{"id":3686,"date":"2021-11-08T22:27:00","date_gmt":"2021-11-08T21:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:43:00","modified_gmt":"2024-10-25T14:43:00","slug":"pero-que-e-isto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/08\/pero-que-e-isto\/","title":{"rendered":"Pero&#8230; que \u00e9 isto?"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Tan afeitos estamos a algunhas cousas que xa non nos causan impacto. Iso ocorre mesmo con flagrantes contradici\u00f3ns. Como a da actual conferencia sobre o cambio clim\u00e1tico que est\u00e1 a ter lugar en Glasgow, a COP 26 (&#8216;Conferencia 2021 das Naci\u00f3ns Unidas sobre o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Cambio+Clim%C3%A1tico\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cambio Clim\u00e1tico<\/a>&#8216; no seu nome oficial, con COP como acr\u00f3nimo da &#8216;Conferencia das Partes&#8217; implicadas). E \u00e9 que resulta que nesa conferencia mundial organizada pola Organizaci\u00f3n das Naci\u00f3ns Unidas, o principal grupo de representantes non \u00e9 unha naci\u00f3n, sen\u00f3n a agrupaci\u00f3n de representantes da industria de combustibles f\u00f3siles, carb\u00f3n, petr\u00f3leo e gas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Claro que a industria ser\u00eda unha receptora das normas e acordos da conferencia, que ter\u00eda que cumprir, e xa ven sendo tradicional que, en casos semellantes, as empresas que puideran resultar m\u00e1is afectadas fagan presi\u00f3n dos m\u00e1is diversos xeitos para que as normas sexan ditadas \u00f3 seu favor. Na pr\u00e1ctica, sen impedimento en moitos dos casos. A iso, dun xeito eufem\u00edstico ch\u00e1maselle &#8216;facer lobby&#8217;. Lobby, se se vai \u00f3 dicionario, a\u00ednda hoxe significa vest\u00edbulo, e apl\u00edcaselle \u00f3 caso pode porque en tempos as xentes que quer\u00edan influ\u00edr esperaban no vest\u00edbulo dos que quer\u00edan influenciar, para que os atenderan. Pero diso, a certos niveis, hai tempo xa que se pasou. Por po\u00f1er un caso da evoluci\u00f3n do &#8216;sector&#8217;, antes non se co\u00f1ec\u00eda o fen\u00f3meno das portas xiratorias. E hoxe, por esa pr\u00e1ctica insana (os que a desfrutan \u00e9 posible que opinen outra cousa, xa se sabe), pois&#8230; que as el\u00e9ctricas queren influ\u00edr nun goberno? O exgobernante de quenda, agora a soldo da empresa, sen facer nada aparentemente, e que contribu\u00edu a que os gobernantes actuais te\u00f1an a s\u00faa poltrona, vai facer algo: fai unha chamada de tel\u00e9fono \u00f3 seu (ou s\u00faa) antigo pupilo, e listo. Para que esperar no vest\u00edbulo? As veces, nin iso \u00e9 necesario. Non quedaran citados para cear? Pois mira, xa te\u00f1en de que falar.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Na outra cara da moeda, os representantes medioambientais&#8230; existen? Si, como aquelo de &#8216;Teruel existe!&#8217; Sen ir tan al\u00f3, que o conxunto de pa\u00edses quizais m\u00e1is afectados polas inclemencias derivadas do cambio clim\u00e1tico te\u00f1an -repito, en conxunto- menos representantes que a industria que negocia cos combustibles que son a causa principal dese cambio, deixa clara a importancia duns e outros, mesmo nun cumio &#8216;de naci\u00f3ns&#8217;. Si, ata o de agora omit\u00edn o n\u00famero de &#8216;naci\u00f3ns m\u00e1is afectadas&#8217; que inclu\u00eda no grupo. Oito. Abondas, non? A s\u00faa poboaci\u00f3n, ben m\u00e1is de cinco centos mill\u00f3ns de habitantes, tam\u00e9n \u00e9 abonda.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Idea da importancia relativa duns e outros, polo demais, que se ve reforzada se temos en conta que moitos pa\u00edses xa levan na s\u00faa representaci\u00f3n tam\u00e9n a xente da industria de combustibles f\u00f3siles, por exemplo a conto de que son produtores. Iso ocorre co Brasil, a delegaci\u00f3n nacional m\u00e1is numerosa, a\u00ednda que tam\u00e9n quede por baixo da representaci\u00f3n da industria dos combustibles f\u00f3siles.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Poder\u00eda crese que con esa supremac\u00eda de influencia a cousa rematar\u00eda a\u00ed: para que m\u00e1is? Pero non, non remata. As\u00ed temos que os cumios necesitan cartos para celebrarse. E, quen os pon? Pois, en parte, os patrocinadores. \u00c9 dicir, intereses privados. E todos sabemos que o &#8216;segue a pasta&#8217; non se refire \u00f3s spaguetti, sen\u00f3n \u00f3s cartos para saber de onde ve\u00f1en as ordes. Pois si, se estabas pensando que os principais patrocinadores est\u00e1n relacionados con intereses en contra da reduci\u00f3n de emisi\u00f3ns, acertaches! Non ver\u00e1s nunca (posiblemente) asinado por un representante deses intereses unha norma que lle vaia afectar. Pero na conferencia hai int\u00e9rpretes, po\u00f1amos por caso, pagados con eses cartos. Poder\u00eda po\u00f1er outros profesionais, pero pensei nos int\u00e9rpretes porque &#8216;interpretan&#8217;.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E ti, &#8216;interpretas&#8217;?<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=COP+25\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">COP 25<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Tan afeitos estamos a algunhas cousas que xa non nos causan impacto. Iso ocorre mesmo con flagrantes contradici\u00f3ns. Como a da actual conferencia sobre o cambio clim\u00e1tico que est\u00e1 a ter lugar en Glasgow, a COP 26 (&#8216;Conferencia 2021 das Naci\u00f3ns Unidas sobre o Cambio Clim\u00e1tico&#8216; no seu nome oficial, con COP como acr\u00f3nimo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,13],"class_list":["post-3686","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3686","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3686"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3686\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3686"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3686"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3686"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}