{"id":3761,"date":"2021-10-19T23:16:00","date_gmt":"2021-10-19T21:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:46:41","modified_gmt":"2024-10-25T14:46:41","slug":"os-vikingos-na-galiza-e-ribadeo-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/10\/19\/os-vikingos-na-galiza-e-ribadeo-pancho\/","title":{"rendered":"OS VIKINGOS NA GALIZA E RIBADEO. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>OS VIKINGOS NA GALIZA E RIBADEO<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Os <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Viquingo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">viquingos<\/a> eran xente do mar do Norte de a\u00ed o nome de \u201c<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Normandos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">normandos<\/a>\u201d (homes do Norte), procedentes de Noruega e Dinamarca, que debido \u00e1 fame do s\u00e9culo VII, convert\u00e9ronse en forzados emigrantes e en saqueadores. Os autores medievais usaban viquingo para describir especificamente a quen se dedicaba \u00f3 \u00edviking (\u00f3 saqueo), \u00e9 dicir, a un pirata que non ti\u00f1a porque ser necesariamente escandinavo. Por\u00e9n, baixo a influencia do romanticismo nacionalista, viquingo converteuse en sin\u00f3nimo de \u201cescandinavo da Alta Idade Media\u201d (<a href=\"https:\/\/static0planetadelibroscom.cdnstatics.com\/libros_contenido_extra\/33\/32146_Los_hombres_del_norte.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Los Hombres del Norte, John Haywood<\/a>, traduci\u00f3n de F. Garc\u00eda Lorenzana, Ed. Planeta, p.14). <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEran fortes guerreiros altos, rubios e que loitaban con espada e brosa de combate. Navegaban ata o s\u00e9culo VII en largos e estilizados <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Barco_viquingo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">drakkars<\/a> impulsados exclusivamente a remo. No mundo de fala inglesa a \u00e9poca viquinga d\u00e1tase a redor do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/793\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">793<\/a> (ibidem, p.15). A partires destas datas aumentaron o radio de acci\u00f3n e os seus barcos foron impulsados por unha soa vela central cuadra, e a remo cando o vento non os acompa\u00f1aba. Remontaban os r\u00edos con suma facilidade, pois os drakars ti\u00f1an medio metro de calado, de vinte a trinta metros de eslora e catro ou cinco de manga. Transportaban trinta e dous ou trinta e seis homes que eran, \u00e1 s\u00faa vez, remeiros, comerciantes e guerreiros. O drakar ti\u00f1a moi pouca obra morta, e carec\u00eda de bancadas de remeiro, pois cada viquingo adoitaba sentarse no cofre onde transportaba as s\u00faas pertenzas e o bot\u00edn acadado nas abordaxes. En vez de atracar a un peirao, o que fac\u00edan era embarrancar en calquera praia ou zona axeitada dun r\u00edo, as\u00ed pod\u00edan sorprender \u00e1s aldeas e, sobre todo, as s\u00faas mellores presas eran os mosteiros, onde atopaban froitos e cartos en moedas de ouro, prata e cobre que pod\u00edan trocar en calquera porto comercial. <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA actitude literaria de sanguinarios e crueis cara \u00f3s viquingos cambiou \u00f3 largo dos anos, pois os principais cronistas daquela \u00e9poca eran monxes, e comprensiblemente estaban obsesionados cos saqueos e incendios que levaban a cabo nos seus mosteiros.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAtopamos nunha separata de Enrique Chao Espina, que parece probado que os normandos pres\u00e9ntanse por primeira vez nas costas espa\u00f1olas no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/843\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">843<\/a> (Los Normandos en Galicia, apartado II, La primera invasi\u00f3n, 2\u00aa Ed, ano 1977). Reinaba <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ramiro_I_de_Oviedo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ramiro I<\/a> (842-850) que rexeita unha primeira incursi\u00f3n dos viquingos (unhas 70 naves) que desembarcan no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/844\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">844<\/a> en Farum Brigantum, nome co que se co\u00f1ec\u00eda o actual faro da Torre de H\u00e9rcules, tal como aparece nos Annales Bertiniani ou Anales de San Bert\u00edn. Este desembarco na Coru\u00f1a, rec\u00f3lleno tam\u00e9n as sagas escandinavas como un desembarco no porto de FAR, tal como chamaban eles o Porto de A Coru\u00f1a (Emilio Gonz\u00e1lez L\u00f3pez, \u201cGrandeza y decadencia del Reino de Galicia\u201d, p.78 y 79). <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEntre 844-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/846\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">846<\/a> os vikingos pres\u00e9ntanse nas costas de Ribadeo e o rev\u00e9s do que lles pasaba \u00f3s \u00e1rabes, a Galiza res\u00faltalles unha terra acolledora. \u201cAqueles piratas de Jutlandia e do Mar B\u00e1ltico consideraban a Terra Galega moi bonita, acaso por que lles recordaba a s\u00faa propia, pois chov\u00eda, na deles tam\u00e9n\u201d (Victoria Armesto, Galicia Feudal I, p.149).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo porto e R\u00eda de Ribadeo atoparon d\u00faas cousas importantes, primeiro: un bo refuxio para emboscarse e sorprender aos barcos mercantes que perlongaban a costa en viaxes de cabotaxe, pois deb\u00edan ser mestres neste tipo de estratexias tendo en conta que o significado orixinal de viquingo era \u201chome das bah\u00edas\u201d (ibidem, J.Haywood, p.14). Segundo, na R\u00eda de Ribadeo hab\u00eda un cenobio de importancia comercial, segundo eles entend\u00edan o comercio, o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Esperautano\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">mosteiro de Esperautano<\/a>, cuxa noticia da s\u00faa fundaci\u00f3n no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/775\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">775<\/a> da conta o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Celeiro_(documento)\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Diploma do rei don Silo<\/a>, e que estaba sito na magn\u00edfica planicie ao p\u00e9 da Gra\u00f1a, como de forma maxistral resolveu tal misterio de situaci\u00f3n, o noso nunca esquecido veci\u00f1o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz<\/a> (Separata de Estudios Mindonienses, n\u00ba 24, 2008, tam\u00e9n na web en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/o-mosteiro-de-esperautano-no-seu-lugar.html\">https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/o-mosteiro-de-esperautano-no-seu-lugar.html<\/a>). Seguramente alg\u00fan d\u00eda atoparase alg\u00fan vestixio no fondo da R\u00eda destas incursi\u00f3ns viquingas, que engadir\u00e1n outra testemu\u00f1a evidente \u00e1 data de asentamento na Vilavella da antiga poboaci\u00f3n de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/843\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">858<\/a> sesenta e d\u00faas naves viquingas asaltan de novo a costa cant\u00e1brica, que segundo fontes cristi\u00e1ns contaban con catro mil homes mandados polo xefe noruegu\u00e9s Hasting. Aqu\u00ed temos que po\u00f1er en d\u00fabida ou ben, o n\u00famero de viquingos que desembarcaron, ou ben, o n\u00famero de barcos que chegaron, pois si como sabemos a tripulaci\u00f3n dun drakar era de 32 homes multiplicado por 62 naves, danos 1984 homes, e si foran 70 naves, ser\u00edan 2240 homes. Polo que ou o n\u00famero de naves era de 125 = 4000 homes, ou o n\u00famero de viquingos que asaltaron as nosas costas era menor, cousa que parece m\u00e1is l\u00f3xica, polo enorme  n\u00famero de barcos que representa. <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ordo%C3%B1o_I_de_Oviedo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ordo\u00f1o I<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/850\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">850<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/850\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">866<\/a>) rexeita esta segunda invasi\u00f3n normanda e estes foron descendendo polo litoral Oeste da Galiza e Portugal, chegaron ao Norte de \u00c1frica e a Alxeciras, remontaron o Guadalquivir; chegaron \u00e1s Baleares, e alg\u00fans barcos desta expedici\u00f3n remontaron o Ebro. Alg\u00fans vikingos chegaron a Pamplona e prenderon a Sancho Garc\u00eda, polo que pediron 90 000 dinares de rescate. Podemos especular que si fixeron todo este periplo expedicionario, puideran ser as 125 naves que levaban a 4000 homes, como arriba sinal\u00e1bamos?<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNesta \u00e9poca temper\u00e1 a antiga poboaci\u00f3n de Cabanela e Porcill\u00e1n xa pasara a vivir a Vilavella e en caso de ter contacto de novo cos viquingos, ser\u00eda de forma pac\u00edfica e comercial, pois non hai ning\u00fan documento que conte alg\u00fan ataque cruento nesta zona, cousa que se ter\u00eda relatado de forma sistem\u00e1tica nalg\u00fan dos antigas Cr\u00f3nicas dos reis da Gallaecia, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_IV_de_Le%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Afonso IV \u201cO Monxe\u201d<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/925\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">925<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/930\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">930<\/a>), <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ramiro_II_de_Le%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ramiro II \u201cO Grande\u201d<\/a> (930-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/950\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">950<\/a>), de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ordo%C3%B1o_III_de_Le%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ordo\u00f1o III<\/a> (950-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/950\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">955<\/a>), do rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sancho_I_de_Le%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Sancho I \u201cO Gordo\u201d<\/a> (955-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/967\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">967<\/a>) tal como se conta das invasi\u00f3ns viquingas do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/969\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">969<\/a> nas cr\u00f3nicas de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ramiro_III\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ramiro III<\/a> (967-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/984\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">984<\/a>), ou por parte dos freires do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Mosteiro_de_San_Salvador_de_Lourenz%C3%A1\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">mosteiro de San Salvador de Lourenz\u00e1<\/a>, fundado o 17 de xullo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/969\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">969<\/a> (Florez, da Orde de San Agust\u00edn, Historia Sagrada, t.XVIII, Ap\u00e9ndice XVII). No ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/968\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">968<\/a> os viquingos est\u00e1n espallados por Galiza chegando ata os montes do Cebreiro. En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1008\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1008<\/a> ocorre a terceira incursi\u00f3n viquinga e en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1016\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1016 <\/a>atacan a costa oeste galega e secuestran ao bispo de Tui. O bispo-xeneral <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cresconio\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cresconio de Trava<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1037\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1037<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1067\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1067<\/a>) de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Diocese_de_Iria\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Iria<\/a>, loita contra eles e as incursi\u00f3ns durar\u00e1n ata o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1038\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1038<\/a>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEste bispo, Cresconio, tivo a \u201cousad\u00eda\u201d de titularse \u201cBispo da Sede Apost\u00f3lica\u201d e foi excomungado por Roma, pois recearon del \u00f3 ver que pretend\u00eda semellar ou incluso superar Santiago a Roma. En cambio o magn\u00edfico arcebispo e diplom\u00e1tico <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Diego_Xelm%C3%ADrez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Diego Xelm\u00edrez<\/a> esix\u00edalles aos cronistas da \u201cCompostelana\u201d que o seu tratamento fora o de \u201cSummus Pontifice\u201d e Roma non se alarmaba nin se perturbaba. Fora tal a loita continuada que no tempo de Cresconio tiveran os cl\u00e9rigos galegos de Santiago contra dos viquingos e das pelexas \u201cpol\u00edticas\u201d internas, que a\u00ednda cando Xelm\u00edrez accede a s\u00e9 episcopal, hab\u00eda sete can\u00f3nicos que se presentaban na catedral con capa vermella e calzando espolas, conxugando a fe do monxe e o pulo do guerreiro. Un verdadeiro crebadeiro de cabeza para o bispado de Diego Xelmirez desde <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1101\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1101<\/a> a <a href=\"1136\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1136<\/a>. Pero esa \u00e9 outra historia.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn Ribadeo, tam\u00e9n temos noticia no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1002\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1002<\/a>, do Mosteiro de Santa Eulalia de Ermolfi, hoxe Santa Eulalia da Devesa, que foi doaz\u00f3n da conversa Iquilo ao biso don <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Diocese_de_Dumio#Lista_de_bispos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Armentario de Dumio<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/983\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">983<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1011\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1011<\/a>) (Henrique Florez, Historia Sagrada, Tomo XVIII, ano 1764, p.111). Tal nome ref\u00edrese a \u201cermo\u201d, terreo raso e desabrigado, coa terminaci\u00f3n \u201c\u2013elfi\u201d, dun antigo posuidor xerm\u00e1nico. En que sitio estaba situado na parroquia da Devesa e por qu\u00e9 desapareceu este mosteiro?. Tam\u00e9n foi co\u00f1ecido este mosteiro polos invasores viquingos? Non hai ningunha d\u00fabida da chegada dos viquingos a Ribadeo, polo seu valor estrat\u00e9xico, comercial e de poboaci\u00f3n. A demostraci\u00f3n de tal aserto, est\u00e1 enterrada no fondo da R\u00eda de Ribadeo. S\u00f3 faltan cartos para seguir investigando tama\u00f1a fonte de informaci\u00f3n hist\u00f3rica, tal como se recollen as magn\u00edficas pezas de cer\u00e1mica na exposici\u00f3n da Oficina de Turismo. Esta peza, por exemplo, non \u00e9 unha sopeira para servir a sopa na mesa dun barco. \u00c9 unha cr\u00e1tera grega? Non ser\u00eda, en ning\u00fan caso, estra\u00f1o que as\u00ed fora, pois temos moit\u00edsima Historia, con mai\u00fascula, por descubrir.<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/10\/Pancho.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"522\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/10\/Pancho.jpg\" class=\"wp-image-3762\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; OS VIKINGOS NA GALIZA E RIBADEO Pancho Campos Dorado Os viquingos eran xente do mar do Norte de a\u00ed o nome de \u201cnormandos\u201d (homes do Norte), procedentes de Noruega e Dinamarca, que debido \u00e1 fame do s\u00e9culo VII, convert\u00e9ronse en forzados emigrantes e en saqueadores. Os autores medievais usaban viquingo para describir especificamente a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3762,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,20,46,56],"class_list":["post-3761","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-jose-ma-rodriguez","tag-pancho-campos","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3761","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3761"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3761\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3762"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3761"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3761"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3761"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}