{"id":3240,"date":"2022-02-08T14:38:00","date_gmt":"2022-02-08T13:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-24T17:17:43","modified_gmt":"2024-10-24T15:17:43","slug":"das-tanxugueiras-alcoa-pasando-por","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/02\/08\/das-tanxugueiras-alcoa-pasando-por\/","title":{"rendered":"Das Tanxugueiras a Alcoa, pasando por Galicia"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/globe_east_540.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/02\/globe_east_540.jpg\" class=\"wp-image-3241\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Imaxe da NASA: zona do globo oposta a norteam\u00e9rica.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Das Tanxugueiras a Alcoa, pasando por Galicia<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>G\u00fastame a m\u00fasica. Non vin as actuaci\u00f3ns do festival de Benidorm en directo. S\u00ed estiven \u00f3 tanto -m\u00e1is ou menos\u2013 da pol\u00e9mica posterior. E si, estou posicionado. Pero coido que o \u2018posicionamento particular de cada quen\u2019 est\u00e1 moi atr\u00e1s das circunstancias, e non s\u00f3 pola necesidade de participaci\u00f3n conxunta.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Lembrar\u00e1 o lector unha referencia \u00f3 imperio espa\u00f1ol no sentido de que \u2018esteamos preparados para que a pr\u00f3xima vez que o Sol pase por riba das nosas testas, poidamos aproveitalo\u2019? Eu lembro o sentido, pero non as verbas concretas, o que me impide atopar a cita exacta, por quen e cando foi feita. Ben, a idea da frase \u00e9 que as sociedades e as s\u00faas manifestaci\u00f3ns organizativas, como poden ser os estados, rematan tendo oportunidades sucesivas de \u00e9xito. Oportunidades que, estando preparados \u2013po\u00f1endo traballo previo, procurando co\u00f1ecemento, informaci\u00f3n, disciplina&#8230;-  poden aproveitar para obter un bo rendemento. No caso do imperio, pois a nivel imperial, claro!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Volvendo \u00e1s <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Tanxugueiras\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Tanxugueiras<\/a>, parece que o ti\u00f1an \u2018todo\u2019 da s\u00faa parte, que estaban preparadas. Mais a cousa non resultou. Por? Non sei se de xeito inocente ou consciente, foron meterse na boca do lobo, alimentar entidades con \u00e1nimo de lucro que se lucraron con elas de paso que as aproveitaban doutros xeitos. Por exemplo, propaganda. Porque anda que non deu lugar a propaganda (para as Tanxugueiras, pero tam\u00e9n para as contrincantes) que sacaran case vinte veces m\u00e1is votos do p\u00fablico que a ganadora, mentres o xurado as deixaba nun recuncho. Do desenvolvemento da pol\u00e9mica, os chamamentos \u00e1 calma, etc, esquecer\u00edame: \u00e9 algo as\u00ed como as \u00e1rbores que non deixan ver o bosque de Tagore. \u00c9 o sistema o que levou \u00e1 pol\u00e9mica, \u00f3 pago por voto ou \u00e1 elecci\u00f3n de Chanel. E non, para iso non estaban preparadas nin elas, nin os votantes, polo que agora queda o recurso \u00f3 pataleo contra unhas normas postas por entidades que non son controladas publicamente (non, tampouco o \u2018chiringuito\u2019 RTVE). Non digo que coa protesta posterior non se resolva nada, a\u00ednda que o dubido. Nin que sexa doado facer o control do sistema, pero onde non hai control, hai&#8230; descontrol. Descontrol dende o punto de vista de quen non exerce control, claro. Se hai algu\u00e9n que controla, pon as normas, por moi arbitrarias ou pouco democr\u00e1ticas que sexan, e fai que se cumpran. Para ese algu\u00e9n, hai control. Est\u00e1 claro?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E Alcoa, que ten que ver con isto? <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Alcoa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Alcoa<\/a> \u00e9 o \u00faltimo nome de referencia da f\u00e1brica de Al\u00famina-Aluminio de S. Cibrao, na Mari\u00f1a. O \u00faltimo nome, que corresponde a unha empresa multinacional privada con sede na outra beira do Atl\u00e1ntico. \u00c9 dicir, algo sobre o que non temos control. E iso, despois de nacer p\u00fablica, que debera ser equivalente a \u2018de todos\u2019 e polo tanto, \u2018controlada por todos\u2019. Repito, debera. O caso \u00e9 que a traxectoria pasou dun relativo \u2018control\u2019 a trav\u00e9s das instituci\u00f3ns p\u00fablicas que deben ser a cabeza e as mans da xente, a un total descontrol no que queda o pataleo, a \u2018loita\u2019, dende a situaci\u00f3n da balsa de lodos e o seu futuro \u00f3 apagado das cubas e o futuro dos postos de traballo. Aqu\u00ed tam\u00e9n, a \u2018votaci\u00f3n popular\u2019 tomou partido, pero o \u2018gran xurado\u2019  tomou a decisi\u00f3n. Non, non o mercado ou o prezo subvencionado da electricidade \u2013a\u00ednda que todo conta-, que escusas \u00e9 doado po\u00f1elas, mesmo aproveitando situaci\u00f3ns conxunturais, para centrar o debate onde interesa a quen pon as normas, remachar cravos ou esquecer os intereses de todos. Non fai falta nin que sexan cribles, sen\u00f3n s\u00f3 que se estea en situaci\u00f3n de poder po\u00f1elas. No medio, moitos anos de bonanza que puideron aproveitarse para facer que agora foran algo m\u00e1is ca unha simple lembranza. Moitos anos nos que se puido diversificar, crear industria de desenvolvemento de produto, procurar soluci\u00f3ns \u00e1s debilidades percibidas, ou lembrar tam\u00e9n que, a m\u00e1is de Alcoa, outros sectores estaban en peor situaci\u00f3n e tam\u00e9n hab\u00eda que apoialos, desenvolvelos&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No medio do t\u00edtulo, a\u00ednda que pareza desprazada, Galicia. A situaci\u00f3n de Galicia ten abondos m\u00e1is exemplos equiparables \u00f3s dous citados. E, co conxunto deles, problemas derivados ou relacionados: na rede de comunicaci\u00f3ns ou no despoboamento rural ou na emigraci\u00f3n da xente nova ou na perda de identidade e de lingua, ou noutros m\u00e1is. Por certo, un inciso: parece que a identidade e a lingua non pintar\u00edan nada no medio do resto do discurso econ\u00f3mico ou social, pero si contan. E moito. Non s\u00f3 por ser a lingua un activo intanxible, sen\u00f3n porque para poder prepararse ou facer cousas hai que ser algu\u00e9n, e ata o de agora, a lingua \u00e9 parte fundamental da nosa identidade, esa que constr\u00fae o noso \u2018algu\u00e9n\u2019. Volvamos \u00f3 tema. Unha imaxe: mentres po\u00f1amos ap\u00f3sitos en troques de curar a enfermidade e levar unha vida saudable para prever futuras reca\u00eddas, pouco m\u00e1is poderemos facer que laiarnos e como moito, confiar en soluci\u00f3ns ca\u00eddas do ceo, a modo de agasallo. Confiar nos demais? Si. Chuparse o dedo, non.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Mentres, seguiremos a ocuparnos do que pasa en Madrid, ou Barcelona, ou Benidorm. Do que pasa en Washington xa se ocupan en Madrid ou Bruxelas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Imaxe da NASA: zona do globo oposta a norteam\u00e9rica. Das Tanxugueiras a Alcoa, pasando por Galicia &nbsp;&nbsp; &nbsp;G\u00fastame a m\u00fasica. Non vin as actuaci\u00f3ns do festival de Benidorm en directo. S\u00ed estiven \u00f3 tanto -m\u00e1is ou menos\u2013 da pol\u00e9mica posterior. E si, estou posicionado. Pero coido que o \u2018posicionamento particular de cada quen\u2019 est\u00e1 moi [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3241,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21,9],"class_list":["post-3240","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3240","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3240"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3240\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3241"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3240"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3240"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3240"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}