{"id":3337,"date":"2022-01-24T18:42:00","date_gmt":"2022-01-24T17:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T19:51:22","modified_gmt":"2024-10-24T17:51:22","slug":"neno-volve-o-rego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/01\/24\/neno-volve-o-rego\/","title":{"rendered":"Neno! Volve \u00f3 rego!"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\nNeno, nena&#8230; a consideraci\u00f3n dun ou outro sexo para o caso d\u00e1 (-me) igual. O que non o d\u00e1 \u00e9 que cousas como a guerra sobre a linguaxe inclusiva se usen para desviar a atenci\u00f3n. E iso, unha vez chamada a atenci\u00f3n, volvamos \u00f3 tema. E o tema \u00e9 a dependencia. A dos nenos ou a dos vellos? Non. A t\u00faa, non fai falta que vaias m\u00e1is lonxe, nin tan s\u00f3 \u00e1s residencias de anci\u00e1ns, e os seus castigados h\u00f3spedes, por exemplo. Comeza pola t\u00faa, non \u00e9 o peor medio para procurar tam\u00e9n a s\u00faa propia independencia e benestar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n&#8216;Tr\u00e1tannos coma nenos&#8217; \u00e9 unha frase que se pode escoitar en moitas versi\u00f3ns. Non se menciona normalmente que ese &#8216;tratar(nos) coma nenos&#8217; leva consigo o de querer levarnos polo rego que nos indican: est\u00e1 impl\u00edcito.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\nPara evitar despistes, creo que hai que facer unha pequena digresi\u00f3n para considerar a historia. Somos seres sociais. Dende hai moito tempo temos constru\u00eddo sociedades e cada individuo necesita o apoio do resto da comunidade para sobrevivir. O mesmo que a sociedade necesita \u00f3s individuos da comunidade, sen os que por definici\u00f3n non existir\u00eda. Como paso seguinte \u00e1 constituci\u00f3n da sociedade, a s\u00faa estrutura foi tentando novidades, evolucionando e \u00f3 tempo, cristalizando e escachando unha e outra vez ata o que hoxe chamamos estado. En certo xeito, un herdeiro da sociedade, pero sen lograr abranguer todo o que representa e significa a comunidade, organizada en sociedade na que se asenta a estrutura estatal. A\u00ednda as\u00ed, o estado, nado para organizar a vida comunitaria nunha sociedade cada vez m\u00e1is complicada, foi collendo \u00f3 seu cargo a organizaci\u00f3n desa dependencia que temos as persoas. E hoxe, por po\u00f1er alg\u00fans casos, son competencias das estruturas estatais ou semellantes o asegurar canles para mellorar as relaci\u00f3ns e intercambios (estradas ou telefon\u00eda&#8230;) o coidado dos maiores (competencias en residencias de anci\u00e1ns), ou a sa\u00fade (rede sanitaria). En todos os casos, delegaci\u00f3n da comunidade na estrutura estatal e estruturas relacionadas en niveis inferiores. Mais ese ente complexo que se foi tecendo como representaci\u00f3n comunitaria, hai tempo que est\u00e1 acompa\u00f1ado de xeito crecente por outras entidades que non te\u00f1en o mesmo esp\u00edrito nin base comunitaria, sen\u00f3n individual, &#8216;privado&#8217;. Entidades que hoxe participan, moitas veces con m\u00e1is dereitos efectivos que as persoas, na estrutura social e provisi\u00f3n de servizos. V\u00e9xanse se non todos os exemplos que puxen m\u00e1is arriba, nos que empresas collen as atribuci\u00f3ns do estado e a partir de a\u00ed fan negocio.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\nAs\u00ed, a nosa dependencia da sociedade foi trasladada en parte e para facilitar a s\u00faa xesti\u00f3n, a unha estrutura, o estado, E dende que as m\u00e1is primitivas estruturas de tipo pol\u00edtico -cham\u00e9moslles &#8216;pre-estados&#8217;- emerxeron, as persoas \u00e1 fronte da xesti\u00f3n moitas veces distingu\u00edronse por unha actitude de &#8216;deix\u00e1deme a min, que son o encargado&#8217;, ou &#8216;ti de isto non sabes nada, fai o que eu che digo&#8217;. Ou sexa, o t\u00edpico controlar unha persoa \u00f3 resto, que, caso de pasar polo aro, pasan a ser dependentes directamente da persoa que controla ou da rede controladora. Coa cesi\u00f3n de servizos \u00e1s empresas e\/ou a permisividade coa s\u00faa actuaci\u00f3n, a cousa tomou outro cariz: xa non hai consideraci\u00f3n co &#8216;contrato social&#8217; entre o ente estatal e a comunidade, por moi desleixado que fose, pois \u00e1s empresas non as manda o pobo nin son postas a\u00ed &#8216;por deus&#8217;. Pero para facer cartos, en particular con servizos (RAG: \u201c1.Acci\u00f3n e efecto de servir -Dar ou subministrar aquilo que algu\u00e9n necesita-. 2 Traballo ou actividade de utilidade p\u00fablica e organismo que asegura a s\u00faa realizaci\u00f3n.\u201d) necesitan \u00e1 xente, canta m\u00e1is e m\u00e1is tempo actuando de \u2018consumidores\u2019, mellor. E para iso, tentan coller tempo e datos, xa m\u00e1is que cartos &#8216;contantes e soantes&#8217;: m\u00e1is que moedas ou papel garantido polo estado, pezas que est\u00e1n por desaparecer en favor das transacci\u00f3ns electr\u00f3nicas controladas de xeito exclusivo por empresas \u00e1s que antes chamar\u00edamos bancos e agora non sabemos ben como chamar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\nO caso \u00e9 que seguimos a ser dependentes. Antes, da sociedade por necesidade e de xeito compensado, hoxe, por delegaci\u00f3n, do estado, e por deixamento deste, de entidades privadas que non podemos compensar se non \u00e9 co noso propio ser. \u00c9 dicir, deixando de ser n\u00f3s para pasar a ser delas, entreg\u00e1ndolles os nosos pensamentos e doando as nosas acci\u00f3ns: a\u00ed est\u00e1 toda a propaganda para dirixir os nosos actos e toda a recollida de metadatos das redes sociais que \u00f3 pouco tempo de uso saben m\u00e1is de n\u00f3s que n\u00f3s mesmos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\nIsto, en li\u00f1as xerais. Representa un avance ou algo do que nos temos que separar para vivir unha vida plena?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Neno, nena&#8230; a consideraci\u00f3n dun ou outro sexo para o caso d\u00e1 (-me) igual. O que non o d\u00e1 \u00e9 que cousas como a guerra sobre a linguaxe inclusiva se usen para desviar a atenci\u00f3n. E iso, unha vez chamada a atenci\u00f3n, volvamos \u00f3 tema. E o tema \u00e9 a dependencia. A dos nenos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-3337","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3337","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3337"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3337\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3337"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3337"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3337"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}