{"id":3565,"date":"2021-12-09T18:13:00","date_gmt":"2021-12-09T17:13:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T12:10:35","modified_gmt":"2024-10-25T10:10:35","slug":"reconstitucion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/12\/09\/reconstitucion\/","title":{"rendered":"Reconstituci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Escribo isto dende a ponte da Inmaculada <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=constituci%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Constituci\u00f3n<\/a>, ese estimado tempo que a moita xente lle fai lembrar que ambas cousas existen, a constituci\u00f3n e as virxes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O certo \u00e9 que, despois do d\u00eda da Constituci\u00f3n, non est\u00e1 nada mal que quede un tempo vigorizante e filtrante para asumir toda a fluencia de mensaxes de todo tipo santificando a Constituci\u00f3n. Isa que se puido votar no 1978 para facer pero non se pode votar agora para refacer. A mesma que necesitou maior\u00eda nun referendo para chegar a existir pero s\u00f3 unha votaci\u00f3n das c\u00e1maras de representantes para <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Constituci%C3%B3n_espa%C3%B1ola_de_1978#Reformas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">reformar cando lle conviu a alg\u00fans<\/a>. A mesma que non importa que fale da garant\u00eda (xa non dereito) a unha pensi\u00f3n adecuada, pero se forza para que a irresponsabilidade do rei vaia m\u00e1is al\u00f3 dos l\u00edmites do seu mandato.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Por desgraza, nunha viaxe en coche ca\u00edn nas ondas dun grupo de especialistas usados a modo de tertulianos sobre as bondades da Constituci\u00f3n. M\u00e1is que da Constituci\u00f3n en si, falaron de que permitira un grande progreso econ\u00f3mico e de que non debe ser tan mala cando o permite (atenci\u00f3n, coido que non dixeron nunca que dera un impulso econ\u00f3mico, sen\u00f3n s\u00f3 que o permitiu). Tam\u00e9n, de que a constituci\u00f3n non se pod\u00eda estar cambiando cada dous por tres (pasaron de punti\u00f1as sobre as d\u00faas reformas expr\u00e9s). Que os extremistas no goberno eran anticonstitucionalistas (deixando \u00e1 parte o de extremistas, a comentar noutro lugar, o de anticonstitucionalistas, sinxelamente non \u00e9 certo, pois quen quere reformar unha cousa non \u00e9 nin moito menos anti-esa cousa). Que a Constituci\u00f3n salvagardaba o rei, e que fixeran un referendo, que xa ver\u00edan como o rei sa\u00eda ileso (contradici\u00f3n entre defender a Constituci\u00f3n como est\u00e1 e nomear de xeito ret\u00f3rico un referendo afirmando co\u00f1ecer a resposta). Que o rei estaba a ser atacado (confundindo a Constituci\u00f3n coa instituci\u00f3n, \u00f3 tempo que esquecendo certos chanchullos ilegais para deixalos no limbo da alegalidade). Isos, entre outros comentarios frecuentes no que escoitei.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Si, despois daquelo f\u00edxome ben reconstitu\u00edrme. O mesmo que penso que non vir\u00eda mal unha reConstituci\u00f3n no sentido de reconstitu\u00edr. Por se estaba a meter a pata, acud\u00edn \u00f3 dicionario e sorr\u00edn: o exemplo do dicionario da RAG para reconstituci\u00f3n \u00e9, precisamente, &#8216;<em><span class=\"Lemma\" data-idlemma=\"42741\" data-lemma=\"reconstituci\u00f3n\" data-shareurl=\"https:\/\/academia.gal\/dicionario\/-\/termo\/reconstituci\u00f3n\"><span class=\"Subentry\"><span class=\"Sense\"><span class=\"Definition\"><span class=\"Example\"><span class=\"Example__Example\">O monarca pretend\u00eda levar a cabo a reconstituci\u00f3n do reino<\/span><\/span><\/span><\/span><\/span><\/span><\/em>&#8216;. Os dicionarios, tanto o Diccionario de la Lengua Espa\u00f1ola como o Dicionario da Real Academia Galega te\u00f1en significados semellantes na primeira acepci\u00f3n de reconstituci\u00f3n: <span class=\"Lemma\" data-idlemma=\"42743\" data-lemma=\"reconstitu\u00edr\" data-shareurl=\"https:\/\/academia.gal\/dicionario\/-\/termo\/reconstitu\u00edr\"><span class=\"Subentry\"><span class=\"Sense\"><span class=\"Definition\"><span class=\"Definition__Definition\">constitu\u00edr de novo. Na segunda, a RAG indica &#8216;<\/span><\/span><\/span><\/span><\/span><span class=\"Lemma\" data-idlemma=\"42743\" data-lemma=\"reconstitu\u00edr\" data-shareurl=\"https:\/\/academia.gal\/dicionario\/-\/termo\/reconstitu\u00edr\"><span class=\"Subentry\"><span class=\"Sense\"><span class=\"Definition\"><span class=\"Definition__Definition\"><em>dar novo vigor a<\/em>&#8216;, en sentido figurado. Para quen guste das constituci\u00f3ns, coido que ser\u00eda de aplauso unha reconstituci\u00f3n tal. No DLE, pasa a un significado con aplicaci\u00f3n en medicina: <\/span><\/span><\/span><\/span><\/span>&#8216;<em>Dar o devolver a la sangre y al organismo sus condiciones normales<\/em>&#8216;. Se se interpreta por que funcione normalmente, coido que tampouco estar\u00eda mal a cousa, que sinxelamente se cumprise a Constituci\u00f3n, a\u00ednda coas s\u00faas eivas. E non me estou a referir tanto \u00f3s recursos de inconstitucionalidade para as novas leis como a aqueles outros feitos que, precisamente, non chegan, nin te\u00f1en visos de chegar, \u00f3 Tribunal Constitucional.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por certo, por que se celebra o d\u00eda da Constituci\u00f3n o 6 de decembro no que foi votada polo pobo cun texto que xa non \u00e9 actual en troques do 27 de setembro, no que o rei, sen intervenci\u00f3n directa do pobo, asinou a variaci\u00f3n dela que rexe na actualidade?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Escribo isto dende a ponte da Inmaculada Constituci\u00f3n, ese estimado tempo que a moita xente lle fai lembrar que ambas cousas existen, a constituci\u00f3n e as virxes. &nbsp;&nbsp; &nbsp;O certo \u00e9 que, despois do d\u00eda da Constituci\u00f3n, non est\u00e1 nada mal que quede un tempo vigorizante e filtrante para asumir toda a fluencia de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-3565","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3565","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3565"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3565\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3565"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3565"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3565"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}