{"id":3760,"date":"2021-10-25T22:59:00","date_gmt":"2021-10-25T20:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:46:38","modified_gmt":"2024-10-25T14:46:38","slug":"un-neno-feliz-na-galicia-profunda","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/10\/25\/un-neno-feliz-na-galicia-profunda\/","title":{"rendered":"Un neno feliz (na Galicia profunda)"},"content":{"rendered":"<p>Un neno feliz (na Galicia profunda)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha xu\u00edza de Marbella decide retirarlle a custodia \u00e1 nai dun p\u00edcaro e no argumentario cita como algo a ter en conta o vivir na &#8216;Galicia profunda&#8217;. Entende, ademais, por &#8216;Galicia profunda&#8217; a zona das r\u00edas baixas. A cousa quedar\u00eda nunha sinxela an\u00e9cdota se non fora pola s\u00faa realidade e significado.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A resposta \u00f3 conflito xudicial pasa segundo parece, a xu\u00edzo da xu\u00edza, por que o rapaz, dun ano de idade, consiga ser feliz. E iso, por afastar \u00f3 p\u00edcaro dunha zona non urbana (de Galicia) para permitirlle ser feliz nunha &#8216;cidade cosmopolita&#8217; como a Marbella dos pelotazos e luxos. Por iso, e non por seguir os consellos da \u00c9tica a Nic\u00f3maco de Arist\u00f3teles.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00c9 posible que alg\u00fans xuristas estean de acordo coa xu\u00edza, mentres outro grupo rexeite a decisi\u00f3n, \u00e9 posible que o argumentario legal estea ben estruturado, \u00e9 posible&#8230; pero coido que, a\u00ednda deixando a unha beira a legalidade e as implicaci\u00f3ns para o conxunto e cada un dos integrantes da ex-familia hoxe en loita interna, a cousa vai m\u00e1is al\u00f3 noutras direcci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hai tempo xa que levo tentando po\u00f1er en orde as mi\u00f1as ideas sobre o que chaman a &#8216;Espa\u00f1a baleirada&#8217; e po\u00f1er alg\u00fan gran de area no que a Galicia corresponde, como tentei facer no artigo &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Loita+contra+a+Espa%C3%B1a+baleirada\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Loita contra a Espa\u00f1a baleirada<\/a>&#8216;. Esta nova ven axudarme a compo\u00f1er o crebacabezas. Imax\u00ednome na cabeza da xu\u00edza, seguindo os seus pensamentos. Incluir\u00eda esa intromisi\u00f3n na s\u00faa cabeza a vista dun desco\u00f1ecemento non s\u00f3 do que \u00e9 a felicidade (allea) ou os intentos de medila, sen\u00f3n tam\u00e9n dos servizos que pode ofrecer a Galicia rural ou as posibilidades para un neno. Pero tam\u00e9n incluir\u00eda outras cousas. Dende os prexu\u00edzos urbanitas (soe falarse de &#8216;madrile\u00f1os&#8217;, mais \u00e9 evidente, e este caso o amosa, non se trata, ou ao menos, non s\u00f3 se trata, dos &#8216;madrile\u00f1os&#8217;) ata o desco\u00f1ecemento que nos indicadores educativos a rural Galicia est\u00e1 por diante de Andaluc\u00eda, ou que a cita de centros educativos p\u00fablicos e privados, m\u00e1is al\u00f3 de como se en Galicia non houbera de ambos, est\u00e1 a meter polo medio cousas como o fincap\u00e9 nos recursos privados. E a\u00ednda pasa tam\u00e9n porque o desemprego en Galicia e en Andaluc\u00eda, segundo a \u00faltima t\u00e1boa coas <a href=\"https:\/\/ine.es\/jaxiT3\/Tabla.htm?t=3996\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">taxas de paro publicadas polo INE<\/a> amosan que a provincia malague\u00f1a, onde se atopa Marbella, case duplica en dita taxa \u00e1 da Coru\u00f1a&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As &#8216;terras baleiradas&#8217;, a\u00ednda tendo unha densidade de poboaci\u00f3n como a murad\u00e1, equivalente \u00e1 media espa\u00f1ola e pr\u00f3xima \u00e1 ribadense, te\u00f1en mala prensa. Iso de ser &#8216;de pobo&#8217; -xa non digamos &#8216;de aldea&#8217;- segue a ser visto por quen ten poder nas grandes vilas como algo a desprezar. \u00d3s problemas derivados do aumento continuo da complicaci\u00f3n das redes humanas e tecnol\u00f3xicas de todo tipo, que favorecen a concentraci\u00f3n de poboaci\u00f3n, foron s\u00f3 unha suma de algo que vi\u00f1a sucedendo dende hai moito tempo, mesmo moito antes da emigraci\u00f3n obreira \u00e1s cidades: os primeiros en marchar querendo foron os nobres \u00e1 corte, convert\u00e9ndose no equivalente naqueles tempos \u00f3 que hoxe chamar\u00edamos &#8216;urbanitas&#8217;, integrando ese desprezo polos vasallos rurais nunha xustificaci\u00f3n \u00f3 seu servilismo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Volvendo \u00f3 tema, ser\u00e1n os p\u00edcaros marbell\u00eds m\u00e1is felices que os galegos s\u00f3 por vivir al\u00ed entre ra\u00f1aceos (os que vivan) e non aqu\u00ed entre \u00e1rbores (asemade, os que vivan)? Unha xu\u00edza parece estar convencida de que si. Non co\u00f1ezo ning\u00fan dato comparativo sobre o tema entre Galicia e Andaluc\u00eda, pero se serve de algo, si parece haber acordo en que un ambiente menos estresante -como o rural en relaci\u00f3n \u00f3 das cidades- favorece que os p\u00edcaros e os maiores sexan m\u00e1is felices.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un neno feliz (na Galicia profunda) &nbsp;&nbsp; Unha xu\u00edza de Marbella decide retirarlle a custodia \u00e1 nai dun p\u00edcaro e no argumentario cita como algo a ter en conta o vivir na &#8216;Galicia profunda&#8217;. Entende, ademais, por &#8216;Galicia profunda&#8217; a zona das r\u00edas baixas. A cousa quedar\u00eda nunha sinxela an\u00e9cdota se non fora pola s\u00faa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-3760","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3760","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3760"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3760\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3760"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3760"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3760"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}