{"id":3848,"date":"2021-09-27T13:38:00","date_gmt":"2021-09-27T11:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:54:10","modified_gmt":"2024-10-25T14:54:10","slug":"esquecidos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/09\/27\/esquecidos\/","title":{"rendered":"Esquecidos"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Rematou a vida laboral. \u00c1s veces, logo parece a partir de a\u00ed que atan os cans con longanizas para os <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=xubilados\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">xubilados<\/a>. E polo tanto, que son esquecibles cando non son envexados. O certo \u00e9 que son esquecidos. Logo non considerados.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pode permitirse a sociedade non considerar parte do seu corpo? Contradici\u00f3ns que non son m\u00e1is que aparentes, vindo moitas veces do desco\u00f1ecemento, outras da desconsideraci\u00f3n, os xubilados son vistos como xente sen cargas, que pode voar libre, sen considerar o seu pasado e menos o seu futuro, que se ve asegurado. \u00c9 dicir, por unha banda quedan como deshumanizados, nun aparte das persoas que te\u00f1en que procurar o seu sustento, e por outra, privilexiados sen dereito. S\u00f3 as\u00ed, mirando un pouco m\u00e1is al\u00f3, se pode explicar que, despois de levar xa ben m\u00e1is de tres anos de concentraci\u00f3ns e manifestaci\u00f3ns continuadas, a sociedade siga ignorando o feito da mobilizaci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/pensi%C3%B3ns\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">pensionistas<\/a> e se produzan titulares como &#8216;Los jubilados saldr\u00e1n a la calle para protestar contra la reforma de las pensiones&#8217; (nun diario o 26 de setembro) como se fose a primeira vez que o fan. Que despois do titular, no corpo da nova faga unha precisi\u00f3n cun &#8216;volver\u00e1n a movilizarse&#8217;, como se tiveran deixado de facelo, non mellora as cousas; m\u00e1is ben afasta a verdade do papel. Peor a\u00ednda, que despois de que se leve repetindo a consigna &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=goberne+quen+goberne%2C+as+pensi%C3%B3ns+def%C3%A9ndense\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">goberne quen goberne, as pensi\u00f3ns def\u00e9ndense<\/a>&#8216;, se pase sen mirar pola orixe da protesta e se centre como pedra arreboladiza contra o goberno actual parece que trate de ali\u00f1ar \u00f3 colectivo no bloque antigobernamental. En calquera caso, indica un desco\u00f1ecemento inducido.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por certo, e facendo un inciso, falo todo o tempo de &#8216;xubilados&#8217;, \u00f3 f\u00edo da nova que remato de citar, mais o colectivo \u00e9 o de pensionistas, m\u00e1is amplo pero abranguendo un grupo que a sociedade considera con caracter\u00edsticas semellantes.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Volvendo \u00f3 tema, os anos pasan e o colectivo segue esquecido e vulnerable. Igual que se esquecen as cousas vellas que xa non se usan. E \u00e9 que o &#8216;uso&#8217; dos xubilados era para o traballo. Unha vez que deixan de traballar dentro do sistema econ\u00f3mico, adeus, xa non son usables e parece que non producen beneficios e polo tanto, non te\u00f1en dereito m\u00e1is que \u00e1 misericorda. Dir\u00edase que nada m\u00e1is falto de verdade, dende o dereito \u00f3 descanso despois do traballo (si, como o descanso da fin de semana ou as vacaci\u00f3ns) a toda unha serie de servizos que ofrecen por estar a\u00ed. Dende o estendido coidado dos netos ata a transmisi\u00f3n de saber non regulado ou este mesmo escrito, feito por un xubilado e que forman parte dunha contribuci\u00f3n \u00e1 sociedade m\u00e1is al\u00f3 da remuneraci\u00f3n salarial. E iso, obviando outros usos que a sociedade fai, do colch\u00f3n e aguante de moitas familias a outros menos evidentes. Ou non se escoitaron voces de protesta polo retardo da posta en marcha das viaxes do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Imserso\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Imserso<\/a> e semellantes? E non foron os xubilados os que protestaron, sen\u00f3n os hostaleiros que se beneficiaban do programa: os xubilados, nesa protesta, eran meros veh\u00edculos de transporte de cartos con destino \u00e1 industria hostaleira privada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Coa consideraci\u00f3n de &#8216;quen protesta&#8217;, chegamos a un punto no que hai que dicir claro que as protestas poden verse como minoritarias. Como case t\u00f3dalas protestas. En Ribadeo, as concentraci\u00f3ns dos primeiros s\u00e1bados de mes, que xan van cami\u00f1o das 50, te\u00f1en unha participaci\u00f3n que en ning\u00fan caso chegou \u00f3 10 % dos afectados no concello. Mais esas cifras son algo normal, a non ser en casos de colectivos moi integrados, concienciados e necesitados dunha intervenci\u00f3n urxente. Pola contra, neste caso as diferenzas de todo tipo no interior do colectivo son patentes (a\u00ednda que \u00e1s veces non sexan percibidas dende o exterior); a concienciaci\u00f3n \u00e9 moi variable, dependendo non s\u00f3 da historia persoal de cadaqu\u00e9n, sen\u00f3n tam\u00e9n da situaci\u00f3n socioecon\u00f3mica; e a urxencia, trat\u00e1ndose de algo que afecta \u00f3 resto da vida de cada un, non se ve en xeral como tal, sen\u00f3n difuminada por actuaci\u00f3ns alleas \u00f3 longo de todo ese per\u00edodo que non se sabe cando durar\u00e1 para cada unha das persoas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Quen se manifesta sabe que non o est\u00e1 a facer s\u00f3 por si; mesmo moitas veces \u00e9 sobre todo, polos demais. E iso fai que a protesta non aminore e que se prologue no tempo. A m\u00e1is, est\u00e1 protestando unha xeneraci\u00f3n que tivo que bregar duro por conseguir o que agora todos desfrutamos. Esa xeraci\u00f3n seguir\u00e1 a lembrar \u00f3 resto que existe, que non pode ser esquecida sen m\u00e1is.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Rematou a vida laboral. \u00c1s veces, logo parece a partir de a\u00ed que atan os cans con longanizas para os xubilados. E polo tanto, que son esquecibles cando non son envexados. O certo \u00e9 que son esquecidos. Logo non considerados. &nbsp;&nbsp; Pode permitirse a sociedade non considerar parte do seu corpo? Contradici\u00f3ns que non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,22],"class_list":["post-3848","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-pensions"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3848","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3848"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3848\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3848"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3848"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3848"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}