{"id":3436,"date":"2022-01-06T14:35:00","date_gmt":"2022-01-06T13:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-25T11:03:28","modified_gmt":"2024-10-25T09:03:28","slug":"test-de-antixenos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/01\/06\/test-de-antixenos\/","title":{"rendered":"Test de ant\u00edxenos"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/01\/test-de-antixenos-1141275044.jpeg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/01\/test-de-antixenos-1141275044.jpeg\" class=\"wp-image-3437\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Test negativo<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha das cousas puntuais que se lembra dos primeiros tempos da pandemia \u00e9 a inexistencia de m\u00e1scaras debida \u00e1 escaseza. Tanta, que ata se dic\u00eda dende os centros directores da loita antipand\u00e9mica que non eran efectivas, cando \u00e9 evidente que representan unha barreira, a m\u00e1is do feito de ser algo com\u00fan en tempos prepand\u00e9micos o uso de guantes e m\u00e1scara xunto coa necesaria hixiene en casos de posibilidade de infecci\u00f3n. O caso \u00e9 que como se supo\u00f1\u00eda daquela e se puido colixir despois, o non aconsellar o uso de m\u00e1scara respond\u00eda a unha verdade tam\u00e9n evidente: non hab\u00eda m\u00e1scaras abondo. Nin abondo menos. E non as hab\u00eda porque estaban producidas en xeral a moitos quil\u00f3metros de distancia, en particular na China. &#8216;N\u00f3s&#8217; perd\u00e9ramos a capacidade de produci\u00f3n. A cousa tratouse de paliar de xeito particular ou asociativo pr\u00f3ximo, po\u00f1\u00e9ndose xente voluntaria a fabricalas como pod\u00eda e ti\u00f1a a ben entender, cun produto resultante que en moitos casos era totalmente ineficiente para a labor que se lle encomendaba, levantar unha barreira antivirus, e no resto dos casos en xeral brindaba unha protecci\u00f3n ben menor que unha m\u00e1scara industrial normal para o seu uso cir\u00farxico.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Tivemos<\/span> daquela noticias das vendas dos cargamentos de m\u00e1scaras nos aeroportos chinos \u00f3 mellor ofertante. Tam\u00e9n doutras artima\u00f1as do mercado no sistema capitalista \u00f3 que estamos afeitos pero que sempre rematan de sorprendernos cando nos decatamos nos peores momentos. E, despois da normalizaci\u00f3n da produci\u00f3n e subministro, anunciouse a nivel europeo e a nivel estatal en Espa\u00f1a a promoci\u00f3n (impulso legal e po\u00f1endo cartos) dunha industria aut\u00f3ctona. Entendeuse a nivel xeral que se trataba de recuperar ou substitu\u00edr as industrias que se deixaron marchar a outros pa\u00edses por iso de que a deslocalizaci\u00f3n \u00eda moi ben para as ganancias. Diso hai m\u00e1is dun ano como todo o mundo sabe. Coido que o subministro segue a vir da China de xeito maioritario&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>\u00d3 tempo das m\u00e1scaras estaba tam\u00e9n o caso dos respiradores, m\u00e1is complicados de facer pero que tam\u00e9n puxeron a traballar a persoas an\u00f3nimas para tentar cerrar o oco entre subministro e necesidade, aut\u00e9nticos hackers en prol do ben com\u00fan con resultados que coido se poden cualificar de marabillosos, a\u00ednda que non chegaran para cerrar o oco.  E despois das m\u00e1scaras, vi\u00f1eron outros \u00fatiles con azares comparables. Esta tempada o tir\u00f3n \u00e9 dos test de ant\u00edxenos. E volvemos \u00e1s mesmas. Hai poucos d\u00edas, por precauci\u00f3n ante o contacto dun familiar con xente que deu positivo, quixemos facer o test. Fun \u00e1 farmacia \u00f3 mediod\u00eda, a de garda, e non hab\u00eda. Pux\u00e9ronme na lista para ir pola tarde por eles, cando lles chegara un subministro (como orientaci\u00f3n, o subministro dix\u00e9ronme que ser\u00eda de 45, e hai cinco farmacias para dez mil habitantes, cunha cantidade de infecci\u00f3n naquel momento superior a cen persoas confirmadas). No medio, outros familiares dix\u00e9ronme que por circunstancias ti\u00f1an test, d\u00e9ronme e solucionei. Pola tarde, fun \u00e1 farmacia e quixen mercar m\u00e1is, para devolver os que me deran. Quedei noutra lista para o d\u00eda seguinte. Como \u00f3 d\u00eda seguinte os familiares me dixeron que xa solucionaran, \u00f3 chamar da farmacia para avisar de que xa estaba o pedido, preguntei se segu\u00eda habendo escaseza deles, e \u00f3 contestarme que si, anulei o meu pedido. Esperemos que se nos volven a ser necesarios, a situaci\u00f3n estea m\u00e1is normalizada.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>No entanto, pensei no tema da escaseza de m\u00e1scaras, e mirei de onde vi\u00f1an os test que pasaron polas mi\u00f1as mans ou por mans dalg\u00fans co\u00f1ecidos. Non foi unha sorpresa comprobar que tam\u00e9n os test ve\u00f1en da China. Coido que algo falla no sistema.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Test negativo &nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha das cousas puntuais que se lembra dos primeiros tempos da pandemia \u00e9 a inexistencia de m\u00e1scaras debida \u00e1 escaseza. Tanta, que ata se dic\u00eda dende os centros directores da loita antipand\u00e9mica que non eran efectivas, cando \u00e9 evidente que representan unha barreira, a m\u00e1is do feito de ser algo com\u00fan en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3437,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,21],"class_list":["post-3436","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3436","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3436"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3436\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3437"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3436"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3436"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3436"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}