{"id":3809,"date":"2021-10-08T09:46:00","date_gmt":"2021-10-08T07:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:52:47","modified_gmt":"2024-10-25T14:52:47","slug":"ten-sentido-falar-de-rei-corrupto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/10\/08\/ten-sentido-falar-de-rei-corrupto\/","title":{"rendered":"Ten sentido falar de &#8216;rei corrupto&#8217;?"},"content":{"rendered":"<p>Ten sentido falar de &#8216;rei corrupto&#8217;?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hai pouco tempo, despois de ler un titular sobre &#8216;a \u00faltima do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=em%C3%A9rito\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">em\u00e9rito<\/a>&#8216;, viume a cabeza un concurso para impulsar a estima da figura do rei entre a xente novi\u00f1a: &#8216;Qu\u00e9 es un rey para ti?&#8217;. E, de xeito inmediato, unha resposta acorde cos \u00faltimos tempos da monarqu\u00eda: un tipo de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=corrupci%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">corrupto<\/a>. Hei dicir que deseguida se me foi a idea da cabeza, non tanto por autocensura -que non digo que non houbera tam\u00e9n algo diso- como por razoamento: non o ti\u00f1a razoado, foi algo s\u00fapeto e pod\u00eda non ser as\u00ed. Ten sentido falar de &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=rei\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">rei<\/a> corrupto&#8217;?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ou sexa, vaiamos por partes.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Para que quede claro de onde veu o tema, o de &#8216;Que \u00e9 un Rei para ti?&#8217; \u00e9 un concurso adicado a promove a figura real entre os p\u00edcaros, concurso que se decide por unha redacci\u00f3n que se fai en niveis do ensino obrigatorio, e cun premio do que a parte fundamental \u00e9 a visita \u00f3 rei.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pasemos \u00f3 t\u00edtulo da entrada ou \u00e1 resposta repentina que se me veu \u00e1 cabeza. Se miramos no <a href=\"https:\/\/academia.gal\/dicionario\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">dicionario da RAG<\/a> (non por casualidade &#8216;Real&#8217; Academia Galega), teremos a definici\u00f3n de xefe soberano que herda. Soberano \u00fasase ademais como equivalente a rei, e nas acepci\u00f3ns indica -dun xeito algo redundante- que \u00e9 algu\u00e9n ou algo que exerce a autoridade suprema, que non est\u00e1 subordinado ou sometido a ningu\u00e9n. Ou sexa, xefe por herdanza que non ten que rendir contas nin a Deus. Algo diso recolle a <a href=\"https:\/\/issuu.com\/agremon\/docs\/cons_gall\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">constituci\u00f3n espa\u00f1ola<\/a> cando di no artigo 56.3 que &#8216;a persoa do rei \u00e9 inviolable&#8217; e ademais, &#8216;non est\u00e1 suxeita a responsabilidade&#8217;. Traducido a linguaxe normal \u00e9 algo as\u00ed como que o rei pode ser irresponsable e nin por esas poderlle chistar ningu\u00e9n. Pola constituci\u00f3n, pode haber outro tipo de axustes legais, pero polo visto durante anos, esa interpretaci\u00f3n campa polos seus respectos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En canto a &#8216;corrupto&#8217;, o dicionario di que \u00e9 algo que se botou a perder, mesmo moralmente, que alterou a s\u00faa natureza ou que perdeu a s\u00faa forma orixinal. Para o caso que nos ocupa, a natureza&nbsp; pode dicirse que cambiou no caso da abdicaci\u00f3n, pero curiosamente s\u00e9guese a tratar de &#8216;rei em\u00e9rito&#8217;, co que o cambio real debeu ser pequeno, e s\u00e9gueselle a tratar como antes, logo o cambio de natureza foi un espellismo. En canto \u00f3 de botado a perder&#8230; p\u00e9rdese algo que se ten, pero se nunca se tivo responsabilidade, ent\u00f3n non ten por que importar a perda.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00c9 dicir, definici\u00f3ns en man, non parece que se lle poda chamar corrupto \u00f3 rei, se non \u00e9 responsable de si mesmo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Poder\u00edamos distinguir entre &#8216;cargo&#8217; e &#8216;persoa&#8217;, o cargo de ser rei e a persoa que \u00e9 rei. O cargo nace m\u00e1is ou menos definido, e ata que non desapareza ou se cambie a definici\u00f3n, non hai m\u00e1is que falar. Unha persoa pode corromperse, pero para o rei, polo seu cargo, sen responsabilidade, \u00e9 indiferente a corrupci\u00f3n -como por outra parte se est\u00e1 a demostrar d\u00eda tras d\u00eda-. Logo non, estaba equivocado, \u00f3 rei non se lle pode chamar corrupto.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Coido que estou na li\u00f1a de votaci\u00f3n correcta, que dir\u00eda Mario Vargas Llosa, pois o que se anda a decidir non \u00e9 se o rei \u00e9 corrupto ou non, sen\u00f3n se se pode facer algo con iso. E est\u00e1n a decidir que non, que non se pode. Facer nada. Saqueime un peso de encima.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ten sentido falar de &#8216;rei corrupto&#8217;? &nbsp;&nbsp; Hai pouco tempo, despois de ler un titular sobre &#8216;a \u00faltima do em\u00e9rito&#8216;, viume a cabeza un concurso para impulsar a estima da figura do rei entre a xente novi\u00f1a: &#8216;Qu\u00e9 es un rey para ti?&#8217;. E, de xeito inmediato, unha resposta acorde cos \u00faltimos tempos da monarqu\u00eda: [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,16,13,9],"class_list":["post-3809","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-lingua","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3809","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3809"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3809\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3809"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3809"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3809"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}