{"id":3872,"date":"2021-09-21T15:07:00","date_gmt":"2021-09-21T13:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T17:05:52","modified_gmt":"2024-10-25T15:05:52","slug":"demografia-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/09\/21\/demografia-ribadeo\/","title":{"rendered":"Demograf\u00eda: Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Hai alg\u00fan tempo que ve\u00f1o seguindo as <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/poboaci%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">variaci\u00f3ns da poboaci\u00f3n<\/a> nalg\u00fans lugares, particularmente, Ribadeo.<br \/>\n En pouco tempo estar\u00e1n dispo\u00f1ibles na rede os datos censais do 2021,<br \/>\npois fanse cada 10 anos. Por outras estat\u00edsticas, o total do censo para<br \/>\nesta volta ha andar arredor dos 10 000 habitantes ou pouqui\u00f1o m\u00e1is, quedando de novo lixeiramente por baixo de Foz, con cifras semellantes estes \u00faltimos anos. Como se<br \/>\n ve en baixo, en li\u00f1a cos datos anteriores&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Recollo os <a href=\"http:\/\/www.ige.eu\/igebdt\/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&amp;B=1&amp;M=&amp;COD=142&amp;R=9915[27065];2[1:2:3:4:5:6:7:8:9:10:11:12:13:14:15:16:17:18:19]&amp;C=0[all];1[0]&amp;F=&amp;S=&amp;SCF=\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">datos do instituto galego de estat\u00edstica correspondentes \u00f3 censo do concello ribadense<\/a> e deixo varios grupos en t\u00e1boas e gr\u00e1ficas, que se poden ampliar n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/poboaci%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">outras entradas publicadas<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O primeiro, presentaci\u00f3n da t\u00e1boa por grupos de idade dos censos de 1991, 2001 e 2011:<\/p>\n<\/p>\n<p>Censo de Poboaci\u00f3n de Ribadeo segundo sexo e grupos quinquenais de idade<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/t25C325A1boapoboaci25C325B3ncensoRibadeo.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"764\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/t25C325A1boapoboaci25C325B3ncensoRibadeo.jpg\" class=\"wp-image-3873\" width=\"635\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;<br \/>\n P\u00f3dese aprezar o ascenso continuado dos totais, cun tir\u00f3n nos anos 2000, que volve a ralentizar &#8211; practicamente, a anularse &#8211; en datos posteriores, dos anos 2010, non recollidos na t\u00e1boa. Nos anos 1990 a poboaci\u00f3n aumentou un pouco m\u00e1is do 1 %, nos 2000, un 10 %, e nos 2010 (repito, non recollidos na t\u00e1boa), pr\u00e1cticamente mantense en plano, sen aumento, a\u00ednda que \u00e9 de esperar que o censo de algo por riba dos 10 000 habitantes en 2021.<br \/>\nAdemais, po\u00f1endo un pouco de atenci\u00f3n, poden notarse outras cousas, como<br \/>\n que a poboaci\u00f3n vai envellecendo (os grupos m\u00e1is numerosos cada vez<br \/>\nte\u00f1en m\u00e1is idade, e os grupos m\u00e1is novos son menos numerosos), ou<br \/>\n mesmo que se alg\u00fan grupo aumenta en n\u00famero \u00f3 ir avanzando o tempo e<br \/>\npolo tanto a idade dos seus compo\u00f1entes, \u00e9 porque houbo inmigraci\u00f3n, tirando cara arriba do total no conxunto deste s\u00e9culo:<br \/>\nas\u00ed, o grupo de 35 a 39 anos no 2011 ten 812 persoas, mentres 20 anos antes o grupo correspondente, que ent\u00f3n ti\u00f1a entre 15 e 19 anos, ti\u00f1a s\u00f3 602 persoas. \u00c9 evidente que ningu\u00e9n nace con 20 ou 30 anos&#8230; Estas cousas quiz\u00e1is se poden ver mellor de<br \/>\nxeito gr\u00e1fico:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/gr25C325A1ficapoboaci25C325B3ncensoRibadeo.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"475\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/gr25C325A1ficapoboaci25C325B3ncensoRibadeo.jpg\" class=\"wp-image-3874\" width=\"653\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;<br \/>\n O gr\u00e1fico anterior, representando as tres series da t\u00e1boa, amosa de<br \/>\nxeito claro o desprazamento da xente en idade dunha a outra serie. Para<br \/>\nexplicalo mellor, na gr\u00e1fica seguinte apuntei varias cousas:<\/p>\n<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/gr25C325A1ficapoboaci25C325B3ncensoRibadeomais.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"467\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/gr25C325A1ficapoboaci25C325B3ncensoRibadeomais.jpg\" class=\"wp-image-3875\" width=\"642\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A:&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Na d\u00e9cada antes da guerra civil marcouse un m\u00e1ximo de nacementos e mellora nas condici\u00f3ns de vida, co que esa &#8216;cohorte de idade&#8217; segue sendo abundante, a\u00ednda que, \u00f3 facerse maior, dexa sentir a cada vez m\u00e1is forte influencia de mortandade. O m\u00e1ximo de 1220 persoas de entre 55 e 64 anos no 1991 pasa a 1206 de idades entre 65 e 74 anos dez anos despois, e a 989 de entre 75 e 84 anos en 2011. N\u00f3tase un retorno de persoas maiores na d\u00e9cada dos 90, pois a poboaci\u00f3n que no 91 ti\u00f1a entre 55 e 59 anos vese superada pola que no 2001 ti\u00f1a entre 65 e 69 anos dez anos despois, a pesar de ser un grupo de idade xa con mortandade relevante.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; B:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Os grupos entre os 10 e os 34 anos no 1991 son abondo homox\u00e9neos en n\u00fameros, cun total de 3024 persoas. Dez anos despois, os grupos entre 20 e 44 anos suben a un total de 3287 persoas, e dez anos m\u00e1is tarde, entre 30 e 54 anos temos 3782 persoas. \u00c9 evidente que nese grupo houbo unha inmigraci\u00f3n neta de m\u00e1is de 700 persoas, sobre todo na primeira d\u00e9cada deste s\u00e9culo. Sobre todo, na zona dos 30 anos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Esa inmigraci\u00f3n n\u00f3tase tam\u00e9n en idades superiores, colmando o descenso de natalidade na guerra civil e posterior que se notaba como un val na gr\u00e1fica correspondente \u00f3 censo de 1991 para os grupos entre 35 e 54 anos daquela. \u00c9 curioso que nos censos non semella ter habido en Ribadeo un &#8216;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Explosi%C3%B3n_de_natalidad\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">baby boom<\/a>&#8216; como noutros lugares (ver o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/09\/demografia-vilalba.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">caso de Vilalba<\/a>); se o houbo, no 1991 xa quedara enmascarado por outros feitos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; C:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O m\u00ednimo de nacementos rexistrado a finais dos 80 trasl\u00e1dase no tempo marcando un m\u00ednimo, que se ve s\u00f3 lixeiramente superado en anos posteriores, a pesar de que a cantidade de xente en idades t\u00edpicas de reproduci\u00f3n aumentou abondo nesas datas. Parece evidente que o novo censo de 2021 presente outra ca\u00edda do n\u00famero de nacementos por ca\u00edda non das porcentaxes de nacementos por muller en idade f\u00e9rtil, sen\u00f3n pola do n\u00famero de mulleres nesas idades.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; D:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O n\u00famero de xente de m\u00e1is de 75 anos aumentou de censo en censo en todos os grupos quinquenais, traducindo de xeito visible o aumento da idade media da poboaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Conllendo o conxunto, se extrapolamos os aproximadamente 80 nacementos anuais dos anos 2006-2010, para obter un n\u00famero de nacementos igual \u00e1 poboaci\u00f3n de Ribadeo, 10000 persoas en n\u00fameros redondos, necesitar\u00edamos 125 anos. \u00c9 dicir, de non cambiar a tendencia a poboaci\u00f3n de Ribadeo diminuir\u00eda rapidamente a non ser un importante aporte da inmigraci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por \u00faltimo, collamos os mesmos datos representados doutro xeito, de forma acumulativa:<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/gr25C325A1ficapoboaci25C325B3ncensoRibadeo2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"369\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/09\/gr25C325A1ficapoboaci25C325B3ncensoRibadeo2.jpg\" class=\"wp-image-3876\" width=\"563\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Vemos nesta gr\u00e1fica que a curva cada vez \u00e9 m\u00e1is inclinada nos sucesivos censos, e non s\u00f3 porque aumente a poboaci\u00f3n total, sen\u00f3n sobre todo porque a poboaci\u00f3n tende a concentrarse en idades m\u00e1is avanzadas, tendo a curva cada vez menos inclinac\u00f3n e sendo m\u00e1is baixa en idades temper\u00e1s.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; De calquera xeito, o perfil a\u00ednda \u00e9 abondo diferente doutros lugares que te\u00f1en o que se chama problema demogr\u00e1fico m\u00e1is acusado, como o caso de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/09\/demografia-vilalba.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Vilalba, co que se pode comparar<\/a>.<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Hai alg\u00fan tempo que ve\u00f1o seguindo as variaci\u00f3ns da poboaci\u00f3n nalg\u00fans lugares, particularmente, Ribadeo. En pouco tempo estar\u00e1n dispo\u00f1ibles na rede os datos censais do 2021, pois fanse cada 10 anos. Por outras estat\u00edsticas, o total do censo para esta volta ha andar arredor dos 10 000 habitantes ou pouqui\u00f1o m\u00e1is, quedando de novo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3873,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[67,86],"class_list":["post-3872","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-estatisticas","tag-poboacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3872","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3872"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3872\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3873"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3872"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3872"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3872"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}