{"id":3643,"date":"2021-11-25T18:29:00","date_gmt":"2021-11-25T17:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T16:18:30","modified_gmt":"2024-10-25T14:18:30","slug":"para-que-os-bancos-non-abusen-mellor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/25\/para-que-os-bancos-non-abusen-mellor\/","title":{"rendered":"Para que os bancos non abusen&#8230; mellor, que indemnicen"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Onte foi m\u00e9rcores. E como tal, produciuse unha nova prevista en relaci\u00f3n cos bancos en Ribadeo, e ademais, un &#8216;bonus&#8217; imprevisto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O previsto, a manifestaci\u00f3n diante de oficinas bancarias en Ribadeo, loitrando contra o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=abuso%20bancario\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">abuso bancario<\/a>. Esta vez, por tratarse dunha zona de alta densidade de oficinas, dunha tacada a concentraci\u00f3n serviu a tres diferentes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A xente, algo m\u00e1is de vinte persoas, fixo o recorrido entre entidades que non est\u00e1n separadas m\u00e1is de cen metros entre si. Deixo abaixo o cartel de chamada e algunha foto diante de cada entidade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A outra nova, imprevista, tivo orixe no concello. A nota de prensa \u00f3 final da entrada d\u00e1 conta dela. En resume: O concello, nomeado herdeiro de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Francisco Moreda\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Francisco Moreda<\/a>, viu que na herdanza ti\u00f1a unha conta no B. Santander. Pero o banco non lle deixou acceder a ela nin para saber a cantidade dispo\u00f1ible. Agora o xulgado remata de penalizar \u00f3 banco, d\u00e1ndolle a raz\u00f3n \u00f3 concello, a quen ter\u00e1n que indemnizar. Entre herdanza e indemnizaci\u00f3n, uns 85 000 \u20ac.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/BSabadell.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"512\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/BSabadell.jpg\" class=\"wp-image-3644\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/BSabadell2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"360\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/BSabadell2.jpg\" class=\"wp-image-3645\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/BBVA.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"360\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/BBVA.jpg\" class=\"wp-image-3646\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/liberbank.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"360\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/liberbank.jpg\" class=\"wp-image-3647\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Nota de prensa do concello:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/Retrato_Francisco_Moreda.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"491\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/11\/Retrato_Francisco_Moreda.jpg\" class=\"wp-image-3648\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>SU\u00c1REZ AGARDA AXUDA DA XUNTA PARA AS OBRAS DO HOSPITAL-ASILO<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nIndemnizaci\u00f3n ao Concello<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n24\/11\/2021<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>O Banco Santander ter\u00e1 que indemnizar ao Concello de Ribadeo por non permitirlle acceder \u00e1s contas de Francisco Moreda durante m\u00e1is dun ano. Para o alcalde, Fernando Su\u00e1rez, tr\u00e1tase dunha boa noticia &#8220;tanto por interese p\u00fablico como por orgullo e dignidade&#8221;. Esa cantidade, uns 85.000 euros, sumarase ao resto da herdanza que este m\u00e9dico decidiu destinar ao Hospital Asilo.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>O rexedor dixo que &#8220;hoxe empezamos cunha boa noticia tanto por interese p\u00fablico como por orgullo e dignidade. Acabamos de saber que o Xulgado de 1\u00aa Instancia e Instruci\u00f3n de Mondo\u00f1edo deunos a raz\u00f3n no preito contra o Banco Santander por non darnos acceso \u00e1s contas do finado Francisco Moreda durante m\u00e1is de un ano. Isto supuxo graves danos no patrimonio desta herdanza, por canto ao non poder acceder no tempo razoable, houbo unha serie de produtos financeiros que viron reducido o seu valor. Desde o Concello, como titular do Hospital Asilo, e por extensi\u00f3n responsable da xesti\u00f3n desta herdanza, nada puidemos facer durante todo o tempo que o Banco actuou neglixentemente ao non permitirnos acceso \u00e1s contas e aos valores&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Su\u00e1rez Barcia manifestou que &#8220;o que si fixemos durante todo este tempo foron os requirimentos formais reiterados, motivados a trav\u00e9s dos informes da Tesourer\u00eda e da Intervenci\u00f3n do Concello, indic\u00e1ndolle a ese Banco que poder\u00eda ser responsable, como as\u00ed acabou sendo, por esta actuaci\u00f3n neglixente. \u00c1 vista desta inxustiza, contratamos a un bufete de avogados especializados en Dereito Mercantil, Zamorano &amp; Peleteiro, quen viron que hab\u00eda motivos dabondo para recorrer \u00e1 xustiza para defender o interese p\u00fablico&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO alcalde sinalou que &#8220;o Banco estivo moitos meses sen darnos acceso a todas as contas esix\u00edndonos documentaci\u00f3ns inxustificables e cuestionando se o Concello era o herdeiro lex\u00edtimo, algo que o resto de actores neste caso non o fixeron (nin a Notar\u00eda, nin o Rexistro da Propiedade, nin o Ministerio de Facenda, nin o propio Xulgado cando nos deu as chaves do piso que estaban na s\u00faa custodia, etc.). Finalmente, a xustiza, o\u00eddas ambas as d\u00faas partes, reco\u00f1ece a neglixencia do Banco de Santander e obr\u00edgao a indemnizar ao Concello, xa que esa entidade non pode erixirse en xu\u00edz da sucesi\u00f3n cuestionando a calidade de sucesor do Concello nin as vicisitudes estatutarias ou org\u00e1nicas do Hospital Asilo, dado que o Banco carece de toda lexitimaci\u00f3n para iso&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nFernando Su\u00e1rez indicou que &#8220;segundo os nosos avogados, a falta da precisi\u00f3n exacta do montante, este pode ascender a uns 85.000 euros. Desde o Concello sent\u00edmonos aliviados con esta sentenza, sabendo que o interese p\u00fablico non se ve afectado. E tam\u00e9n podemos dicir como moralexa, como non, que o dito de que a Banca sempre ga\u00f1a, non \u00e9 certo. Agora este montante econ\u00f3mico sumarase ao resto da herdanza, que xa temos a bo recaudo da Tesourer\u00eda municipal, e que se completar\u00e1 coa venda do piso, que a\u00ednda que quedou deserto nesta recente poxa, xa estamos traballando en sacalo proximamente a unha nova con un valor algo mais inferior&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO rexedor ribadense engadiu: &#8220;e con todo o que te\u00f1amos, sabemos que non ha ser abondo para o tama\u00f1o proxecto de reforma do Hospital Asilo que temos por diante, mais confiamos que desta volta, a Xunta de Galicia po\u00f1a a diferenza para poder executar estas obras tan necesarias&#8221;.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Onte foi m\u00e9rcores. E como tal, produciuse unha nova prevista en relaci\u00f3n cos bancos en Ribadeo, e ademais, un &#8216;bonus&#8217; imprevisto. &nbsp;&nbsp;&nbsp; O previsto, a manifestaci\u00f3n diante de oficinas bancarias en Ribadeo, loitrando contra o abuso bancario. Esta vez, por tratarse dunha zona de alta densidade de oficinas, dunha tacada a concentraci\u00f3n serviu a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3644,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-3643","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3643","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3643"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3643\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3644"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3643"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3643"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3643"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}