{"id":3572,"date":"2021-12-08T16:04:00","date_gmt":"2021-12-08T15:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T12:10:48","modified_gmt":"2024-10-25T10:10:48","slug":"o-conde-de-salinas-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/12\/08\/o-conde-de-salinas-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"O \u201cConde de Salinas\u201d.  Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/12\/escudoRibadeo.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/12\/escudoRibadeo.png\" class=\"wp-image-3573\" width=\"228\" \/><\/a><\/p>\n<p><em><strong>O \u201cConde de Salinas\u201d<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Este persoeiro e a s\u00faa saga familiar ten moit\u00edsimo que ver coa Historia do Ribadeo antigo e moderno, pola \u201csinxela\u201d raz\u00f3n de que foi un destes \u201ccondes\u201d quen vendeu por 8500 ducados as <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Terras+de+Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Terras de Ribadeo<\/a> e servidumes entre os r\u00edos Navia e Eo, segundo escritura de compravenda asinada no ano 1551 en Medina del Campo (v\u00e9xase o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Ribadeo+Antiguo+de+Francisco+Lanza\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza<\/a>, p\u00e1x. 78-79-80).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero quen \u00e9 e de onde veu este <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Salinas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Conde de Salinas<\/a>? No meu libro dos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Escudos+de+Armas+do+Concello+de+Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Escudos de Armas do Concello de Ribadeo<\/a> (p\u00e1x. 268-270) fago unha serie de conxecturas no cap\u00edtulo dos Escudos de Armas da antiga Fortaleza de Ribadeo, sobre quen puido ser o I Conde de Salinas, para intentar saber quen foi realmente o \u201cpersonaxe\u201d, como elegantemente lle chama Francisco Lanza, deste clan familiar que fixo a falcatruada de vender un cacho de territorio do Reino de Galicia sen que ningunha das autoridades galegas movera un dedo ao respecto, perdendo Ribadeo un mont\u00f3n de dereitos que lle correspond\u00edan por ser a Capitan\u00eda Mar\u00edtima Terrestre en todo o territorio das terras do Condado, pois esa era a potestade xur\u00eddica, pol\u00edtica e militar que ti\u00f1an os Condes de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nUn destes condes, casouse coa V Condesa de Ribadeo D.\u00aa Mariana de Villandrando e Z\u00fa\u00f1iga, filla de don Rodrigo de Villandrando, III Conde de Ribadeo e da s\u00faa segunda muller D.\u00aa Beatriz de Z\u00fa\u00f1iga, coa que se casou polo ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1440\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1440<\/a> despois de enviuvar da s\u00faa primeira muller D.\u00aa Margarita de Borb\u00f3n que falece en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1438\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1438<\/a>. As datas son moi importantes para contextualizar os acontecementos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa revista Hidalgu\u00eda de Genealog\u00eda, Nobleza y Armas (Ano V, xaneiro-febreiro, 1957, N\u00ba20, Madrid, pax.41-48) atopamos un amplo estudo de Eloy Benito Ruano, sobre \u201cEl origen del Condado de Salinas\u201d onde parece que D. Pero Sarmiento, aparece na s\u00faa biograf\u00eda como I Conde de Salinas. Era Reposteiro Maior e Asistente do rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xo%C3%A1n_II_de_Castela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Xo\u00e1n II de Castela<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1406\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1406<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1454\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1454<\/a>) e Alcaide na cidade e no alc\u00e1zar de Toledo. Todo o artigo se trata baixo unha dubidosa orixe deste condado de Salinas, e que posiblemente fose inventado polo tal conde baixo a sombra do Condado de Ribadeo, t\u00edtulo que ostentaba a s\u00faa muller, como veremos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nD. Pero era neto de D. Diego G\u00f3mez Sarmiento Se\u00f1or de Salinas de A\u00f1ana (non conde) en \u00c1lava, t\u00edtulo que lle concedera o rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Henrique_II_de_Castela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Henrique II de Trast\u00e1mara<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1369\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1369<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1369\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1379<\/a>) \u201co das Merc\u00e9s\u201d ao casar coa s\u00faa sobri\u00f1a D.\u00aa Leonor de Castela, filla de seu irm\u00e1n D. Fadrique, Mestre de Santiago. Este informe esclar\u00e9cenos que a procedencia das terras de Salinas, son dun pobo de \u00c1lava. Absolutamente nada que ver con Galiza, por certo, igual que pasa con todos os Condes de Ribadeo que ning\u00fan \u00e9 galego, ag\u00e1s <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Rodrigo_de_Villandrando\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Rodrigo de Villandrando<\/a> que era natural de Illa, parroquia de Entrimo (Ourense) segundo biograf\u00eda de Benito Pereira Dom\u00ednguez (Ed. Glifo, ano 2000) que contrad\u00ed a versi\u00f3n de ser un \u201cfidalgo vallisoletano\u201d como di a Gran Enciclopedia Galega (Ed. 1974, tomo XXVI p\u00e1x.213) que copia o relato do Discurso de D. Antonio Mar\u00eda Fabi\u00e9, da Real Academia da Historia de 21 de maio de 1882 (Imprenta y fundici\u00f3n de M. Tello, Madrid 1882, pax.6).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nComo os ribadenses xa sabemos, o rei D. Henrique II foi quen lle concedeu o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Condado de Ribadeo<\/a> a Pierre de Villaines o 20 de decembro do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1369\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1369<\/a>, polos servicios que lle prestara contra seu medio irm\u00e1n o rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Pedro_I_de_Castela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pedro I \u201cO Cruel\u201d<\/a>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCabe dicir aqu\u00ed que moi posiblemente as magn\u00edficas Terras de Ribadeo, en calidade de Condado de Ribadeo, fosen concedidas polo rei Henrique II a un estranxeiro (franc\u00e9s neste caso) por odio e desprezo que lle ti\u00f1a a Galiza e \u00f3s condes Velaz de Montenegro, unha das m\u00e1is poderosas familias galegas, xunto cos <a href=\"condes de Trava\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">condes de Trava<\/a>, cuxo <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Trast%C3%A1mara\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">condado de Trast\u00e1mara<\/a>, outra perla da Galiza, tam\u00e9n llo concedeu \u00f3 franc\u00e9s, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Bertrand_Du_Guesclin\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Bertrand du Guesclin<\/a> polo mesmo motivo de axudarlle na guerra desde <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1366\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1366<\/a> contra o seu medio irm\u00e1n, o lex\u00edtimo rei Pedro I. Ambos condados, pretend\u00eda Henrique II, que perderan a galeguidade (ver \u201cRenegados\u201d La Comarca del Eo, 12-xu\u00f1o-2021). Trast\u00e1mara era de tan importante li\u00f1axe que Henrique II fixo amago de deixalo, pero f\u00edxoo propio da s\u00faa familia, e creou a dinast\u00eda de reis Trast\u00e1mara que chegou ata Isabel a Cat\u00f3lica.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPois ben. O primeiro fillo de D. Diego G\u00f3mez nace no ano de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1373\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1373<\/a> e o seu neto D. Pero Sarmiento, a quen n\u00f3s nos referimos, parece que vai ser o I Conde de Salinas, e xa estaba morto cando en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1466\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1466<\/a> <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Henrique_IV_de_Castela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Henrique IV \u201co Impotente\u201d<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1454\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1454<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1474\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1474<\/a>) lle concede dito t\u00edtulo. Algo raro, non?<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa sucesi\u00f3n familiar faise arrancar este t\u00edtulo de I Conde de Salinas na suposta concesi\u00f3n por Enrique IV, non en D. Pero, sen\u00f3n no seu fillo D. D<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Diego_G%C3%B3mez_Sarmiento\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">iego G\u00f3mez Sarmiento<\/a> en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1470\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1470<\/a>. Mais o Marqu\u00e9s de Sete Iglesias, nos seus estudos sobre T\u00edtulos e Grandezas do Reino (de Espa\u00f1a), di que \u00e9 D. Pero Sarmiento ou D. Pero Ruiz Sarmiento (como tam\u00e9n o chaman) o primeiro Conde de Salinas, Reposteiro Maior do Rei, se\u00f1or de Pe\u00f1acerrada, La Bastida, Ocio, Puente la Red, etc. Hai un documento con data 10 xaneiro de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1462\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1462<\/a>, polo que Enrique IV exixe a D. Pero Sarmiento Conde de Salinas, o pago de certas alcabalas. Estes testemu\u00f1os parecen dar certeza de atribuci\u00f3n de dito t\u00edtulo, pero non hai documento fidedigno da s\u00faa concesi\u00f3n (ibid. Hidalgu\u00eda p\u00e1x.45)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outra banda, Frei Francisco de Gonzaga, refer\u00edndose a unha fundaci\u00f3n que o Conde don Pero Ruiz fixera ao mosteiro de San Francisco da Bastida no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1462\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1447<\/a>, constata de que foi o primeiro Conde (de Salinas) de privilexio do Rei Henrique IV do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1464\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1464<\/a>, onde \u201cse lle chama Condesa a s\u00faa muller D.\u00aa Mar\u00eda\u201d (ibid. p\u00e1x. 44) sen especificar de onde procede o t\u00edtulo de Condesa de esta se\u00f1ora.<br \/>\nPara n\u00f3s, aqu\u00ed est\u00e1 a clave deste t\u00edtulo de Conde Salinas, do que non hai ningunha escritura acreditativa da s\u00faa orixe, e Eloy Benito Ruano no seu artigo (ibid. Hidalgu\u00eda ano V, N\u00ba20) non indaga sobre quen \u00e9 a Condesa D.\u00aa Mar\u00eda.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nN\u00f3s sabemos que D.\u00aa Mar\u00eda \u00e9 a V Condesa de Ribadeo, filla de D. Rodrigo de Villandrando, e non era a muller de don Pero, era s\u00faa nora, pois estaba casada c\u00f3 seu fillo don Diego G\u00f3mez Sarmiento.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAqu\u00ed est\u00e1 a nosa d\u00fabida de que sen\u00f3n apareceu por ningures a escritura orixinal aut\u00e9ntica que de fe do t\u00edtulo de Conde Salinas, este t\u00edtulo pode ser que se creara polo feito de chamarlle conde a D. Diego por ser consorte da Condesa de Ribadeo, e atribu\u00eduse as\u00ed mesmo o t\u00edtulo de Conde de Salinas polo arte de ser conde consorte da Condesa de Ribadeo, e por ser descendente do Se\u00f1or de Salinas. As\u00ed ocorren as cousas \u00e1s veces, cando tam\u00e9n se \u00e9 un benfeitor de fundaci\u00f3ns piadosas onde se anotan os aportes econ\u00f3micos con palabras ben soantes e onde non importa quen sexa nin como diga chamarse o contribu\u00ednte.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOutros xenealoxistas relatan que dito t\u00edtulo foi concesi\u00f3n do rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xo%C3%A1n_II_de_Castela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Xo\u00e1n II<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1406\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1406<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1454\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1454<\/a>) quen nos \u00faltimos anos do seu reinado llo concedeu a Pero Sarmiento, pai de Diego G\u00f3mez Sarmiento, cousa que po\u00f1emos bastante en d\u00fabida pois Pero Sarmiento estivo implicado nos acontecementos de Toledo, aqueles en que don Rodrigo de Villandrando rescatou ao rei Xo\u00e1n II de ser asasinado polos partidarios de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Henrique_de_Trast%C3%A1mara_(infante_de_Arag%C3%B3n)\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Henrique de Arag\u00f3n<\/a>, acontecementos polos que o rei lle concedeu o t\u00edtulo de Conde de Ribadeo a Villandrando o 22 decembro de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1431\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1431<\/a>.<br \/>\nQuizais, o rei Xo\u00e1n II lle concedeu a D. Pero Sarmiento o perd\u00f3n real por aquela deslealdade, mediante intercesi\u00f3n de D.\u00aa Beatriz de Z\u00fa\u00f1iga vi\u00fava de don Rodrigo de Villandrando (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1378\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1378<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1448\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1448<\/a>) pois ambos puidesen xa saber que \u00edan ser consogros. Solo \u00e9 unha hip\u00f3teses mi\u00f1a, pois don Rodrigo de Villandrando c\u00e1sase en segundas nupcias en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1440\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1440<\/a> e morre en 1448, polo que os seus dous fillos con D.\u00aa Beatriz de Z\u00fa\u00f1iga, don Pedro (IV Conde de Ribadeo) e D.\u00aa Mariana (V Condesa de Ribadeo) tiveron que nacer neste intervalo de oito anos; e, como moi cedo, D.\u00aa Mariana casou con don Diego G\u00f3mez de Sarmiento, andando a d\u00e9cada de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1450\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1450<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1460\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1460<\/a>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nFrei Gonzaga fai menci\u00f3n do testamento de don Diego P\u00e9rez Sarmiento, Adiantado Maior de Galicia, do ano 1466, e fai anotaci\u00f3n de que \u201cnon estra\u00f1a a habitual confusi\u00f3n de apelidos G\u00f3mez e P\u00e9rez entre tan numerosos Diego Sarmientos da familia\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPois ben. Vemos que o Condado de Salinas ten unha moi feble argumentaci\u00f3n documental pois ning\u00fan xenealoxista, historiador ou investigador destas cousas atopou as escrituras aut\u00e9nticas de tal t\u00edtulo. As\u00ed que n\u00f3s pensamos que foi un t\u00edtulo que se creou \u201cpola costume\u201d de chamar conde ao consorte dunha condesa, e foi de Salinas pois de al\u00ed provi\u00f1a o se\u00f1or\u00edo dos seus antepasados.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nUn destes condes de Ribadeo chamado Diego, non Conde de Salinas, pois para n\u00f3s \u00e9 un t\u00edtulo que non existe, foi o que vendeu as Terras de Ribadeo e servidumes entre o Navia e o Eo, e polo que parece estas terras vend\u00e9ronse ao Arcebispado de Oviedo. Como \u00e9 posible que se desligaran do Reino de Galiza e pasaran para o Principado de Asturias? Teimuda \u00e9 esa provincia de Oviedo en obter territorio alleo e agora quer incluso \u201ccrear\u201d toponimia nunha metade da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo<\/a>. Conduta exemplar do Parlamento ast\u00far e do arcebispado cat\u00f3lico, apost\u00f3lico e romano de Oviedo.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O \u201cConde de Salinas\u201d Pancho Campos Dorado Este persoeiro e a s\u00faa saga familiar ten moit\u00edsimo que ver coa Historia do Ribadeo antigo e moderno, pola \u201csinxela\u201d raz\u00f3n de que foi un destes \u201ccondes\u201d quen vendeu por 8500 ducados as Terras de Ribadeo e servidumes entre os r\u00edos Navia e Eo, segundo escritura de compravenda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3573,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,56],"class_list":["post-3572","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3572","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3572"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3572\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3573"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3572"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3572"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3572"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}