribadeo\u201d. Tam\u00e9n en tres ocasi\u00f3n mencionase a \u201cr\u00eda\u201d sen especificar m\u00e1is detalles. En ning\u00fan caso se encontra a expresi\u00f3n \u201cR\u00eda del Eo\u201d ou f\u00f3rmula similar que se poda prestar a confusi\u00f3n. Cinco de estas actas corresponden ao s\u00e9culo XVI, a partir do 4 de agosto de 1586 (non se conservan anteriores) e as 110 restantes ao s\u00e9culo XVII.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Conv\u00e9n suli\u00f1ar que o traballo de este autor non estaba orientado a buscar este dato e que a maior\u00eda dos documentos son de lectura moi dif\u00edcil ou imposible, polo tanto \u00e9 probable que o n\u00famero real de citas da R\u00eda de Ribadeo sexa moito maior. Semella evidente que o uso da expresi\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d entre os escribanos de Castropol ou Ribadeo era o coti\u00e1n nos s\u00e9culos XVI e XVII.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Este autor tam\u00e9n ten revisando o Arquivo Hist\u00f3rico de Asturias para o estudo dos movementos portuarios de Navia e Luarca (ed. CICEE, Gij\u00f3n, 2021). Da devandita revisi\u00f3n ap\u00f3rtanos a instancia que Juan Alonso dirixe ao rei o ano 1696 da que extractamos o par\u00e1grafo seguinte:<\/p>\n<p>\u201c<em>\u2026 est\u00e1 pendiente de que S.M le honre en atenci\u00f3n a sus servicios y los que han hecho a su real corona sus ascendientes, con el t\u00edtulo de Marqu\u00e9s, y que asimismo de nuevo ha ofrecido a S.M. 3.000 carros de madera puestos a su costa en la lengua del agua de la Ria de Ribadeo en el Principado de Asturias\u2026<\/em>\u201d (AHA, C\/5753, 20-7-1696).<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Suli\u00f1emos que nesta revisi\u00f3n tampouco se atopou a expresi\u00f3n \u201cR\u00eda del Eo\u201d ou \u201cR\u00eda del Navia\u201d ou outras que se presten a confusi\u00f3n.<\/p>\n<p>II.- DOUS DOCUMENTOS ESPECIALMENTE SIGNIFICATIVOS DO S\u00c9CULO XXI<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; GONZALO ANES ALVAREZ DE CASTRILLON, nado en Trelles (Coa\u00f1a) no 1931. Economista e historiador, catedr\u00e1tico na Universidade de Santiago de Compostela e na Complutense de Madrid. Entre as numerosas actividades do seu curriculum suli\u00f1amos a de Director da Real Academia de la Historia. \u201cLa R\u00eda de Ribadeo\u201d artigo publicado no diario ABC o d\u00eda 27\/8\/2002, no que exp\u00f3n as bases hist\u00f3ricas e xeogr\u00e1ficas da denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; FRANCISCO QUIROS LINARES. CAMPO DEL TABLADO. Revista Asturgalaica de Cultura. n\u00ba 2, pax. 5, 2005. \u201cUN HITO CARTOGR\u00c1FICO DEL EO: EL MAPA DE PEDRO DE TEIXEIRA\u201d. Quir\u00f3s Linares foi unha autoridade indiscutible da xeograf\u00eda espa\u00f1ola, catedr\u00e1tico da Universidade de Oviedo e autor de numerosos traballos e publicaci\u00f3ns. No artigo citado resalta a importancia da obra de Teixeira e usa d\u00faas veces a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d.<\/p>\n<p>III.- LISTAXE DE MAPAS E CARTAS MARI\u00d1AS ONDE APARECE A DENOMINACI\u00d3N \u201cR\u00cdA DE RIBADEO\u201d<\/p>\n<p>ABREVIATURAS E FONTES:&nbsp;<\/p>\n<p>BN MAD Biblioteca Nacional Mapas antiguos digitalizados; BDM Biblioteca Digital Mundial; CHA: Cartograf\u00eda Hist\u00f3rica de Asturias. Juan Sevilla 2.008; CME: Cartograf\u00eda Militar de Espa\u00f1a; CP: Colecci\u00f3n particular; G BDG Galiciana Biblioteca Digital de Galicia; IGN: Instituto Geogr\u00e1fico Nacional; MN: Museo Naval; RBGP: Rede de Bibliotecas P\u00fablicas de Galicia.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; (Non se incl\u00faen as abreviaturas e fontes de documentos illados que aparecen reflectidas en cada un deles).<\/p>\n<p>RESULTADOS:<\/p>\n<p>1632 DESCRIPCI\u00d3N DE LA COSTA DEL PRINCIPADO DE ASTVRIAS. Pedro de Teixeira. COMPEMDIVM GEOGRAPHICVM. Ed. Ram\u00f3n Alvargonz\u00e1lez Rodr\u00edguez. Gij\u00f3n, 2001. Pags. 100-101, 103, 123, 141 (cita d\u00faas veces a R\u00eda de Rivadeo) e 142.(Incl\u00fae mapas e textos).<\/p>\n<p>1634 LA DESCRIPCI\u00d3N DE ESPA\u00d1A Y DE LAS COSTAS Y PUERTOS DE SUS REINOS. EL ATLAS DEL REY PLANETA. Pedro de Teixeira. ED. Nerea. San Sebasti\u00e1n 2002. Pax. 324 e n\u00ba 40 dos mapas (Mapa e texto).<\/p>\n<p>1776 MN Plano de la R\u00eda de Rivadeo. Escuela de Navegaci\u00f3n del Departamento de Ferrol. Luis Videgaray. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-7 2\u00aa<\/p>\n<p>1777 BN MAD (n\u00ba 6150) Mapa del Principado de Asturias al Seren\u00edsimo Sr. Don Carlos Antonio Pr\u00edncipe de Asturias por D. Tom\u00e1s L\u00f3pez.<\/p>\n<p>1787 MN R\u00eda de Rivadeo. Tomas Ramery. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-21.<\/p>\n<p>1787 MN Plano de la R\u00eda de Rivadeo, del Barquero, Bares, Cedeira y Vivero. Vicente Tofi\u00f1o de San Miguel. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-5.<\/p>\n<p>1788 MN Plano de la R\u00eda de Rivadeo. Miguel de la Fuente. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-37-3 5\u00aa.<\/p>\n<p>1788 MN R\u00eda de Ribadeo Tom\u00e1s Ramery. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-37-7<\/p>\n<p>1788 Plano de la R\u00eda de Ribadeo. Escola N\u00e1utica de Barcelona. Roquer, Josep. Museu Maritim de Barcelona.<\/p>\n<p>1789 CP Carta Esf\u00e9rica de la Costa de Galicia. D. Vicente Tofi\u00f1o de San Miguel.<\/p>\n<p>1798 BN MAD (n\u00ba 1072). Asturias Principatus. FRANZ LUDWIG G\u00dcSSEFELDT. Nuremberg. <\/p>\n<p>1810 BN MAD (n\u00ba 500). A New Map of Spain and Portugal compiled by Jasper Santial. London<\/p>\n<p>1811 BN MAD (n\u00ba 5991) Mapa de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>1812 BN MAD (n\u00ba 7052) New military Map of Spain and Portugal. Published by John Stockdale. London. <\/p>\n<p>1820 BN MAD (n\u00ba 2580) Carte Physique de l\u00b4Espagne et de Portugal. Par Bory de St Vicent.<\/p>\n<p>1835 MN Plano de la R\u00eda de Rivadeo. Miguel Antonio Blanco Ortigueira, Jos\u00e9 Antonio Villamil Saavedra y Miguel Peres Golfullo. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-8.<\/p>\n<p>1835 MN Plano de la R\u00eda de Rivadeo. Miguel Antonio Blanco Ortigueira y Jos\u00e9 Antonio Villamil Saavedra. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-37-1. <\/p>\n<p>1835 MN Plano del Puerto de Ribadeo en Galicia. Autor desconocido. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-30.<\/p>\n<p>1837 BN MAD (n\u00ba 6270) Mapa del Reino de Leon y del Principado de Asturias. Por A.H.DUFOUR. Par\u00eds. <\/p>\n<p>1838 CHA (pag.187) Mapa de las Provincias de Asturias, Le\u00f3n y Palencia del Guardia Nacional.<\/p>\n<p>1841 BN MAD (n\u00ba 6310) Mapa General de los Caminos de Espa\u00f1a y Portugal. Por A.H. DUFOUR. Par\u00eds.<\/p>\n<p>1842 BN MAD (n\u00ba 10408) Spanien u. Portugal. In VIER BL\u00c4TTERN.<\/p>\n<p>1843 CHA (pag 90) Mapa del Reyno de Leon y del Princip\u00e0do de Asturias. A.H. Dufour.<\/p>\n<p>1845 BN MAD (n\u00ba 2104) Carta Geom\u00e9trica de Galicia. Domingo Font\u00e1n.<\/p>\n<p>1847 CHA (pag.192) Provincia de Oviedo, antiguo Principado de Asturias. R. Alabern y E. Mabon.<\/p>\n<p>1847 BN MAD (n\u00ba 1968) Carta Esf\u00e9rica de la Costa de Galicia, desde la Punta Barroco hasta Cabo Tori\u00f1ana. D. Juan de Dios Sotelo. Gefe (sic) de Escuadra. Secretario de Estado y del Despacho de Marina.<\/p>\n<p>1850 BN MAD (n\u00ba 6324) Mapa General de Espa\u00f1a y Portugal. G.de Medrano. Francisco Nacente Editor.<\/p>\n<p>1852 BN MAD (n\u00ba 6003) Mapa de Espa\u00f1a y Portugal por D.Pedro Mart\u00edn de L\u00f3pez.<\/p>\n<p>1852. MN. Carta Plana del puerto de Ribadeo. Antonio Rafael Mart\u00ednez. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-37-2.<\/p>\n<p>1853 BN MAD (n\u00ba 9457) Provincia de Oviedo. Grabado por R. Mabern y E. Mabon.<\/p>\n<p>1855 BN MAD (n\u00ba 6528) Mapa Topogr\u00e1fico de la Provincia de Oviedo. Por D. Guillermo Schulz. Corregido con arreglo a los datos suministrados por la Diputaci\u00f3n Provincial.<\/p>\n<p>1856 MN Carta N\u00e1utica de la R\u00eda de Ribadeo. Antonio Miguel Blanco y Juan Tom\u00e1s Cucullu. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-2.<\/p>\n<p>1856 MN Plano Geom\u00e9trico de parte de la R\u00eda de Rivadeo. Juan Tom\u00e1s Cucullo.<\/p>\n<p>1857 CHA (pag.195) Mapa Geol\u00f3gico de la Provincia de Oviedo. Guillermo Schulz.<\/p>\n<p>1859 BN MAD (n\u00ba 3095) Colecci\u00f3n de Mapas Especiales de Espa\u00f1a. Divisi\u00f3n Moderna. Por D. Miguel Avellana.<\/p>\n<p>1860 BN MAD (n\u00ba 7592) Pen\u00ednsula Espa\u00f1ola. Francisco Coello.<\/p>\n<p>1860 MN Plano de la R\u00eda de Ribadeo. Felipe Santiago de Palacio.<\/p>\n<p>1860 MN Plano da R\u00eda de Ribadeo. Juan Tom\u00e1s Cucullu. Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-1.<\/p>\n<p>1861 BN MAD (n\u00ba 7593) Pen\u00ednsula Espa\u00f1ola. Francisco Coello.<\/p>\n<p>1862 BN MAD (n\u00ba 1466). Bosquejo Dasogr\u00e1fico de la Provincia de Oviedo. D. Francisco Garc\u00eda Martino.<\/p>\n<p>1863 BN MAD (n\u00ba 4216) Atlas de Espa\u00f1a y de sus Posesiones en Ultramar. D. Francisco Coello. <\/p>\n<p>1864 BN MAD (n\u00ba 5778) LUGO. Atlas de Espa\u00f1a. D. Francisco Coello.<\/p>\n<p>1866 CHA (pag.203) Provincia de OVIEDO. Asturias. A. Ronchi y Cia Editores.<\/p>\n<p>1868 BN MAD (n\u00ba 7714) Planos de los Puertos de Cedeira y de las R\u00edas de Vivero y Ribadeo. Tte. de Nav\u00edo D. Pedro Ruidavets. Direcci\u00f3n de Hidrograf\u00eda.<\/p>\n<p>1867 G BDG Provincia de Lugo F. Rubio y Cia. Ed.<\/p>\n<p>I870 BN MAD (n\u00ba 7406) Oviedo. Principado de Asturias, Por Francisco Coello.<\/p>\n<p>1870 BDM Provincia de Lugo. Francisco Boronat y Satorre.<\/p>\n<p>1872 BN MAD (n\u00ba 10407) Spanien und Portugal in IV BL\u00c4TTERN.<\/p>\n<p>1877 BN MAD (n\u00ba 4226) Espa\u00f1a y Portugal. Para uso de las escuelas. Por D. Jos\u00e9 P. Morales.<\/p>\n<p>1878 BN MAD (n\u00ba 6527) Mapa Topogr\u00e1fico de la Provincia de Oviedo. Por D. Guillermo Schulz.<\/p>\n<p>1879 BN MAD (n\u00ba 4224) Espa\u00f1a y Portugal por D. Francico Coello.<\/p>\n<p>1879 BN MAD (n\u00ba 6417) Mapa Geol\u00f3gico de Espa\u00f1a y Portugal. Don Federico Botella y de Hornos.<\/p>\n<p>1879 CHA (pag.117) Provincia de Oviedo. Francisco Boronat y Satorre.<\/p>\n<p>1880 BN MAD (n\u00ba 6333) Mapa general de Espa\u00f1a y Portugal y Principales Posesiones Espa\u00f1olas. D. Faustino Paluzie.<\/p>\n<p>1880 BN MAD (n\u00ba 4204) Espa\u00f1a Mapa General. Emilio Valverde. <\/p>\n<p>1880 BN MAD (n\u00ba 6069) Mapa de las aguas Minerales y termales de Espa\u00f1a y Portugal por el inspector general de Minas Excmo. Sr. D. Federico de Botella y de Hornos de la Real Academia de Ciencias.<\/p>\n<p>1880 BN MAD (n\u00ba 6304) Mapa General del Distrito Militar de Galicia. D. Emilio Valverde y Alvarez.<\/p>\n<p>1880 BN MAD (n\u00ba 9435) Atlas Geogr\u00e1fico Descriptivo de la Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. Provincia de Lugo. D. Emilio Valverde.<\/p>\n<p>1880 BN MAD (n\u00ba 9456) Atlas Geogr\u00e1fico Descriptivo de la Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. Provincia de Oviedo.<\/p>\n<p>1881 BN MAD (n\u00ba 6348) Mapa general de la pen\u00ednsula Ib\u00e9rica Islas Baleares y Canarias. D. Emilio Valverde y Alvarez.<\/p>\n<p>1881 Carta Geogr\u00e1fica Descriptiva de la Provincia de Lugo. D. Emilio Valverde. Ilustraci\u00f3n Gallega y Asturiana.<\/p>\n<p>1881 G BDG Principales Puertos de Asturias y Galicia. Ilustraci\u00f3n Gallega y Asturiana.<\/p>\n<p>1882 BN MAD (n\u00ba 3258) Costa Septentrional de Espa\u00f1a. R\u00eda de Ribadeo. Por el Teniente de Nav\u00edo don Pedro de Riudavets. Direcci\u00f3n de Hidrograf\u00eda.<\/p>\n<p>1883 BN MAD (n\u00ba 6335) Mapa general de Espa\u00f1a y Portugal y Principales Posesiones Espa\u00f1olas. D. Faustino Paluzie.<\/p>\n<p>1883 BN MAD (n\u00ba 6336) Mapa general de Espa\u00f1a y Portugal y Principales Posesiones Espa\u00f1olas. D. Faustino Paluzie.(Nota: Este mapa parece igual \u00f3 anterior, pero \u00e9 outra edici\u00f3n diferente, ver orixinal).<\/p>\n<p>1883 CHA (pag.211) Mapa industrial y comercial de la provincia de Asturias. Pedro Mil\u00e1. Lit. Pigrau.<\/p>\n<p>1884 BN MAD (n\u00ba 5990) Mapa de Espa\u00f1a. D. Carlos Ib\u00e1\u00f1ez. Reservas y Dep\u00f3sitos del Ej\u00e9rcito.<\/p>\n<p>1884 BN MAD (n\u00ba 6339) Mapa general de Espa\u00f1a y Portugal y Principales Posesiones Espa\u00f1olas. D. Faustino Paluzie.<\/p>\n<p>1885 BN MAD (n\u00ba 4203) Espa\u00f1a Mapa general. Emilio Valverde.<\/p>\n<p>1885 BN MAD (n\u00ba 6330) Mapa general de Espa\u00f1a y Portugal y Principales Posesiones Espa\u00f1olas. D. Faustino Paluzie.<\/p>\n<p>1885 BN MAD (n\u00ba 6420) Mapa Geol\u00f3gico e la Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. Dep\u00f3sito de la Guerra. D. Emilio Valverde y Alvarez.<\/p>\n<p>1886 BN MAD (n\u00ba 7231) Nuevo Mapa de Espa\u00f1a y Portugal y de sus colonias. J.Dosseray. Bruselas.<\/p>\n<p>1886 Mapa del Antiguo Reino de Galicia y Principado de Asturias. En Guia del Antiguo Reino de Galicia y Principado de Asturias. Emilio Valverde y Alvarez.<\/p>\n<p>1888 BN MAD (n\u00ba 6442) Mapa Hipsom\u00e9trico de Espa\u00f1a y Portugal. D. Federico Botella y Hornos.<\/p>\n<p>1888 BN MAD (n\u00ba 7230) Nuevo Mapa de Espa\u00f1a y Portugal y de sus colonias. J.Dosseray. Bruselas.<\/p>\n<p>1889 BN MAD (n\u00ba 6413) Mapa Geol\u00f3gico de Espa\u00f1a. Excmo. Sr. D. Manuel Fern\u00e1ndez de Castro.<\/p>\n<p>1889 BN MAD (n\u00ba 6331) Mapa general de Espa\u00f1a y Portugal y Principales Posesiones Espa\u00f1olas. D. Faustino Paluzie.<\/p>\n<p>1889 CP Puerto de Ribadeo. Sociedad Minera de Villaodrid.<\/p>\n<p>1890 BN MAD (n\u00ba 6332) Mapa general de Espa\u00f1a y Portugal y Principales Posesiones Espa\u00f1olas. D. Faustino Paluzie.<\/p>\n<p>1891 BN MAD (n\u00ba 4223) Espa\u00f1a y Portugal por El\u00edas Zerolo. Garnier Hermanos. Paris.<\/p>\n<p>1891 BN MAD (n\u00ba 6296) Mapa Estad\u00edstico Minero de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>1892 BN MAD (n\u00ba 6297) Mapa Estad\u00edstico Minero de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>1896 BN MAD (n\u00ba 3268) Costa Septentrional de Espa\u00f1a. Desde el Puerto de Vega hasta el Cabo Tori\u00f1ana. Dep\u00f3sito Hidrogr\u00e1fico.<\/p>\n<p>1898 BN MAD (n\u00ba 2055) Carta General de la Costa Septentrional de Espa\u00f1a. Desde Cabo Ortegal hasta el rio Adour. Dep\u00f3sito Hidrogr\u00e1fico. <\/p>\n<p>1898 BN MAD (n\u00ba 6340) Mapa general de Espa\u00f1a y Portugal. Por Jos\u00e9 Paluzie Lucena.<\/p>\n<p>1898 CHA (pag.213) Provincia de Oviedo. Direcci\u00f3n General de Obras P\u00fablicas.<\/p>\n<p>1900 BN MAD (n\u00ba 9434) Provincia de Lugo. Direcci\u00f3n General de Obras P\u00fablicas.<\/p>\n<p>1900 BN MAD (n\u00ba 9455) Provincia de Oviedo. Direcci\u00f3n General de Obras P\u00fablicas.<\/p>\n<p>1901 CHA (pag.215) Oviedo. Benito Chias Carb\u00f3.<\/p>\n<p>1904 CHA (pag.115) Ferrocarril de Los Cabos (Pravia) a Ferrol. D. Reinoso. Tipolitograf\u00eda J. Palacios. Madrid.<\/p>\n<p>1905 BN MAD (n\u00ba 6038) Mapa de Galicia. Nueva Historia y Monograf\u00edas Geogr\u00e1ficas de las Provincias de Espa\u00f1a. A. P\u00e9rez Asensio Pizarro.<\/p>\n<p>1909 CP Mapa General de Espa\u00f1a y Portugal y excolonias espa\u00f1olas. Jos\u00e9 Paluci\u00e9 Lucena.<\/p>\n<p>1910 BN MAD (n\u00ba 3485) C\u00f4te Ouest de France et C\u00f4te Nord d\u00b4Espagne. France Service hydrografique et oc\u00e9anografique de la marine.<\/p>\n<p>1914 BN MAD (n\u00ba 3486) C\u00f4te Ouest de France et C\u00f4te Nord d\u00b4Espagne. France Service hydrografique et oc\u00e9anografique de la marine.<\/p>\n<p>1915 CP Provincia de Oviedo Ed. Mart\u00edn. Barcelona.<\/p>\n<p>1917 BN MAD (n\u00ba 5779) Atlas Enciclop\u00e9dico de Espa\u00f1a. Lugo. CASA EDITORIAL CALLEJA.<\/p>\n<p>1920 CHA (pag.219) Asturias, Lugo. CUERPO DE ESTADO MAYOR DEL EJ\u00c9RCITO.<\/p>\n<p>1920 RBPG Plano de la R\u00eda de Ribadeo. J. Cadenet, L.Galv\u00e1n y J.Becerril. Secci\u00f3n de Hidrograf\u00eda. Madrid.<\/p>\n<p>1927 BN MAD (n\u00ba 5967) Mapa de Asturias por Guillermo Schulz.<\/p>\n<p>1928 CP Plano de la Villa de Ribadeo. Editorial A. Mart\u00edn. Barcelona.<\/p>\n<p>1944 BN MAD (n\u00ba 9773) Ribadeo. Serie 1:50.000. Direcci\u00f3n General del Instituto Geogr\u00e1fico Catastral.<\/p>\n<p>1945 BN MAD (n\u00ba 11064) Vegadeo. Direcci\u00f3n General del Instituto Geogr\u00e1fico y Catastral.<\/p>\n<p>1957 CP Carta N\u00e1utica de la R\u00eda de Ribadeo. Benito Garc\u00eda Espina.<\/p>\n<p>1959 CME. Plano Director Ribadeo.<\/p>\n<p>1964 Army Map Service. US Army.<\/p>\n<p>1968 CP Provincia de Oviedo. Diputaci\u00f3n de Asturias.<\/p>\n<p>1983 IGN. Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica Baleares y Canarias. Instituto Geogr\u00e1fico Nacional.<\/p>\n<p>1985 Carta N\u00e1utica Ria de Ribadeo. Instituto Hidrogr\u00e1fico de la Marina.<\/p>\n<p>1986 Principado de Asturias. Caja de Ahorros de Asturias.<\/p>\n<p>1988 Comarcas de Galicia. Conseller\u00eda de Presidencia. Xunta de Galicia.<\/p>\n<p>1988 IGN. Serie 1:200.000 Mapa Provincial de Asturias. D.G. del Instituto Geogr\u00e1fico Nacional.<\/p>\n<p>1989 CME. Vegadeo. Cartograf\u00eda Militar de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>1990 IGN. Serie 1:25.000 Vegadeo. D.G. del IGN.<\/p>\n<p>1990 IGN. Serie 1:25.000 Ribadeo. D.G. del IGN.<\/p>\n<p>1992 Mapa de Carreteras. Principado de Asturias. Consejer\u00eda de Industria, Turismo y Empleo. Oviedo.<\/p>\n<p>1993 Gij\u00f3n to Punta Candelar\u00eda. Spain North Coast. Almirantazgo Brit\u00e1nico.<\/p>\n<p>1993 Ports of the North. Coast of Spain. Amirantazgo Brit\u00e1nico.<\/p>\n<p>1993 Carta N\u00e1utica R\u00eda de Ribadeo. Instituto Hidrogr\u00e1fico de la Marina.<\/p>\n<p>1994 CME. Ribadeo. Cartograf\u00eda Militar de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>1998 Carta N\u00e1utica R\u00eda de Ribadeo. Instituto Geogr\u00e1fico de la Marina.<\/p>\n<p>1999 IGN. Mapa Topogr\u00e1fico Nacional. D.G. del IGN. 1:25.000. (Neste mapa aparece a dobre denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d e \u201cR\u00eda del Eo\u201d).<\/p>\n<p>2002 IGN. Lugo Mapa Provincial. D.G. del IGN.<\/p>\n<p>2004 IGN. Galicia Mapa Auton\u00f3mico. D.G. del IGN.<\/p>\n<p>2004 IGN. Asturias Mapa Auton\u00f3mico. D.G. del IGN.<\/p>\n<p>2004 IGN. Serie 1:25.000 Ribadeo. D.G. del IGN.<\/p>\n<p>2006 Carta N\u00e1utica Puerto de Ribadeo. Instituto Hidrogr\u00e1fico de la Marina.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>INFORME SOBRE DOCUMENTOS E MAPAS ONDE APARECE REFLECTIDA A DENOMINACI\u00d3N RIA DE RIBADEO INTRODUCI\u00d3N &nbsp;&nbsp;&nbsp; O presente informe consta de tres apartados. No primeiro ap\u00f3rtanse unha serie de documentos dos s\u00e9culos XVI e XVII onde aparece a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d ou a mesma f\u00f3rmula aplicada a outras r\u00edas galegas. No segundo incl\u00faense dous materiais [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,56],"class_list":["post-3909","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3909","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3909"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3909\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3909"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3909"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3909"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}