{"id":3448,"date":"2022-01-04T08:49:00","date_gmt":"2022-01-04T07:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T11:03:48","modified_gmt":"2024-10-25T09:03:48","slug":"o-ribadeo-que-non-conecemos-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/01\/04\/o-ribadeo-que-non-conecemos-pancho\/","title":{"rendered":"O RIBADEO QUE NON CO\u00d1ECEMOS. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<em>O RIBADEO QUE NON CO\u00d1ECEMOS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPancho Campos Dorado<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\">\u201cUn punto de partida que testemu\u00f1a o comezo da Prehistoria humana \u00e9 a aparici\u00f3n no rexistro arqueol\u00f3xico de utensilios ou instrumentos feitos (polo home) conforme a modelos normalizados\u201d (La Prehistoria y su Metodolog\u00eda, UNED, 2\u00aa Ed. 2014, p.15).&nbsp;<\/span><\/em><\/p>\n<p><em>A historia non comeza a ser Historia ata que non aparece alg\u00fan tipo de testemu\u00f1a escrita ou documento escrito sobre alg\u00fan acontecemento. Este criterio ten un grave inconveniente de interpretaci\u00f3n para saber da antig\u00fcidade dun pobo, pois un pobo pode ser moi antigo e non ter evidencias escritas da s\u00faa existencia. Este tipo de culturas son as chamadas culturas \u00e1grafas, sen escritura. Polo tanto, hai un desfase inminente entre a antig\u00fcidade dun pobo e o seu co\u00f1ecemento da escritura. As\u00ed, podemos ter co\u00f1ecemento Protohist\u00f3rico, do final da prehistoria e principios da historia antiga, dun pobo \u00e1grafo polos seus veci\u00f1os que si sab\u00edan escribir e estaban xa no per\u00edodo hist\u00f3rico, ou ter co\u00f1ecemento Parahist\u00f3rico cando eses veci\u00f1os son contempor\u00e1neos do pobo \u00e1grafo, a\u00ednda que non te\u00f1an contacto con el (ibidem, p.16)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSirva este pre\u00e1mbulo para entender as discrepancias que puideran xurdir no seguinte relato. Sabemos que Ribadeo e a s\u00faa contorna \u00e9 un asentamento poboacional moi, pero que moi antigo do Norte da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, pois os seus rexistros arqueol\u00f3xicos do xacemento de Louselas datan de ao menos 300 ou 250 mil anos, do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=paleol\u00edtico inferior\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Paleol\u00edtico Inferior<\/a>, que como xa dixemos noutras ocasi\u00f3ns, foi estudado polos insignes arque\u00f3logos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Eduardo+Ramil\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Eduardo Ramil Rego<\/a> e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Jos%C3%A9+Ramil\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 Ramil Soneira<\/a> (<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Louselas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Louselas<\/a>, Monograf\u00eda N\u00ba6, Museo de Prehistoria e Arqueolox\u00eda de Vilalba, 2014).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n, e sen d\u00fabida, chegaron ao Porto e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo<\/a> tanto mari\u00f1eiros <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=fenicios\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">fenicios<\/a>, s\u00e9culo XX a XVI a.C (F. Lanza, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Ribadeo Antiguo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadeo Antiguo<\/a>, p.17 a 19), como gregos, dos que carecemos de probas evidentes pero si circunstanciais. Na R\u00eda de Ribadeo aparecen pezas de cer\u00e1mica do s\u00e9culo VI a.C. (El Pa\u00eds, xullo-2021, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Gale\u00f3n Santiago\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Gale\u00f3n Santiago<\/a>) polo que xa hab\u00eda un tr\u00e1fico mar\u00edtimo importante na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=idade de bronce\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Idade do Bronce<\/a> final da Galiza (1000-500 a.C.) e na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=idade do ferro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Idade do Ferro<\/a> inicial (500-300 a.C.).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo ano 290 a.C. os galo-celtas xunto cos gregos, poboaban Galiza. Por suposto, os pobos celtas chegaron a estas terras s\u00e9culos antes c\u00f3s romanos, pero de ambos hai evidencias claras nos nove <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=castros+do+concello+de+Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">castros do concello de Ribadeo<\/a> e nas ef\u00e9meras catas que se fixeron no ano 2009 no <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Castro das Grobas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Castro das Grobas<\/a> que foi datado entre o s\u00e9culo II a.C. e o s\u00e9culo I d.C. corroborando tanto o antigo asentamento celta como a s\u00faa posterior romanizaci\u00f3n. Polo tanto, todos estes pobos antigos tiveron algo que ver na Prehistoria de Ribadeo. \u00c1 vista dos achados nos fondos da R\u00eda de Ribadeo, tanto en tempos pret\u00e9ritos como hoxe, resultar\u00eda ata rid\u00edculo pensar que isto non fora as\u00ed, cando entre os restos de cer\u00e1mica hai pezas do s\u00e9culo VI ao II a.C.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/01\/o-ribadeo-que-non-conecemos-pancho-254589509.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/01\/o-ribadeo-que-non-conecemos-pancho-254589509.jpeg\" class=\"wp-image-3449\" width=\"446\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Portada de &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/09\/descubrindo-algun-libro-de-ribadeo-en.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Sobre os Casstros de Ribadeo<\/a>&#8216;, de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outra banda, a primeira evidencia hist\u00f3rica, que n\u00f3s co\u00f1ecemos do top\u00f3nimo Ribadeo e da s\u00faa a poboaci\u00f3n, aparece nun documento do ano 969 (era 1007) cando se nomea co seu propio nome \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=euve\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Riba Euve<\/a>\u201d (sic): \u201cIn Villa plana alio maream, quae discurrir, Ecclesiam Sancti Jacobi. In Assanza, Ecclesiam Sancti Vicenti cum suis adjunctions In Riba Euve in Villa Assendi integro Teyxeiro. Omnes&#8230;\u201d (Espa\u00f1a Sagrada, fragmento da p\u00e1xina 336) da escritura de fundaci\u00f3n do Mosteiro de San Salvador de Lorenzana (Sancti Comitis Ossorii Gutierrez Testamentum, quo S. Salvatoris de Laurenzana Monasterium erexit. Era 1007 (an.969) [ex Tabulario ejusdem Monasterii] transcrita integramente en lat\u00edn no Ap\u00e9ndice XVII da Espa\u00f1a Sagrada do R.P. Henrique Florez, ano 1764, Tomo XVIII, p. 332 a 342. Polo tanto Riba Euve (sic) xa aparece nun documento hist\u00f3rico do s\u00e9culo X, dous s\u00e9culos antes do que menciona Francisco Lanza no seu imprescindible e inestimable Ribadeo Antiguo (p\u00e1x.2).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outra banda, no querido semanario La Comarca del Eo do 10-xullo-2021 e n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/06\/porcillan-nas-guerras-cantabras-pancho.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">o mesmo artigo en Ribadeando, o 29 de xu\u00f1o<\/a>, dic\u00eda eu que parec\u00eda raro que Porcill\u00e1n (Porto Iulanus ou Julianus) non aparecera nas narraci\u00f3ns das Guerras C\u00e1ntabras, sendo como era un dos portos de mar m\u00e1is importantes de todo o Norte da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, resaltado e distinguido co propio nome de Xulio Cesar (61-60 a.C) que foi quen ordenou a cartograf\u00eda das costas cant\u00e1bricas, cuxos mapas servir\u00edan para a s\u00faa invasi\u00f3n e sometemento ao imperio romano que levou a cabo Octavio Augusto (27-26 a.C.).<br \/>\nA d\u00eda de hoxe, xa non cabe ningunha d\u00fabida de que en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=porcill\u00e1n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Porcill\u00e1n<\/a>, Porto de Ribadeo por excelencia, xa comerciaban os gregos e fenicios desde antes que chegaran os romanos as nosas costas. Simplemente vendo as poucas mostras arqueol\u00f3xicas que se est\u00e1n atopando na R\u00eda de Ribadeo, serven para demostrar que este comercio exist\u00eda. E faltan centos de metros cadrados de superficie do pracer da R\u00eda, para detectar pezas met\u00e1licas que se atopan a pouca profundidade e decenas de metros c\u00fabicos de area para cribar os centos de pezas de cer\u00e1mica, bronce, cristal, vidro e moi posiblemente xoias de ouro fino repuxado ou con engarces variados, que tam\u00e9n haber\u00e1 nos preciosos e prezados fondos da R\u00eda de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDe momento o equipo de buceo do arque\u00f3logo comisario <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Miguel%20San%20Claudio\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Miguel San Claudio<\/a>, desv\u00e9lanos que atoparon unha \u00e1nfora grega de 2600 anos de antig\u00fcidade (s\u00e9culo VII a.C.) peza de cer\u00e1mica massaliota (da colonia grega de Massalia, a actual Marsella) e que relaciona o comercio a larga distancia m\u00e1is antigo que se localizou na Costa Cant\u00e1brica, o que converte en \u00fanica a R\u00eda de Ribadeo (Ribadeo, La Atapuerca de Galicia para la Arqueolog\u00eda submarina, La Voz de Galicia, 29-Nov-2011).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEstamos necesitando en Ribadeo un gran edificio, un Palacio da M\u00fasica, que conste dunha ampla platea al menos de 1000 butacas con amplo escenario, digno de ser chamado Auditorio ou Teatro, con salas para congresos, exposici\u00f3ns, espect\u00e1culos, cine e salas para un Museo permanente, con ampla capacidade de almacenaxe, biblioteca e oficina de recepci\u00f3n; salas dotadas para o estudo e investigaci\u00f3n dos ach\u00e1degos. \u00c9 imprescindible constru\u00edr algo as\u00ed canto antes, pois Ribadeo ten o suficiente patrimonio e poboaci\u00f3n como para ter un servizo permanente de exposici\u00f3ns. Isto parecer\u00e1 unha quimera, pero en realidade \u00e9 unha necesidade urxente, pois est\u00e1n lev\u00e1ndose para outras cidades o patrimonio cultural ribadense desde fai moitos anos, e non hai inventarios do que sa\u00edu de Ribadeo, polo que non ser\u00e1 unha labor doada o facer retornar todo canto hai dispersado por a\u00ed e que pertence por natureza a Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEsperemos que non ocorra coas pezas que se vaian atopando no fondo da R\u00eda de Ribadeo como ocorreu coa ilustre <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Diadema de Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Diadema de Ribadeo<\/a>, un vergo\u00f1ento espect\u00e1culo de \u201ctrileros\u201d. Estivo repartida entre o museo do Louvre e o de Madrid, pois descuberta no Castro das Grobas, como sinala Francisco Lanza no Ribadeo Antiguo, estaba catalogada como galega de Ribadeo pola eminente autoridade de D. Pedro Bosch Gimpera (que estudou a fondo todo o val do Eo) e de estudosos arque\u00f3logos como eran L\u00f3pez Cuevillas e Bouza Brei (Seminario de Estudos Galegos, Tomo II). Esta Diadema de Ribadeo mostra unha escena ritual repetida secuencialmente, na que aparecen uns guerreiros ecuestres (a cabalo) con espada curta e broquel, mentres outros homes a p\u00e9 transportan caldeiros sagrados. Ao fondo aparece unha paisaxe acu\u00e1tica con aves comendo peixe, e arroaces ou golfi\u00f1os de foci\u00f1o de botella, tam\u00e9n chamados toni\u00f1as. Esta toni\u00f1as solen entrar nas r\u00edas debido o seu comportamento social na \u00e9poca da sardi\u00f1a de maio a outubro, e principalmente en xullo e agosto. Son populares os refr\u00e1ns mari\u00f1eiros, \u201carroaces na r\u00eda, moita sardi\u00f1a\u201d ou, \u201cOs arroaces brincan no mar? forte Norte vai dar\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPois ben, todas estas escenas mari\u00f1eiras da ouriver\u00eda celta da Diadema de Ribadeo, non importaron, hoxe est\u00e1 catalogada como a Diadema de Mo\u00f1es (Pilo\u00f1a-Infiesto, polo arte de birlibirloque de dous coleccionistas asturianos, un, maxistrado, Remigio Salom\u00f3n, que dixo en 1865 que a comprara en Oviedo, a qu\u00e9n? si estaba no Museo do Louvre de Par\u00eds, e outro coleccionista de Cangas de Onis, Sebasti\u00e1n de Soto Cort\u00e9s, \u00e1 vista das fotos que o maxistrado deixara \u00e1 Comisi\u00f3n Provincial de Monumentos de Oviedo montaron a pebida de que el atopara unha peza coa mesma estampaci\u00f3n no \u201cConcejo de Pilo\u00f1a\u201d, polo que a Diadema de Ribadeo, foi catalogada como de Mo\u00f1es. Si se\u00f1or, con un par. Como se lle chama a este tipo de actos de \u201cxente ilustrada\u201d? Non lle vou po\u00f1er apelativos pois s\u00f3 me saen maldici\u00f3ns e xuramentos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outro lado, onde vai o \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Carneirlo alado de Ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carneiro alado de Ribadeo<\/a>\u201d? Sigue estando custodiada no Museo de Lugo, esa preciosa xoia da ouriver\u00eda grega, persa, etrusca&#8230;.de ouro puro, aparecida na R\u00eda de Ribadeo. Tam\u00e9n lle cambiaron a afiliaci\u00f3n?<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn resumidas contas, non podemos seguir perdendo o patrimonio de Ribadeo, porque haxa xente \u201clisti\u00f1a\u201d que se aproveita da incompetencia, inoperativid\u00e1 ou inexistencia da Comisi\u00f3n Cultural do Patrimonio de Galicia. Estanse descubrindo demasiadas pezas valios\u00edsimas para a nosa Historia, e demasiado valiosas comercialmente como para facerlles desaparecer por un tempo e volvelas aflorar con nomes espurios sa\u00eddos da imaxinaci\u00f3n e desvergo\u00f1a duns aproveitados. Ribadeo ten a obriga de preservar o seu propio patrimonio, pois \u00e9 un valor inigualable de riqueza hist\u00f3rica e, por suposto, de gran valor tur\u00edstico si se po\u00f1en en valor nun lugar apropiado.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nQu\u00e9 circunstancias ocorren en Ribadeo nos dez primeiros s\u00e9culos da nosa historia local, para que non se nomee por ningures algo dos aconteceres que forzosamente tiveron que pasar por estes lares?. Que pode aparecer nos nove castros que se atopan no noso concello de Ribadeo, sabendo do seu gran desenrolo antigo que tivo a poboaci\u00f3n mari\u00f1eira?. Non haber\u00e1 nunca presuposto para pagar a un arque\u00f3logo para dirixir e descubrir os mil e un tesouros que agocha esta terra contempor\u00e1nea do rei Midas, e que poden ser descubertos coa axuda de voluntariado de estudantes de Historia, de Arte ou de veci\u00f1os, como est\u00e1 a pasar xa en outros concellos da Galiza?<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTemos que recordar que Galiza era unha terra rica en metais, ouro e esta\u00f1o. Galiza \u00e9 rica de por s\u00ed, pero arrastra desde fai s\u00e9culos unha grande eiva, a educaci\u00f3n. Xa nos tempos de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Prisciliano\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Prisciliano<\/a> (340-385 d.C.) dise que naceu nunha familia rica pero que tivo unha educaci\u00f3n descoidada. Di Victoria Armesto, \u201cen Galicia a la educaci\u00f3n le damos poca importancia, a mayor riqueza menor cultura\u201d (Galicia Feudal I, ano 1969, p.71). Non me cabe d\u00fabida de que os Indianos d\u00e9ronse conta desta incultura popular, e trataron de evitar en todo o posible, esa triste realidade, constru\u00edndo escolas en t\u00f3dolos pobos do seu berce.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPode comprobarse en toda a Galiza feudal que hab\u00eda decenas de fidalgos galegos, e cando se revisan os seus testamentos, poucos, moi poucos saben firmar, e moitas veces te\u00f1en que recorrer a unha testemu\u00f1a que firma por eles. Era moi normal que naquela Galiza poboada de centos de mosteiros, na Galiza dos gobernos teocr\u00e1ticos na s\u00faa ra\u00edz, lles dixeran aos galegos nobres, \u201cpara que vai vostede a preocuparse de saber ler, escribir ou de contas, si ten bastantes rendas; mande facelo e non se preocupe de m\u00e1is\u201d. Esa mentalidade inducida pola teocracia a\u00ednda se da nos nosos d\u00edas cando se lee unha Biblia Cat\u00f3lica, pois os Evanxeos hai que entendelos como os explica a Igrexa Cat\u00f3lica, non se poden interpretar tal e como a nosa propia cultura cidad\u00e1n nos ditamina. Esa \u00e9 a gran diferenza de civilizaci\u00f3n que nos separa dos pa\u00edses protestantes, cuxos cidad\u00e1ns poden ler e interpretar por si mesmos a Biblia desde o s\u00e9culo XV e XVI, porque as s\u00faas curias relixiosas lles din de ler a Biblia na casa, e discutila en familia, polo que todos os seus membros saben ler e escribir, ao menos desde catro s\u00e9culos antes que o 95% da poboaci\u00f3n espa\u00f1ola. Era abraiante ver que no ano 1976, cando eu fixen a mili, a\u00ednda hab\u00eda \u201cnaquela Espa\u00f1a nuestra\u201d, no Cuartel de Instruci\u00f3n de Ferrol unha \u201cbrigada de analfabetos\u201d, e supo\u00f1o que en todos os cuarteis militares ocorr\u00eda o mesmo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA\u00ednda quedan reminiscencias sociais daquel analfabetismo, e a\u00ednda temos a menos defender o noso propio patrimonio. Podemos ler con indignaci\u00f3n, por exemplo, que defender o top\u00f3nimo da R\u00eda de Ribadeo \u00e9 defender un localismo. Non sei como este tipo de persoeiros non avogan por lle cambiar o top\u00f3nimo \u00e1 B\u00f3via, o alto de Penouta, ou o nome dalgunha Virxe do Pilar, de Covadonga, das Dores, do Carme ou calquera outra barbaridade que se lles poida ocorrer. N\u00f3s, os galegos fomos asumindo todo este tipo de inxustizas, pola forza do desprezo inmediato administrativo que nos foi imposto primeiro por administradores alleos a Nosa Terra e hoxe por propios galegos de est\u00f3mago agradecido que non te\u00f1en nin idea do transcendente e prexudicial que pode ser o que fan.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nQued\u00e1monos coa Esperanza de ver algo feito en positivo alg\u00fan d\u00eda. Am\u00e9n.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;O RIBADEO QUE NON CO\u00d1ECEMOS Pancho Campos Dorado \u201cUn punto de partida que testemu\u00f1a o comezo da Prehistoria humana \u00e9 a aparici\u00f3n no rexistro arqueol\u00f3xico de utensilios ou instrumentos feitos (polo home) conforme a modelos normalizados\u201d (La Prehistoria y su Metodolog\u00eda, UNED, 2\u00aa Ed. 2014, p.15).&nbsp; A historia non comeza a ser Historia ata que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3449,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-3448","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3448","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3448"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3448\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3449"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3448"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3448"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3448"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}