{"id":3811,"date":"2021-10-07T14:02:00","date_gmt":"2021-10-07T12:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:52:55","modified_gmt":"2024-10-25T14:52:55","slug":"martes-5-de-outubro-tocou-pleno-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/10\/07\/martes-5-de-outubro-tocou-pleno-en\/","title":{"rendered":"Martes 5 de outubro tocou pleno en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; O pasado d\u00eda 2 de outubro unha nota da alcald\u00eda dabe a nova da convocatoria dun pleno para martes 5. Non aparec\u00eda a orde do d\u00eda, nin nas novas nin na sede electr\u00f3nica, o outro lugar onde pode aparecer (na \u00faltima tempada, con m\u00e1is probabilidade). O que si, case seguro que por algures no taboeiro e anuncios do concello, entre os papeis detr\u00e1s ou diante do vidro da vitrina, estar\u00e1 unha copia da convocatoria. A falta de consultala e de asistir \u00f3 pleno, deixo as notas de prensa (despois) e alg\u00fan comentario (antes).<\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp; O primeiro, foi un pleno ordinario. Creo lembrar que hai tempo se estableceu que haber\u00eda un cada dous meses. Ter\u00eda tocado en setembro, pero estimo que est\u00e1 dentro do prazo imestral a\u00ednda que non sexa o acostumado o facelo a comezos de outubro. Na nota a posteriori, vemos que tam\u00e9n houbo un pleno extraordinario a petici\u00f3n do PP.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Vaise pedir o &#8216;<a href=\"http:\/\/igvs.xunta.gal\/web\/actuamos\/rexurbe\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Plan Rexurbe<\/a>&#8216;. \u00c9 dicir, subvenci\u00f3ns da Xunta. Se se mira na ligaz\u00f3n que puxen verase que \u00e9 unha ampliaci\u00f3n do programa que xa hai nalgunhas vilas. Desco\u00f1ezo se a petici\u00f3n vai xa acompa\u00f1ada de actuaci\u00f3ns concretas (como as anunciadas de Cabanela ou na Virxe do Cami\u00f1o) ou non. Relacionado, tam\u00e9n se tratou da ampliaci\u00f3n (en tempo de disposici\u00f3n) do ARI para poder dispo\u00f1er dos cartos non gastados a\u00ednda. Administraci\u00f3n con administraci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A\u00ednda que pareza f\u00f3ra de tempo a petici\u00f3n do mantemento da ESA (ESO de adultos) no <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=IES+de+Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">IES de Ribadeo Dionisio Gamallo<\/a> (cousa que <a href=\"https:\/\/www.edu.xunta.gal\/centros\/iesribadeo\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">non aparece na s\u00faa web<\/a>, a pesar do cartel\u00f3n da entrada \u00f3 patio do IES), non o \u00e9. A Xunta dixo de suprimila, \u00f3 final non se suprime pero queda tocada, e tr\u00e1tase de que non perigue a s\u00faa continuidade no tempo futuro, o que, pese \u00f3 mantemento desas ensinanzas en Ribadeo polo momento, ser\u00eda o paso seguinte de continuar as condici\u00f3ns actuais. Administraci\u00f3n contra administraci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E tam\u00e9n, da votaci\u00f3n dunha moci\u00f3n, coordinada cos outros concellos mari\u00f1\u00e1ns, en pro do mantemento de Vestas en Viveiro. Administraci\u00f3n con empregados do sector privado.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No pleno ordinario, unanimidade nas votaci\u00f3ns. De calquera xeito, a segunda nota est\u00e1 redactada de xeito que podamos seguir escoitando dalg\u00fan tema varias veces a\u00ednda, a m\u00e1is da nota de convocatoria e a nota de resume que deixo abaixo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Na nota de prensa de onte, a segunda, en relaci\u00f3n a <a href=\"https:\/\/www.vestas.com\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Vestas<\/a> (mala entrada que na s\u00faa web xeral non te\u00f1an cabida nin o castel\u00e1n nin o galego, e si outras linguas como o polaco), p\u00eddesea actuaci\u00f3n, dentro do sistema, doutras administraci\u00f3ns, pero queda f\u00f3ra do alcance a petici\u00f3n de cambio de sistema. M\u00e1is a\u00ednda, deste xeito, est\u00e1 a usarse e fortalecer o mesmo sistema xeral que se tratar\u00eda de atacar por nefasto. \u00c9 comprensible, pero igualmente \u00e9 previsible a resposta se non hai cartos de todos polo medio. &#8216;O de sempre&#8217;, vaia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha moci\u00f3n rexeitada do PP en contra da lei estatal que entre outras cousas apoia o equilibrio ecol\u00f3xico do lobo foi rexeitada (o comentario sobre ela na nota de prensa coido que pode obviarse) e unha do BNG para a supresi\u00f3n e non implantaci\u00f3n de novas peaxes en v\u00edas de comunicaci\u00f3n foi aprobada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Do pleno extraordinario, pouco que dicir, como se desprende da propaganda na nota de prensa. Apostar\u00eda que houbo moitas palabras e poucos datos v\u00e1lidos e estruturados, m\u00e1is al\u00f3 de apoiar a unha ou outra postura sobre as subvenci\u00f3ns da Xunta, por quen foron &#8216;conseguidas&#8217;, agravios comparativos reais ou ficticios, etc.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4078&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Nota de prensa do d\u00eda 2<\/a>:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/10\/Foto_Concello_3_-_copia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"300\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/10\/Foto_Concello_3_-_copia.jpg\" class=\"wp-image-3812\" width=\"400\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>TAM\u00c9N SE VER\u00c1 UNHA PROPOSTA RELACIONADA COS ARIS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Pleno, o martes<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">02\/10\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>A solicitude de incorporaci\u00f3n do conxunto<br \/>\nhist\u00f3rico de Ribadeo ao Plan Rexurbe, a esixencia \u00e1 Conseller\u00eda de<br \/>\nEducaci\u00f3n para que mante\u00f1a os m\u00f3dulos que vi\u00f1a ofertando de ensinanzas<br \/>\nde Educaci\u00f3n Secundaria para adultos no IES Dionisio Gamallo ou o apoio<br \/>\ndo Concello de Ribadeo ao cadro de persoal de Vestas son alg\u00fans dos<br \/>\nasuntos do pleno ordinario convocado para o vindeiro martes, 5 de<br \/>\noutubro, \u00e1s 20 horas, segundo informou o alcalde, Fernando Su\u00e1rez. <\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor explicou que &#8220;convocamos un pleno ordinario para a semana<br \/>\nque v\u00e9n onde trataremos temas interesantes, coma sempre. Solicitaremos<br \/>\nformalmente \u00e1 Xunta a incorporaci\u00f3n do conxunto hist\u00f3rico de Ribadeo no<br \/>\nchamado Plan Rexurbe. Esta figura xur\u00eddica par\u00e9cenos moi interesante<br \/>\npara o noso casco vello agora que vimos de aprobar o Plan Especial de<br \/>\nProtecci\u00f3n hai poucos meses. Con este Plan Rexurbe contamos que poida<br \/>\nhaber m\u00e1is e mellores axudas \u00e1 rehabilitaci\u00f3n de edificios. Ademais,<br \/>\nplant\u00e9xanse \u00e1mbitos de acci\u00f3n conxunta entre a Xunta e o Concello para<br \/>\nimpulsar a reforma e rehabilitaci\u00f3n de espazos que levan moito tempo<br \/>\ndegradados, como o barrio de Cabanela, ou tam\u00e9n actuaci\u00f3ns en zonas<br \/>\nverdes da Virxe do Cami\u00f1o e a capela anexa, na estrada do faro ou mesmo<br \/>\nactuaci\u00f3ns en edificios p\u00fablicos coma o xulgado de paz vello, o Cine<br \/>\nTeatro ou o forte de San Dami\u00e1n&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez seguiu a<br \/>\nrelatar que &#8220;igualmente levaremos unha proposta de nova convocatoria de<br \/>\naxudas dos vixentes convenios das Areas de Rehabilitaci\u00f3n dos n\u00facleos<br \/>\ntradicionais de Ribadeo e Rinlo, xa que a d\u00eda de hoxe a\u00ednda non est\u00e1n<br \/>\ncomprometidos todos os fondos p\u00fablicos dispo\u00f1ibles, polo que \u00e9 unha<br \/>\nm\u00e1goa que se poidan perder. De a\u00ed que queiramos abrir unha nova<br \/>\nconvocatoria coa condici\u00f3n de que as obras deben estar totalmente<br \/>\nrematadas en abril de 2023&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde sinalou que &#8220;tam\u00e9n<br \/>\npropo\u00f1er\u00e9moslle ao Pleno que se dirixa \u00e1 Consellar\u00eda de Educaci\u00f3n da<br \/>\nXunta para que rec\u00fae na s\u00faa pretensi\u00f3n de eliminar a oferta de<br \/>\nensinanzas de Educaci\u00f3n Secundaria para persoas adultas que se ve\u00f1en<br \/>\nimpartindo desde hai moitos anos no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.<br \/>\nParece que a presi\u00f3n social e m\u00e1is a do mundo educativo est\u00e1 facendo que<br \/>\n a Xunta dea marcha atr\u00e1s, pero esta non quere ofertar os dous m\u00f3dulos<br \/>\nque se vi\u00f1an ofertando, o cal \u00e9 un desprop\u00f3sito&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>E engadiu: &#8220;e<br \/>\ncomo non, neste Pleno tam\u00e9n falaremos e apoiaremos ao cadro de persoal<br \/>\nda empresa Vestas de Viveiro, ao igual que o resto de Concellos desta<br \/>\nbisbarra, xusto cando est\u00e1n neste momento cr\u00edtico de ameaza de peche.<br \/>\nTodas as instituci\u00f3ns debemos conxurarnos para que este capitalismo<br \/>\ndepredador no que vivimos non permita falcatruadas coma esta: nun<br \/>\nmomento que se queren inzar os montes de mu\u00ed\u00f1os, resulta que unha<br \/>\nempresa punteira quere pechar a produci\u00f3n de m\u00e1quinas aqu\u00ed na Mari\u00f1a.<br \/>\nRibadeo \u00e9 dos Concellos que mais lonxe queda de Viveiro, pero estamos<br \/>\nmoi preto del na loita pola xustiza, polo traballo e pola dignidade&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4083&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Nota de prensa do d\u00eda 6<\/a>:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/10\/Foto_Concello_1_-_copia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"300\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/10\/Foto_Concello_1_-_copia.jpg\" class=\"wp-image-3813\" width=\"400\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>EN RINLO CREARASE UN APARCAMENTO P\u00daBLICO<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Plenos de onte<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">06\/10\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>O Concello acordou no pleno ordinario celebrado<br \/>\nonte solicitarlle \u00e1 Xunta a incorporaci\u00f3n do conxunto hist\u00f3rico de<br \/>\nRibadeo ao plan Rexurbe e que non suprima nin total nin parcialmente os<br \/>\nensinos secundarios de adultos na vila. Ademais foi aprobada unha moci\u00f3n<br \/>\n de apoio aos traballadores de Vestas. <\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, contou que &#8220;foron interesantes os plenos<br \/>\n que celebramos onte \u00e1 tardi\u00f1a. No tocante ao pleno ordinario, dicir que<br \/>\n sa\u00edron adiante a pr\u00e1ctica totalidade, por unanimidade ademais, asuntos<br \/>\ntan importantes como a volti\u00f1a que lle queremos dar, a\u00ednda m\u00e1is, ao<br \/>\ncasco vello de Ribadeo. Agora solicitar\u00e9moslle \u00e1 Xunta a incorporaci\u00f3n<br \/>\ndo conxunto hist\u00f3rico ao plan Rexurbe, no que pretendemos facer a\u00ednda<br \/>\nm\u00e1is actuaci\u00f3ns en puntos degradados e que precisan non s\u00f3 unha acci\u00f3n<br \/>\ndos particulares propietarios sen\u00f3n das administraci\u00f3ns como pode ser a<br \/>\nXunta m\u00e1is o Concello. Tam\u00e9n abriremos un novo prazo para pedir axudas<br \/>\npara a rehabilitaci\u00f3n dos cascos vellos de Ribadeo e de Rinlo, e<br \/>\nseguindo en Rinlo aprobamos tam\u00e9n iniciar os tr\u00e1mites de expropiaci\u00f3n<br \/>\ndun terreo que xa se contemplaba no vixente plan xeral de urbanismo para<br \/>\n ser convertido en aparcamento p\u00fablico&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor dixo que<br \/>\n&#8220;tam\u00e9n neste pleno ordinario acordamos demandarlle \u00e1 Xunta de Galicia<br \/>\npara que non suprima nin total nin parcialmente as ensinanzas<br \/>\nsecundarias de adultos en Ribadeo, a\u00ednda que a Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n<br \/>\nsabemos que recuou na s\u00faa intenci\u00f3n inicial, agora segue apostando por<br \/>\nir afog\u00e1ndoas pouco a pouco. Quero dicir con isto que o que pretende \u00e9<br \/>\ndeixar de ofertar o m\u00f3dulo 3, equivalente a terceiro da ESO, e s\u00f3<br \/>\nofertar o m\u00f3dulo 4. Evidentemente non hai que ser moi espabilado para<br \/>\nver que se non hai m\u00f3dulo 3 pois non haber\u00e1 moitos alumnos proximamente<br \/>\nno m\u00f3dulo 4, e de a\u00ed que a petici\u00f3n da Corporaci\u00f3n \u00e9 que non contin\u00faen<br \/>\nnesta li\u00f1a sixilosa de ir eliminando servizos coa burda escusa de que<br \/>\nnon hai demanda. As estat\u00edsticas dos \u00faltimos anos est\u00e1n a\u00ed, se ben ao<br \/>\nprincipio dos cursos acad\u00e9micos non hai moita xente, a medida que o<br \/>\ncurso avanza m\u00e1is persoas se van incorporando, e desde logo temos que<br \/>\ndar educaci\u00f3n tam\u00e9n \u00e1s persoas que deciden retomar os estudos a\u00ednda que<br \/>\nsexa de adultos&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia manifestou que &#8220;ademais neste<br \/>\npleno, aprobamos a moci\u00f3n de apoio aos traballadores de Vestas en<br \/>\nViveiro con chamada de atenci\u00f3n aos gobernos da Xunta e m\u00e1is do Estado<br \/>\npara que se apliquen a fondo nas s\u00faas competencias, para evitar que<br \/>\nempresas que dan beneficios en sectores punteiros poidan alegremente<br \/>\npechar e deixar a centos de familias tiradas. Entendo que debemos<br \/>\nregular e atemperar este capitalismo sen rostro, salvaxe e depredador<br \/>\nque se est\u00e1 erixindo como \u00fanica v\u00eda. Xustamente a d\u00eda de hoxe cando a<br \/>\nnosa sociedade est\u00e1 a piques de cambiar o modelo enerx\u00e9tico, o modelo de<br \/>\n produci\u00f3n e xusto agora cando se queren inzar de e\u00f3licos os nosos<br \/>\nmontes, o mar, etc\u2026, non podemos consentir estas paradoxas que estamos a<br \/>\n vivir&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>Moci\u00f3ns: lobos e peaxes futuras<br \/>\nO alcalde engadiu:<br \/>\n&#8220;finalmente, tratamos unha moci\u00f3n do PP sobre o lobo onde lles fomos<br \/>\nexplicando o demag\u00f3xico da s\u00faa posici\u00f3n, pois entendendo desde logo que a<br \/>\n orde ministerial que hai pouco se aprobou non vai crear un problema que<br \/>\n xa existe en Galicia desde hai anos e que o \u00fanico que pretende o PP \u00e9<br \/>\ncanalizar as queixas dos gandeiros para tapar as vergo\u00f1as pol\u00edticas da<br \/>\nXunta e da s\u00faa falta de actuaci\u00f3n, de financiamento de programas, etc\u2026<br \/>\nao longo destes anos de goberno do se\u00f1or Feijoo. Tam\u00e9n aprobamos unha<br \/>\nmoci\u00f3n do BNG para demandar do Estado que non estamos dispostos a que se<br \/>\n establezan peaxes futuras polas autov\u00edas xa existentes como polas<br \/>\nlongamente demandadas e nunca constru\u00eddas como pode ser unha que nos<br \/>\ncadra moi preto que \u00e9 a de Barreiros-San Cibrao. Parece ser que esta \u00e9<br \/>\nunha proposta que o goberno actual do Estado lle comunicou \u00e1 Uni\u00f3n<br \/>\nEuropea, pero tristemente tam\u00e9n estaba na axenda pol\u00edtica do goberno do<br \/>\nse\u00f1or Rajoy a\u00ednda que non lle deu tempo a implementala. No apartado de<br \/>\nrogos e preguntas fomos, como sempre, respondendo a todas as preguntas e<br \/>\n aceptando os rogos construtivos e rexeitando os demag\u00f3xicos e<br \/>\noportunistas que tam\u00e9n houbo, como sempre&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Pleno extraordinario<br \/>\nFernando<br \/>\n Su\u00e1rez explicou que &#8220;tam\u00e9n houbo este pleno extraordinario que quixo<br \/>\nconvocar o grupo do PP para, outra vez m\u00e1is, destacar a s\u00faa condici\u00f3n de<br \/>\n enredante pol\u00edtico e de tentar desviar a atenci\u00f3n da s\u00faa falta de<br \/>\ncompromiso naquelas actuaci\u00f3ns e inversi\u00f3ns ambiciosas e importantes nas<br \/>\n que si se deber\u00eda comprometer e convencer aos seus compis da Xunta de<br \/>\nGalicia para que mirasen algo m\u00e1is por Ribadeo, m\u00e1is al\u00f3 das<br \/>\ncaxigali\u00f1as, das camisolas, dos nikis e das medallas \u00e1s que tristemente<br \/>\nxa estamos afeitos a ver&#8221;.&nbsp;<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor relatou que &#8220;neste<br \/>\npleno que foi s\u00f3 declarativo de intencionalidade pol\u00edtica, que non<br \/>\nresolutiva de ning\u00fan acordo, onde o voceiro do PP nos acusou de<br \/>\nsectarismo, faise boa aquela m\u00e1xima castel\u00e1 de Dime de qu\u00e9 presumes e te<br \/>\n dir\u00e9 de qu\u00e9 careces. Se a Xunta de Galicia lle quere ben a Ribadeo e,<br \/>\npolo tanto, quere investir aqu\u00ed ten d\u00faas v\u00edas, como en calquera outro<br \/>\nConcello do pa\u00eds, ben a trav\u00e9s das subvenci\u00f3ns que convoca e \u00e1s que os<br \/>\nConcellos nos podemos acoller, ou ben coa sinatura de convenios<br \/>\nextraordinarios&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde lembrou que &#8220;no tocante \u00e1 primeira<br \/>\nposibilidade dicir que si o fixemos, exactamente para pedir axuda para<br \/>\narranxar as escolas de Covelas de Rinlo, foi hai un ano e a resposta que<br \/>\n tivemos foi que f\u00f3semos enfiar agullas por a\u00ed adiante, como se di<br \/>\nvulgarmente. O que fixemos posteriormente, despois desta negativa da<br \/>\nXunta, no caso de Covelas foi consignar o seu ama\u00f1o nos orzamentos que<br \/>\naprobamos a principios deste ano, e no caso da escola de Rinlo pedimos,<br \/>\nantes do ver\u00e1n, un convenio extraordinario coa Deputaci\u00f3n de Lugo, que<br \/>\nxustamente nos foi concedido hai semanas e a\u00ednda o asinamos antonte. En<br \/>\ncanto a segunda posibilidade de que a Xunta nos financie a trav\u00e9s de<br \/>\nconvenios extraordinarios pois man aberta, pero non para dar labazadas<br \/>\ncomo moitas veces eles fan connosco sen\u00f3n para sumar, para acordar e<br \/>\npara investir en Ribadeo, pero iso lamentablemente faise pouco ou nada.<br \/>\nA\u00ed o tivemos na residencia nova, acab\u00e1molo de sufrir agora na r\u00faa da<br \/>\nEstaci\u00f3n onde, despois de asegur\u00e1rnolo, acabaron por non po\u00f1er un peso,<br \/>\netc\u2026 Oxal\u00e1 cambien, est\u00e1n a tempo de facelo, porque temos ademais moitos<br \/>\n m\u00e1is proxectos que desenvolver&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>Para Fernando Su\u00e1rez &#8220;desde<br \/>\nlogo, querer como fixo o PP, alentando a membros secundarios de<br \/>\ndeterminadas asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os con intereses directos, con<br \/>\nintereses reais para executar esas obras en edificios p\u00fablicos<br \/>\nmunicipais, l\u00e9vanos a tempos escuros e indesexados nos que n\u00f3s non imos<br \/>\nentrar. Porque as asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os tiveron, te\u00f1en e ter\u00e1n todo o<br \/>\ndereito do mundo de usar as escolas e os teleclubs p\u00fablicos municipais,<br \/>\nagora ben, a responsabilidade, a custodia e a capacidade de actuaci\u00f3n<br \/>\ncorresp\u00f3ndelle ao Concello e, por extensi\u00f3n, ao goberno municipal que,<br \/>\npor certo, \u00e9 un goberno democraticamente elixido por todos os veci\u00f1os e<br \/>\ntodas as veci\u00f1as de todo Ribadeo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; O pasado d\u00eda 2 de outubro unha nota da alcald\u00eda dabe a nova da convocatoria dun pleno para martes 5. Non aparec\u00eda a orde do d\u00eda, nin nas novas nin na sede electr\u00f3nica, o outro lugar onde pode aparecer (na \u00faltima tempada, con m\u00e1is probabilidade). O que si, case seguro que por algures no [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3812,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,18,42],"class_list":["post-3811","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-educacion","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3811","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3811"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3811\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3812"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3811"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3811"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3811"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}