{"id":3714,"date":"2021-10-31T20:58:00","date_gmt":"2021-10-31T19:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:43:49","modified_gmt":"2024-10-25T14:43:49","slug":"o-g20-acorda-en-roma-manter-o-teito-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/10\/31\/o-g20-acorda-en-roma-manter-o-teito-do\/","title":{"rendered":"O G20 acorda en Roma manter o teito do quecemento global en 1,5 graos"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; &#8220;O G20 acorda en Roma manter o teito do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=quecemento global\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">quecemento global<\/a> en 1,5 graos&#8221;. Cun sorriso, d\u00ednnolo ou c\u00f3ntannolo? Certo que os periodistas, cando po\u00f1en titulares, \u00e1s veces &#8216;qu\u00e9danse s\u00f3s&#8217;, mais neste caso, o titular vai coa idea que se pode ligar e \u00e9 expresada moitas veces de xeito semellante a mandar separar as augas cun xesto, como se foran Mois\u00e9s para cruzar o mar Roxo, ou o mesmo Iav\u00e9: os dirixentes fan un xesto e se \u00e9 necesario, as augas \u00e1brense, sen m\u00e1is. Nos titulares, claro!<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Expl\u00edcome: \u00e9 que o manter o teito de 1,5 \u00baC de suba de temperatura media na pequena franxa superficial terrestre onde podemos vivir non \u00e9 algo que se poda acordar. \u00c9 algo que se pode traballar para facer, pero non vale dicir &#8216;ata aqu\u00ed&#8217;, e quedarse tan panchos. Polo que parece, no corpo da noticia dise, o que \u2018lograron\u2019 no G20 \u00e9 un acordo entre eles para encarar o cumio de Glasgow cun n\u00facleo de postura com\u00fan fronte \u00f3 <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=cambio+clim%C3%A1tico\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">cambio clim\u00e1tico<\/a>, que xa \u00e9 algo, pero nada m\u00e1is, e polo tanto, \u2018ben pouco\u2019.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E nada m\u00e1is, porque segundo as proxecci\u00f3ns vixentes, ter\u00edamos que reducir en menos de 10 anos as emisi\u00f3ns netas de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=di\u00f3xido de carbono\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">di\u00f3xido de carbono<\/a> a 0. E a\u00ednda as\u00ed non estar\u00eda asegurado o obxectivo de que a Terra non rebasase os 1,5 \u00baC m\u00e1is da referencia fixada. Que esa \u00e9 outra, pois se consideramos \u20181,5 \u00baC m\u00e1is que a media do ano pasado\u2019, do que estamos a falar \u00e9 doutra cousa. E mentres, os pa\u00edses est\u00e1n tirando en sentido contrario, como se pode ver non s\u00f3 en China ou Australia, lugares que nos seguen a parecer ex\u00f3ticos polo afastado no globo, sen\u00f3n tam\u00e9n en Espa\u00f1a. Ou non se est\u00e1 a preparar de novo a Central t\u00e9rmica de As Pontes para funcionar, despois de ser pechada por contaminante? Atenci\u00f3n: si, xa sei que se esgrimen razoamentos para facelo. E anda que non houbo protestas no seu d\u00eda polo peche, encarado, nunha econom\u00eda capitalista sen alternativa (a TINA, \u2018There Is Not Alternative\u2019 de Ms. Tatcher), como unha brutalidade contra a xente que depend\u00eda da f\u00e1brica. Pois agora xa vai volver a estar en marcha, a seguir contribu\u00edndo \u00f3 cambio clim\u00e1tico global, pero podemos estar contentos: logr\u00e1ronse salvar por un tempo os empregos correspondentes, e o sistema econ\u00f3mico. Porque, se \u00e9 dif\u00edcil loitar contra unha crise (neste caso clim\u00e1tica, \u00e1 que polo momento se lle est\u00e1 a prestar m\u00e1is atenci\u00f3n dentro do conxunto de crises que se aveci\u00f1an), m\u00e1is dif\u00edcil o \u00e9 facelo sen querer cambiar o sistema econ\u00f3mico, o status social da minor\u00eda con m\u00e1is poder ou o incremento continuado do consumo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Proba a loitar atado de p\u00e9s e mans contra unha fera que se est\u00e1 a achegar&#8230; Esa \u00e9 a situaci\u00f3n, pois esa ser\u00eda unha situaci\u00f3n persoal equivalente \u00e1 que est\u00e1 a sufrir a nosa sociedade no conxunto do planeta. Cunha constataci\u00f3n: as ataduras de p\u00e9s e mans son autoimpostas, e como <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/sociedade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">sociedade<\/a> podemos desfacernos delas para ter m\u00e1is probabilidades de \u00e9xito. Pero, saberemos vivir sen ataduras?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; &#8220;O G20 acorda en Roma manter o teito do quecemento global en 1,5 graos&#8221;. Cun sorriso, d\u00ednnolo ou c\u00f3ntannolo? Certo que os periodistas, cando po\u00f1en titulares, \u00e1s veces &#8216;qu\u00e9danse s\u00f3s&#8217;, mais neste caso, o titular vai coa idea que se pode ligar e \u00e9 expresada moitas veces de xeito semellante a mandar separar as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,97,9],"class_list":["post-3714","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-revolucion","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3714","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3714"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3714\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3714"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3714"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3714"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}