{"id":3637,"date":"2021-11-29T09:18:00","date_gmt":"2021-11-29T08:18:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T13:26:55","modified_gmt":"2024-10-25T11:26:55","slug":"so-hai-unha-cousa-peor-ca-violencia-o","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/11\/29\/so-hai-unha-cousa-peor-ca-violencia-o\/","title":{"rendered":"S\u00f3 hai unha cousa peor ca violencia: o sometemento \u00e1 violencia."},"content":{"rendered":"<p><span>S\u00f3 hai unha cousa peor ca violencia: o sometemento \u00e1 violencia<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\nO t\u00edtulo \u00e9 unha cita que vin atribu\u00edda a un primeiro ministro hebreo, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Levi_Eshkol\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Levi Eshkol<\/a>. No marco do &#8216;conflito&#8217; \u00e1rabe-israel\u00ed, empregouna para xustificar a violencia de estado contra a violencia nas r\u00faas.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\nSupo\u00f1amos que acordamos con el no valor desas verbas. E agora ve\u00f1amos a Espa\u00f1a. Para facer a situaci\u00f3n equiparable, no marco da lei mordaza (<a href=\"https:\/\/www.boe.es\/buscar\/pdf\/2015\/BOE-A-2015-3442-consolidado.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Lei Org\u00e1nica de Seguridade Cidad\u00e1<\/a>, de 2015, aprobada en solitario polo PP), haber\u00eda ou ben que ver o pobo como violento que loita contra unha violencia sometedora, ou ben tratar en xeral \u00f3 pobo como o inimigo que quere subxugar a Espa\u00f1a. No primeiro caso, a cita estar\u00eda tratando esa &#8216;violencia popular&#8217; como mal menor&#8230; \u00c9 no segundo, ser\u00eda dicir que Espa\u00f1a \u00e9 en si o interese de catro que estar\u00edan a subxugar \u00f3 resto, usando as leis \u00f3 seu favor e defendendo o seu uso co recurso \u00e1 violencia.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\nNon sei se est\u00e1 claro. A cousa v\u00eduseme \u00e1 cabeza \u00f3 ler esta ma\u00f1\u00e1 unha entrevista, tratando no fondo sobre os cambios legais que parece que se aveci\u00f1an sobre dita lei mordaza. Un resume dos cambios, segundo a entrevista, ser\u00eda (con comentarios meus entre par\u00e9ntese):<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\n&#8211; que os atestados policiais deixen de ter presunci\u00f3n de veracidade (en realidade, ser\u00eda po\u00f1elos \u00f3 mesmo nivel de veracidade que outras fontes a confrontar, non que se deixen de considerar)<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\n&#8211; que calquera poder\u00e1 manifestarse sin necesidade de comunicalo antes \u00e1 Subdelegaci\u00f3n do Goberno (entendo que m\u00e1is ben, sen necesitar a aprobaci\u00f3n dela conforme \u00f3 dereito de manifestaci\u00f3n)<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\n&#8211; que o ter estupefacientes pase a ser infracci\u00f3n leve (dependendo de diversas variables, claro)<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\n&#8211; que as retenci\u00f3ns para identificaci\u00f3n pasen a ser de d\u00faas horas e non de seis como agora (\u00e9 dicir, que non se use a retenci\u00f3n como castigo preliminar, sen\u00f3n para o motivo para o que se permiten)<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\n&#8211; que os axentes non poder\u00e1n usar b\u00f3las de goma como &#8216;elemento disuasorio&#8217; (\u00e9 dicir, sen motivo previo, e con certa iron\u00eda, pois se se consulta o dicionario, verase disuadir como &#8216;conseguir mediante raz\u00f3ns e argumentos que [algu\u00e9n] abandone unha idea ou renuncie a levar a cabo un prop\u00f3sito, unha acci\u00f3n.&#8217;).<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\nA posibilidade deses cambios est\u00e1 levando a alg\u00fans membros das &#8216;forzas de seguridade do estado&#8217; a montar manifestaci\u00f3ns nas que, aparentemente, non se ven sometidos \u00e1s mesmas condici\u00f3ns polas forzas de seguridade do estado en servizo que se foran doutros colectivos. E \u00f3 carro s\u00famanse representantes de PP, Vox e C&#8217;s.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\nOs motivos das manifestaci\u00f3ns? Polo que parece, que o cambio legal aumentar\u00eda a desprotecci\u00f3n desas forzas de seguridade (que, lembremos, te\u00f1en o monopolio legal do uso da violencia).<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\nO dilema, sempre segundo a entrevista \u00e1 que me refiro, parece o seguinte: se quitan os &#8216;elementos de disuasi\u00f3n&#8217;, \u00bfcomo act\u00faan os corpos e forzas de seguridade? \u00c9 dicir, a pregunta leva consigo \u00e1s forzas de seguridade vistas cunha funci\u00f3n non de seguridade, sen\u00f3n como elementos de &#8216;disuasi\u00f3n&#8217;.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\nHai tempo que lin que se un axente usa unha arma \u00e9 que fallou na s\u00faa misi\u00f3n. Pero deb\u00eda ser nun texto estranxeiro, que aqu\u00ed a doutrina p\u00eddese que pase pola exacerbaci\u00f3n do uso legal da violencia: f\u00f3ra restrici\u00f3ns e constrici\u00f3ns. Que est\u00e1 m\u00e1is que demostrado que tam\u00e9n hai axentes do orde que minten? Non importa, presunci\u00f3n de veracidade para evitar inconvenientes, para evitar &#8216;un mal maior&#8217;. Que alg\u00fans poden dar unha malla sen vir a conto? C\u00e1maras f\u00f3ra, que, parodiando un dito machista de hai tempo, se o axente non sabe o motivo, o afectado xa saber\u00e1 por que. Que unha b\u00f3la de goma pode sacar un ollo? Mala sorte, con non ir (nin achegarse) \u00e1 manifestaci\u00f3n, asunto solucionado. Para que ir?<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\nVolvo \u00f3 t\u00edtulo. Parece que se tratara de que o medo \u00e1 polic\u00eda, \u00e1 s\u00faa violencia, faga someterse \u00f3s cidad\u00e1ns. E iso, segundo consta, \u00e9 peor ca violencia puntual: \u00e9 violencia continuada. O mesmo d\u00eda que escribo isto, Manuela Carmena axustou: &#8220;A extrema dereita bas\u00e9ase nunha alteraci\u00f3n da realidade social para xerar o medo&#8221;. Non \u00e9 raro ent\u00f3n que Vox se sume as manifestaci\u00f3ns esixindo liberdade de represi\u00f3n.<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>\n Collo por \u00faltimo outra cita: &#8220;O paso que (&#8230;) est\u00e1 dando hoxe deber\u00eda enviar unha mensaxe clara: nunha sociedade libre, \u00e9 inaceptable desenrolar un poderoso (&#8230;) patrocinado polo estado contra usuarios inocentes e contra aqueles que procuran facer do mundo un lugar mellor&#8221;. Quen queira procurar a cita ter\u00e1 que mirar nunha demanda de Apple contra un fabricante de software esp\u00eda, non contra a lei mordaza. Pero se \u00e9 usado nese caso (e \u00e9 posible usalo neste) \u00e9 s\u00f3 porque \u00e9 un principio xeral. Ou non?<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>S\u00f3 hai unha cousa peor ca violencia: o sometemento \u00e1 violencia &nbsp;&nbsp; &nbsp; O t\u00edtulo \u00e9 unha cita que vin atribu\u00edda a un primeiro ministro hebreo, Levi Eshkol. No marco do &#8216;conflito&#8217; \u00e1rabe-israel\u00ed, empregouna para xustificar a violencia de estado contra a violencia nas r\u00faas. &nbsp;&nbsp; &nbsp; Supo\u00f1amos que acordamos con el no valor desas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-3637","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3637","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3637"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3637\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3637"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3637"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3637"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}