{"id":3685,"date":"2021-11-09T22:24:00","date_gmt":"2021-11-09T21:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:42:59","modified_gmt":"2024-10-25T14:42:59","slug":"ria-de-ribadeo-por-enesima-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/09\/ria-de-ribadeo-por-enesima-pancho\/","title":{"rendered":"R\u00cdA DE RIBADEO, POR EN\u00c9SIMA.  Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><em>R\u00cdA DE RIBADEO, POR EN\u00c9SIMA<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPancho Campos Dorado<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nErgu\u00e9monos o venres, 5 de novembro, cun titular de prensa \u201cAsturias gana la batalla del top\u00f3nimo y r\u00eda del Eo se equipara a R\u00eda de Ribadeo\u201d (La Voz de Galicia). \u201cO Estado admite como cooficial o top\u00f3nimo R\u00eda do Eo\u201d (N\u00f3s). Unha resoluci\u00f3n tomada polo chamado \u201cInstituto Geogr\u00e1fico Nacional\u201d (IGN) que accede a pretensi\u00f3n do Principado. <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEste instituto deber\u00eda chamarse \u201cInstituto Geogr\u00e1fico Terrestre Nacional\u201d (IGTN) pois ese cadro de asalariados parece entender pouco ou nada de hidronimia, nin de  talasonimia, nin de Usos e Costumes do Mar. Particularmente, non hai un s\u00f3 exemplo tal, en toda a costa galega, na cant\u00e1brica, e en todo o litoral da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, pois tanto as r\u00edas como as bad\u00edas nom\u00e9anse polo nome do porto comercial co que se trafica. Exactamente igual que en todo mundo, bad\u00edas e estuarios levan o nome da cidade que ten o porto comercial m\u00e1is importante, de a\u00ed que todas, absolutamente todas as cartas de navegaci\u00f3n dos Institutos Hidrogr\u00e1ficos do mundo enteiro te\u00f1an as r\u00edas nome de cidades e pobos, nunca levan o nome dun r\u00edo que desemboca nelas. Nin hai bad\u00eda do Orinoco, nin do Amazonas, nin do Hudson, nin do Nilo. Menuda barrabasada.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero ben, ao personal actual do IGN iso parece importarlle pouco, pois tr\u00e1tase dun problema entre Asturias e Galiza, quen sempre tivo a fatalidade de ser gobernada por pol\u00edticos de terceira rexional. <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNon entendemos nada. Asturias presenta un \u201cInforme da Oficina de Pol\u00edtica Ling\u00fc\u00edstica do Principado de Asturias\u201d sobre o nome da R\u00eda de Ribadeo, escrito en un rebuscado galego oriental por un tal Ant\u00f3n Garc\u00eda Fern\u00e1ndez \u201cDirector General de Pol\u00edtica Ling\u00fc\u00edstica\u201d, un chiringuito creado polo Principado, a quen acompa\u00f1an na redacci\u00f3n uns cantos adl\u00e1teres tan mal intencionados coma el. Das esperp\u00e9nticas reviravoltas deste informe fixo un exhaustivo estudo D. Evaristo Lombardero (en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/10\/informe-sobre-la-denominacion-de-la-ria.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadeando o 29-10-2021<\/a> e La Comarca del Eo 22-maio-2021) polo que non vou a entrar a repetir aqueles argumentos. Este informe, sen m\u00e1is, foi aceptado por IGN. Por que? Fixo o tal organismo oficial algunha enquisa semellante no entorno de R\u00eda de Ribadeo, na zona galega ou asturiana, para contrastar o que di tal informa? Non. Non fixo nada.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outra banda, mencionan uns informes \u201coficiales\u201d de 1871 para apoiar a s\u00faa sentencia, os cales, sabemos que son unhas escrituras de propiedade, onde un notario de turno, fai de \u201cgrafitero documental\u201d pois cambia o nome oficial da R\u00eda de Ribadeo pola denominaci\u00f3n do Eo, cando xa hab\u00eda oficialmente cartas de navegaci\u00f3n da R\u00eda de Ribadeo, feitas por membros da Armada Espa\u00f1ola e do Ministerio de Mari\u00f1a, das cales podemos aportar os datos:<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n1\u00aa) Ano: 1776 Plano de la R\u00eda de Rivadeo. Escala en varas castel\u00e1ns 2000 varas = 18 cm. Autor: Luis Videgaray. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-7<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n2\u00aa) Ano 1787 mes de Abril. Plano de la R\u00eda de Rivadeo. Autor: Tomas Ramery. Escala en varas de Burgos 1000 varas = 10 cm Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-21.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n3\u00aa) Ano 1787 Plano de la R\u00eda de Rivadeo, del Barquero, Bares, Cedeira y Vivero. Autor: Vicente Tofi\u00f1o de San Miguel. Escala gr\u00e1fica de una milla mar\u00edtima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-5<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n4\u00aa) Ano 1788 mes de Marzo. Autor: Miguel de la Fuente. Escala en varas de Burgos. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-37-3<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n5\u00aa) Ano 1788 mes de Mayo. Autor: Tom\u00e1s Ramery. Escala en varas de Burgos. Orixinal en Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-37-7.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n6\u00aa) Ano 1835 mes de Agosto. Autores: Miguel Antonio Blanco Ortigueira e Jos\u00e9 Antonio Villamil Saavedra. Escala de 1 milla mar\u00edtima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-8<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n7\u00aa) Ano 1835 mes de Agosto. Autores: Miguel Antonio Blanco Ortigueira e Jos\u00e9 Antonio Villamil Saavedra. Escala de 1 milla mar\u00edtima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-37-1<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n8\u00aa) Ano 1835. Plano del Puerto de Ribadeo en Galicia. Escala 1 milla mar\u00edtima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-30<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n9\u00aa) Ano 1852. Carta N\u00e1utica plana del puerto de Ribadeo. Escala 1 milla mar\u00edtima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-37-2<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n10\u00aa) Ano 1856. Carta N\u00e1utica de la R\u00eda de Ribadeo. Autores: Antonio Miguel Blanco y Juan Tom\u00e1s Cucullu. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-2<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n11\u00aa) Ano 1860. Plano da R\u00eda de Ribadeo. Autor: Juan Tom\u00e1s Cucullu. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartograf\u00eda E-23-1<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nToda esta documentaci\u00f3n da \u00e9poca pasou por alto aquel prototipo de notario \u201cpoeta\u201d, dentro da clasificaci\u00f3n que lles fai a este tipo de individuos D\u00aa Victoria Armesto: \u201cLenin desconfiaba de la m\u00fasica, el Padre Sarmiento de la poes\u00eda y muchos padres [das familias fidalgas] parecen coincidir con estos recelos y antes de ver a sus hijos como poetas o m\u00fasicos, prefieren verlos como notarios o registradores de la propiedad\u201d (Galicia Feudal II, Ed. Galaxia 1969, p.353).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPenso que si a Administraci\u00f3n Mar\u00edtima seguira estando en mans da Armada Espa\u00f1ola, saber\u00edan que Pedro Teixeira (1569-1603) nos seus tratados de Xeograf\u00eda xa ten biograf\u00eda sobre a R\u00eda de Ribadeo, e desde logo que non se pasar\u00eda por alto o valor hist\u00f3rico das CARTAS N\u00c1UTICAS DA RIA DE RIVADEO, tanto do Instituto Hidrogr\u00e1fico Espa\u00f1ol como as do Almirantazgo Brit\u00e1nico.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPola nosa parte, non aceptamos para nada esta sentencia arbitraria e a todas luces partidista, dunha administraci\u00f3n de par\u00e1sitos que se re\u00fanen de cando en vez para dicir si a facer dano. Esta sentencia \u00e9 unha grande ignominia contra todo o sentido da Historia do Porto e R\u00eda de Ribadeo, que levamos defendendo desde fai m\u00e1is de 35 anos. Sempre estivemos atentos as falcatruadas que se estaban a facer por parte do Principado. Incluso desde a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/05\/nota-de-prensa-de-o-teeson-denuncia-o.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os de Ribadeo \u201cO Tes\u00f3n\u201d denunciamos ante a Garda Civil o xoves 13 de maio de 2010, ao diario \u201cLa Nueva Espa\u00f1a\u201d<\/a> ese pasqu\u00edn de Asturias que \u201cdespois de longos anos de ter usado dito diario de xeito constante o top\u00f3nimo de \u201cr\u00eda del Eo\u201d en troques do legal \u201cr\u00eda de Ribadeo\u201d, agora xa non se conforma coa dita teima e d\u00e1 unha puntada m\u00e1is en contra do noso patrimonio, dicindo \u201cque diversas instancias galegas queren impor o top\u00f3nimo legal de xeito insidioso\u201d. O artigo \u201cGalicia quiere los ca\u00f1ones del Eo\u201d, do d\u00eda 5 do presente mes, entre outras cousas relativas \u00f3 nome da r\u00eda e \u00f3 patrimonio, aparece o texto \u201cpara las dos orillas de la r\u00eda del Eo, cuya denominaci\u00f3n los nacionalistas gallegos quer\u00edan cambiar por el de r\u00eda de Ribadeo\u201d (La Comarca del Eo, 29 maio 2010). Falsidades constantes e c\u00ednicas expresi\u00f3ns onde as houbera. Hoxe vemos que t\u00ed\u00f1amos raz\u00f3n. De aquelas ensidias estes resultados. <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nContinuabamos a explicar que este \u201cxornal\u201d (La Nueva Espa\u00f1a), \u201cxa non s\u00f3 se conformaba coa difamaci\u00f3n da nosa toponimia hist\u00f3rica sen\u00f3n que con un cinismo inusual, no artigo de m\u00e9rcores 5 de Mayo de 2010, menciona que os restos que hai no fondo do \u201cestuario\u201d son de pertenza \u201casturiana\u201d e retrata aos raqueros do pecio hist\u00f3rico de \u201cEl Galgo de Andaluc\u00eda\u201d como se de heroes e patriotas se tratara\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEste peri\u00f3dico falsea torticeiramente a informaci\u00f3n hist\u00f3rica, pois non te\u00f1en ningunha rigorosidade nas noticias que atinxen ao Reino de Galiza, as cales foron relatadas por D. Eduardo Lence Santar y Guiti\u00e1n [Xos\u00e9 Isidro Fern\u00e1ndez Villalba, <a href=\"http:\/\/www.terraetempo.gal\/perfil_colaborador.php?colaborador=207\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Mondo\u00f1edo Regreso al Pasado<\/a> V, cap.35 p. 117 a 127] como sigue: En 1719 torna a ter un importante comercio [Ribadeo] e era un gran porto estrat\u00e9xico para a guerra no mar, por cuxo motivo o 27 de setembro deste ano sufr\u00eda a invasi\u00f3n dos piratas ingleses -en n\u00famero de seiscentos- que arribaron en tres fragatas de guerra e o \u201cpretenden colonizar\u201d ou m\u00e1is ben saquear se non se aceptan os pagos de 2000 dobl\u00f3ns en met\u00e1lico, trinta bois e vinte carneiros. As fragatas San Francisco e o Galgo de Andaluc\u00eda que estaban aqu\u00ed apostadas, antes de deixalas caer en mans inglesas os propios capit\u00e1ns D. Lorenzo de Tablada e D. Sebasti\u00e1n Villase\u00f1or respectivamente, pr\u00e9ndenlles lume, e cuxos pecios a\u00ednda se deben atopar no fondo da R\u00eda de Ribadeo. O Alcalde Maior de Ribadeo D. Juan Antonio del Llano y Osorio e unha pequena comitiva van falar para reunir os cartos co Alcalde Maior D. Francisco Antonio de Luaces y Somoza de Mondo\u00f1edo -capital da provincia-. Os ingleses saquean e queiman a vila durante tres largos d\u00edas, e por fin reciben 2400 pesos que os ribadenses chegaron a reunir (600 dobl\u00f3ns), e con este bot\u00edn en met\u00e1lico ret\u00edranse o primeiro de outubro e levan \u00e1ncoras de novo\u201d (tam\u00e9n no meu libro \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Escudos+de+Armas+do+Concello+de+Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Escudos de Armas do Concello de Ribadeo<\/a>\u201d, p.30-31).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo ano 2011, alertabamos do que estaban a facer no Principado ao po\u00f1er un nome a Reserva da Biosfera- Oscos-R\u00edo Eo e Terras de Bur\u00f3n co programa LEADER, no cal non se mencionaba para nada a Ribadeo, cando m\u00e1is das tres cuartas partes do territorio son das Terras de Ribadeo e Miranda. Naqueles artigos, escritos neste mesmo semanario de La Comarca del Eo, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/buronlandia-e-buronlandia-ii-francisco.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Buronlandia<\/a> (ligaz\u00f3n a Ribadeando; La Comarca del Eo, 1-outubro-2011), explic\u00e1bamos en como, \u201cno ano 1414, foi creado por Juan I de Castela o Principado de Asturias, e desde aquela foron apropi\u00e1ndose das Terras de Reboredo ou Terras de Ribadeo desde o r\u00edo Navia o Eo (escritura de 1551 en Medina del Campo); a primeiros do s\u00e9culo XX cambiaron o nome da Veiga de Ribadeo, este s\u00e9culo XXI t\u00f3calle a R\u00eda de Ribadeo e van, sen d\u00fabida, polo Concello de Ribadeo completo, pois as terras xa son, polo que parece, as de Bur\u00f3nlandia, para o s\u00e9culo XXII ser\u00e1 Barreiros, a Espi\u00f1eira, Villaronte&#8230; no s\u00e9culo XXIII Foz&#8230; e non sei cando chegar\u00e1n a Catedral de Santiago&#8230;\u201d. <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn Buronlandia II, a un Juan sen Nome (<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/buronlandia-e-buronlandia-ii-francisco.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadeando, 14-setembro-2017<\/a> e La Comarca del Eo, 12-novembro-2011), falabamos da neglixencia que se comet\u00eda por parte da alcald\u00eda de Ribadeo cando se permit\u00edan, sen levantar unha sola protesta, as denominaci\u00f3ns da Casa da R\u00eda, obviando de Ribadeo, a Casa da R\u00eda del Encuentro, obviando de novo o de Ribadeo. Naquel mesmo artigo, tam\u00e9n diciamos que tiveron \u201ca \u201cfachenda\u201d de pasar por derriba da historia, sobre a <a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/2008\/05\/marquesado-luto-oficial-e-orde-de.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">resoluci\u00f3n do Marquesado da R\u00eda de Ribadeo<\/a>\u201d [BOE, N\u00ba151. Real Decreto 591\/2002, de 24 de Junio] e do informe do Ministerio de Fomento, sobre a resoluci\u00f3n da nome da R\u00eda de Ribadeo [Ministerio de Fomento, 13-Marzo de 2008]<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDe nada valeu. Falabamos, dos referentes que manipularon os datos \u201cda Diadema de Ribadeo, descuberta fai m\u00e1is de 200 anos, no Castro das Grovas, non sei como se pode ter tal desfachatez \u201cacad\u00e9mica\u201d, como para dicir, que fai uns vinte anos, \u201creconocidos arque\u00f3logos e historiadores\u201d (innombrables pola mi\u00f1a parte) avalan a s\u00faa procedencia astur. \u00bfQu\u00e9 pasou agora? \u00bfacaso encontraron seus \u201cinsignes adl\u00e1teres\u201d, dentro das vitrinas do Louvre, terra dos Oscos-Rio Eo e Terras de Bur\u00f3n, pegada na filigrana da Diadema de Ribadeo?\u201d. Non pode crerse que lograron con todo tipo de falsidades arqueol\u00f3xicas que o Ministerio Arqueol\u00f3xico Nacional rexistrase a Diadema de Ribadeo como Diadema de Mo\u00f1es. Pois s\u00ed, iso ocorreu, e est\u00e1 vixente. Continuaban falando tam\u00e9n de que o \u201cpecio da \u201cGalga Andaluza\u201d estaba en augas xurisdicionales asturianas e que \u201cla Direcci\u00f3n General de Patrimonio del Principado la ha registrado en pleno derecho y obligaci\u00f3n conservadora\u201d \u00bfco dereito de qu\u00e9? Agora que se van facer catas arqueol\u00f3xicas na R\u00eda de Ribadeo \u00bfquen vai ser o Controlador de Patrimonio? \u00bfA Xunta ou o Principado? \u00a1Ribadeo perder\u00e1 patrimonio de seu, como sempre!. As\u00ed mesmo ocorreu e est\u00e1 ocorrendo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDiciamos en La Comarca del Eo (29-agosto-2009 e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/08\/artigo-de-pancho-campos-na-comarca-de.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">en Ribadeando<\/a>) \u201co top\u00f3nimo hist\u00f3rico lles importa mui pouco! \u00a1est\u00e1selles vendo o plumero a estes \u201cmarchantes de historia\u201d! O que realmente importa \u00e9 que a R\u00eda de Ribadeo perda tal denominaci\u00f3n porque as\u00ed con ela perde a identidade galega. Para o meu ver, esta \u00e9 a verdadeira raz\u00f3n. As\u00ed o espolio arqueol\u00f3xico da R\u00eda de Ribadeo, empezarao o Principado en breve\u201d&#8230; fai solo uns d\u00edas se falaba na prensa de bucear e espoliar o pecio do \u201cSan Francisco\u201d ou o do \u201cGalgo de Andaluc\u00eda\u201d, como si fora derrelicto asturiano. \u00a1Ay amigo&#8230; cuesti\u00f3n de barbar\u00edsmos&#8230;! \u00a1e un pimento! \u00a1cuesti\u00f3n de moitos millos de euros en subenci\u00f3ns europeas para seguir co esp\u00f3lio sitem\u00e1tico das terras e historia de Galicia! \u00a1xa fixeron o mesmo coa Diadema de Ribadeo agora \u201cde los Oscos\u201d&#8230;! \u00a1manda truco! \u00a1E a Ribadeo, t\u00f3calle por rebote&#8230; por ser a poboaci\u00f3n fronteiriza&#8230;! \u00a1Si seguimos as\u00ed, logo ser\u00e1 fronteira Vilaframil, Dompi\u00f1or, A Devesa, etc.\u201d&#8230; \u00bfQu\u00e9 fai a Xunta de Galicia \u00f3 respecto? Qu\u00e9 sepamos, nada. Alg\u00fans, est\u00e1bamos queimados co presidente Touri\u00f1o, \u00f3 que Balbino P\u00e9rez (alcalde de Ribadeo) tivo que increpar pola s\u00faa mala \u201cvocalizaci\u00f3n\u201d do top\u00f3nimo, ante Areces. E de este goberno da Xunta tampouco esperamos nada, posto que xa empezou a s\u00faa andadura de manifesta subordinaci\u00f3n a intereses estra\u00f1os a Galiza, po\u00f1endo en solfa a lingua, base esencial da nosa cultura galega\u201d. <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPois ben. Todo isto que estaba pasando co top\u00f3nimo da R\u00eda de Ribadeo, foi denunciado por n\u00f3s ata a saciedade. Diciamos en 2009, \u201cMentras houbo ribadenses na administraci\u00f3n estatal e local, da talla e categor\u00eda de D. Leopoldo Calvo Sotelo (Marqu\u00e9s da R\u00eda de Ribadeo, \u00a1menudo desplante lles pegou \u00f3s tartufos!) de D. Pancho Maseda ou de D. Eduardo Gutierrez, todos eles alcaldes de Ribadeo que menearon Roma con Santiago con cartas constantes de protesta as Instituci\u00f3ns Espa\u00f1olas, Asturianas e Gallegas pola inquina manifesta, que se estaba a producir con dito top\u00f3nimo, da R\u00eda de Ribadeo, especialmente desde 1985 (\u00e9poca da apertura da maldita Ponte dos Santos) ou aproveitando calquera evento (como a creaci\u00f3n das autonom\u00edas) para tratar de morder outro bocado m\u00e1is do territorio ou da propia historia do Reino de Galicia (l\u00e9ase o Bierzo tam\u00e9n). Das autoridades locales actuales, esperamos que contin\u00faen pola misma li\u00f1a que os seus antecesores, sen perder unha coma&#8230; sen dar tr\u00e9gua a ignominia&#8230; pero segundo se est\u00e1n a desenrolar as cousas&#8230; \u00a1xa veremos si est\u00e1n a altura&#8230;! Agora, seguro que no Principado aproveitaran, polo que estamos vendo, a coronaci\u00f3n do Principe de Asturias como rei (\u00a1espero que viva D. Juan Carlos outros cincuenta anos al menos e de tempo a espallar as mi\u00f1as cinzas na R\u00eda de Ribadeo!). Non \u00e9 broma. Xa vimos fai dous anos o Principe Felipe dicir en Castropol, Ria do Eo, polo que xa est\u00e1n concienciando o futuro rei para tal evento. Ademais, est\u00e1n preparando o terreo no parlamento de Asturias para que haxa \u201cconstancia previa de tr\u00e1mite\u201d apoiada pola maior\u00eda dos seus partidos pol\u00edticos, PP, PSOE e IU (l\u00e9ase artigo de Evaristo en La Comarca del Eo 14-agosto-2009)\u201d<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDespois dos alcaldes Eduardo e Balbino, non volvemos a ver unha nota de prensa, nin unha carta de protesta desde o Concello de Ribadeo. \u00c9 m\u00e1is, cando se lle dixo o alcalde que algo hab\u00eda que facer cos libros para escolares da R\u00eda de Ribadeo e R\u00eda do Eo, dixo que el estaba canso da pol\u00e9mica e que non \u00eda protestar contra o alcalde de Castropol. Sr. D. Fernando Su\u00e1rez Barcia, sinto moit\u00edsimo dicirllo, cr\u00e9ame, pero non fixo ning\u00fan seguimento de todas estas falcatruadas. Son militante do BNG desde fai moitos anos, un galeguista ata a m\u00e9dula, pero vostede non volver\u00e1 para a alcald\u00eda de Ribadeo, co meu voto. Non \u00e9 digno de sentarse na cadeira do Marqu\u00e9s de Sargadelos, un armador notable que mandou facer as cartas da R\u00eda de Rivadeo, para meter aos seus 79 barcos mercantes no Porto de Ribadeo. Non se pode \u201cpasar de todo\u201d como fai e fixo a Deputaci\u00f3n de Lugo, ou a Xunta de Galicia, o que da a entender de que os galegos temos o que merecemos. Isto que ocorre co nome da R\u00eda de Ribadeo, \u00e9 problema de t\u00f3dolos galegos, pois queir\u00e1molo ou non, somos un pobo fronteira do Reino da Galiza e os representantes do Principado, est\u00e1n cambi\u00e1ndolle os \u201cmarcos\u201d do territorio d\u00e9cada tras d\u00e9cada.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNon era dif\u00edcil de predicir sabendo da \u201cmamandurria\u201d hist\u00f3rica da Administraci\u00f3n espa\u00f1olista (que non espa\u00f1ola), que como diciamos, esperar\u00edan a que o Pr\u00edncipe  Felipe de Borb\u00f3n chegara a reinar, e a\u00ednda por derriba, te\u00f1en a carambola de que se namora de D\u00aa. Leticia, que ser\u00eda a primeira ra\u00ed\u00f1a consorte asturiana. Non hab\u00eda m\u00e1is que esperar que houbera un individuo apropiado na alcald\u00eda de Ribadeo e outro Instituto Geogr\u00e1fico Nacional, para que se dobregara todo as pretensi\u00f3ns do Principado de Asturias, e mira por onde t\u00f3calles un murciano, un conveci\u00f1o da xu\u00edza que lle dita a famosa sentencia a unha galega da \u201cGalicia Profunda\u201d. Que m\u00e1is queremos, somos uns cenizos.<\/em><\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\">&#8212;&nbsp;<\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/10\/informe-sobre-la-denominacion-de-la-ria.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Informe da Plataforma de defensa da r\u00eda de Ribadeo sobre o nome da r\u00eda<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/08\/de-nomes-historia-e-futuro.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ditame de 2008 sobre o nome da r\u00eda de Ribadeo<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/resolucion-da-ceng-ign-sobre-o-nome-da.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ditame 2021 sobre o nome da r\u00eda de Ribadeo&nbsp;<\/a><\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/nota-de-prensa-de-un-grupo-de-antigos.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Nota de prensa Plataforma sobre o ditame de 2021&nbsp;<\/a><\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/nota-de-prensa-do-concello-e-valoracion.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Nota de prensa e valoraci\u00f3n do concello sobre o ditame de 2021&nbsp;<\/a><\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/falando-sobre-tentativa-de-cambio-de.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Corte de radio Foz sobre o nome da r\u00eda de Ribadeo<\/a><\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/ria-de-ribadeo-unha-nota-mais-sobre-o.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo. Unha nota m\u00e1is sobre o nome.  <\/a><br \/>\n  &nbsp;<\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\">Algunha entrada anterior:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/a-ria-del-eo-no-concello-de-ribadeo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A r\u00eda del Eo no concello de Ribadeo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/pleno-do-parlamento-de-asturias-do-27.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">PLENO DO PARLAMENTO DE ASTURIAS DO 27 DE NOVEMBRO DE 2019. <span class=\"d2edcug0 hpfvmrgz qv66sw1b c1et5uql b0tq1wua a8c37x1j keod5gw0 nxhoafnm aigsh9s9 d9wwppkn fe6kdd0r mau55g9w c8b282yb hrzyx87i jq4qci2q a3bd9o3v b1v8xokw oo9gr5id hzawbc8m\" dir=\"auto\">RIA DEL EO VS RIA DE RIBADEO<\/span><\/a>.<\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/a-ria-de-ribadeo-vs-ria-del-eo-nas.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A RIA DE RIBADEO vs R\u00eda del Eo nas pol\u00edticas do Principado de Asturias (II)<\/a>.&nbsp;<\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/a-ria-del-eo-na-politica-do-principado.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A R\u00cdA DEL EO NA POL\u00cdTICA DO PRINCIPADO DE ASTURIAS (I)<\/a>.&nbsp;<\/p>\n<p class=\"o9v6fnle cxmmr5t8 oygrvhab hcukyx3x c1et5uql ii04i59q\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/a-ria-del-eo-no-concello-de-ribadeo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO<\/a>.<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>R\u00cdA DE RIBADEO, POR EN\u00c9SIMA Pancho Campos Dorado Ergu\u00e9monos o venres, 5 de novembro, cun titular de prensa \u201cAsturias gana la batalla del top\u00f3nimo y r\u00eda del Eo se equipara a R\u00eda de Ribadeo\u201d (La Voz de Galicia). \u201cO Estado admite como cooficial o top\u00f3nimo R\u00eda do Eo\u201d (N\u00f3s). Unha resoluci\u00f3n tomada polo chamado \u201cInstituto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,56],"class_list":["post-3685","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3685","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3685"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3685\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3685"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3685"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3685"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}