{"id":3540,"date":"2021-12-15T13:30:00","date_gmt":"2021-12-15T12:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T11:07:08","modified_gmt":"2024-10-25T09:07:08","slug":"a-quen-lle-importa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/12\/15\/a-quen-lle-importa\/","title":{"rendered":"A quen lle importa?"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A quen lle importa o que poda ocorrer nos l\u00edmites do concello? Al\u00f3 nas afastadas terras de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Remourelle\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Remourelle<\/a>, de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Noceda\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Noceda<\/a>, mesmo nos altos de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Covelas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Covelas<\/a> ou <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Vilela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Vilela<\/a>? Se por al\u00ed non vai nin quen vive! E, total, por uns <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=eolicosnamarihaasinon\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">mu\u00ed\u00f1os de vento<\/a> como os de Don Quixote! Estes, sequera, asemellan m\u00e1is a xigantes que os sinxelos mu\u00ed\u00f1os manchegos. Total, 220 metros de alto&#8230; total, s\u00f3 d\u00faas veces o valado \u00f3 longo do fronte do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Pepe Barrera\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pepe Barrera<\/a>, ou unhas cantas veces a altura da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Torre dos Moreno\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Torre dos Moreno<\/a>. Non \u00e9 para tanto, moito m\u00e1is altas son as torres Petronas ou o&#8230; como se chama? Burj Khalifa? E, mira, eses edificios son emblemas nas s\u00faas cidades! Ata saen nas fotos de promoci\u00f3n tur\u00edstica.<br \/>\nQue se podan ver dende as <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Catedrais\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Catedrais<\/a>? Iso est\u00e1 por ver, xa o disimular\u00e1n, e total, un pouco de contraste, non fai dano, non? Ademais, al\u00f3 \u00f3 lonxe&#8230; e os turistas non miran para al\u00f3.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Certo, a\u00ednda por riba van producir postos de traballo. Coido que, unha vez feitos, unha persoa vai estar de continuo de vixilancia entre os de Foz, Barreiros e Ribadeo. E algu\u00e9n ter\u00e1 que estar na sala de control, non? Que a produci\u00f3n el\u00e9ctrica seguir\u00e1 a ser das grandes empresas que nos ter\u00e1n cautivos para o consumo? Pois como ata o de agora, non? Normal! A quen se lle vai ocorrer usar o vento na s\u00faa casa para facer o mesmo que fan as multinacionais con grande rendemento para os seus petos? E, \u00f3 mellor, ata abarata o custe, que as renovables baixaron moito de prezo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E a natureza? A natureza, que? Ou non se van abrir cami\u00f1os para a construci\u00f3n e mantemento? Abrir cami\u00f1os, riqueza para o monte! Que alg\u00fan cabalo se espante ou alg\u00fan paxaro remate cortado en dous polas aspas \u00e9 natural, non? Xa aprender\u00e1n a non achegarse! E que curioso e alarde t\u00e9cnico, que as puntas das aspas vaian m\u00e1is r\u00e1pidas ca un coche de carreiras con s\u00f3 o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=vento\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">vento<\/a> que polo demais, s\u00f3 causa molestias e axitaci\u00f3n das \u00e1rbores! Os refugallos en canto remate a vida \u00fatil? Iso xa se ver\u00e1. Procurar\u00e1n unha soluci\u00f3n, sempre se fixo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Curioso tam\u00e9n que eses veci\u00f1os que viven tan preto, tan preto, s\u00f3 a m\u00e1is de 1 km, se poidan queixar de ru\u00eddo. Ser\u00e1n esaxerados! Que vaian vivir m\u00e1is lonxe, no campo hai sitio! E din ata que os mu\u00ed\u00f1os producen interferencias na televisi\u00f3n. Pero quen ve hoxe a televisi\u00f3n, con tanto internet e cousas que facer!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Si, \u00e9 certo, os terreos p\u00e1ganos moi pouco. Pero claro, est\u00e1n no monte, a como quer\u00edan que os pagaran? Abondo lles fan con facer pistas e manter \u00f3s animais salvaxes lonxe, que lles te\u00f1en medo! Que non poden usar os terreos para outra cousa? A\u00ednda de por riba, quer\u00edan sacar m\u00e1is cartos? Facer outras cousas en terreos nos que non deixan por mor de que poden baixar o rendemento dos e\u00f3licos? A ver, que repartan!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E son tan bonitos, tan estilizados, ata gusta o zungar unha e outra vez das aspas cando se oen \u00f3 lonxe. Unha fonte de riqueza para a comarca, como xa dixemos! O futuro da exportaci\u00f3n enerx\u00e9tica \u00e1s cidades de lonxe! O nos futuro! E iso si que nos importa, non? E para iso non fai falta nin estar enterados, nin apoiarnos os uns \u00f3s outros, xa fan todo por n\u00f3s!<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nota posterior: Remato de ver en praza.gal o seguinte titular: &#8220;O Consello da Cultura alerta dos riscos da &#8216;implantaci\u00f3n masiva de parques e\u00f3licos&#8217; e urxe unha moratoria \u00e1 Xunta&#8221;. Ref\u00edrese a <a href=\"http:\/\/consellodacultura.gal\/publicacion.php?id=4437\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">este informe: Informe da Comisi\u00f3n T\u00e9cnica Temporal sobre enerx\u00eda e\u00f3lica e paisaxes culturais en Galicia.<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;A quen lle importa o que poda ocorrer nos l\u00edmites do concello? Al\u00f3 nas afastadas terras de Remourelle, de Noceda, mesmo nos altos de Covelas ou Vilela? Se por al\u00ed non vai nin quen vive! E, total, por uns mu\u00ed\u00f1os de vento como os de Don Quixote! Estes, sequera, asemellan m\u00e1is a xigantes que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26],"class_list":["post-3540","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3540","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3540"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3540\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3540"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3540"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3540"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}