{"id":3514,"date":"2021-12-20T20:03:00","date_gmt":"2021-12-20T19:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T11:06:04","modified_gmt":"2024-10-25T09:06:04","slug":"orzamento-2022-furgando-na-memoria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/12\/20\/orzamento-2022-furgando-na-memoria\/","title":{"rendered":"Orzamento 2022: furgando na memoria"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>No pasado pleno, o xoves 16, coido que o \u00faltimo deste 2021, aprobouse o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=orzamento+concello\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">orzamento do concello<\/a> e Ribadeo para 2022. \u00c9 de congratularse o ter un orzamento xa antes de que comece o ano, como debe ser pero como tantas veces non \u00e9.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span> A ra\u00edz do que nos chega, dir\u00edase que son uns orzamentos de perfil baixo, sen grandes alegr\u00edas, pero que tentan facer a s\u00faa funci\u00f3n. Segundo o goberno municipal, a caracter\u00edstica ser\u00eda non a pretensi\u00f3n de ser novidosos, sen\u00f3n so manter inversi\u00f3n sen incremento de taxas e impostos. D\u00e1 a impresi\u00f3n de que non pretenden agochar nada, s\u00f3 destacar o que consideran conveniente. Pola outra banda, segundo o PP, que votou en contra, adoecen de faltas varias en inversi\u00f3n e mantemento, en particular en relaci\u00f3n a proxectos apadri\u00f1ados polo seu grupo. De ambos campos podemos ter noticias frescas a partir das s\u00faas notas de prensa aparecidas xa nos medios. Do outro grupo presente no pleno, o socialista, polo momento non vin novas relacionadas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Para ir m\u00e1is al\u00f3 das posturas partidarias e recabar informaci\u00f3n, neces\u00edtase ir algo m\u00e1is al\u00f3. Quen informa \u00f3 pobo? Digo, porque coido que a informaci\u00f3n que se d\u00e1 dende o goberno ou dende a oposici\u00f3n \u00e9 insuficiente para formarse unha idea clara da realidade e un criterio propio. E un pobo desinformado \u00e9 un pobo cego, pobo que se pretender\u00e1 que non sexa tal (cego, non pobo) cando interese e despois de fomentar a cegueira \u00f3 non potenciar a transparencia e a participaci\u00f3n. Po\u00f1amos que se quere co\u00f1ecer un pouco m\u00e1is dos orzamentos. Para desentra\u00f1ar o seu interior, se nos conformamos con anos atr\u00e1s, na web <a href=\"https:\/\/presupuestos.gobierto.es\/\">https:\/\/presupuestos.gobierto.es\/<\/a> (dun grupo nado para impulsar a gobernanza aberta, Gobierto) podemos atopar un resume que ven abondo a conto, de m\u00e1is doado manexo que a p\u00e1xina oficial de seguimento dos orzamentos dependente do goberno. Se pretendemos mirar os orzamentos rec\u00e9n votados (\u00e9 dicir, xa aprobados, non antes da s\u00faa votaci\u00f3n), ou as contas aprobadas de anos anteriores haber\u00e1 que pasar pedir o acceso \u00f3 documento e velo de xeito supervisado no propio concello. Pero iso poder\u00eda cambiar, hai os medios t\u00e9cnicos para facelo, non si? De feito, na web de Gobierto hai unha p\u00e1xina para pedirlle \u00f3 concello correspondente m\u00e1is informaci\u00f3n e transparencia, <a href=\"https:\/\/presupuestos.gobierto.es\/users\/new?place_id=27051\">https:\/\/presupuestos.gobierto.es\/users\/new?place_id=27051<\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Se nos quedamos coa informaci\u00f3n da web de presupostos de gobierto, e lle engadimos alg\u00fan dato m\u00e1is recompilado \u00f3 longo do tempo, sen tanto detalle poderemos obter algunha cousa interesante e curiosa. A\u00ed van unhas poucas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O gasto por habitante en 2021 presupostado nos orzamentos de Ribadeo foi un 16 % superior \u00e1 media provincial, e a\u00ednda m\u00e1is por riba da media galega. En troques, quedou un 10 % por baixo da media estatal. Situaci\u00f3n diferente de 2020, pois cun orzamento 8 % inferior, Ribadeo estaba na media galega e ben por baixo da media provincial, e por suposto, estatal. A dicir que nesta variable, o gasto por habitante, s\u00f3 estivo na media estatal no 2015, e s\u00f3 un pouco por baixo no 2016, en toda a serie presentada na web do goberno, entre 2010 e 2021.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>No apartado de ingresos, no 2020 o que m\u00e1is descendeu foron as taxas pola prestaci\u00f3n de servizos ou as de uso privativo do dominio p\u00fablico local (a lembrar a situaci\u00f3n covid), e do que m\u00e1is medrou, os traspasos do estado e da comunidade aut\u00f3noma (a lembrar a mesma situaci\u00f3n).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>No 2021 a d\u00e9beda est\u00e1 previsto que absorba o 0,95 % do orzamento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; E r<\/span>evisando entradas Ribadeando, podemos ver que o orzamento para 2021 anunci\u00e1base co t\u00edtulo &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/duas-decadas-de-orzamentos.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">O cap\u00edtulo para inversi\u00f3ns supera o mill\u00f3n e medio de euros<\/a>&#8216;, apuntando tam\u00e9n a que non se sub\u00edan impostos. Iso, cun orzamento s\u00f3 23000 \u20ac menos que o rematado de aprobar, e, \u00f3 que se se lle axusta a inflaci\u00f3n, queda cunha cantidade superior \u00f3 aprobado este ano. Como a inflaci\u00f3n anual dun ano que a\u00ednda non rematou non pode darse, podemos contentarnos coa relaci\u00f3n de orzamentos anteriores, con e sen inflaci\u00f3n, dende 2005. Aqu\u00ed quedan as gr\u00e1ficas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/12\/orzamento-2022-furgando-na-memoria-268297353.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"358\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/12\/orzamento-2022-furgando-na-memoria-268297353.jpeg\" class=\"wp-image-3515\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/12\/orzamento-2022-furgando-na-memoria-1381320201.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"330\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/12\/orzamento-2022-furgando-na-memoria-1381320201.jpeg\" class=\"wp-image-3516\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>As d\u00faas notas de prensa do concello estes d\u00edas sobre os orzamentos (a notar que non apareceu na sede electr\u00f3nica a convocatoria do pleno, facendo a primeira das notas de anuncio dous d\u00edas antes. Asemade, ad\u00e1ptanse os n\u00fameros \u00f3 formato da convenci\u00f3n que rixe en Espa\u00f1a):<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" alt=\"Foto Pablo\" src=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/imx\/1639497617Pablo.JPG\" \/><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>A SESI\u00d3N DAR\u00c1 COMEZO \u00c1S 20:00 HORAS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Orzamentos 2022<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">14\/12\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>Os orzamentos para 2022 do Concello de Ribadeo<br \/>\nrozar\u00e1n os 10 mill\u00f3ns de euros, sen que se incrementen os impostos e as<br \/>\ntaxas de competencia municipal. O equipo de goberno levaraos ao vindeiro<br \/>\n pleno extraordinario, que foi convocado para este xoves, 16 de<br \/>\ndecembro. As contas nacen cunha previsi\u00f3n inicial de inversi\u00f3n de m\u00e1is<br \/>\nde 1 200 000 euros, segundo deu a co\u00f1ecer nesta xornada o concelleiro de<br \/>\n Econom\u00eda, Pablo Vizoso. <\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O edil ribadense contou que &#8220;onte celebrouse unha comisi\u00f3n<br \/>\ninformativa cos representantes de t\u00f3dolos grupos municipais, aos que<br \/>\ninformamos de que pretendemos levar ao pr\u00f3ximo pleno, o do xoves desta<br \/>\nsemana, os orzamentos para o exercicio 2022 para a s\u00faa aprobaci\u00f3n. Son<br \/>\nuns orzamentos que ascenden a 9 872 370 euros, \u00e9 dicir que rozan xa os<br \/>\n10 mill\u00f3ns de euros e sen que se incrementen os impostos e as taxas que<br \/>\nson competencia do Concello&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Pablo Vizoso dixo que &#8220;estes<br \/>\norzamentos caracter\u00edzanse por manter o nivel elevado de actuaci\u00f3ns e<br \/>\nservizos en diferentes \u00e1reas que ven realizando xa habitualmente o<br \/>\nConcello de Ribadeo, rec\u00f3llese tam\u00e9n o incremento salarial do 2 por<br \/>\ncento establecido polo Estado para o persoal p\u00fablico. Increm\u00e9ntase o<br \/>\ncap\u00edtulo de servizos e de financiamento de actividades nas \u00e1reas<br \/>\nsociais, culturais ou deportivas para dar resposta \u00e1 previsi\u00f3n de maior<br \/>\nactividade trala agardada volta \u00e1 normalidade. Mant\u00e9\u00f1ense as axudas para<br \/>\n o tecido asociativo, coma nos exercicios anteriores, destinadas a<br \/>\nasociaci\u00f3ns deportivas, culturais, asistenciais,\u2026&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O concelleiro<br \/>\n de Econom\u00eda subli\u00f1ou que &#8220;os orzamentos nacen cunha previsi\u00f3n inicial<br \/>\nde inversi\u00f3n de m\u00e1is de 1 200 000 euros, financiado na gran maior\u00eda con<br \/>\nfondos propios municipais e noutra parte pola Deputaci\u00f3n de Lugo.<br \/>\nCons\u00edgnanse partidas para actuaci\u00f3ns moi importantes para Ribadeo como<br \/>\nas dos barrios da Faxarda, A Pega ou R\u00edo Amall\u00f3, a r\u00faa Rodr\u00edguez Murias<br \/>\nen Rinlo ou diversas inversi\u00f3ns tam\u00e9n noutras r\u00faas. Cont\u00e9mplanse<br \/>\nrecursos para a adquisici\u00f3n de terreos para o plan de cami\u00f1os de<br \/>\ntitularidade municipal, saneamentos, reposici\u00f3n de tramos da rede de<br \/>\nabastecemento de auga, melloras e reparaci\u00f3n en instalaci\u00f3ns deportivas e<br \/>\n en locais sociais de diferentes parroquias, na praza de abastos e para<br \/>\nmelloras de eficiencia enerx\u00e9tica en alumeados p\u00fablicos ou tam\u00e9n o<br \/>\nespazo polivalente para actividades formativas e de emprendemento.&nbsp; A<br \/>\nestas inversi\u00f3ns hai que sumar as que recentemente foron ou est\u00e1n a<br \/>\npiques de licitarse e que ser\u00e1n executadas ou iniciadas nos primeiros<br \/>\nmeses do 2022; ref\u00edrome \u00e1 senda ciclable dende a \u00e1rea dos Bloques ata as<br \/>\n inmediaci\u00f3ns da Illa Pancha ou o espazo multideporte de Pintor Fierros.<br \/>\n Esta aposta polo investimento promovida dende o Concello de Ribadeo \u00e9<br \/>\nunha boa proba do proceso de reactivaci\u00f3n econ\u00f3mica en diferentes \u00e1reas \u00e1<br \/>\n que poder\u00e1n optar as empresas interesadas. No \u00e1mbito social mant\u00e9\u00f1ense<br \/>\nos fondos para familias con necesidades, para atender o servizo de axuda<br \/>\n no fogar e a axuda espec\u00edfica para a xesti\u00f3n do Hospital Asilo, entre<br \/>\nmoitas outras&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>Vizoso Galdo engadiu: \u201ce cons\u00e9guese financiar<br \/>\ntodas estas partidas, actividades e servizos&nbsp; mantendo a d\u00e9beda do<br \/>\nConcello nun niveis r&#8221;almente baixos, reflexo dunha xesti\u00f3n eficiente e<br \/>\nde equilibrio orzamentario. Soamente como dato: as estimaci\u00f3ns que<br \/>\nmanexamos son que ao remate do exercicio actual a d\u00e9beda do Concello se<br \/>\nsit\u00fae en torno ao 12 por cento, unha porcentaxe ou unha ratio que nada<br \/>\nten que ver coa d\u00e9beda que se vi\u00f1a arrastrando noutras etapas. Por<br \/>\nsuposto todas estas partidas veranse incrementadas ao longo do vindeiro<br \/>\nexercicio coas achegas do plan \u00fanico provincial da Deputaci\u00f3n de Lugo e<br \/>\ncoas que poidan prever tanto a Xunta como o Goberno do Estado, cando<br \/>\nsexan firmes e confirmadas, asinando os convenios ou acordos que<br \/>\nprocedan co Concello de Ribadeo&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" alt=\"Foto Concello Ribadeo\" src=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/imx\/1639748979261021_Foto_Concello_Ribadeo_-_copia.jpeg\" \/><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>CON INVERSI\u00d3NS CERTAS, PRECISAS E COMPROMETIDAS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Aprobados os orzamentos para 2022<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">17\/12\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>No pleno extraordinario celebrado onte no<br \/>\nConcello de Ribadeo foron aprobados os orzamentos de 2022 que ascenden a<br \/>\n case 10 mill\u00f3ns de euros. O concelleiro de Econom\u00eda, Pablo Vizoso,<br \/>\nsubli\u00f1ou que contemplan un elevado nivel de actividades e inversi\u00f3ns sen<br \/>\n subir impostos nin taxas e sen incrementar a d\u00e9beda.<\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O edil ribadense dixo que &#8220;na tarde de onte celebrouse o pleno<br \/>\nextraordinario no Concello de Ribadeo no que se aprobaron os orzamentos<br \/>\npara o vindeiro ano 2022. Tr\u00e1tase duns orzamentos que ascenden a case<br \/>\n10 000 000 de euros para manter e mellorar o elevado nivel de<br \/>\nactividades e de inversi\u00f3ns no noso concello: dende reposici\u00f3n de r\u00faas e<br \/>\n cami\u00f1os, saneamentos, investimentos en instalaci\u00f3ns deportivas e en<br \/>\nlocais sociais, melloras enerx\u00e9ticas, adquisici\u00f3n de terreos, apoio a<br \/>\nasociaci\u00f3ns de car\u00e1cter cultural, deportivo ou asistencial, medidas e<br \/>\nactividades de apoio ao comercio local e actuaci\u00f3ns de protecci\u00f3n<br \/>\nsocial, que benefician a todo o pobo de Ribadeo. Tam\u00e9n incl\u00faen, por<br \/>\nsuposto, a subida salarial do persoal p\u00fablico e unha aposta moi forte<br \/>\npola inversi\u00f3n, xa que tendo en conta&nbsp; o proxectado para o ano 2022 para<br \/>\n obras ou equipamentos e m\u00e1is o que se est\u00e1 licitando nestas semanas<br \/>\npara iniciar a s\u00faa execuci\u00f3n dende primeiros do vindeiro ano, como \u00e9 a<br \/>\nsenda ciclable ou as pistas multideporte, suman xa m\u00e1is de 2 000 000<br \/>\nde euros nesta partida&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>Pablo Vizoso sinalou que &#8220;outra<br \/>\ncaracter\u00edstica dos orzamentos \u00e9 que se consegue chegar a estas<br \/>\nmagnitudes sen subir os impostos nin as taxas e sen incrementar o nivel<br \/>\nde d\u00e9beda do Concello, que nada ten que ver coa existente hai alg\u00fans<br \/>\nanos e que condicionaban o seu d\u00eda a d\u00eda&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O concelleiro de<br \/>\nEconom\u00eda contou que &#8220;por parte da oposici\u00f3n, concretamente o voceiro do<br \/>\nPP, cualificou estes orzamentos de continuistas; e te\u00f1o que dicirlle que<br \/>\n \u00e9 certo que o son, porque con moito orgullo continuamos incrementando a<br \/>\n inversi\u00f3n, as actividades e continuamos apoiando ao tecido asociativo e<br \/>\n comercial e atendendo e preocup\u00e1ndonos do \u00e1mbito social e asistencial.<br \/>\nDo mesmo xeito foi necesario lembrarlle que, sobre a inversi\u00f3n no<br \/>\nhospital asilo, o Concello mant\u00e9n reservados exclusivamente para este<br \/>\nfin os fondos da herdanza do doutor Moreda as\u00ed como outros posibles<br \/>\nrecursos para atender esta importante reforma e adaptaci\u00f3n do edificio e<br \/>\n que \u00e9 precisamente nos orzamentos da Xunta onde non figura nin un s\u00f3<br \/>\neuro para esta actuaci\u00f3n a pesares de que se trata dunha competencia<br \/>\nexclusivamente auton\u00f3mica&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Vizoso Galdo engadiu que &#8220;de forma<br \/>\nsemellante, sobre o anuncio dun centro de sa\u00fade para Ribadeo<br \/>\nrespond\u00e9moslle que os orzamentos recollen necesaria e obrigatoriamente<br \/>\ninversi\u00f3ns certas, precisas e comprometidas e non simplemente ideas. E<br \/>\nque xa hai m\u00e1is dun mes que lle trasladamos \u00e1 Conseller\u00eda de Sanidade da<br \/>\n Xunta de Galicia a disposici\u00f3n plena do Concello de Ribadeo para<br \/>\ntraballar conxuntamente neste obxectivo e que seguimos \u00e1 espera da s\u00faa<br \/>\nreposta para poder analizar e determinar a mellor maneira de aportar os<br \/>\nrecursos do Concello a\u00ednda que, por desgraza, outra vez m\u00e1is onde non se<br \/>\n ven fondos consignados \u00e9 nos orzamentos da Xunta, que precisamente \u00e9 a<br \/>\nque ten a obriga da prestaci\u00f3n sanitaria. Mentres tanto, en<br \/>\nrepresentaci\u00f3n do pobo de Ribadeo, esiximos que se dote ao actual centro<br \/>\n de sa\u00fade dos profesionais sanitarios e dos medios t\u00e9cnicos que todas e<br \/>\ntodos nos merecemos e aos que temos dereito&#8221;.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; No pasado pleno, o xoves 16, coido que o \u00faltimo deste 2021, aprobouse o orzamento do concello e Ribadeo para 2022. \u00c9 de congratularse o ter un orzamento xa antes de que comece o ano, como debe ser pero como tantas veces non \u00e9. &nbsp;&nbsp; &nbsp; A ra\u00edz do que nos chega, dir\u00edase que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3515,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,42],"class_list":["post-3514","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3514","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3514"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3514\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3515"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3514"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3514"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3514"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}