{"id":3545,"date":"2021-12-14T08:47:00","date_gmt":"2021-12-14T07:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T11:07:17","modified_gmt":"2024-10-25T09:07:17","slug":"que-os-chinos-tenen-unha-nova-arma-e-que","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/12\/14\/que-os-chinos-tenen-unha-nova-arma-e-que\/","title":{"rendered":"Que os chinos te\u00f1en unha nova arma? E que?"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Onte un co\u00f1ecido pasoume a ligaz\u00f3n dunha nova que vi\u00f1a a dicir no seu t\u00edtulo que os chinos desenvolveran un m\u00edsil con cabeza nuclear que, actuando dende o espazo, ser\u00eda imparable. Como se non houbera xa alarmas abondo coas crises que est\u00e1n a ameazar a nosa supervivencia no planeta (e que estamos a labrar n\u00f3s mesmos). A nova &#8216;f\u00edxome graza&#8217;, e obtivo unha resposta r\u00e1pida: non lles fai falta lanzar un ataque as\u00ed, nin lles conv\u00e9n, por moito que sempre pode haber un tolo \u00f3 mando, como noutras ocasi\u00f3ns da historia.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Vaiamos por partes. A tecnolox\u00eda de mis\u00eds permite dende hai d\u00e9cadas abondo que o lanzamento de bombas nucleares dende submarinos sexa imparable na pr\u00e1ctica. Iso para os EEUU, que para Europa a protecci\u00f3n equivalente, polo momento, \u00e9 impensable. A m\u00e1is da &#8216;deformaci\u00f3n mental&#8217; que, de xeito inmediato, \u00f3 ver unha noticia tal, nos fai pensar na &#8216;defensa do mundo occidental e non, por exemplo, da Arxentina ou da propia China. Iso, a\u00ednda deixando aparte o que a potencia econ\u00f3mica china estease a amosar avasaladora, xunto coa s\u00faa tecnolox\u00eda punteira (lembras cando o &#8216;produto chino&#8217; s\u00f3 significaba barateiro e morralleiro feito a partir de &#8216;traballo de chinos&#8217;?). Que os EEUU decidiran facer un escudo de protecci\u00f3n na atmosfera, xa tam\u00e9n hai d\u00e9cadas, escapa da mi\u00f1a comprensi\u00f3n m\u00e1is al\u00f3 da ostentaci\u00f3n xeopol\u00edtica e o tentar a salvagarda da hexemon\u00eda dun bloque nun mundo no que os bloques cada vez son menos nidios, cada vez m\u00e1is multipolar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O caso \u00e9 que o titular estaba a\u00ed para crear medo, para realimentalo. O medo paraliza e fai ver visi\u00f3ns. O medo vende e v\u00e9ndenos. Mercamos medo (ou mesmo agas\u00e1llannolo ou fan que nos fagamos con el a prezo de saldo) e convert\u00e9monos en medodependentes. Un negocio que ademais, por medio da axitaci\u00f3n dos medos, impide que nos movamos de xeito meditado e libre para pasar a movernos cara \u00f3 acubillo que nos venden como paso seguinte na cadea da dependencia.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois de ter recibido o titular, oc\u00f3rreseme que en particular nas cidades, onde moita xente considera o cambio clim\u00e1tico como o inconveniente que lles impulsa a cambiar o lugar de vacaci\u00f3ns de esqu\u00ed no inverno ou de praia no ver\u00e1n, e po\u00f1er m\u00e1is aire acondicionado, esa xente pode ser alimentada de xeito m\u00e1is doado con medos prefabricados. Que a biodiversidade est\u00e1 a diminu\u00edr? Ca! A biodiversidade est\u00e1 a aumentar coa proliferaci\u00f3n de cores nas caras e na roupa da xente, que cada vez \u00e9 m\u00e1is rara, e como se pode comprobar con algunha foto dun raposo no r\u00edo preto do centro madrile\u00f1o. Esgotamento de recursos? Iso non existe, o que existe \u00e9 unha dicotom\u00eda, &#8220;podo ou non podo pagar os produtos?&#8221;, sen importar que a tendencia sexa a poder pagar cada vez menos artefactos innecesarios, nunha direcci\u00f3n na que se confunden o esgotamento de recursos e o afogamento polo capital. E, se esas cousas non importan porque impiden as vendas, distraiamos a atenci\u00f3n con outras cousas que non impidan vender, que potencien as compras, e sigamos acumulando&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Onte un co\u00f1ecido pasoume a ligaz\u00f3n dunha nova que vi\u00f1a a dicir no seu t\u00edtulo que os chinos desenvolveran un m\u00edsil con cabeza nuclear que, actuando dende o espazo, ser\u00eda imparable. Como se non houbera xa alarmas abondo coas crises que est\u00e1n a ameazar a nosa supervivencia no planeta (e que estamos a labrar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-3545","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3545","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3545"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3545\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3545"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3545"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3545"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}