{"id":3668,"date":"2021-11-16T09:28:00","date_gmt":"2021-11-16T08:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:19:02","modified_gmt":"2024-10-25T14:19:02","slug":"encerrados-nesta-terra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/16\/encerrados-nesta-terra\/","title":{"rendered":"Encerrados nesta Terra"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Non estamos pechados con chave, a Terra non ten chave que a peche, mais si estamos illados neste planeta, pasaxeiros temporais no universo. Despois dunha tempada na que sent\u00edamos aumentar a esperanza de poder sa\u00edr cara outros mundos, detr\u00e1s dos nosos enxe\u00f1os robotizados, ou mesmo detr\u00e1s das novas diferenzas entre persoas, baseadas na posibilidade de poderse pagar unha viaxe \u00f3 &#8216;espazo exterior&#8217;, cada vez estamos m\u00e1is illados no noso planeta. A humanidade m\u00e1is atada no seu conxunto a esta terra que \u00e9 a nosa Terra.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Os \u00faltimos episodios que nos van facendo m\u00e1is e m\u00e1is patente a cura de humildade para convivir en e co noso planeta tiveron lugar a semana pasada. O novo fracaso da 26 Conferencia das partes, COP, o cumio clim\u00e1tico auspiciado pola ONU en Glasgow, significa tam\u00e9n unha nova renuncia a establecer a paz da humanidade co planeta. Pero non chegou s\u00f3. Acompa\u00f1ouse dunha nova moito menos medi\u00e1tica, un novo desv\u00edo da \u00f3rbita da Estaci\u00f3n Espacial Internacional para evitar un lixo &#8216;controlado&#8217;, os restos dun sat\u00e9lite meteorol\u00f3xico chin\u00e9s.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por unha beira, canto m\u00e1is nos pelexemos coa Terra, menos conviviremos con ela, e iso significa que peor o faremos. Toda relaci\u00f3n ten as s\u00faas tensi\u00f3ns, mais se se exacerban, o estr\u00e9s causado prexudica \u00e1s partes, chegando a destru\u00edr a relaci\u00f3n. Iso nos pasa coa Terra, mais, pola s\u00faa natureza, se destru\u00edmos a relaci\u00f3n, destru\u00edmos tam\u00e9n a posibilidade de vivir aqu\u00ed. E polo momento, non hai outro sitio. Tecnicamente, poder\u00edase xa vivir na L\u00faa ou Marte, mais a vista de tal posibilidade para toda a humanidade \u00e9 unha inxenuidade. E a fuxida do noso planeta, posible para unha exigua minor\u00eda, non levar\u00eda a ningures m\u00e1is ca un novo e m\u00e1is reducido illamento. E no futuro? Neg\u00e1ndonos a n\u00f3s mesmos a convivencia co planeta e esgotando os recursos \u00e1 nosa man, estamos empuxando cara abaixo d\u00eda a d\u00eda con m\u00e1is forza a li\u00f1a de posibilidades de escape que a tecnolox\u00eda, esa creaci\u00f3n nosa, tenta empurrar cara arriba.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A dificultade da nosa sa\u00edda f\u00edsica \u00f3 exterior vese agravada tam\u00e9n d\u00eda a d\u00eda na mera comunicaci\u00f3n co exterior polos nosos propios refugallos. Non s\u00f3 \u00e9 que esteamos a encher o planeta de luz, facendo m\u00e1is dif\u00edcil ver o ceo e sent\u00edrmonos parte do universo enteiro, estamos a inundar o planeta de refugallos, afog\u00e1ndonos neles, e tam\u00e9n o estamos a facer no espazo que rodea \u00e1 Terra. Milleiros e milleiros de restos descontrolados orbitan o noso planeta, sendo un perigo para as actividades que se mante\u00f1en en \u00f3rbita. Iso que lle pasou a semana pasada \u00e1 Estaci\u00f3n Espacial Internacional, o ter que desviarse da \u00f3rbita, \u00e9 unha manobra cada vez m\u00e1is com\u00fan, realizada para evitar choques contra obxectos de \u00f3rbitas co\u00f1ecidas pero sobre as que non se ten control. Cada vez m\u00e1is. O mesmo que cada vez hai m\u00e1is obxectos con \u00f3rbitas que non se controlan e que poden causar un accidente.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Os dous feitos infl\u00faen no mesmo: po\u00f1er barrotes arredor noso. E, \u00f3 tempo, significan algo oposto. Por unha beira, un sobreconsumo (entrada) cada vez maior e de cada vez maior parte da humanidade, e por outra, un emporcamento (sa\u00edda) causado pola mesma humanidade. E iso af\u00e9ctanos. A\u00ednda que non te\u00f1amos intenci\u00f3n de sa\u00edr do noso planeta.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Non estamos pechados con chave, a Terra non ten chave que a peche, mais si estamos illados neste planeta, pasaxeiros temporais no universo. Despois dunha tempada na que sent\u00edamos aumentar a esperanza de poder sa\u00edr cara outros mundos, detr\u00e1s dos nosos enxe\u00f1os robotizados, ou mesmo detr\u00e1s das novas diferenzas entre persoas, baseadas na posibilidade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[30,32,9,40],"class_list":["post-3668","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ciencia","tag-filosofia","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3668","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3668"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3668\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3668"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3668"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3668"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}