{"id":353,"date":"2024-07-31T15:43:00","date_gmt":"2024-07-31T13:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-22T17:29:19","modified_gmt":"2024-10-22T15:29:19","slug":"ponendolle-un-pouco-de-imaxinacion-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/07\/31\/ponendolle-un-pouco-de-imaxinacion-e\/","title":{"rendered":"Po\u00f1\u00e9ndolle un pouco de imaxinaci\u00f3n e sorna \u00f3 ver\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p>Po\u00f1\u00e9ndolle un pouco de imaxinaci\u00f3n e sorna \u00f3 ver\u00e1n<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Era un tranquilo d\u00eda. Pero coma outras moitas veces, a tranquilidade era s\u00f3 un preludio do caos. De pronto, as redes sociais estoupaban coa \u00faltima nova: a muller de Pedro S\u00e1nchez, Bego\u00f1a G\u00f3mez, fora vista compartindo un caf\u00e9 con algu\u00e9n inopinado, o xu\u00edz Peinado. \u00bfAcaso estaban tramando a \u00faltima grande conspiraci\u00f3n da pol\u00edtica espa\u00f1ola? Ou era s\u00f3 un ama\u00f1o &#8216;do seu&#8217;? As teor\u00edas abrollaban como cogomelos despois da choiva.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Os medios, famentos de esc\u00e1ndalo, non tardaron en po\u00f1erlle m\u00fasica de suspense \u00e1 situaci\u00f3n. O noticieiro matutino de Televisi\u00f3n Espa\u00f1ola, por libre, abr\u00eda cunha sinton\u00eda digna de pel\u00edcula de espionaxe dos anos 70. &#8220;A muller do presidente, un xu\u00edz con nome sospeitosamente incriminatorio, e os intrincados lazos que unen a pol\u00edtica e a xustiza no noso pa\u00eds&#8221;, anunciaba o presentador cun ton grave.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A situaci\u00f3n era, cando menos, hilarante. Os tertulianos comezaron a debullar teor\u00edas rocambolescas sobre o encontro: &#8220;Seguro que estaban planeando o pr\u00f3ximo golpe de Estado!&#8221;, &#8220;Non, non, seguro que \u00e9 algo relacionado coas cotizaci\u00f3ns do IBEX35!&#8221;. Mentres tanto, nos bares, a xente debat\u00eda acaloradamente entre tapas de tortilla e vi\u00f1os de Ribeiro, multiplicados case en tanto n\u00famero como as teor\u00edas (outros dir\u00edan &#8216;saen tantas teor\u00edas como chourizos&#8217;).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A cousa non quedou a\u00ed. Alg\u00fans xornalistas destemidos fix\u00e9ronse eco doutras historias igual de pintorescas, a\u00ednda que pode algo menos medi\u00e1ticas. A pasada semana, o cu\u00f1ado do primo segundo da ex-moza do Conselleiro de Agricultura fora visto entrando na sede do Banco de Espa\u00f1a. O rumor de que estaba ali para intercambiar bitcoins por galos de Mos revoloteaba con m\u00e1s forza que o soen facer os anteditos galos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Outro caso espectacular que saltou \u00e1s primeiras p\u00e1xinas para ser sobrepasado (ou retirado, non se sabe moi ben) con igual rapidez, foi o do deputado G\u00f3mez de las Serpientes, cuxo nome xa suxer\u00eda unha vida de intriga. Fora fotografado comprando un pastel nunha docer\u00eda de renome. Ata aqu\u00ed, nada de particular, pero o local ti\u00f1a un pasado escuro: anos atr\u00e1s, a empresa fora acusada de evadir impostos coas vendas de tartas nupciais. \u201cSeguro: o deputado est\u00e1 a recibir os doces froitos da corrupci\u00f3n&#8221;, sentenciaba un articulista de renome, no escrito mentres desgustaba unha suculenta empanada de zamburi\u00f1as.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Volvendo ao tema, o xu\u00edz Peinado, con nome que evoca imaxes de premeditada coidado capilar, resultou ser unha figura enigm\u00e1tica. \u00bfPor que estar\u00eda el, que teoricamente deber\u00eda ser imparcial como a balanza que simboliza a xustiza, tomando un caf\u00e9 con Bego\u00f1a? Non sufrir\u00eda un desdobre de personalidade? E ela? Estar\u00eda quebrando a regla de que &#8216;a muller do C\u00e9sar non s\u00f3 ten que ser honesta, sen\u00f3n que ten que aparentalo&#8217; por algunha raz\u00f3n? Quizais se tratase dunha cata de caf\u00e9 para unha campa\u00f1a solidaria. Ou, m\u00e1is probablemente, estaban simplemente desfrutando dun breve respiro da constante faramalla xudicial.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Mentres tanto, a oposici\u00f3n pol\u00edtica duns e outros afiaba as s\u00faas linguas. &#8220;\u00a1Esiximos unha investigaci\u00f3n!&#8221;, berraba un l\u00edder do partido rival (tentaba ser rival a ambos). &#8220;Que se investigue se hab\u00eda azucre no caf\u00e9! \u00bfE de onde proced\u00eda? \u00bfColombia? \u00bfCuba? \u00bfOu peor, de Portugal?&#8221;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cando todo isto suced\u00eda, Pedro S\u00e1nchez estaba na Moncloa pensando, probablemente, en cal ser\u00eda o men\u00fa da cea desa noite -estaba de antollo-, alleo \u00e1 burbulla medi\u00e1tica que envolv\u00eda \u00e1 s\u00faa muller e ao xu\u00edz Peinado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A \u00faltima montaxe de esc\u00e1ndalo pol\u00edtico e xudicial en Espa\u00f1a \u00f3 mellor non era m\u00e1is que outra proba da imaxinaci\u00f3n desbordante de xornalistas e tertulianos \u00e1vidos de atenci\u00f3n. Ao final do d\u00eda, a muller de S\u00e1nchez e o xu\u00edz Peinado de seguro riron ben de todo o alboroto e de todos mentres tomaban cadanseu outro caf\u00e9, noutra compa\u00f1a. Esta vez asegur\u00e1ndose de que fora descafeinado (a\u00ednda que non est\u00e1 claro se con ou sen gotas), para evitar futuros episodios de histeria colectiva.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Po\u00f1\u00e9ndolle un pouco de imaxinaci\u00f3n e sorna \u00f3 ver\u00e1n &nbsp;&nbsp; &nbsp;Era un tranquilo d\u00eda. Pero coma outras moitas veces, a tranquilidade era s\u00f3 un preludio do caos. De pronto, as redes sociais estoupaban coa \u00faltima nova: a muller de Pedro S\u00e1nchez, Bego\u00f1a G\u00f3mez, fora vista compartindo un caf\u00e9 con algu\u00e9n inopinado, o xu\u00edz Peinado. \u00bfAcaso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[39],"class_list":["post-353","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ficcion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/353","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=353"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/353\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=353"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=353"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=353"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}