{"id":3299,"date":"2022-01-31T19:50:00","date_gmt":"2022-01-31T18:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T17:42:43","modified_gmt":"2024-10-24T15:42:43","slug":"residencia-normalidade-memoria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/01\/31\/residencia-normalidade-memoria\/","title":{"rendered":"Residencia, normalidade, memoria"},"content":{"rendered":"<p><span>Residencia, normalidade, memoria<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O pasado venres 28 de xaneiro tivo lugar un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/01\/convocatoria-de-pleno.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">pleno do concello de Ribadeo<\/a>. A destacar que foi un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/plenos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">pleno<\/a> &#8216;do&#8217; concello, que non un pleno &#8216;no&#8217; concello, no sal\u00f3n de plenos. Cousas do coronavirus e as posibilidades da tecnolox\u00eda, agora poden darse plenos as\u00ed, onde os concelleiros se vexan a cara entre si so nunha pantalla. Os concelleiros, pois por ningures apareceu a posibilidade tecnicamente factible, de seguir o pleno a quen non somos concelleiros. Coido que \u00e9 un proceso m\u00e1is de afastamento forzado do pobo dos asuntos que lle (nos) atinxen: non s\u00f3 \u00e9 que non te\u00f1amos voz no pleno de pleno dereito -valla a redundancia-, algo consagrado polo sistema, ou que as preguntas da xente com\u00fan sexan relegadas a ser presentadas con anterioridade, por escrito a trav\u00e9s dunha asociaci\u00f3n para ser lidas xa rematado o pleno, se cadra, sen\u00f3n que agora os plenos non conservan tampouco a publicidade. \u00c9 dicir, non son p\u00fablicos por graza &#8230; da tecnolox\u00eda? Co que haber\u00e1 que esperar \u00e1s actas -se se publican, que \u00e1s veces non- para ter unha idea do pleno. Ter unha idea, pois a correspondencia acta &#8211; realidade do pleno \u00e1s veces non est\u00e1 moi clara, non podendo recoller un acta matices e relaci\u00f3ns que poder\u00edan levar a unha interpretaci\u00f3n diferente da que remata sendo oficializada na pr\u00e1ctica polo poder institu\u00eddo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Mais o t\u00edtulo non corresponde \u00f3 dito no par\u00e1grafo anterior, que s\u00f3 act\u00faa a modo de introduci\u00f3n, se non \u00e1 correspondencia entre o que transcendeu \u00f3s medios do pleno do 28 de xaneiro e o pleno de 23 de outubro de 2018, en relaci\u00f3n \u00e1 nova residencia de maiores de Ribadeo, para a que foi proposto no seu d\u00eda o nome de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez<\/a>. O caso \u00e9 que vai para catro anos, o convenio sobre a residencia entre a Deputaci\u00f3n e o Concello foi selado, e no pleno de outubro de 2018 sac\u00e1ronse adiante tres documentos b\u00e1sicos para o seu funcionamento, en particular, o Regulamento de R\u00e9xime Interno. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/11\/plataforma-pro-residencia-de-maiores-de.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ese regulamento foi alegado pola Plataforma pro Presidencia<\/a>, apreciando -segundo aparece na acta- un informe interno do concello varios puntos, e desbotando outros. A\u00ednda as\u00ed, por mor de non turbar a rapidez do proceso -nunha residencia que levaba xest\u00e1ndose anos- e da &#8216;homoxeneizaci\u00f3n&#8217; dos regulamentos cos de outras residencias que naqueles momentos estaban a ser tramitados \u00f3 largo da provincia para conveniar coa Deputaci\u00f3n, o alcalde adquiriu o compromiso de levar \u00e1 primeira reuni\u00f3n da comisi\u00f3n os cambios propostos, non aprobando e integrando nin os informados favorablemente no texto daquela. Na <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/mediateca\/albumes\/imx\/1556102101PLENO_EXTRAORDINARIO_23.10.2018.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">p. 12 da acta dese pleno de 2018<\/a>, aparece, posto en boca do alcalde e como resposta \u00e1 intervenci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Aurora Gonz\u00e1lez Ginzo<\/a>, que &#8220;existe ese compromiso de levar \u00e1 primeira reuni\u00f3n da Comisi\u00f3n polo que pensa que na votaci\u00f3n non deber\u00eda romperse a unanimidade como se mantivo ata o de agora.&#8221; Unha unanimidade procurada en todo momento polo presidente da Plataforma impulsora, Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez, e que non se rompeu tampouco neste caso, despois da promesa realizada.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E aqu\u00ed estamos, case catro anos despois, renovando o convenio nun clima de normalidade, despois de ter amosado a direcci\u00f3n da residencia un navegar durante este tempo que a fixo sa\u00edr mellor parada que a maior\u00eda das residencias, e non s\u00f3 da provincia. Por suposto, non todo foron luces no desenvolvemento da residencia, nin antes da s\u00faa posta en funcionamento nin despois, a\u00ednda que as sombras quedaran relegadas e o discorrer xeral fora positivo, como remato de dicir. Pero non se trata furar nos posibles puntos negros, sen\u00f3n de preservar o mellor futuro, e por iso a lembranza da promesa de revisar o Regulamento de R\u00e9xime Interno ou o Regulamento de acceso, que tam\u00e9n se alegou e sobre o que se fixo a mesma promesa. Dende outubro de 2018, a\u00ednda que non tivemos noticia directa das xuntanzas da Comisi\u00f3n de xesti\u00f3n da residencia ribadense, a raz\u00f3n de d\u00faas previstas \u00f3 ano, xa deberan terse feito varias. Non obstante, se non se tivo constancia das xuntanzas, menos a\u00ednda do tratamento de reformas dos regulamentos, Unhas reformas que, entendemos no seu momento quen as propuxemos, introduc\u00edan a l\u00f3xica nalg\u00fans dos procesos da residencia e permit\u00edan a colaboraci\u00f3n dos familiares e sociedade, axudando ademais a garantir o mantemento do seu bo funcionamento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Seguimos a crelo as\u00ed.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Complemento: <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4194&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Nota de prensa do concello sobre o pleno do pasado venres<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Residencia, normalidade, memoria &nbsp;&nbsp;&nbsp; O pasado venres 28 de xaneiro tivo lugar un pleno do concello de Ribadeo. A destacar que foi un pleno &#8216;do&#8217; concello, que non un pleno &#8216;no&#8217; concello, no sal\u00f3n de plenos. Cousas do coronavirus e as posibilidades da tecnolox\u00eda, agora poden darse plenos as\u00ed, onde os concelleiros se vexan a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,42,64,40],"class_list":["post-3299","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-plenos","tag-residencia","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3299","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3299"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3299\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3299"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3299"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3299"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}