{"id":3893,"date":"2021-09-12T11:55:00","date_gmt":"2021-09-12T09:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T17:06:23","modified_gmt":"2024-10-25T15:06:23","slug":"a-princesa-leonor-chegou-gales","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/09\/12\/a-princesa-leonor-chegou-gales\/","title":{"rendered":"A princesa Leonor chegou a Gales"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p align=\"center\">A princesa Leonor chegou a Gales<\/p>\n<p align=\"justify\">Para quen non estivera \u00f3 tanto, no reino de Espa\u00f1a hai unha<br \/>\nprincesa que se chama Leonor. A lei s\u00e1lica impedir\u00edalle chegar \u00f3<br \/>\ntrono, pero iso, a\u00ednda de non mediar outras circunstancias, como a lei semis\u00e1lica vixente, estar\u00eda<br \/>\npor ver, que unha dinast\u00eda moderna como a que nos ocupa pode<br \/>\nmodernizar as leis que se ocupan dela. \u00d3 seu antollo? Ben, non<br \/>\nexactamente, ou, segundo como se mire, si, sen ser exactamente.<\/p>\n<p align=\"justify\">Como \u00edamos dicindo no t\u00edtulo, si, hai uns d\u00edas a prensa difundiu<br \/>\nun paso m\u00e1is na formaci\u00f3n real Real. En dura pugna con milleiros de<br \/>\ncentros espa\u00f1ois, venceu un forasteiro, de Gales. Debe ser un bo<br \/>\ncentro educativo, ise \u00f3 que vai ir Leonor. Pero, sobre todo, nas<br \/>\nconsideraci\u00f3ns que se ter\u00edan en conta para a elecci\u00f3n, seguro que<br \/>\ntiveron importancia criterios, cham\u00e9moslles \u2018extraacad\u00e9micos\u2019.<br \/>\nCousas como que o centro fora privado, caro, elitista: un lugar no<br \/>\nque Leonor poda darlle co c\u00f3bado literal e figuradamente a outros<br \/>\nfuturos amos do mundo. E claro, iso non vai co p\u00fablico, destinado \u00f3s<br \/>\ns\u00fabditos deses amos, por moito que as elites \u00e1s veces admitan e<br \/>\nmesmo fomenten neses establecementos para poucos unha pequena cota de<br \/>\ns\u00fabditos.<\/p>\n<p align=\"justify\">Menos vai a\u00ednda cun centro p\u00fablico, como pode ser o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=IES+de+Ribadeo+Dionisio+Gamallo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">IES de Ribadeo Dionisio Gamallo<\/a>, na periferia da periferia por bon que sexa, e menos<br \/>\na\u00ednda no tam\u00e9n ribadense <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Porta%20da%20Auga\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Porta da Auga<\/a>, con formaci\u00f3n profesional.<br \/>\nPara que querer\u00eda unha princesa tal cousa? Por certo, pode dicirse<br \/>\nque eles est\u00e1n entre os que perderon a elecci\u00f3n, a\u00ednda que non<br \/>\nsaia as\u00ed plasmado nos pudorosos papeis de propaganda, que abondo<br \/>\nte\u00f1en con emotivos titulares tipo \u2018emotivo adeus no aeroporto\u2019.<\/p>\n<p align=\"justify\">Tam\u00e9n ter\u00e1n en consideraci\u00f3n que o centro fose estranxeiro: Leonor<br \/>\nten que ser global, saberse mover por todo o mundo, non local e<br \/>\nprovinciana, que xa se sabe: os de provincias somos&#8230; de<br \/>\nprovincias!. Doutro xeito, poder\u00eda mesmo collerlle cari\u00f1o \u00f3 que<br \/>\neste estado administra, e iso \u00e9 un perigoso precedente para ter<br \/>\nobxectividade na toma de decisi\u00f3ns. O administrado \u00e9 administrado,<br \/>\ne non se debe confundir co que \u00e9 unha propiedade: hai que corrixir<br \/>\nerros de familia. Outra cousa \u00e9 que o que \u00e9 administrado se<br \/>\nempregue para conseguir m\u00e1is (cartos ou o que sexa). \u00c9 algo que ten<br \/>\nque quedar claro. Volvendo \u00f3 comezo do par\u00e1grafo, aqu\u00ed apl\u00edcase<br \/>\nde xeito importante o de \u2018pensa globalmente, act\u00faa localmente\u2019,<br \/>\npero \u00e1 inversa: pensa para ti, act\u00faa ao grande!<\/p>\n<p align=\"justify\">Por certo, moi emotiva, si, e sinxela esa despedida fotografada e<br \/>\nfilmada no aeroporto, e difundida polos difusores de quenda cuns<br \/>\ntam\u00e9n sinxelos pais-reis e m\u00e1is sinxela a\u00ednda filla-princesa, que<br \/>\nhai que dar imaxe, como calquera dos milleiros de novos emigrantes.<br \/>\nQue non \u00e9 emigrante? E que?<\/p>\n<p align=\"justify\">A vida segue. Agora, a esperar que volva polo Nadal, que para non<br \/>\nvolver xa est\u00e1 o seu av\u00f3, ou o tatarav\u00f3&#8230; encher\u00edanse xa as<br \/>\nprazas destinadas a iso na familia?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; A princesa Leonor chegou a Gales Para quen non estivera \u00f3 tanto, no reino de Espa\u00f1a hai unha princesa que se chama Leonor. A lei s\u00e1lica impedir\u00edalle chegar \u00f3 trono, pero iso, a\u00ednda de non mediar outras circunstancias, como a lei semis\u00e1lica vixente, estar\u00eda por ver, que unha dinast\u00eda moderna como a que nos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-3893","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3893","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3893"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3893\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3893"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3893"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3893"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}